Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudar a etapa medieval da literatura galega, centrándonos nos diferentes xéneros e nas particularidades métricas, retóricas e temáticas que os caracterizan como tales, así como nos autores máis representativos e textos sobranceiros.
Continuar o estudo da literatura galega medieval iniciado na materia de "Introdución á Literatura Galega, 1" na que se establecían as bases analíticas nas que agora se profundizará.
Coñecer a historia literaria na etapa estudada, os princiais autores e producións.
Estudar os aspectos compositivos comúns das cantigas medievais galego-portuguesas.
Ler, analizar e establecer a caracterización dos principais xéneros líricos medievais.
Estudar os elementos característicos dos xéneros con menor presenza nos cancioneiros.
Ler e analizar a lírica medieval galega de temática relixiosa, e establecer as súas relacións coa lírica profana.
Situar no contexto europeo, ler e caracterizar as manifestacións en prosa literaria desta etapa medieval, e as especiais circunstancias da súa produción.
Coñecer os principais xéneros, obras e autores representativos da lírica epigonal.
Adquirir os coñecementos técnicos e a terminoloxía correspondente para a realización de comentarios literarios de textos medievais.
Con todas estas actividades non só se pretende a capacitación do alumno na materia mediante a asimilación de coñecementos pertinentes, senón tamén fomentar hábitos intelectuais, de reflexión, de capacidade crítica, de achegamento á lectura e de comunicación que son os obxectivos xerais e básicos do ensino.
1. Introdución
1.1. O marco histórico. Galicia no contexto hispánico nos séculos XII ao XV: a política, a sociedade e a cultura
1.2. A literatura medieval: comunicación/recepción, difusión e transmisión
1.2.1. O texto medieval, entre a oralidade e a literacidade
1.2.2. Manuscritos: produción e reprodución
1.2.3. Autoría e obra na Idade Media
2. A lírica trobadoresca
2.1. A tradición manuscrita: os cancioneiros e a súa transmisión
2.2. A lírica trobadoresca no seu contexto histórico, social e cultural. O amor cortés
2.3. Xénese, implantación e difusión: periodización, cortes e autores máis relevantes. Trobadores e xograres
2.4. Caracterización e estrutura da cantiga trobadoresca. Texto e música
2.5. A cantiga de amor
2.5.1. A relación coa cansó provenzal: a expresión do amor
2.5.2. Estrutura, formas e estilo
2.6. A cantiga de amigo
2.6.1. Orixinalidade da cantiga de amigo
2.6.2. Retórica e composición: paralelismo e leixa-pren
2.6.3. Temas, motivos, símbolos: a natureza e o mar
2.6.4. Modalidades xenéricas: cantiga de santuario, alba, bailada
2.7. A cantiga de escarnio e de maldicir
2.7.1. Caracterización xeral: ironía, humor e parodia
2.7.2. A sátira: xéneros e temas. O sirventés. Tensións sociais e polémicas literarias
2.8. Os xéneros menores
2.8.1. Outros xéneros de temática amorosa: pastorela, lai
2.8.2. Os xéneros dialogados: a tenzón
2.8.3. Outros xéneros: pranto, cantiga de seguir
3. A lírica epigonal
3.1. A transmisión textual
3.2. A evolución temática e retórica
3.3. Principais autores e obras
4. As Cantigas de Santa María
4.1. A transmisión manuscrita
4.2. As fontes
4.3. A autoría
4.4. Macroestrutura
4.4.1. Organización do proxecto
4.4.2. Elementos visuais, textuais e paratextuais
4.4.3. Tipos de cantigas (narrativas e de loor)
4.5. Modelos métricos e estróficos
5. A prosa
5.1. Consideracións previas: o uso literario da prosa e as traducións
5.2. Os textos de carácter histórico: as crónicas
5.2.1. Crónica Xeral e Crónica de Castela
5.2.2. Xeral Estoria
5.2.3. Crónica de Iria
5.3. Os romances
5.3.1. A materia de Troia
5.3.2. A materia de Bretaña
5.3.3. A materia carolinxia
5.4. A haxiografía (Milagres de Santiago)
Lecturas obrigatorias: Selección de textos que se lle facilitará ó alumnado
Bibliografía básica
Brea, Mercedes (coord.) (2000): Literatura. A Idade Media. A Coruña.
Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (coord.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa.
Lapa, Manuel Rodrigues (1977): Lições de literatura portuguesa. Época medieval. Coimbra.
Pena, Xosé Ramón (2013): Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853. Vigo: Xerais.
A lírica: textos
Airas Freixedo, X.B. (2003): Antoloxía da lírica galego-portuguesa. Vigo.
Arias Freixedo, Xosé Bieito (2017): Per arte de foder. Cantigas de escarnio de temática sexual. Berlín: Frank & Timme.
Gonçalves, Elsa (1983): A lírica galego-portuguesa. Textos escolhidos. Lisboa.
Beltrán, V. / C. Alvar (1989): Antología de la poesía gallego-portuguesa. Madrid.
Brea, M. (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
Cohen, Rip (2003): 500 Cantigas d’ Amigo. Porto.
Lapa, M. Rodrigues (1970): Cantigas d’escarnho e de maldizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo.
Lopes, Graça Videira (ed. coord.) (2016): Cantigas medievais galego-portuguesas. Corpus integral profano. Lisboa: Biblioteca Nacional de Portugal / Instituto de estudos medievais / Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musical, 2 volumes.
Michaëlis de Vasconcellos, C. (1904): Cancioneiro da Ajuda, 2 vols. Halle.
Monteagudo, H. (2013): «En cadea sen prijon». Cancioneiro de Afonso Páez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430ca.). Xunta de Galicia.
Nunes, J. J. (1972): Cantigas d’Amor dos trovadores galego-portugueses. Lisboa.
Nunes, J. J.(1973): Cantigas d’Amigo dos trovadores galego-portugueses. 3 vols. Lisboa.
Polín, Ricardo (1997): Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia. A Coruña.
Bibliografía básica
Beltrán, V. (1995): A cantiga de amor. Vigo: Xerais.
Brea, M. / P. Lorenzo Gradín (1998): A cantiga de amigo. Vigo.
Corral Díaz, Esther (coord.) (2010): Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
Lanciani, G. / G. Tavani (1995): As cantigas de escarnio. Vigo.
Menéndez Pidal, R. (1983): Poesía juglaresca y juglares. Madrid.
Oliveira, António Resende de (1995): Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo.
Polín, R.(1994): A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela.
Tavani, G. (1986): A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo.
CSM
Fidalgo, E. (coord.) (2003) As cantigas de loor de Santa María (edición e comentario). Santiago de Compostela.
Mettmann, W.: (1959-1972): Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María. [Coimbra], 4 vols. Reed.: Vigo, 2 vols., 1981. Reed.: Madrid, 3 vols., 1986, 1988, 1989.
Montoya, J. (1997): Alfonso X el Sabio. Cantigas. Madrid, 1988.
Parkinson, Stephen (2015): Alfonso X, the Learned. Cantigas de Santa Maria. An Anthology. Cambridge: Modern Humanities Research Association.
Fidalgo, E. (2002): As cantigas de Santa María. Vigo: Xerais.
A prosa
Corral Díaz, Esther / Ricardo Pichel (coords.) (2020): Guía para o estudo da prosa galega medieval. Xunta de Galicia / CRPIH.
Lorenzo, Ramón (2000): “Prosa medieval”, en: Mercedes Brea (coord.): A Idade Media. A Coruña: Hércules de Ediciones, 365-429.
Lorenzo, Ramón (2002): “La interconexión de Castilla, Galicia y Portugal en la confección de las crónicas medievales y en la transmisión de textos literarios”
Recursos en rede
Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/
Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa: http://glossa.gal/
Base de datos da lírica profana galego-portuguesa: http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2
Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal>
The Oxford Cantigas de Santa Maria database = http://csm.mml.ox.ac.uk/index.php?p=poem_list
Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval: http://sli.uvigo.es/ddd/index.html
Coas competencias pretendemos a capacitación en aspectos do perfil dos estudos, pero tamén o dominio dalgunha capacidade xenérica susceptible de aplicarse a unha actividade intelectual que constituirá o futuro ámbito de traballo do alumno.
Por iso, á par do dominio da temática específica, traballaremos a comunicación verbal mediante a participación nas clases interactivas onde se desenvolverán comentarios de textos e de obras, lecturas dirixidas e intervencións relacionadas cos traballos escritos que deberán entregar os alumnos. Esta competencia tamén se practicará nas titorías específicas, co comentario persoal do traballo proposto pola profesora e o seguimento dos temas das clases expositivas.
Esta actividade debe fomentar, así mesmo, o desenvolvemento da comunicación interpersoal e debe servir de estimulación intelectual coa que se practicará a capacidade crítica e de argumentación e defensa de opinións, e servirá tamén de automotivación para o estudo. Cremos que é importante na formación dun profesional dunha actividade eminentemente social.
Favorecemento da expresión escrita mediante a realización dos traballos citados que servirá tamén para a potenciación das competencias referidas na actividade anterior.
A materia desenvolverase en clases expositivas, de contido teórico, nas que os profesores presentarán os temas do programa. Haberá tamén sesións interactivas de carácter práctico nas que se levarán a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas. Estas prácticas revestirán diversas modalidades pero incidirán, sobre todo, no comentario de textos do que se aprenderá sistematización, conceptos e vocabulario. Tamén se farán lecturas guiadas de textos.
O alumnado terá ó seu dispor unha antoloxía de textos preparada polos profesores que exemplifican a creación literaria do período estudado. É necesario que a coñeza ben, integramente, pois dará lugar á elaboración de comentarios e traballos persoais que serán presentados por escrito e poderán ser utilizados para o debate nas clases.
Utilizarase o campus virtual para proporcionar informacións e contidos relevantes para a progresión do curso e, de ser necesario, para realizar exames.
Primeira oportunidade
A. Avaliación continua
Para efectos de avaliación, a materia enténdese dividida en dúas partes, que se corresponden á parte do programa impartida por cada un dos dous profesores responsables da materia.
Os estudantes ao longo do curso deberán elaborar un comentario, un traballo obrigatorio e facer o exame final, amais de participar activamente nas aulas. Perderán a posibilidade de ser avaliados na primeira oportunidade se non escollen o traballo de curso no prazo indicado na aula e se as súas ausencias superan as 5 horas por cada unha das partes. A puntuación será deste xeito:
1. Participación nas aulas: 10%. Só se computará se se conta cunha nota mínima de 4,5 en cada unha das partes.
2. Traballo de curso obrigatorio: 30% (da parte da materia distinta da escollida para o comentario). Para poder facer media o traballo deberá obter unha cualificación mínima de 4. Deberá axustarse ás convencións dos traballos académicos (en canto á presentación, estrutura, citas, referencias bibliográficas, etc.) e, por suposto, á corrección lingüística. Entregarase na data indicada no campus virtual. Non se admitirán os traballos que non sexan entregados na data requirida; nese caso, quedará para a data do exame da segunda oportunidade.
4. Exame final: 60% (30% + 30%, por cada parte da materia). Para facer media co resto das notas cada un dos exames das dúas partes da materia deberá obter unha nota mínima de 4.
B. Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia
A puntuación será deste xeito:
1. Traballo de curso obrigatorio: 30%.
2. Exame: 70%.
O traballo de curso obrigatorio deberá ser fixado, de acordo co profesor ou coa profesora, non despois do mes de setembro. No exame será preciso obter neste unha puntuación mínima de 6 sobre dez para poder aprobar a materia. Entregarase o día do exame final.
Segunda oportunidade
Os estudantes que non superen a materia por avaliación continua deberán facer o exame final na segunda oportunidade. Conservarán a nota da participación, do comentario e mais do traballo (40% da nota final), se este foi avaliado positivamente (se a avaliación é negativa, deberán revisalo segundo as indicacións do profesor ou profesora e entregar a nova versión o propio día do exame de 2ª oportunidade). O exame final contará o 60% da nota (30% + 30%, por cada parte da materia).
Non se admitirán os traballos que non sexan entregados na data requirida.
O alumnado con dispensa manterá o mesmo sistema ca na primeira oportunidade.
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
Horas presenciais expositivas: 32
Horas presenciais interactivas: 16
Titorías personalizadas: ......... 3
Sesións de avaliación: ........... 3
Horas de traballo dirixido: ..... 21
Horas de traballo autónomo:.. 75
A materia é ampla de contidos, así que a recomendación esencial é que o alumno realice un traballo diario de lecturas e de estudo da temática para poder levar adiante o curso con orde e aproveitamento.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xose Henrique Monteagudo Romero
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811831
- Correo electrónico
- henrique.monteagudo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | D08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | D08 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D09 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D09 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D09 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D09 |