Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Reflexionar sobre a pertinencia e posibilidade dun pensamento propiamente ecolóxico (i.e. unha eco-lóxica) a partir da así denominada “crise ecolóxica”.
Reconsiderar, complementariamente, os fundamentos antropo-lóxicos do noso paradigma de pensamento e o conseguinte modo de relación con todo outro, entre eles e nomeadamente a natureza.
Afondar na relevancia filosófica da ecoloxía, máis aló do mero pragmatismo superficial do medioambientalismo.
Coñecer algunhas das máis relevantes achegas da tradición do pensamento ecolóxico.
A crise ecolóxica do mundo contemporáneo, que alerta sobre apocalípticas consecuencias dunha acción humana de sobreexplotación dos recursos naturais, devólvenos A crise ecolóxica do mundo contemporáneo, que alerta sobre apocalípticas consecuencias dunha acción humana de sobreexplotación dos recursos naturais, devólvenos forzosamente á reflexión sobre a relación entre suxeito humano e natureza, xa existente desde os mesmos inicios da nosa tradición filosófica. Dentro do estreito marco que proporciona esta pequena materia, proponse reflexionar sobre esta relación atendendo moi particularmente a cuestión do límite que une, tanto como separa, natureza e ser humano. Con outras palabras, trátase de enfrontar a filosofía a unha eco-lóxica para ver como o suxeito humano pode recoñecerse no mundo unha vez se cuestiona tanto a si mesmo como a propia natureza, que lle é constitutiva. Trátase, en fin, de explorar a posibilidade dunha verdadeira ecosofía. Complementariamente, procúrase considerar a identidade do home do antropocentrismo, valéndonos dunha razón ecolóxica para cuestionar axencias de dominación, xa non sobre o medio, senón mesmo sobre outros seres humanos (colonialismo, tecnificación, patriarcado, etc.).
Para levar a cabo esta reflexión, o punto de partida será unha necesaria ollada sobre o momento de instauración do antropocentrismo no pensamento moderno, que fixa un paradigma de dominio da natureza a partir do recoñecemento desta como algo accesoriamente humano, xunto coa contraposta concepción romántica da natureza que encontramos contra a culminación da mesma Modernidade e que, invertindo os termos nunha dilución do suxeito humano na totalidade da natureza, anticipa o pensamento ecolóxico que se desenvolverá xa no século xx. Tomando este último en consideración, así como outras correntes de pensamento alleas á nosa propia tradición occidental, hase procurar entrar nunha reflexión sobre os límites constitutivos anteriormente mencionados, así como sobre a posibilidade de substitución dunha razón tecnolóxica por outra ecolóxica. Finalmente, hase completar o itinerario mediante a confrontación do ecoloxismo coas críticas procedentes desde unha perspectiva humanista, de maneira que, máis aló de opoñer teorías e paradigmas, estes poidan ser utilizados para reflexionar sobre a posibilidade / necesidade de demarcar límites que determinen o noso modo de estar no mundo. Estes contidos organízanse nas seguintes unidades temáticas:
0. A modo de introdución
1. A natureza do dominio da natureza
2. Alén do antropocentrismo
3. As múltiples figuras do pensamento ecolóxico
4. Ecoloxía e humanismo?
BÁSICA:*
Agamben, Giorgio, Lo abierto. El hombre y el animal, Buenos Aires: Adriana Hidalgo, 2006.
Guattari, Félix, Las tres ecologías, Valencia: Pre-textos, 1990.
Haraway, Donna J., Seguir con el problema. Generar parentesco en el Chthuluceno. Bilbao: Consonni, 2019.
Heidegger, Martin, Construir Habitar Pensar, Madrid: La Oficina, 2015.
Heidegger, Martin, La pregunta por la técnica, Barcelona: Herder, 2021.
Latour, Bruno, Cara a cara con el planeta, Buenos Aires: Siglo Veintiuno, 2017.
Latour, Bruno, ¿Dónde estoy? Una guía para habitar el planeta, Barcelona: Taurus, 2021.
Lévi-Strauss, Claude, Estructuralismo y ecología, Barcelona: Anagrama, 1974.
Margulis, Lynn, La vida temprana. Los microbios tienen prioridad, en AAVV. Gaia: Implicaciones de la nueva biología, Barcelona: Kairós, 1989.
Merchant, Carolyn, La muerte de la naturaleza. Mujeres, ecología y revolución científica, Granada: Comares, 2020.
Schelling, Friedrich Wilhelm Joseph von, Escritos sobre filosofía de la naturaleza, Madrid: Alianza, 1996.
Thoreau, Henry David, Walden, Madrid: Errata Naturae, 2017.
Val Plumwood, "La naturaleza, el ser y el género: feminismo, filosofía medioambiental y crítica al racionalismo", en Warren, Karen J. (ed.), Filosofías ecofeministas, Barcelona: Icaria, 2003.
COMPLEMENTARIA:
Crosby, Alfred W., Imperialismo ecológico. La expansión biológica de Europa, 900-1900, Barcelona: Crítica, 1999.
Deleuze, Gilles y Félix Guattari. Mil Mesetas: Capitalismo y esquizofrenia II. Valencia: Pre-Textos, 1994.
Deléage, Jean-Paul, Historia de la ecología. Una ciencia del hombre y de la naturaleza, Barcelona; Icaria, 1993.
Despret, Vincianne. De agentes secretos a la interagencia. Centro Cultural Kirchner [original en: History and Theory, Theme Issue 52, diciembre de 2013, pp. 29-44.]
Dobson, Andrew, Pensamiento político verde, Barcelona: Paidós, 1997.
Ferry, Luc, El nuevo orden ecológico, Barcelona: Tusquets, 1994.
Gorz, André, Crítica de la razón productivista, Madrid: Catarata, 2008.
Kohn, Eduardo, Cómo piensan los bosques: hacia una antropología más allá de lo humano. Quito: Ediciones Abya-Yala.
Latour, Bruno. Nunca fuimos modernos: ensayos de antropología simétrica. Buenos Aires: Siglo XXI, 2007.
La mettrie, Julian Offray de, El hombre máquina, el hombre planta y otros escritos, Buenos Aires: El cuenco de plata, 2014.
Maturana, Humberto; Varela, Francisco, De máquinas y seres vivos. Autopoiesis: la organización de lo vivo, Santiago de Chile: Editorial Universitaria, 1994.
Morin, Edgar; Kern, Anne-Brigitte, Tierra-patria, Barcelona: Kairós, 1993.
Nancy, Jean-Luc, Un virus demasiado humano, Adrogué: La cebra, 2020.
Rodríguez Rial, Nel, O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, Padrón: Novo século, 1991.
Shiva, Vandana, Staying Alive: Women, Ecology and Development, New Jersey: Zed Books, 1989.
Riechmann, Jorge, Simbioética, Madrid: Plaza y Valdés, 2022.
*Estudarase unha selección de fragmentos dos libros incluídos na bibliografía básica.
COMPETENCIAS XERAIS E BÁSICAS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións planteadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibeis de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios de respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB2 - Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que as/os estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, plantear e resolver problemas.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
Traballo presencial nas aulas:
Distínguense dous tipos de sesións de traballo presencial:
Sesións expositivas, de menor presenza porén non importancia, nas que se levará a cabo unha presentación dalgúns dos principais contidos que estruturan a materia, e que suporán a base material coa que estruturar e desenvolver as sesións interactivas.
Sesións interactivas, nas que, a partir da lectura previa de textos* anticipadamente facilitados polo profesor, o grupo, en dinámica de seminario, afondará nos principais problemas presentados previamente nas sesións expositivas a través da lectura e análise dos propios autores protagonistas dos mesmos. (*N.B.: enténdase aquí «texto» nun sentido amplo, incluíndo por exemplo o cinematográfico, ou o propio medio habitado; a este respecto, e desde unha vontade de coherencia e continuidade cos contidos da materia, programaranse sesións a desenvolver noutros entornos –naturais– que poidan contribuír a suscitar o traballo de reflexión sobre a nosa integración no medio, ao tempo que considerar a lectura doutros textos*, como os da natureza.)
Actividades titoriais:
Poderán desenvolverse en dous momentos sesións de titorías de grupo:
- No medio do semestre, aproximadamente, coa finalidade principal de supervisar e complementar o traballo autónomo do alumnado, nomeadamente no que respecta á elaboración de comentarios / ensaios parte da avaliación continua.
- Unha vez rematado o período lectivo, para a resolución de dúbidas.
Traballo autónomo do alumnado:
- Lectura dos textos encomendados para cada sesión interactiva.
- Traballo de documentación complementaria sobre algunhas das referencias bibliográficas (fontes, manuais, estudos, introducións, dicionarios) dadas polo profesor, tanto xenericamente no propio programa da materia, a través da súa bibliografía, como de maneira máis específica nas propias aulas. Estas lecturas adicionais deben servir de apoio e complemento ao traballado polo grupo de maneira presencial.
A avaliación continua* resultará da combinación dos seguintes elementos, nas proporcións indicadas:
- Presentación grupal en sesións interactivas: 20%.
- Elaboración individual dun traballo de curso: 30%.
- Exame final: 50%.
* De acordo co punto 2.a) da normativa, a asistencia valórase como un factor máis na avaliación continua. Para poder optar á avaliación continua, o alumnado deberá asistir polo menos ao 80% das sesións totais do cuadrimestre, así como entregar os exercicios e o traballo final.
De non cumprirse este requisito, será necesario realizar un exame final, que abarcará todos os contidos da materia. Este exame debe prepararse utilizando as referencias incluídas na bibliografía. Este exame terá agora un peso porcentual do 100%. O alumnado que estea exento de asistencia, segundo a normativa vixente da USC, deberá poñerse en contacto co profesor ao comezo do cuadrimestre para recibir un horario de traballo alternativo para substituír o realizado presencialmente polo grupo. Este programa alternativo contará con elementos de avaliación propios e separados, que se detallarán ao alumnado afectado no momento da presentación do curso. Terase en conta a participación nas actividades formativas complementarias que organice o claustro (conferencias, mesas redondas, etc.) sempre que teñan relación coa materia.
· Horas presenciais semanais: 3h Aproximadamente, 36h no conxunto do semestre.
· Titorías de grupo: 2,25h.
Total horas presenciais: 38,25h
· Horas recomendadas para a lectura de textos (interactivas): 2h semanais.
· Horas de estudo, preparación de traballos, etc.: 4,5h semanais.
Total horas non presenciais: 74,25h
Total dedicación: 112,50h
- Participar activamente nas sesións.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías para consulta de dúbidas, explicacións adicionais, etc.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo asrecomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858.
Francisco Javier Alcala Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- franciscojavier.alcala [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
01.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
01.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
07.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
07.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |