Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introdución aos principais movementos, autores e obras do teatro inglés desde o seus inicios na baixa Idade Media ata o momento presente.
Análise de textos do programa en base ás súas convencións xenéricas e complexidade das súas relacións co contexto histórico (socio-económico, político e cultural).
1. O teatro inglés: unha panorámica histórica selectiva
2. Teatro medieval (ss. XIV e XV)
2.1. Contexto histórico
2.2. Xéneros: Mystery Plays, Miracle Plays e Morality Plays
2.3. “Everyman” (selección) (anónimo, s. XV)
3. Teatro renacentista (1575-1640)
3.1. Os precedentes no século XVI
3.2. Desenrolo da actividade teatral: teatros, compañías e público
3.3. Xéneros: Historias ou Dramas Históricos, Comedias e Traxedias
3.4. Autores: os “inxenios universitarios”, Shakespeare e Jonson
3.5. “Hamlet” (W. Shakespeare, c. 1601)
4. Teatro da Restauración (1660-1690) e do Século XVIII
4.1. Continuidade e cambio: teatros, compañías, repertorio, gustos, xéneros e autores
4.2. A “comedia de costumes”: de Wycherley a Goldsmith e Sheridan
4.3. “A School for Scandal” (R. Sheridan, 1777)
5. Teatro no cambio de século (1890-1914): irlandeses en Londres e Dublín
5.1. A escena londinense:
5.1.1. Esteticismo: Wilde
5.1.2. Naturalismo: Bernard Shaw
5.2. A escena dublinesa:
5.2.1. Yeats e o “Irish Literary Theatre”: mito e nación
5.2.2. Synge: costumbrismo traxi-cómico
5.3. “The Playboy of the Western World” (J. M. Synge, 1907)
6. Teatro dese 1950: drama social e teatro do absurdo
6.1. Os precedentes no periodo de entreguerras: O’Casey e Coward
6.2. Contexto histórico e teatral da posguerra
6.3. Crítica social, rebeldía e protesta: Osborne e os “angry young men”
6.4. O teatro do absurdo: Pinter
6.5. Feminismo, socialismo, experimentación: "Top Girls" (Caryl Churchill, 1982)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Pode usarse cualqueira edición crítica anotada de: “Everyman”, “Hamlet” de Shakespeare, “A School for Scandal” Sheridan, “The Playboy of the Western World” de Synge, e "Top Girls" de Caryl Churchill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BALME, Christopher B. The Cambridge Introduction to Theatre Studies. Cambridge: Cambridge UP, 2008.
DILLON, Janette. The Cambridge Introduction to Early English Theatre. Cambridge: Cambridge UP, 2006.
HARP, Richard and Stanley STEWART. The Cambridge Companion to Ben Jonson. Cambridge: Cambridge UP, 2001.
INNES, Christopher. Modern British Drama: The Twentieth Century. Cambridge: Cambridge UP, 2008.
KETTLE, Arnold, ed. Shakespeare in a Changing World. London: Lawrence & Wishart, 1964.
LENNARD, John and Mary LUCKHURST. The Drama Handbook: A Guide to Reading Plays. Oxford: Oxford UP, 2002.
MURRAY, Christopher. Twentieth-Century Irish Drama: Mirror Up to Nation. New York: Syracuse UP, 2000.
NORMINGTON, Katie. Medieval English Drama. Cambridge: Polity, 2009.
PAVIS, Patrice. Dictionary of the Theatre: Terms, Concepts, and Analysis. Toronto: Univ of Toronto P, 1999.
RABY, Peter, ed. The Cambridge Companion to Harold Pinter. Cambridge: Cambridge UP, 2009.
RICHARDS, Shaun, ed. The Cambridge Companion to Twentieth-Century Irish Drama. Cambridge: Cambridge UP, 2004.
SANDERS, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Clarendon, 1994, 1996. pp. 73-76, 103-106, 144-185, 266-272, 298-301, 475-483, 542-544, 585-592.
SHEPERD, Simon and Mick WALLIS. Drama/Theatre/Performance. Oxford: Routledge, 2004.
SHEPERD, Simon. The Cambridge Introduction to Modern British Theatre. Cambridge: Cambridge UP, 2009.
SMITH, Emma and Garret SULLIVAN, Jr, eds. The Cambridge Companion to English Renaissance Tragedy. Cambridge: Cambridge UP, 2010.
SMITH, Emma. 2007. The Cambridge Introduction to Shakespeare. Cambridge: Cambridge UP.
THOMSON, Peter. The Cambridge Introduction to English Theatre, 1660-1900. Cambridge: Cambridge UP, 2006.
WILSON, Colin. The Angry Years: The Rise and Fall of the Angry Young Men. London: Robson, 2007.
WOMACK, Peter. English Renaissance Drama. Oxford: Blackwell, 2006.
WORTH, Katherine. Sheridan and Goldsmith. London: Palgrave Macmillan, 1992.
As destrezas e habilidades a desenvolver polo/a alumno/a nesta materia son as seguintes:
- Análise crítica de textos ingleses de todos os periodos históricos da materia
- Lectura comprensiva de textos dramáticos
- Contextualización das obras no contexto histórico, político e social no que adquiren o seu significado
- Familiarización coa lengua inglesa nos varios periodos históricos do programa
- Uso adecuado dos recursos bibliográficos sobre a tradición teatral no Reino Unido e en Irlanda
Competencias básicas e xerais da materia na memoria verificada do título en: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/graos/grao_ingles/grao_ingles.ht…
CB1- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente seencontra a un nivel que, ben que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que normalmente sedemostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
CB5- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1- Competencia lingüístico-comunicativa: utilización da lingua inglesa como medio de comunicación oral e escrito, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento, e da organización e auto-regulación do pensamento, das emocións e da conduta. Os coñecementos, actitudes e destrezas propios desta competencia permiten expresar en lingua inglesa pensamentos, emocións, vivencias e opinións, así como dialogar, formarse un xuízo ético e crítico, xerar ideas, estruturar o coñecemento, dar coherencia e cohesión ao discurso e ás propias accións, adoptar decisións e gozar lendo, escoitando ou expresándose de forma oral ou escrita.
CG8-Competencia no tratamento da información nunha segunda lingua, así como da súa cultura e literatura.
-Docencia Expositiva: 32 h. (2 hrs. semanais). O alumnado verá a través do desenrolo destas clases conceptos teóricos, autores, movementos teatrais e contexto social, político e histórico de cada unha das obras seleccionadas no programa.
-Docencia Interactica: 16 h. (1 hr. semanal). O alumnado levará a cabo pequenas presentacións orais sobre un tema relativo aos textos de lectura obrigatoria que o profesor asignou previamente. A estas presentacións seguirá un debate no que han participar o resto dos/-as compañeiros/-as.
-Titorías: as 3 hrs. de titorías empregaranse para a asignación e indicacións pertinentes dos temas e textos das clases interactivas. Asemade, durante as tutorías o alumnado poderá expoñer ao profesor encargado da materia dúbidas e preguntas sobre calquera dos contidos incluidos na programación da materia e sobre a proba final escrita.
-Asistencia a todas as sesións e participación activa nas sesións de docencia interactiva: 30%.
-Proba final escrita: 70% (o/a alumno/-a há obter a lo menos a metade deste valor, un 35%, para poder superar a materia).
Notas importantes:
1) Este sistema de avaliación aplicarase para ambas convocatorias ás que ten dereito o alumnado (maio e xullo)
2) Se algún/-ha alumno/-a non asiste á sesión de docencia interactiva na que estaba programada a súa presentación sen xustificación documentada (ex. certificado médico) computará como 0, que logo fará media co resto das cualificacións das súas presentacións das clases interactivas e da asistencia a todas as sesións para o cálculo do 30% da nota final.
3) Só quedarán dispensados da asistencia ás sesións da materia as/os alumnas/os repetidoras/es que si asistiran de xeito continuado a ano anterior ás sesións expositivas e interactivas. En calquera caso, deberán obrigatoriamente notificar ao seu profesor esta circunstancia. Poderán optar por conservar ou non a nota obtida o curso anterior por asistencia ás sesións e participación activa nas sesións de docencia interactiva. No caso de que opten por non conservar a nota deberán de asistir a todas as sesións e realizar todas as tarefas asignadas de exposición oral.
4) Para o caso extraordinario dalgún/-ha alumno/-a que tivera unha dispensa oficial de asistencia a clase, o 100% da nota dependerá da proba escrita final.
5) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Tempo de estudio estimado (preparación da docencia interactiva, lectura dos textos obrigatorios, titorías e preparación de exames): 100 HORAS
-A asistencia ás sesións de docencia expositiva e interactica é OBRIGATORIA.
-Requírese a lectura previa dos textos seleccionados de xeito OBLIGATORIO para cada unha das sesións de docencia interactiva.
-O/A alumno/-a debe tomar notas do que le e utilzar a bibliografía crítica só como apoio e non en sustitución das lecturas obrigatorias.
Prégase puntualidade na asistencia a clase.
Jorge Sacido Romero
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811880
- Correo electrónico
- jorge.sacido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C06 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C02 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C02 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |