Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Iniciación aos conceptos básicos da sociolingüística aplicada e a glotopolítica especialmente relevantes para a situación do galego.
• Avaliación crítica das posibilidades e límites da planificación lingüística.
• Coñecemento dos principais problemas, propostas e actuacións sobre a situación social do galego nos últimos trinta anos, especialmente da lexislación e o marco normativo máis relevante.
• Coñecemento do traballo de entidades e institucións envolvidas en tarefas de planificación sociolingüística en Galicia.
• Coñecemento dos procedementos de observación, estudo e avaliación das políticas lingüísticas e os seus resultados.
1. Introdución: glotop0olítica, política lingüística e planificación sociolingüística.
Lingua(s) e poder(es), poder(es) e lingua(s). Lingua e identidade colectiva. O nacionalismo lingüístico: lingua, nación e estado no mundo contemporáneo. Glotopolítica da globalización.
2. Nocións básicas de política e planificación lingüística.
As áreas da intervención glotopolítica: competencias, dominios, prácticas e ideoloxías; corpus, estatus, aprendizado e difusión. Tipoloxías e modalidades de política lingüística. Políticas top-down e bottom-up. A reversión dos procesos de substitución lingüística e a normalización lingüística. O ciclo da planificación sociolingüística: do diagnóstico á avaliación.
3. Política(s) lingüística(s) na España e Galicia contemporáneas.
Política(s) lingüística(s) no Estado Español no período contemporáneo, con especial atención ao período democrático. Política lingüística nos territorios de fala catalá e éuscara. Os marcos xurídico-legais: Constitución española, Estatutos de Autonomía e Leis de Normalización Lingüística. As políticas lingüísticas do estado e na España monolingüe e a súa evolución. A xurisprudencia: sentenzas do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional. Os discursos sobre as linguas nos medios de comunicación españois.
4. Política lingüística e planificación en Galicia no período autonómico. A evolución da política lingüística en Galicia desde 1980. O marco xurídico-legal da lingua galega: Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística, Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. Outras leis e normas. Do marco legal á acción gobernamental. As políticas lingüísticas bottom-up.
5. Os axentes e os instrumentos da planificación sociolingüística.
Principais axentes, institucións e organismos. A promoción do galego en distintos ámbitos: administracións públicas, ensino, medios de comunicación, empresa e mercado. Modelos de ensino plurilingüe. O debate sobre o modelo educativo no ensino: decretos 124/2007 e 79/2010 da Xunta de Galicia.
3. Bibliografía básica
Boix, Emilio (2009): “A política lingüística do Estado”, en H. Monteagudo (coord.), Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago: Consello da Cultura Galega, 103-28.
Consello da Cultura Galega - Observatorio da Cultura Galega (2011): A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega, Santiago: Consello da Cultura Galega.
Cooper, Robert L. (1997): La planificación lingüística y el cambio social. Cambridge: CUP.
Fernández Paz, Agustín / Lorenzo Suárez, Anxo / Ramallo, Fernando (2007): A planificación lingüística nos centros educativos. [Santiago:] Xunta de Galicia.
Ferreira Fernández, Xavier / Nogueira López, Alaba / Tato Plaza, Anxo / Villares Naveira, Luís (2005): O estatuto xurídico da lingua galega. Vigo: Xerais.
Garcia Conde, Socorro (2002): “O proceso de normalización lingüística desde unha administración municipal: a experiencia do Concello de Santiago”, en Varios autores, 47-81.
Giral Latorre, Javier / Nagore Laín, Francho (eds.) (2019): La normalización social de las lenguas minoritarias. Experiencias y procedimientos para la salvaguarda de un patrimonio inmaterial. Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza.
Gómez Ocampo, Marta (2016): “A «imposición do galego». Nacemento, auxe e consecuencias da creación dun problema público”, Grial 210, 136-141.
Graña Martínez (coord.), Venancio (2002): Lexislación da lingua galega. Santiago: Xunta de Galicia.
Kremnitz, Georg (2012): “Convergencias / divergencias de comunidades lingüísticas en el marco español”, en H. Monteagudo (ed.), 43-73.
Lorenzo Suárez, Anxo M. (2005): “Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego”, Cadernos de Lingua 27, 37-59.
MacRae, Kenneth (1994): “El establecimiento de una política lingüística en sociedades plurilingües: cinco dimensiones cruciales”, en A. Bastardas / E. Boix (eds.): 75-98.
Mezo, Josu (1997): “Políticas de recuperación lingüística: unha tipoloxía baseada na teoría de xogos”, Grial 136, 559-581.
Mezo, Josu (2013): “Tipologías de política lingüística. Comparación Irlanda-Euskadi”, en H. Monteagudo (ed.), 325-357.
Monteagudo, Henrique (1997), “Quince anos de política lingüística en Galicia (1981-96). Notas para un balance”, Grial. Revista Galega de Cultura 136, 527-48.
Monteagudo, Henrique (2010): “Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica”, Grial 188, 64-69.
Monteagudo, Henrique (2012a): “Política lingüística en Galicia. Apuntes para un nuevo balance”, Quo Vadis Romania? 39, 21-39.
Monteagudo, Henrique (2012b): Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística. A Coruña: Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique (2017a): “Lingua e Sociedade en Galicia”, LaborHistórico, 3.1, 14-48. http://dx.doi.org/10.24206/lh.v3i1.17105
Monteagudo, Henrique (2017b): Carlos Casares no Parlamento de Galicia, Parlamento de Galicia: Santiago de Compostela.
Monteagudo, Henrique (2019): “Política lingüística en Galicia: De la normalización sin conflicto al conflicto desnormalizador”, en J. Giral Latorre / F. Nagore Laín (eds.), 17- 55.
Monteagudo, Henrique (en prensa): “Imponer la libertad. Sobre el régimen de lenguas en Galicia”.
Monteagudo, Henrique (ed.) (2012): Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, Henrique / Bouzada, Xan (coords.) (2002): O proceso de normalización do galego 1980-2000. Volume I. Política lingüística: análise e perspectivas, Santiago: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, Henrique / Loredo, Xaquín / Vázquez, Martín (2016): Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013, A Coruña: Real Academia Galega.
Nandi, Anik (2017): “Language Policies and Linguistic Culture in Galicia”, LaborHistórico 3.2, 28-45.
Silva Valdivia, Bieito (2008): “O debate sobre as linguas en Galicia: entre a escola e a sociedade”, en H. Monteagudo (ed.), 359-383.
Spolsky, Bernard (2009): Language Management, Cambridge: Cambridge University Press.
Subiela, Xaime (2002): “Política lingüística en Galicia”, en Varios autores, 131-171.
Subiela, Xaime (2011): “O idioma galego. Alarmas e esperanzas”, Tempos Novos. Anuario 2010, 247-76.
Varios Autores (2002): A normalización lingüística a debate, Vigo, Edicións Xerais.
4. Bibliografía complementaria
Argelaget, Joan (1998): “Las Políticas lingüísticas: diversidad de modelos lingüistico-escolares”, en Ricart Goma / Joan Subirats (eds.): Políticas Públicas en España. Barcelona: Ariel, 294-316.
Bastardas, A. / Boix, E. (eds.) (1994): ¿Un Estado, una lengua?. La organización política de la diversidad lingüística. Barcelona: Octaedro.
Beswick, Jaine E. (2007): Regional Nationalism in Spain. Language Use and Ethnic Identity in Galicia, Clevedon: Multilingual Matters.
Bouza, Fermín (2012): “Política, sociedade e lingua en Galicia”, en H. Monteagudo (ed.), 297-320.
Branchadell, Albert (2012): “Política y conflictos lingüísticos en el Estado Español”. H. Monteagudo (ed.), 137-167.
Cagiao y Conde, Jorge / Jiménez-Salcedo, Juan (eds.): Políticas lingüísticas en democracias multilingües: ¿es evitable el conflicto? Madrid: Catarata.
Castillo-Lluch, Mónica / Kabatek, Johannes (eds.) (2006): Las lenguas de España. Política lingüística, sociología del lenguaje e ideología desde la transición hasta la actualidad. Madrid / Frankfurt am Main: Iberoamericana / Vervuert.
Consello da Cultura Galega - Observatorio da Cultura Galega (2017): Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia, Santiago: Consello da Cultura Galega.
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (2018): “A competencia de entidades locais en normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística”. https://ctnl.gal/web/notic.php?ide=1336
Fishman, Joshua A (1991): Reversing Language Shift. Clevedon: Multilingual Matters.
García Negro, María do P. (1991): O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Vilaboa: Edicións do Cumio.
González Pascual, Iago (2014): “La ideologia lingüística contrària a la revitalització del gallec. El cas de Galicia Bilingüe”, Treballs de Sociolingüística Catalana 24, 201- 224.
Instituto Galego de Estatística (2003), (2008), (2013): Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do idioma galego.
http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codi…
Ledo Andión, Margarita (2001): “15 anos de televisión”, Estudios de Comunicación 0, 67-78.
Lodares, Ramón (2006): “Un diagnóstico sociolingüístico de España” en M. Castillo Lluch / J. Kabatek (eds.), 19-32.
López-García Molins, Ángel (2008): “Cara ao plurilingüismo equitativo. Por una política lingüística de estado”, Grial 179, 68-79.
Losada, Antón (2013): “Os modelos de política lingüística en Galicia”, en H. Monteagudo (ed.), 267-295.
Mezo, Josu (2008): El palo y la zanahoria: política lingüística y educación en Irlanda (1922-1939) y el País Vasco (1980-1998), Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
Monteagudo, Henrique (2009): As razóns do galego. Apelo á cidadanía. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, Henrique (coord.) (2009): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, Henrique / Santamarina, Antón (1993): “Galician and Castilian in contact: historical, social and linguistic aspects”. Posner, Rebeca / Green, John N. (eds.): Trends in Romance Linguistics and Philology. Volume 5: Conflict in Romance, Berlin / New York: Mouton de Gruyter, pp. 117-173.
Monteagudo, Henrique / Núñez Seixas, Xosé M. (2001): “La política de la lengua en Galicia. De la reivindicación nacionalista a la planificación gubernamental”. Bein, Roberto / Born, Joachim (eds.): Políticas lingüísticas. Norma e iden tidad, Buenos Aires: Universidad, pp. 33-66.
Moreno Cabrera, Juan C. (2012): “Lengua, nación y nacionalismo español”. Monteagudo, Henrique (ed.), 83-125.
Moreno Cabrera, Juan C. (2015): “El españolismo lingüístico como fuente de conflicto”. Cagiao y Conde, Jorge / Jiménez-Salcedo, Juan (eds.): Políticas lingüísticas en democracias multilingües: ¿es evitable el conflicto?, Madrid: Catarata, pp. 29-50.
Nandi, Anik (2018): “Parents as stakeholders: Language management in urban Galician homes”, Multilingua, 37(2), 201-223.
Observatorio da Lingua Galega (2007): Situación da lingua galega na sociedade. Situación no ámbito da Administración, [Santiago:] Xunta de Galicia.
Observatorio da Lingua Galega (2008): Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito dos medios de comunicación, [Santiago:] Xunta de Galicia.
Pericay, Xavier (2007): “Introducción”. Pericay, Xavier (ed.): ¿Libertad o coacción? Políticas lingüísticas y nacionalismos en España, [S. l.]: Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales, pp. 9-23.
Real Academia Galega (1996): Actitudes lingüísticas en Galicia, [A Coruña]: Real Academia Galega.
Real Academia Galega - Seminario de Sociolingüística (2011): Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Volume III. Actitudes lingüísticas en Galicia, [A Coruña:] Real Academia Galega.
Regueira, Xosé L. (2006): “Política y lengua en Galicia: la «normalización» de la lengua gallega”, en M. Castillo Lluch / J. Kabatek (eds.), 61-93.
Regueira, Xosé L. (2009): “Nacionalismo y libertad lingüística: Galicia Bilingüe y la ofensiva contra la normalización de la lengua gallega”. Lagarde, Christian (ed.): Le discours sur les ‘langues d’Espagne’/ El discurso sobre las ‘lenguas españolas’ (1978-2008), Perpigan: Presses Universitaires de Perpignan, 193-213.
Regueiro Tenreiro, Manuel (1999): Modelo armónico de relación lingüística: estudio en Galicia, A Coruña: C3C.
Spolsky, Bernard (2018): “A modified and enriched theory of language policy (and management)”, Language Policy, 17, pp. 1-16.
Subiela, Xaime (2008): “As razóns da lingua galega”, Grial 179, 32-47.
• Capacitación para unha visión crítica dos discursos sociais e as políticas públicas sobre a lingua, e incremento da (auto)consciencia metalingüística.
• Recoñecemento das interrelacións entre os parámetros sociais e os propiamente sociolingüísticos.
• Interpretación práctica de disposicións normativas e legais referentes ao idioma galego.
• Avaliación de políticas lingüísticas e programas de intervención normalizadora.
• Iniciación á elaboración dun plan de normalización e dinamización sociolingüística.
• Iniciación ao funcionamento e métodos de traballo dun servizo lingüístico nunha institución pública.
• Fomento dunha actitude crítica fronte ás cuestións sociolingüísticas e glotopolíticas.
• Identificación dos factores sociolóxicos, institucionais e ideolóxicos con máis impacto na situación social do idioma galego.
• Capacitación para a procura e manexo dos recursos en rede.
Como competencias xerais podemos indicar algunhas de tipo instrumental (pois terán que utilizar ordenadores, exercitar a súa comunicación verbal e a escrita na redacción do traballo), sistémicas (pois demostrarán a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais) e interpersoais (pois terán que actuar cos seus compañeiros na exposición pública dos traballos).
A lectura de seccións das obras da bibliografía básica que se indican na aula é obrigatoria. As sesións de aula co comentario de gráficos e táboas son de asistencia inescusable, así como o manexo doutros aos que se fai referencia na propia aula.
Haberá os seguintes tipos de actividades:
Sesións expositivas, onde se exporán os conceptos fundamentais da materia: 2 horas de explicación teórica semanal.
Sesións de seminario (1 hora semanal de sesión interactiva), onde se proporán diversas actividades consistentes en lectura, discusión e comentario de textos, correspondentes ás lecturas obrigatorias recollidas na bibliografía, presentación e discusión de táboas e gráficos e doutros recursos audiovisuais. Unha parte das clases interactivas-prácticas cubriranse mediante exposicións e debates preparados polos/as estudantes.
Traballo de campo individual, segundo as instrucións que se ofrecen. O traballo será dirixido polo profesor, o que requirirá dúas entrevistas persoais co profesor e tres sesións de traballo co profesor en horario de titorías.
É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións do profesor.
En particular, no campus virtual e na páxina web persoal do profesor atoparanse moitos dos recursos que este empregará nas aulas:
http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo
Recursos en rede
http://consellodacultura.org/
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/ (Centro de Documentación Sociolingüística- CCG)
http://ilg.usc.es/ (Instituto da Lingua Galega - USC)
http://www.usc.es/snl/ (Servizo de Normalización Lingüística- USC)
http://www.xunta.es/linguagalega/ (Secretaría Xeral de Política Lingüística- Xunta de Galicia)
http://www.santiagodecompostela.org/facendo_cidade/tramite.php?txt=fc_l… (Lingua- Concello de SantiagoA comezos de curso entregarase na aula un calendario pormenorizado de lecturas, discusións, realización de traballos e outras actividades.
No caso de termos que desenvolver actividades “en remoto”, utilizarase a aplicación Teams da plataforma institucional da USC, con sesións de docencia síncronas e atención personalizada asíncrona. As sesións síncronas procuraranse facer coincidir co horario establecido para a materia, as sesións de titoría serán acordadas no seu momento co/as estudantes.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A. Avaliación continua
1. A asistencia ás aulas é obrigatoria.
2. Traballo obrigatorio sobre un dos temas de lecturas e exposición na aula: 45%.
3. Exame: 55%.
Para superaren a materia, os/as estudantes deben aprobar o exame.
B. Avaliación para estudantes con dispensa de asistencia ás aulas
1. Traballo obrigatorio sobre un dos temas de lecturas e, no seu caso, exposición na aula:
40%.
2. Exame: 60%.
No caso de dispensa de asistencia, os/as estudantes deberán obter unha nota mínima de 7
sobre 10 no exame para superar a materia.
C. Avaliación en segunda oportunidade
1. Para a segunda oportunidade, gardaranse as notas daquelas partes da materia que fosen
superadas previamente, e deberán repetirse as que non o fosen. Por tanto, para facer o
exame de segunda oportunidade, deberá terse feito o traballo obrigatorio. Os/as estudantes
de avaliación continua (A), no caso de que o traballo obrigatorio realizado no curso non fose
aprobado, deberá repetilo. O mesmo rexe para o exame. Isto é, gardaranse as notas daquelas
partes da materia que fosen superadas previamente, e deberán repetirse as que non o fosen.
2. Os/as estudantes con dispensa de asistencia (B), conservarán a nota do traballo (40% da
nota final) no caso de que este sexa avaliado positivamente, e realizarán un exame que
contará por un 60% da nota, debendo superar esta proba cunha nota mínima de 7 sobre dez.
No caso de que o traballo obrigatorio realizado no curso non fose aprobado, deberá facerse
un novo.
D. Avaliación de estudantes ERASMUS e estranxeiros/as
Os estudantes do programa ERASMUS e estranxeiros/as en situación especial, poderán ser
avaliados segundo un sistema específico, que o profesor indicará, e que en todo caso
implicará a elaboración do traballo obrigatorio de curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido
na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións: «Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización
fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a
cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso
disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre
outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen
reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes»
Actividades presenciais Actividades non presenciais
Sesións expositivas:
Sesións de seminario:
Sesións de titoría:
Sesións de avaliación:
Total: 32 horas Estudo e preparación de actividades programadas na aula 30
16 horas Traballo obrigatorio 20
3 Lecturas 26
3 Preparación de exames 20
54 96
O groso do material de apoio para estudar a materia (presentacións en PWP, apuntamentos de apoio do profesor, reprodución de lecturas...) está a dispor dos/as estudantes no Campus Virtual.
A materia debe irse estudando conforme se vaia desenvolvendo o temario. É da maior importancia realizar as lecturas que se vaian indicando para poder participar nos debates.
As instrucións sobre os traballos/ exposicións de aula e o traballo de campo serán dadas oportunamente. Tanto un como o outro deben facerse baixo a orientación do profesor.
É conveniente comezar rapidamente co traballo de campo para ir resolvendo dúbidas e dificultades.
En la página web personal del profesor se encontrarán la mayor parte de los recursos que este empleará en las aulas:
http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/