Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Profundar no estudo da literatura contemporánea en lingua española coa axuda dos métodos filolóxicos adecuados, e a través da análise e interpretación dalgúns autores, obras ou xéneros destacados.
Proporcionar bases e métodos rigorosos para o estudo da historia literaria, a asimilación dos seus principais conceptos e o correcto aproveitamento dos repertorios bibliográficos e os seus complementos audiovisuais e telemáticos no estudo das obras do programa.
Prover de coñecementos e habilitar a capacidade para entender o significado de obras representativas da literatura contemporánea en lingua española.
Desenvolver o hábito de lectura reflexiva e analítica e estimular o espírito crítico, e o sentido histórico e estético na asimilación dos textos literarios.
A materia exponse como un percorrido polo conto español e hispanoamericano do século XX. As clases basearanse na explicación dos principais movementos literarios, autores e obras, e no comentario dunha selección de contos. Tamén se incidirá nas influencias e correspondencias dos narradores españois e hispanoamericanos deste período. Desta maneira, a materia permitirá a profundización no coñecemento da narrativa española e hispanoamericana contemporáneas.
TEMARIO
Tema 1. As primeiras décadas do século XX.
1.1. O modernismo.
1.2. O vangardismo, o expresionismo e o surrealismo hispanoamericanos.
1.3. Os narradores españois desde 1900 ata a guerra civil.
Lecturas obrigatorias: “El rubí”, de Rubén Darío. “El almohadón de plumas” y “A la deriva”, de Horacio Quiroga. “La luna roja”, de Roberto Arlt. “El árbol”, de María Luisa Bombal. “El zapallo que se hizo cosmos”, de Macedonio Fernández. “Al correr de los años”, de Unamuno. “El miedo”, de Valle Inclán. “Por una broma”, de José María Sánchez Silva.
Tema 2. O medio século.
2.1. O conto fantástico hispanoamericano ata o Boom.
2.2. O conto da posguerra española.
2.3. A xeración do 50 española.
2.4. El Boom.
Lecturas obrigatorias: “La casa de Asterión” y “Funes el memorioso”, de Borges. “En memoria de Paulina”, de Bioy Casares. “La red”, de Silvina Ocampo. “Es que somos muy pobres” y “Diles que no me maten”, de Juan Rulfo. “Viaje a la semilla”, de Alejo Carpentier. “Don David”, de Cela. “El loro antillano” y “Seguir de pobres”, de Ignacio Aldecoa. “Cara y cruz”, de Juan Goytisolo. “Un sueño realizado”, de Juan Carlos Onetti. “Los funerales de la Mamá Grande”, de García Márquez. “Continuidad de los parques” y “Todos los fuegos el fuego”, de Cortázar.
Tema 3. As últimas décadas do século XX.
3.1. O postboom.
3.2. Últimas promocións de narradores hispanoamericanos.
3.3. O conto español nas últimas décadas do século.
Lecturas obrigatorias: “Con Jimmy en Paracas”, de Alfredo Bryce Echenique. “La índole del lenguaje”, de Cristina Peri Rossi. “El gaucho insufrible”, de Roberto Bolaño. “El viajero perdido”, de José María Merino. “Bárbara contra la muerte”, de Almudena Grandes. “Primeras vísperas”, de Luis Mateo Díez.
BIBLIOGRAFÍA PRIMARIA
Antoloxía dos contos de lectura obrigatoria, facilitada pola profesora na aula virtual.
Aldecoa, Ignacio, Cuentos, ed. Josefina Rodríguez de Aldeoca, Madrid, Cátedra, 1982.
Aldecoa, Ignacio, Cuentos completos, Madrid, Alianza, 1976, 2 vols.
Arlt, Roberto, Cuentos completos, Buenos Aires, Seix Barral, 1997.
Bioy Casares, Adolfo, La trama celeste, ed. Pedro Luis Barcia, Madrid, Castalia, 1990.
Bolaño, Roberto, El gaucho insufrible, Barcelona, Anagrama, 2008.
Bombal, María Luisa, Obras completas, ed. Lucía Guerra Cunningham, Barcelona, Andrés Bello, 2000.
Borges, Jorge Luis, Cuentos completos, Barcelona, Debolsillo, 2019.
Borges, Jorge Luis, Narraciones, ed. Marcos Ricardo Barnatán, Madrid, Cátedra, 1986.
Bryce Echenique, Alfredo, Cuentos completos, Madrid, Santillana, 1995.
Carpentier, Alejo, Cuentos, La Habana, Editorial del Arte y la Literatura, 1976.
Carpentier, Alejo, Guerra del tiempo y otros cuentos, Madrid, Alfaguara, 1982.
Cela, Camilo José, El Espejo y otros cuentos, Madrid, Espasa Calpe, 1981.
Cela, Camilo José, La Dama pájara y otros cuentos, Madrid, Espasa Calpe, 1994.
Cortázar, Julio, Cuentos completos, Madrid, Alfaguara, 1998.
Darío, Rubén, Azul, Santa Fe (Argentina), El Cid Editor, 2003.
Darío, Rubén, Cuentos, ed. José María Martínez, Madrid, Cátedra, 1997.
Fernández, Macedonio, Obras completas, Buenos Aires, Corregidor, 1974.
García Márquez, Gabriel, La increíble y triste historia de la cándida Eréndira y de su abuela desalmada: siete cuentos, Barcelona, Barral, 1972.
García Márquez, Gabriel, Los funerales de la Mamá Grande, Barcelona, Debolsillo, 2012.
Goytisolo, Juan, Para vivir aquí, Buenos Aires, Sur, 1961.
Grandes, Almudena, Modelos de mujer, Barcelona, Tusquets, 2006.
Mateo Díez, Luis, Cuentos completos, Madrid, Alianza, 1989.
Merino, José María, Cuentos, Madrid, Castalia, 2000.
Ocampo, Silvina, Cuentos completos, Buenos Aires, Emecé, 1999.
Onetti, Juan Carlos, Cuentos completos (1933-1993), Madrid, Alfaguara, 2009.
Peri Rossi, Cristina, Cuentos reunidos, Barcelona, Lumen, 2007.
Quiroga, Horacio, Cuentos, ed. Leonor Flemming, Madrid, Cátedra, 1997.
Rulfo, Juan, El Llano en llamas, ed. Carlos Blanco Aguinaga, Madrid, Cátedra, 1997.
Sánchez Silva, José María, Marcelino pan y vino y otras narraciones, Madrid, Salvat, 1969.
Short Stories by the Generation of 1898 / Cuentos de la generación de 1898: A Dual-Language Book. Unamuno, Valle-Inclán, Blasco Ibáñez, Baroja and Azorín, trad. Y ed. Santley Appelbaum, Mineola (N.Y.), Dover, 2004.
Valle Inclán, Ramón del, Varia: artículos, cuentos, poesía y teatro, Madrid, Espasa Calpe, 1996.
BIBIOGRAFÍA SECUNDARIA
Anderson Imbert, Enrique, El cuento español, Buenos Aires, Columba, 1959.
Bescia, Pablo, Modelos y prácticas en el cuento hispanoamericano. Arreaola, Borges, Cortázar, Madrid / Frankfurt, Iberoamericana / Vervuer, 2011.
Díaz Navarro, Epicteto, y José Ramón González, El cuento español en el siglo XX, Madrid, Alianza, 2002.
Fröhlicher, Peter, y Georges Güntert, Teoría e interpretación del cuento, Berna, Peter Lang, 1997.
González, José Luis, Papeles sobre el cuento español contemporáneo, Pamplona, Hierbaola, 1992.
Mora, Gabriela, En torno al cuento: de la teoría general y de su práctica en Hispanoamérica, Madrid, José Porrúa Turanzas, 1985.
Valcárcel, Eva, El cuento hispanoamericano del siglo XX: teoría y práctica, A Coruña, Universidade, 1997.
Villanueva, Darío, El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Marenostrum, 2006.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Adquisición E comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e ltierarios como no seu ámbito profesional: docencia de lingua (como L1 o LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, traducción, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razonamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidad de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descripción dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutraslinguas, en distintos contextos.
CG8 – Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE4: Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
As dúas horas de clases expositivas (luns e martes) dedicaranse á explicación por parte da profesora de cuestións teóricas. A metodoloxía correspondente é a clase maxistral.
A hora de sesión interactiva (mércores) dedicarase ao comentario dos contos propostos, que a profesora facilitará a través da aula virtual e os alumnos deberán ler antes da clase.
Espérase a participación dos alumnos nas clases expositivas e, especialmente, nas interactivas.
- Traballo final escrito: 60%.
- Breve comentario dun conto dos temas 1 ou 2: 15%.
- Breve comentario dun conto do tema 3: 15%.
- Participación activa na aula: 10%.
Traballo final escrito
A data límite de entrega corresponderase coa establecida para o exame final. Consistirá no analisis detallado dun conto español ou hispanomericano dos autores abordados durante o curso. O conto elixido debe ser diferente aos seleccionados para os dous comentarios breves. A profesora ofrecerá as indicacións concretas para a realización deste traballo.
Breves comentarios dos contos
A profesora establecerá a data límite de entrega e as pautas concretas para a realización destes comentarios.
Participación activa na aula
Consideraranse as intervencións que contribúan ao avance intelectual individual e do grupo. A cualificación da participación levará a cabo especialmente nas clases interactivas.
A asistencia a clase é obrigatoria. Os alumnos deben asistir, polo menos, ao 90% das sesións para ser avaliados.
Mantéñense as mesmas condicións para a segunda oportunidade.
Os alumnos con dispensa de asistencia e quen estea afectado pola coincidencia horaria realizarán só o traballo final, que supoñerá o 100% da nota.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”. A detección de plaxio en calquera dos traballos supoñerá a cualificación de cero na materia.
TEMPO DE ESTUDO
Sesións expositivas: 27
Sesións de seminario: 14
Sesións de titoría programada: 3
Sesións de avaliación: 3
Traballo autónomo do estudante: 96
Lectura dos contos previa ás clases interactivas de cada semana.
Lectura de bibliografía secundaria sobre o conto español e hispanoamericano do século XX.
Idioma de impartición da docencia: castelán.
Isabel Hernando Morata
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- isabel.hernando [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C06 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | B05 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |