Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Coñecer os métodos filolóxicos adecuados para afrontar o estudo dos textos literarios pertencentes á Ilustración e o Romanticismo.
2) Manexar as fontes bibliográficas primarias e secundarias e os seus complementos informáticos no estudo da literatura española da Ilustración e o Romanticismo.
3) Coñecer os escritores e as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias da Ilustración e o Romanticismo, e as súas características.
4) Analizar e interpretar as obras máis relevantes e valiosas de xéneros, correntes ou tendencias da Ilustración e o Romanticismo.
I.- PARTE TEÓRICA.
1ª PARTE: 1. Introdución á Historia, á Arte e á Cultura no século XVIII. A LITERATURA ESPAÑOLA NO SÉCULO XVIII: temas e problemas. O concepto de Ilustración.
2. A prosa española do século XVIII. Principais características, autores e obras.
Lectura obrigatoria:
-Selección de textos de FEIJOO, Teatro Crítico Universal e Cartas Eruditas e Curiosas; CADALSO, Cartas marruecas; e JOVELLANOS, Memoria sobre [...] espectáculos e diversións públicas (A selección de textos daráse a través do Campus Virtual).
3. A poesía española do século XVIII. Principais características, autores e obras.
Lectura obrigatoria:
-Poesía española do século XVIII ( ed. Reyes Cano, Cátedra) e Poesía do século XVIII ( ed. John H. R. Polt, Castalia) (A selección de textos ofreceráse a través do Campus Virtual).
4. O teatro español do século XVIII. Principais características, autores e obras.
Lectura obrigatoria:
-FERNÁNDEZ DE MORATÍN, O si das nenas (ed. Pérez Magallón, Crítica; ed. Martínez Mata, Cátedra).
5. A muller ilustrada: escritura feminina no século XVIII.
Lectura obrigatoria:
-Selección de textos en prosa e poesía de autoría feminina (A selección de textos será indicada a través do Campus Virtual).
2ª PARTE: A PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XIX: O ROMANTICISMO.
1. O Romanticismo na cultura europea. A literatura romántica española: temas e problemas.
2. A prosa española durante o Romanticismo. Principais características, autores e obras.
Lectura obrigatoria:
- LARRA, selección de Artigos ( ed. Pérez Vidal, Crítica; Alianza; Akal; ed. Correa Calderón, Cátedra; Castalia; Espasa-Calpe). (A selección de textos será indicada a través do Campus Virtual).
3.. O teatro durante o Romanticismo. Principais características, autores e obras.
Lectura obrigatoria:
-DUQUE DE RIVAS, Don Álvaro ou a forza do sino ( ed. Lama, Crítica; ed. Shaw, Castalia; ed. Caldera e Pavesio Yepes, Ollero y Ramos).
4. A poesía española durante o Romanticismo. Principais características, autores e obras.
Lecturas obrigatorias:
- ESPRONCEDA, selección de textos (Cátedra;, ed. Marrast, Castalia; ed. Pozzi, Akal; ed. Fradejas Lebrero, Ollero y Ramos). (A selección de textos será indicada a través do Campus Virtual)
5. As escritoras románticas.
Lecturas obrigatorias:
-Selección de textos en prosa e verso de autoría feminina (A selección de textos darase a través do Campus Virtual)
II.- PARTE PRÁCTICA
As clases interactivas terán como contido a análise e comentario de textos doctrinales e de creación e inclúen controis de lectura, asociados aos temas do programa, así como traballos puntuais na aula.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AGUILAR PIÑAL, F., Introducción al siglo XVIII, en R. de la Fuente (dir.), Historia de la Literatura española, Madrid: Júcar, 1991.
ALBIAC BLANCO, Mª D., Razón y sentimiento. El siglo de las Luces (1692-1800), en IV, Historia de la Literatura española, Carlos Mainer, (dir,), Barcelona, Crítica, 2011.
ALBORG, J. L., Historia de la Literatura Española. III. Siglo XVIII, Madrid: Gredos, 1975.
_____. Historia de la Literatura Española. IV. El Romanticismo, Madrid: Gredos, 1980.
ALONSO, C.. Hacia una literatura nacional, 1800-1900. Historia de la literatura española, 5. Barcelona, Crítica, 2010.
CARNERO, G.. (ed.), Siglo XVIII (I). Siglo XVIII (II), en V. García de la Concha (dir.), Historia de la Literatura Española, 6 e 7, Madrid: Espasa Calpe, 1995
______ (ed.): Siglo XIX (I), en V. García de la Concha (dir.), Historia de la Literatura Española, 8, Madrid: Espasa Calpe, 1997.
CASO GONZÁLEZ, J., Ilustración y Neoclasicismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 4, Barcelona: Crítica, 1983.
CATENA, E., “Características generales del siglo XVIII”, en Historia de la literatura española, III, J. M. Díez Borque, coord., Madrid, Taurus, 1980.
DÍEZ BORQUE, J. Mª, Historia del teatro en España. Siglo XVIII. Siglo XIX, Madrid, Taurus, 1988.
GIES, D. T. e R. P. SEBOLD, Ilustración y Neoclasicismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española. Suplemento 4/1, Barcelona: Crítica, 1992.
GLENDINNING, N., El siglo XVIII, en R. O. Jones (coord.), Historia de la Literatura Española, 4, Barcelona: Ariel, 1973.
GONZALEZ HERRÁN, J. M.l e E. PENAS VARELA: Cronología de la literatura española. Siglos XVIII y XIX, Cátedra
KIRKPATRICK, S., Antología poética de escritoras del siglo XIX, Madrid : Castalia, 1992.
PALACIOS FERNÁNDEZ, E.. La mujer y las letras en la España del siglo XVII, Madrid, Laberinto, 2002.
ROMERO TOBAR, L., Panorama crítico del Romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.
ZAVALA, I. M. (ed.), Romanticismo, en F. Rico (dir.), Historia yCrítica de la Literatura Española, 5, Barcelona: Crítica, 1983.
_____ (ed.), Romanticismo. Primer Suplemento, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 5/1, Barcelona: Crítica, 1994.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AGUILAR PIÑAL, F., dir., Historia literaria de España en el siglo XVIII, Madrid, Trotta-CSIC, 1996.
AMORÓS, Andrés, Antología comentada de la Literatura española. Siglo XVIII, Madrid, Castalia, 1999.
_____, Antología comentada de la Literatura española. Siglo XIX, Madrid, Castalia, 1999.
ENCISO, L. M., La Europa del siglo XVIII, Barcelona, Península2001.
HORMIGÓN, J. A.(dir.), Autoras en la historia del teatro español. Vols.II-IV; Madrid, Publicaciones de la ADE, 2000.
KIRKPATRICK, S., Gertrudis Gómez de Avellaneda, Carolina Coronado y Rosalía de Castro: estudios recientes, Insula (Madrid). -- N. 516 (dic. 1989), pp. 12-13.
MARCO, J., Literatura popular en España e los siglos XVIII y XIX, Madrid, Taurus, 1971.
MARTÍN GAITE, C., Usos amorosos del dieciocho en España, Barcelona, Anagrama, 1987.
NAVAS RUIZ, R., El romanticismo español, Madrid, Cátedra, 1990.
PEDRAZA, F. e M. RODRÍGUEZ, Las épocas de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1997.
PLATAS TASENDE, A. Mª, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa Calpe, 2000.
SÁNCHEZ BLANCO, F., El ensayo español, 2. El siglo XVIII, Barcelona, Crítica, 1997.
CG1 - Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e ltierarios como no seu ámbito profesional: docencia de lingua (como L1 o LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, traducción, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razonamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidad de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descripción dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutras linguas, en distintos contextos.
CG8 – Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CE4: Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
No ámbito da docencia, as sesións expositivas fundamentaranse na explicación da docente. As sesións de seminario basearanse en tarefas puntuais de diferente natureza, na práctica da análise de textos a través do comentario e, así mesmo, na realización de controis de lectura programados. En ambos os casos, a docente facilitará as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como na sesións de titoría.
As cualificacións finais non dependerán só da asimilación dos contidos e a realización de tarefas na aula, senón tamén do traballo persoal e autónomo desenvolvido, a madurez e o aproveitamento demostrados, así como da correcta ortografía e expresión. Tendo en conta a asistencia obrigatoria ás clases presenciais, valorarase positivamente a participación activa.
A materia está constituída polas clases teóricas e as interactivas e a súa cualificación farase por un sistema de avaliación continua, que supoñerá un 30% da cualificación global. A tal fin, terase en conta a asistencia participativa nas sesións de clase, a realización de tarefas puntuais, así como os controis das lecturas obrigatorias, e, así mesmo, traballos escritos e orais realizados programados con antelación.
A nota da avaliación continuada (30% da cualificación global) mantense na segunda oportunidade.
O 70% da nota final da materia reservarase para unha proba final escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como na segunda oportunidade. De modo que a cualificación final da materia será o resultado da media obtida en ambas as partes (30% e 70%), tanto na primeira como na segunda oportunidade.
No caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumno/haberaa de presentar unha "Exención" de docencia para que así conste para os efectos oportunos. Neste caso o alumnado terá dereito a realizar o exame tanto na primeira como na segunda oportunidade e a nota obtida supoñerá o 100% da súa cualificación global. O mesmo sistema de avaliación é o que se contempla para o alumnado que, por coincidencia horaria con outras materias, non poida asistir regularmente a clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-Sesións expositivas: 32 horas.
-Sesións de seminario: 16 horas.
-Sesións de titoría programada: 3 horas.
-Sesións de avaliación: 3 horas.
-Traballo autónomo do alumno: o tempo de estudo estimado para o alumno /-a, organízase de acordo coa seguinte distribución: 40 / 20 / 20 / 20 horas sobre 100
-Asistencia activa e participativa ás sesións presenciais para seguir o desenvolvemento da materia.
-Planificación das lecturas e do traballo persoal para un correcto aproveitamento das sesións presenciais.
-Consultar a bibliografía recomendada.
- Acudir ás titorías para aclarar calquera tipo de dúbidas.
-Facer unha primeira lectura -informativa- dos textos propostos e outra segunda complementaria guiada polas explicacións histórico-críticas feitas en clase.
-Levar os textos de lectura obrigatoria á aula.
-Considérase requisito para a realización da materia: dominio da lingua española oral e escrita (para os alumnos de intercambio recoméndase un nivel B2).
Cristina Patiño Eirin
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- cristina.patino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D05 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D05 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C07 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C07 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C08 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C08 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C07 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C07 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |