Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Adquirir coñecementos claros do concepto de Saúde así como os diferentes factores que a condicionan.
Valorar o interese e aplicacións da Demografía en Saúde.
Adquirir coñecementos básicos en Epidemioloxía.
Coñecemento da Epidemioloxía aplicada ás Enfermidades Transmisibles.
Valorar a importancia da Profilaxe xeral fronte a estas.
Coñecementos de Profilaxe de Exposición e de Disposición.
Coñecer as diferentes Enfermidades Transmisibles dende o punto de vista da Epidemioloxía e da Prevención.
Coñecemento dos diferentes aspectos que relacionan ao medio coa saúde humana.
En función do seu contido a materia divídese en catro unidades:
Unidade I: Conceptos xerais de saúde pública
Tema 1: Concepto de saúde e factores que a condicionan
Tema 2: Niveis de prevención
Tema 3: Interese e aplicacións da demografía na saúde comunitaria.
Unidade II: Metodoloxía epidemiolóxica
Tema 1: Concepto de epidemioloxía. Obxectivos. Método epidemiolóxico
Tema 2: Clasificación dos estudos epidemiolóxicos
Unidade III: Ambiente e saúde.
Tema 1: Ecoloxía e saúde.
Tema 2: Contaminación atmosférica. Efectos sobre a saúde.
Tema 3: Auga: aspectos sanitarios da auga
Tema 4: Augas residuais. Depuración
Tema 5: Residuos sólidos urbanos e contaminación do chan.
Tema 6: Residuos sanitarios.
Tema 7: Radiacións
Unidade IV: Epidemioloxía
Tema 1: Cadena epidemiolóxica. Concepto de epidemia, endemia e pandemia.
Tema 2: Profilaxe de Exposición
Tema 3: Profilaxe de Disposición .Vacunas.
Tema 4 :Epidemiloxía e prevención especificas para as diferentes
Enfermidades transmisibles segundo os seus mecanismos de transmisión.
Medicina Interna. Farreras ( Ed. Marín).
Enfermidades Infecciosas. Pregado. C. Lozano Tonkin.
Harrison. Principios de Medicina Interna (Ed. interamericana).
Enfermidades Infecciosas. Guía Merck. (Ed. Prous).
Medicina Preventiva e Saúde Pública. G. Piedrola.
Microbioloxía. Tusir Y. Stanier e Colñab (Ed. Salvat).
Tratado de Microbioloxía. Davis e Dulbecco (Ed. Salvat).
Bioloxía dos Microorganismos. Broock (Ed. Omega).
Medicina Interna. Farreras - Rozman (Ed. Doyma).
Tratado M. Interna. J.b. Wyngaarden - H. Smith - Cecil (Ed.Inteamericana).
Estrutural e Funcional. S.L. Robbins - R.S. Cotram - Patol. (Ed. interamericana).
Enfermaría comunitaria, métodos e técnicas E .ramos caleira.(ed.DAE)
Enfermería comunitaria I .M.T. Alfonso R gansa e C.Alvarez-Dardet Diaz.(ed.Masson-Salvat)
Enfermería comunitaria.Epidemiologia.MT.Icart Isern-M.L Torrens Garcia(ED.Masson)
Enfermería comunitaria III.C.Caixa Lopez, R.M.Lopez Pisa(ed.Masson-Salvat).
Enfermería comunitaria 1.concepto de saúde e factores que a condicionan.A.Sánchez Moreno (ed Mc Graw-Hill interamericana)
Enfermería comunitaria 2 epidemiología e enfermería.A.Sánchez Moreno (ed McGraw- Hill interamericana)
Enfermería comunitaria 3 actuación en enfermería comunitaria .Sistemas e Programas de salud.A.s anchez Moreno (ed.McGraw-Hill interamericana.
Enfermería comunitaria .A.Frias Osuna.(ed Masson).
Microbioloxía en ciencias da saúde. M.de a rosa, J.Prieto Prieto. Ed elsevier
O alumno adquirirá as seguintes competencias:
Co coñecemento dos conceptos xerais de saúde publica comprenderá os principais factores que determinan a saúde das persoas e coñecerá a información importante e as recomendacións con rigor cientifíco para obter habilidades que lle permitan axudar ás persoas, grupos e comunidades a promover e protexer a saúde e previr enfermidades tanto a nivel persoal como comunitario.
O coñecemento dos fundamentos do método epidemioloxíco para aplicalos á avaliación de tratamentos, intervenciones preventivas e á planificación de necesidades sanitarias
Co coñecemento dos diferentes campos nos que inflúe o medio na saúde, aprenderá a valorar a presenza dos factores de risco nel existentes e consecuentemente aplicará os medios tanto preventivos como de protección á saúde de forma individual e colectiva.
Coñecerá e identificará a epidemioloxía das enfermidades transmisibles, a súa importancia para a saúde así como determinará as actividades preventivas e de control mais axeitadas a estas enfermidades
Escenario 1 (normalidade adaptada)
Para un mellor coñecemento da materia por parte do alumno realizaranse:
-Clases expositiva nas que se usará material audiovisual de apoio.
-Clases interactivas por grupos nas que os alumnos realizarán traballos e a súa exposición .
-Tutorías grupales para a resolución de dúbidas coa participación activa do alumnado.
No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, adaptarase aos escenarios que se indican en observacións
1.É obrigatoria a asistencia ás clases expositivas, seminarios, laboratorios e titorías grupais.
2. Só se permitiran tres faltas en total sen xustificar.
3. É obrigatorio realizar todos os traballos asignados polo profesor, xa sexan individuais, ou en grupos e a exposición destes se así é indicada ao alumno.
4. Realizarase un exame escrito que hai que aprobar para superar a materia (representa o 80% da cualificación final).
5. Unha vez aprobado o exame teráse en conta para a cualificación final a asistencia global, e os traballos realizados, así como a exposición, se a hai (representa o 20% restante da cualificación final)
No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, adaptarase aos escenarios que se indican en observacións.
1-Horas de traballo presencial na aula:
Docencia expositiva na aula: 24 horas
Docencia interactiva: seminarios-laboratorio:30 horas
Tutorías presenciais en grupos:6 horas
Total……………………………………………60 horas
2-Horas de traballo persoal do estudante non presencial:
Estudo individual:36 horas
Lecturas recomendadas, actividades elaboración de traballos e similares:64 horas
Total: …………………………………………….90 horas
3- Total horas de traballo :…………………………..150 horas
É fundamental para a/o futura/o enfermeira/o adquirir un coñecemento axeitado da enfermería comunitaria e interpretala como un método que nos leve ao diagnóstico e seguimento de enfermidades e a súa prevención.
- Asistencia e participación activa na clase.
- Estudo e revisión da materia dada usando material bibliográfico para entendela e afondar na información obtida cos coñecementos adquiridos.
- Aclaración de posibles dúbidas co profesor.
O Programa da materia esta suxeito ás modificacións e tamén á actualización lógica que xorde nas áreas do coñecemento en saúde.
No caso de que a docencia non poida ser presencial a docencia adaptarase aos escenarios que se indican no plan de continxencia.
Plan de Continxencia
Escenario 2
Docencia semipresencial alternado a docencia presencial coa docencia virtual. Avaliación continua mais exame final.
- Realizarase un exame final que hai que aprobar para superar a materia (representa o 80% da cualificación final).
- Unha vez aprobado o exame teráse en conta para a cualificación final a asistencia global, e os traballos realizados, así como a exposición; representa o 20% restante da cualificación final)
Terase en conta a asistencia e participación activa na clase
Escenario 3
Docencia virtual exclusivamente, a través dos medios que oferta a USC.
- Avaliación continua mais exame final, o exame representa o 80% da cualificación final.
- Traballos individuais realizados polos estudantes e que representan o 20% da cualificación final
Maria Teresa Queiro Verdes
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariateresa.queiro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |