Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Reforzar as capacidades de ideación e análise das obras audiovisuais co fin de maximizar a súa creatividade, potencial, localización e obxectivos preferentes.
Estudar e analizar produtos audiovisuais a través das teorías da significación que deron lugar a unha teoría do discurso, así como a unha teoría do texto; tamén a través dunha teoría do espectáculo.
Establecer un sistema de análise baseado na detección dos niveis ou rexistros que conforman o texto audiovisual, na detección da intertextualidade; así como na análise da relación da obra co seu referente.
Tema 1. O concepto produtivo dos contidos audiovisuais: a imposición dun novo paradigma.
Tema 2. A ineficacia das teorías da comunicación ante o espectáculo mediático hipermoderno.
Tema 3. A perda da condición de espectador e a aparición do prosumidor.
Tema 4. A asunción da lóxica da hipervisibilidade a través de novos dispositivos electrónicos.
Tema 5. Produción audiovisual multiplataforma: dilución de fronteiras e hibridación.
Tema 6. Os formatos televisivos da denuncia, a escenificación da intimidade, a vida cotiá da morte.
Tema 7. Contidos audiovisuais para redes sociais: enfoque crítico, do texto ao hipercontratexto.
Contidos prácticos:
Realizaranse 5 exercicios individuais ao longo do cuadrimestre. As temáticas a abordar indicaranse no marco as aulas interactivas e para realizar in situ.
Básica:
González Requena, Jesús: Análisis de las imágenes audiovisuales,
https://gonzalezrequena.com/textos-en-linea-0-2/libros-en-linea/el-ser-…
-Análisis de textos audiovisuales,
https://gonzalezrequena.com/asignaturas/analisis-de-textos-audiovisuale…
Wacjman, Gérard (2011): El ojo absoluto, Manantial.
Complementaria:
Garayalde, Nicolás (2019): "Del texto al contra-texto", Anales de Filología Francesa, n. 28. https://doi.org/10.6018/analesff.399261
Mañas, Luis; De Vicente, Aída Mª (coords.) (2019): Contenidos audiovisuales, narrativas y alfabetización mediática, McGraw-Hill Interamericana de España.
Cortés, Oriol; Meneses, Carmina (2021): "Nuevos hábitos de consumo de contenidos audiovisuales", Interempresas
https://www.interempresas.net/Licencias/Articulos/350281-Nuevos-habitos…
Didi-Huberman, Georges (2016): Arde la imagen, Ediciones Ve.
Wajcman, Gérard (2018): Les séries, le monde, la crise, les femmes, Verdier.
BÁSICOS E XERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con
perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, informacións e resultados relevantes, así como extraer conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e abstracción, tanto na
definición e abordaxe de problemas así como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan
competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAL
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICO
CE17 - Coñecer as técnicas de análise dos produtos televisivos e cinematográficos
CE18 - Formación para a dirección de documentais audiovisuais
CE19 - Coñecer o marco histórico no que se desenvolveron os medios audiovisuais
A materia abordarase expoñendo os temas nos que se organiza.
Así mesmo, durante as sesións prácticas realizarase a análise de contidos audiovisuais.
50% exame ao final do cuadrimestre. 50% realización de exercicios prácticos de análise de contidos audiovisuais.
No caso de dispensa, prepararase un plan personalizado, facilitando ao alumnado o soporte de diapositivas que se xere para as clases expositivas. O alumnado con dispensa será informado por correo electrónico das características dos exercicios prácticos e da súa data de entrega. Os traballos prácticos que se soliciten suporán o 50% da nota, mentres que a parte teórica avaliarase cun exame final e suporá o restante 50% da cualificación final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Clases expositivas. presentación e explicación dos temas 30
Traballar con textos: análise, síntese e discusión 15
Exame final 3
Estudo individual ou grupal independente 60
Lecturas recomendadas 25
Elaboración de exposicións orais,debates etc. 5
Planificación de seminarios. Busca, rexistro e elaboración do material soporte (textos, imaxes, audio, etc.) 12
Antia Maria Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816527
- Correo electrónico
- antiamaria.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sara Calvete Lorenzo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- sara.calvete.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
29.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
02.07.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |