Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo dos principais movementos literarios en lingua alemá desde finais do século XIX ata 1945, centrado nunha introdución teórica á historia da literatura da época, nos seus principais autores e autoras e nas obras máis representativas, así como nun traballo práctico sobre as lecturas de referencia obrigatorias.
1. O Naturalismo en Alemaña. Gerhart Hauptmann: Bahnwärter Thiel (1887).
2. A época de vangardas no contexto europeo. Os 'ismos' como discursos de ruptura.
2.1. Tendencias na lírica alemá: entre o simbolismo e o impresionismo. George, Hofmannsthal e Rilke.
3. Esteticismo e decadentismo:
3.1. Thomas Mann: Tristan (1901).
3.2. Stefan Zweig: Angst (1910).
4. O Expresionismo alemán: "Menschheitsdämmerung" (1920).
5. A literatura de entreguerras: alienación e crítica social.
5.1. Franz Kafka: Ein Hungerkünstler (1924).
5.2. O teatro como crítica social. O teatro épico. Bertolt Brecht: Die Dreigroschenoper (1928).
5.3. A novela da Neue Sachlichkeit. Erich Kästner: Fabian (1931).
6. Nacionalsocialismo e literatura do exilio. Anna Seghers: Der Ausflug der toten Mädchen (1944).
Lecturas obrigatorias:
1. Gerhart HAUPTMANN: Bahnwärter Thiel.
2. Lírica do Impresionismo alemán (selección)*
3. Thomas MANN: Tristan.
4. Stefan ZWEIG: Angst.
5. Lírica expresionista alemá (selección da antoloxía Menschheitsdämmerung, ed. Kurt Pinthus, 1920)*
6. Franz KAFKA: Ein Hungerkünstler.
7. Bertolt BRECHT: Die Dreigroschenoper.
8. Erich KÄSTNER: Fabian. Die Geschichte eines Moralisten.
8. Anna SEGHERS: Der Ausflug der toten Mädchen.
* Estes textos e outros cos que se traballará ao longo do curso (ensaio, poesía, prosa breve etc.) poranse a disposición do alumnado no Campus Virtual.
Bibliografía complementaria:
BAYERDÖRFER, Hans Peter: Weimarer Republik, in: HINDERER, Walter u.a. (Hg.): Geschichte der deutschen Lyrik vom Mittelalter bis zur Gegenwart. Würzburg: Königshausen und Neumann 2001, 439-476.
BECKER, Sabina: Neue Sachlichkeit. Köln: Böhlau 2000.
BUCK, Theo / STEINBACH, Dietrich (Hg.): Tendenzen der deutschen Literatur zwischen 1918 und 1945: Weimarer Republik, Drittes Reich, Exil. Stuttgart: Klett 1985.
BUCK, Theo u.a.: Von der Weimarer Republik bis 1945. (Geschichte der deutschen Literatur, 5). Stuttgart: Klett 1993.
BORMANN, Alexander von / GLASER, H.A. (Hg.): Deutsche Literatur. Eine Sozialgeschichte. Bd. 9: Weimarer Republik - Drittes Reich: Avantgardismus, Parteilichkeit, Exil 1918-1945. Rowohlt: Reinbek 1983.
BRAUNECK, Manfred: Theater im 20. Jahrhundert. Programmschriften, Stilperioden, Reformmodelle. Rowohlt: Reinbek 1986.
FÄHNDERS, Walter: Avantgarde und Moderne 1890-1933. Stuttgart / Weimar:Metzler 1998.
GRIMM, Reinhold / HERMAND, Jost (Hg.): Exil und innere Emigration: Third Wisconsin Workshop. Frankfurt a.M.: Athenäum 1972.
HARTUNG, Harald: Gedichte und Interpretationen. Vom Naturalismus bis zur Jahrhundertwende. Band 5. Stuttgart: Reclam 1995.
HERZFELD, Hans: Die Weimarer Republik. Frankfurt a.M.: Ullstein 1978.
HOFFMANN, Dieter: Arbeitsbuch deutschsprachige Lyrik 1880-1916: vom Naturalismus bis zum Expressionismus. Tübingen: Francke 2001.
HOFFMANN, Dieter: Arbeitsbuch deutschsprachige Lyrik 1916-1945: vom Dadaismus bis zum Ende des Zweiten Weltkriegs. Tübingen: Francke 2001.
KAES, Anton (Hg.): Weimarer Republik. Manifeste und Dokumente zur deutschen Literatur 1818-1933. Stuttgart: Metzler 1983.
KOEBNER, Thomas: Unbehauste. Deutsche Leitbilder in der Literatur der Weimarer Republik, des Exils und der Nachkriegszeit. München: ed. text+kritik 1992.
LEIß, Ingo; STADLER, Hermann (Hg.): Deutsche Literaturgeschichte, Band 8: Wege in die Moderne. 1890-1918. DTV 1997.
LETHEN, Helmuth: Neue Sachlichkeit 1924-1932. Studien zur Literatur des weissen Sozialismus. Stuttgart: Metzler 1982.
MAHAL. G.: Naturalismus. München: Fink 1996.
NIEDERMEIER, Cornelia / WAGNER, Karl (Hg.): Literatur um 1900. Texte der Jahrhundertwende neu gelesen. Köln/Weimar/Wien: Böhlau 2001.
PETERSEN, Klaus: 'Neue Sachlichkeit': Stilbegriff, Epochenbezeichnung oder Gruppenphänomen?, in: DVjS 56, 1982, 463-477.
PEUKERT, Detlev J.K.: Die Weimarer Republik. Krisenjahre der klassischen Moderne. Frankfurt a.M.: Suhrkamp 1987.
ROTHE, Wolfgang (Hg.): Die deutsche Literatur in der Weimarer Republik. Stuttgart: Reclam 1974.
- Coñecemento dos temas e conceptos literarios específicos da época estudada e das súas estratexias de representación literaria
- Capacidade de análise dos textos de lectura obrigatoria.
- Dominio das técnicas e instrumentos metodolóxicos necesarios para o estudo e análise dos textos literarios
- Capacidade de argumentación e abstracción axeitada para o comentario literario
A explicación teórica do docente alternará coa análise de textos e co debate de cuestións fundamentais. Cada semana o estudantado terá que realizar as lecturas indicadas polo docente, preparar os textos que se estean a analizar para as sesións docentes e participar na discusión sobre as cuestións que se formulen.
O estudantado deberá realizar tamén un traballo escrito e unha exposición oral previa sobre o tema do traballo.
A avaliación será continua, sen proba final e basearase nos seguintes aspectos:
1. Participación regular e activa nas aulas: 10% da nota final.
2. Realización da exposición oral sobre o tema do traballo escrito: 20% da nota final.
3. Elaboración do traballo individual e escrito, cunha extensión dunhas 4.000 palabras, sobre un tema concreto dunha das lecturas obrigatorias: 70% da nota final.
Valoraranse os coñecementos da bibliografía, a profundidade de análise, a claridade metodolóxica e a calidade da exposición escrita.
A data límite de entrega será o 22 de maio de 2026.
A relación de temas para os traballos darase a coñecer a principios do cuadrimestre.
No caso do alumnado con dispensa oficial de asistencia ás aulas o traballo será o único criterio de avaliación (100% da nota final), o cal deberá ter unha extensión mínima de 6000 palabras.
Os criterios de avaliación descritos rexerán tanto na primeira como na segunda oportunidade de exame.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no artigo 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
- Aproximadamente 6 horas semanais:
- 3 horas/semana de clases presenciais (teóricas e prácticas),
- 3 horas/semana de traballo persoal
- Unha lectura atenta dos textos obrigatorios en alemán, a primeira delas preferentemente antes de principio de curso
- Coñecementos avanzados de historia e cultura dos países de fala alemá
Emilio Gonzalez Miranda
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811834
- Correo electrónico
- emilio.gonzalez.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D07 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Alemán | D06 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |