Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é presentar un panorama dos autores, obras e correntes estéticas máis representativos da narrativa románica medieval entre os séculos XII e XV. En función deste principio, os obxectivos específicos da materia son os seguintes:
• Presentar a xénese e evolución das diversas modalidades da narrativa extensa medieval no seu contexto de producción e recepción.
• Recoñocer a narrativa románica medieval como parte dun conxunto unitario presidido por toda unha serie de analoxías que se analizarán de forma comparada.
• Valorar as características intrínsecas de cada autor e obra e identificar os seus trazos individuais no contexto romance.
• Preparar os alumnos para afrontar o estudo das modalidades da narrativa románica medieval cos instrumentos e a metodoloxía adecuados.
• Guiar os estudantes nos principios da historia e da crítica literarias aplicadas á análise e interpretación dos textos que forman o núcleo da programación.
• Facilitar de maneira organizada e actualizada as principais fontes bibliográficas da materia.
1.- Introdución. Aparición e características do xénero 'roman'.
2.- A materia antiga. A tríada clásica. O roman de Eneas. O roman de Alexandre. A materia antiga francesa e a súa difusión nas literaturas romances.
3.- A materia de Bretaña. De Geoffrey de Monmouth a Wace. O 'Roman de Brut'.
4.- A materia tristaniana. As versións de Béroul e Thomas d'Angleterre. As 'Folies'.
5. Chrétien de Troyes. Estudo de 'Li chevaliers de la charrette' (Lancelot).
6.- De Robert de Boron aos ciclos artúricos en prosa do século XIII. O ciclo da Vulgata e o da Post-Vulgata e a súa difusión nas literaturas romances.
7.- Roman alegórico e fabulístico. 'Roman de la Rose' e 'Roman de Renart'.
8.- A superación do modelo artúrico: o roman cabaleiresco. O Amadís de Gaula.
9.- A ficción sentimental castelá. 'Cárcel de Amor' de Diego de San Pedro.
10.- A narrativa alegórica: A 'Divina Comedia' de Dante Alighieri.
Bibliografía básica
Alvar, C., De los caballeros del Temple al Santo Grial, Madrid, Sial, 2010.
Boitani, P., Mancini, M., e Vàrvaro, A. (dirs.), "Lo spazio letterario del Medioevo". 2. "Il Medioevo volgare", Salerno Editrice, Roma, 5 vols.
Huchet, J. C., Le roman médiévale, Presses Universitaires de France, Paris, 1984.
Jauss, H-R. - Köhler, E. (eds.), Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, Heidelberg, Carl Winter, tome IV & tome VI, 1978.
Lacy, N. J., e Grimbert, J. T. (eds.), A Companion to Chrétien de Troyes, Brewer, Rochester, 2005.
Loomis, R. S. (coord.), Arthurian Literature in the Middle Ages. A Collaborative History, Oxford University Press, Oxford, 1959.
Meneghetti, M. L. (ed.), Il romanzo, Il Mulino, Bologna, 1988.
Várvaro, A., 'Literatura románica de la Edad Media', Barcelona, Ariel, 1983.
Bibliografía complementaria
Baumgartner, E., Le récit médiéval. XIIe-XIIIe siècle, Hachette, Paris, 1995.
Carrai, S., - Inglese, G., La letteratura italiana nel Medioevo, Roma, Carocci, 2008.
Gómez Redondo, F., Historia de la prosa medieval castellana, Cátedra, Madrid, 1998-2012, 6 vols.
Hook, D. (ed.), The Arthurian of the Iberians, Cardiff, University of Wales Press, 2015.
Poirion, D. (ed.), La littérature française aux XIVe et XVe siècles, en Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, Carl Winter, Heidelberg, 1985, t. VIII.
Stanesco, M. - Zink, M., Histoire européenne du roman médiéval. Esquisse et perspectives, PUF, Paris, 1992.
Obras de lectura obrigatorias
'El libro de Eneas', trad. E. Bermejo, Barcelona, PPU, 1984.
'La leyenda de Tristán e Iseo', trad. I. Riquer, Madrid, Siruela, 1996.
Chrétien de Troyes. 'Lanzarote ou o cabaleiro da carreta', trad. de S. Gutiérrez, Vigo, Xerais, 2001.
Guillaume de Lorris e Jean de Meun, El libro de la rosa, trad. de C. Alvar, Siruela, Madrid, 1986.
Dante, La Divina Comedia, ed. de A. Zahareas - O. Pereira, Madrid, Akal, 2009.
• Identificar as características das principais modalidades da narrativa románica medieval.
• Adquirir capacidades para establecer relacións entre as diversas tradicións literarias no marco das analoxías e diferenzas que presentan.
• Identificar a influenza que outros xéneros literarios exercen na narrativa medieval e establecer as correspondentes conexións entre os mesmos.
• Establecer relacións sincrónicas e diacrónicas entre os diversos aspectos que configuran a programación.
• Dominar a metodoloxía e os conceptos que permitan analizar e interpretar correctamente os textos narrativos medievais.
• Comprender a repercusión que a narrativa románica medieval tivo en épocas sucesivas.
• Empregar de maneira eficaz diversos medios de pescuda bibliográfica para a realización dos comentarios e traballos (información na rede, bases de datos, bibliotecas virtuais ...).
• Desenvolver a capacidade de reflexión, exposición e argumentación crítica.
A docente explicará nas horas lectivas o temario do Programa mediante a exposición dos contidos, que se basearán na oportuna selección de textos e/ou imaxes como base da aprendizaxe.
- Os estudantes deberán ler con carácter obrigatorio aquelas fontes primarias que se consideran punto de referencia esencial de cada un dos temas do programa, o que lles permitirá seguir as exposicións teóricas de xeito máis eficaz e participar na discusión de cuestións puntuais do temario.
- Os alumnos prepararán comentarios de textos seleccionados pola docente, aos que aplicarán tanto os contidos teóricos expostos nas sesión expositivas como os datos extraídos da bibliografía recomendada. Estes comentarios serán elaborados individualmente e os seus resultados serán expostos nas clases interactivas non só para dar conta do progreso na aprendizaxe, senón tamén para intercambiar ideas e perspectivas que susciten a reflexión e o debate.
1ª oportunidade: Para superar a materia os estudantes deben participar activamente nas clases e nas actividades prácticas programadas, que se conciben como complemento dos contidos teóricos expostos pola docente. Dado que a materia prevé un sistema de avaliación continua, a asistencia ás clases é obrigatoria (mínimo 80%).
Para acadar os obxectivos didácticos marcados na programación, os estudantes prepararán as seguintes actividades:
a) Lectura e anotación das fontes bibliográficas obrigatorias e valoración dos seus contidos nos controis de lectura e nas clases interactivas (20% cualficación).
b) Preparación de comentarios de texto aos que os estudantes aplicarán os contidos teóricos recibidos e adaptarán con xuízo crítico os datos procedentes da lectura da bibliografía indicada pola profesora (30% cualificación).
c) Elaboración de 1 traballo monográfico orientado pola profesora, no que o estudante deberá dar conta da súa capacidade na asimilación de datos, do emprego da metodoloxía adecuada, da organización razoada dos contidos e da súa argumentación crítica na exposición (50% nota final). DATA DE ENTREGA: 2 de xuño de 2025.
A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co que prevé a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida cos oportunos traballos substitutivos.
En calquera caso, os estudantes que non poidan seguir con regularidade o curso, non realicen as actividades programadas ou non obteñan nas mesmas unha nota mínima de 5 puntos terán que presentarse ao exame final da materia (2 preguntas teóricas e 1 comentario de texto de calquera das obras do temario), que se realizará nas datas oficiais marcadas pola Secretaría da Facultade de Filoloxía.
* Na primeira oportunidade, aqueles ESTUDANTES REPETIDORES que opten pola avaliación continua obterán o 40% da cualificación a través da realización das actividades prácticas programadas, mentras que o 60% restante corresponderá a un exame escrito, que versará sobre os contidos teóricos das sesións expositivas.
2ª oportunidade: A avaliación efectuarase exclusivamente a través dun exame escrito, que incluirá preguntas teóricas e prácticas (2 comentarios de texto das obras de lectura obrigatorias). 100% calificación.
*Todos aqueles estudantes que conten con dispensa de asistencia acreditada serán avaliados na primeira oportunidade conforme aos seguintes requisitos: a) entrega de resumos das obras de lectura obrigatorias e realización de dous comentarios de texto (40%); b) realización dun exame escrito (60%). Na segunda oportunidade, só se prevé a avaliación mediante a realización dun exame escrito.
**Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS)
- Sesións expositivas: 30
- Sesións interactivas: 15
- Titorías programadas: 3
- Sesións de avaliación: 2
TOTAL: 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS (HORAS)
- Estudo, lectura e preparación das actividades programadas: 30
- Realización dos comentarios: 20
- Elaboración do traballo monográfico: 50
TOTAL: 150
- Asistencia regular a clase e interese polas materias de literatura medieval.
- Lectura das fontes primarias obrigatorias antes da exposición do tema correspondente para poder facer un seguimento correcto dos contidos impartidos nas sesións expositivas.
- Lectura crítica da bibliografía indicada pola docente para desenvolver a aprendizaxe autónoma.
- Realización coidada dos comentarios de texto e dos traballos monográficos mediante o seguimento e orientación da profesora no correspondente horario de titorías.
É recomendable ter capacidade para ler nalgunha lingua estranxeira, o que favorecerá que o estudante enriqueza, valore e contraste a información dada pola docente nas sesións presenciais. Así mesmo, convén que os alumnos relacionen os contidos adquiridos cos doutras materias afíns.
Para seguir os contidos teóricos de xeito máis eficaz e poder participar nas clases, considérase básico ler as fontes primarias antes da presentación dos temas correspondentes.
As obras de lectura obrigatorias son as seguintes:
1) Roman d’Eneas (Tema 2)
2) Tristan de Béroul e Tristan de Thomas d’Angleterre (Tema 4)
3) Lancelot, Li chevaliers de la charrette de Chrétien de Troyes (Tema 5)
4) 'Le Roman de la Rose' (Tema 7)
5) A Divina Comedia de Dante. Inferno e Purgatorio (Tema 10)
Maria Pilar Lorenzo Gradin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811826
- Correo electrónico
- pilar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C04 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |