Créditos ECTS Créditos ECTS: 7.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 167.5 Horas de Titorías: 20 Total: 187.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral, Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O TFG consistirá na elaboración, por parte do alumnado, dun traballo orixinal cunha carga lectiva de 7,5 ECTS no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao en Filosofía.
Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública ante o/a titor/a do TFG ou ante un tribunal.
O TFG debe ser un traballo orixinal e versar sobre un tema relacionado co Grao.
O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas ofertadas no centro no curso académico da súa realización. O /a estudante deberá entregar un formulario no que figure o listado de liñas temáticas dispoñibles, enumerados por orde de preferencia.
A cada estudante adxudícaselle unha liña temática e unha persoa docente titora (podendo haber, nalgúns casos, unha cotitorización do TFG) segundo o procedemento establecido na normativa reguladora do TFG.
Posteriormente, estudante e titor/a delimitarán o título do TFG, que debe ser aprobado pola Comisión de Calidade e Grao.
Cervera Rodríguez, A. (2019). Cómo elaborar trabajos académicos y científicos: TFG, TFM, tesis y artículos. Alianza Editorial.
XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións propostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
BÁSICAS
CB1 - Que os/as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - De tipo Instrumental: capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escritura. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT3 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes problemáticos e/ou adversos.
O TFG debe ser realizado individualmente por cada estudante baixo a dirección dunha persoa docente titora e estará concibido de modo que poida ser elaborado no número de horas correspondentes aos 7,5 créditos ECTS que ten asignados no Plan de Estudos.
Unha vez asignadas as liñas temáticas de TFG, cada estudante deberá contactar coa docente titora do TFG co fin de delimitar o traballo para realizar. Estudante, titor/a e, no seu caso, cotitor/a, asinarán un documento de inscrición e inicio do traballo, que remitirán á Comisión de Calidade e Grao no prazo estipulado no calendario xeral de TFG aprobado polo órgano competente, coa seguinte información: a) Referencia do Traballo; b) Breve planificación; c) Propiedade intelectual do traballo; d) Sinatura de titor/a e, de ser o caso, cotitor/a, e do alumno/a, e data.
RESPONSABILIDADES DO ALUMNADO E DAS DOCENTES TITORAS
É responsabilidade do alumnado:
a) Asistir ás sesións de traballo concertadas coa persoa titora.
b) Desenvolver o TFG conforme á planificación acordada coa persoa titora e, de non ser así, xustificar as desviacións.
c) Atender as indicacións da persoa titora.
d) Tomar a iniciativa na resolución de problemas.
e) Cumprir cos prazos, requisitos formais e de presentación establecidos na normativa e na Guía Docente do TFG.
f) Elaborar e presentar un TFG orixinal e inédito polo que a estudante responde en canto á autoría e orixinalidade.
É responsabilidade da docente titora:
a) Reunirse co alumnado nas ocasións acordadas.
b) Aconsellar ao alumnado sobre as cuestións relativas á realización do TFG.
c) Advertir á estudante cando o progreso do TFG estea por debaixo do estándar esperado e aconsellarlle sobre o modo de resolver o problema.
d) Emitir informe preceptivo e confidencial antes da defensa do TFG e subilo á Secretaría Virtual nas datas establecidas no calendario xeral do TFG.
REQUISITOS DE FORMATO E CONTIDO DO TFG
O TFG terá unha extensión de entre 8.000 e 12.000 palabras (incluídos títulos nas distintas linguas, autor/a, titor/a e palabras chave nas distintas linguas, contido do TFG, notas a pé de páxina e bibliografía). Quedan excluídos para o cómputo de palabras dos TFG os resumos nas distintas linguas e os anexos se os houbese.
O traballo poderá ser realizado en galego ou en castelán. Ademais das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, o alumnado poderá elaborar e/ou defender o seu TFG en inglés ou portugués. O Decanato será o encargado de garantir que exista un tribunal competente para avaliar os traballos nestas linguas estranxeiras debendo, se é o caso, nomear un novo tribunal no suposto de que os xa nomeados non puidesen facelo.
Para poder elaborar e/ou defender o TFG noutras linguas diferentes das mencionadas no parágrafo anterior, o/a estudante, coa conformidade da persoa titora, deberá solicitar autorización no momento de presentar o formulario de inicio do TFG. Nestes casos o Decanato realizará as xestións oportunas para valorar se é posible conformar un tribunal que poida avaliar o TFG na lingua solicitada polo/a estudante e, no caso de que fose factible, procederá ao seu nomeamento ao mesmo tempo que procederá a comunicarlle ao /a alumno/a a autorización correspondente para a utilización da lingua solicitada.
A presentación do TFG deberá acomodarse á seguinte estrutura:
• Portada na que figuren: o logo da USC coa indicación da Facultade, denominación do Grao, título do traballo, nome completo de autor/a, nome completo de titor/a, e curso académico.
• Portada interior co título na lingua usada e en inglés. No caso de que o traballo estea elaborado nunha lingua diferente das oficiais da Comunidade autónoma tamén deberá aparecer o título en galego ou en castelán.
• Compromiso de cumprimento da Lei de Propiedade Intelectual e Lei de Protección de Datos.
• Índice paxinado dos capítulos e apartados.
• Resumo/Abstract (que non computará para a extensión máxima prevista):
- Na lingua usada e en inglés (200 palabras aproximadamente)
- Se o TFG está elaborado nunha lingua diferente das oficiais da Comunidade Autónoma, deberá engadirse un resumo dunha páxina (cun máximo de 400 palabras) en castelán ou en galego.
• Palabras chave na lingua usada e en inglés. No caso de que o traballo estea elaborado nunha lingua diferente das oficiais da Comunidade Autónoma tamén deberán aparecer as palabras chave en galego ou en castelán.
• Introdución.
• Obxectivos do traballo.
• Desenvolvemento dos contidos.
• Conclusións (incluíndo os logros acadados e posibles traballos futuros).
• Bibliografía consultada e referencias documentais completas. Para a elaboración de citas e referencias bibliográficas, o/a alumno/a deberá seguir dunha maneira coherente calquera dos usos establecidos no ámbito académico (normas APA, Chicago, Harvard). A estudante pode seguir tamén o modelo establecido pola revista Ágora para a elaboración do manuscrito e, especificamente, do apartado bibliográfico
• Anexos se procede (que non computarán para a extensión máxima prevista).
SOLICITUDE DE DEFENSA
Á hora de presentar a solicitude de defensa o/a alumno/a debe ter en conta que para poder defender deberá estar matriculado no TFG e ter pendentes na data establecida para a defensa un máximo de 18 créditos, excluídos os correspondentes ao propio TFG.
O/a alumno/a, tras consultalo co seu titor/a, deberá presentar a solicitude de defensa do TFG a través da aplicación electrónica habilitada para o efecto pola USC, nos prazos fixados a tal fin pola Comisión de Calidade e Grao para cada oportunidade e que serán os recollidos no calendario oficial do TFG aprobado para cada curso.
En relación con este trámite é importante que o alumnado teña en conta as seguintes consideracións:
1. A solicitude de defensa necesariamente debe facela a estudante a través da súa secretaría virtual e nos prazos establecidos para o efecto.
2. No momento de facer a solicitude de defensa na secretaría virtual, o alumnado debe anexar á mesma unha copia do seu TFG en pdf.
3. Ademais, deberá elixir a modalidade de defensa á que quere acollerse, ante tribunal ou ante titor/a.
INFORME DO TITOR OU TITORA E COMPROBACIÓN DO REQUISITO DE ORIXINALIDADE
Finalizado o prazo de solicitude de defensa, e segundo o establecido no calendario xeral de TFG aprobado, o titor/a deberá subir a súa secretaría virtual o seu informe sobre o TFG da estudante, para o que deberá utilizar o modelo aprobado pola Comisión de Calidade e Grao en función da modalidade de defensa seleccionada.
O titor/a deberá someter o traballo a un control de plaxio debendo incorporar o resultado do mesmo ao seu informe. De detectarse plaxio a docente titora deberá comunicalo inmediatamente ao Decanato da Facultade, para que proceda a emitir a resolución que corresponda e, de selo caso, informar á Secretaría Xeral da USC para que adopte as medidas disciplinarias oportunas.
DEFENSA PÚBLICA DO TFG
Entre o remate do prazo de solicitude de defensa e o acto de defensa pública debe mediar, polo menos, sete días naturais.
O acto de presentación e defensa do TFG será realizado polo alumno/a en sesión pública na data asignada previa convocatoria e levarase a cabo segundo a modalidade escollida polo alumno/a no momento de facer a solicitude de defensa, ante tribunal ou ante titor/a.
A presentación do TFG será realizada polo estudante de xeito presencial na Facultade de Filosofía. Non obstante o anterior, para casos excepcionais xustificados e debidamente autorizados polo decano/a, poderá realizarse a defensa por medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
A defensa do TFG consistirá nunha exposición do traballo por parte do alumno/a, cunha duración máxima de 20 minutos e unha quenda posterior de preguntas e respost as non superior a 30 minutos.
Na exposición, o/a estudante deberá presentar os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu TFG, para o cal poderá empregar os medios que considere oportunos. Seguirá unha quenda de valoracións, comentarios ou preguntas por parte do titor/a ou tribunal.
Para a modalidade de defensa ante tribunal, con antelación suficiente ao inicio do período de solicitude de defensa, a Comisión de Calidade e Grao fará público na intranet da Facultade o número e composición dos tribunais. Do mesmo xeito ao remate do período de solicitude de defensa, publicarase a asignación de TFG a tribunais así como as datas nas que as estudantes deberán defender os seus TFG.
Este sistema de avaliación será válido para as tres convocatorias de cada curso.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
O tribunal e, no seu caso, o titor/a, deliberará sobre a cualificación que lle corresponde dar ao traballo e á súa defensa conforme aos criterios de avaliación publicados no programa e na guía docente e outorgando a cualificacións consonte á seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa: Suspenso (SS) de 0 a 4.9; Aprobado (AP) de 5.0 a 6.9; Notable (NT) de 7.0 a 8.9 e Sobresaliente (SB) de 9.0 a 10.
A cualificación máxima para os TFG defendidos ante titor/a será de Notable (8,0).
A mención de matrícula de honra (MH) poderá outorgarse a aqueles TFG defendidos ante tribunal que obteñan una cualificación igual ou superior a 9,0 puntos. O seu número non poderá exceder o límite establecido pola USC. Se o número de alumnos/as é inferior a 20, poderase conceder unha MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. Para isto, cada tribunal deberá indicar na acta de avaliación que o traballo é proposto para MH. Unha vez completada a avaliación de todos os TFG do curso e en función do número de MH dispoñibles, estas serán outorgadas conforme ao procedemento establecido no Regulamento de TFG a aqueles traballos que teñan obtido unha cualificación superior e, en caso de empate, para os de aqueles estudantes que teñan unha media de expediente máis alta.
Tras o acto de defensa os membros do tribunal ou o titor/a realizarán un informe de avaliación, segundo o modelo aprobado pola Comisión de Calidade e Grao para cada modalidade de defensa. O tribunal contará, no momento da valoración final, co informe preceptivo sobre o traballo elaborado polo titor/a do mesmo.
No informe de avaliación teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Calidade do TFG: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións.
2. Presentación escrita do TFG: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica.
3. Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua.
A cualificación final obterase do seguinte xeito en función da modalidade de defensa:
1. Modalidade de defensa ante titor/a.
1.1. Proceso de elaboración do TFG. O titor/a emitirá un informe preceptivo no que deberá incluír necesariamente a cualificación outorgada ao estudante en relación ao proceso de elaboración do TFG de acordo aos aspectos descritos no formulario correspondente. Para realizar este trámite deberá utilizar o formulario aprobado pola Comisión de Calidade e Grao para esta modalidade de defensa e subir o antedito formulario debidamente cuberto e asinado á súa secretaría virtual no prazo establecido para o efecto no calendario xeral de TFG. Porcentaxe na cualificación final: 25 %.
1.2. Traballo escrito. Valorarase o desenvolvemento do tema e estrutura, aportacións orixinais, método, manexo das fontes e bibliografía, presentación formal e corrección lingüística. Porcentaxe na cualificación final: 50 %.
1.3. Presentación oral. Valorarase a exposición pública e a defensa do TFG. Porcentaxe na cualificación final: 25 %.
2. Modalidade de defensa ante tribunal.
2.1. Porcentaxe da cualificación final avaliada polo tribunal: 75 %. A cualificación emitida polos membros do tribunal resultará de aplicar a media aritmética entre as cualificacións atribuídas ao TFG por cada un dos membros do tribunal.
2.1.1. Traballo escrito, 50 %. Valorarase o desenvolvemento do tema e estrutura, aportacións orixinais, método, manexo das fontes e bibliografía, presentación formal e corrección lingüística. Porcentaxe na cualificación final: 50 %.
2.1.2. Presentación oral. Valorarase a exposición pública e a defensa do TFG. Porcentaxe na cualificación final: 25 %.
2.2. Porcentaxe da cualificación final avaliada polo/a titor/a: 25 %. O titor/a emitirá un informe preceptivo no que deberá incluír necesariamente a cualificación outorgada ao estudante de acordo aos aspectos descritos no formulario correspondente. Para realizar este trámite deberá utilizar o formulario aprobado pola Comisión de Calidade e Grao para esta modalidade de defensa e subir o antedito formulario debidamente cuberto e asinado á súa secretaría virtual no prazo establecido para o efecto no calendario xeral de TFG.
A cualificación final provisional dos traballos de TFG será publicada na Aula Virtual desta materia. Esta publicación deberá indicar as datas e lugar de revisión.
No caso de que se dea unha das seguintes circunstancias, o TFG será cualificado como suspenso:
a) Cando os seus contidos non se adecúen aos da liña temática escollida e/ou ao título aprobado.
b) Cando coincida cun traballo realizado polo alumno/a noutras materias ou actividades da titulación, ou cando non sexa orixinal.
c) Cando feita a solicitude de defensa a estudante non chegue a facer a defensa pública do TFG na data prevista, sen que exista xustificación escrita presentada pola persoa interesada ante a Secretaría do Decanato da Facultade e aceptada pola Comisión de Calidade e Grao.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
• Traballo escrito: CX1, CX2, CX3, CB1, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CE1, CE3, CE7
• Presentación oral: CX3, CX4, CB1, CB2, CB4, CT1, CT2, CE6, CE10
REVISIÓN
O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto se deberán fixar no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados e contemplarán como mínimo dúas datas opcionais. O mes de agosto non computará neste prazo.
A revisión será persoal e o alumnado poderá realizala ante o titor/a, no caso desta modalidade de defensa, ou ante un ou varios membros do tribunal. En todo caso, deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a súa realización.
O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa vixente relativa a avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo total de estudo e traballo persoal para a realización dun TFG é de 187,5 horas.
a) Asistir ás sesións de traballo concertadas coa persoa titora.
b) Desenvolver o TFG conforme á planificación acordada coa persoa titora.
c) Atender as indicacións da persoa titora.
d) Cumprir cos prazos, requisitos formais e de presentación establecidos na normativa e na Guía Docente do TFG.
1. Para poder formalizar matrícula do TFG a estudante poderá ter pendentes como máximo 75 créditos para completar os estudos (excluídos os 7,5 correspondentes ao TFG).
2. O TFG poderá ser defendido e avaliado unha vez se teña constancia de que o/a alumno/a superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de Grao, agás os correspondentes ao propio traballo. Con independencia do anterior, e consonte a normativa universitaria vixente, o Centro poderá autorizar a presentación e defensa do TFG aos estudantes que teñan créditos pendentes de superación co límite máximo de 18 ECTS, excluídos os correspondentes ao propio TFG.