Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Aproximación conceptual e práctica ao coñecemento da estrutura do sistema audiovisual e da xestión da empresa de servizos de comunicación audiovisual.
2. Estudo do contexto da súa relación coa industria cultural e creativa, así como dos procesos de converxencia dixital
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Introdución
- A importancia económica dos medios de comunicación
- Características do mercado audiovisual
- Principios básicos do media management
Tema 2 - A empresa audiovisual
- Concepto de empresa e empresariado
- Peculiaridades da empresa de comunicación
- Tipos de empresas
- A empresa e o seu entorno
- Corporacións, holdings e grupos de empresas
Tema 3 – Innovación e emprendemento
- Concepto e utilidade do plan de empresa
- Emprendemento e viabilidade das ideas
Tema 4 – A organización e a gobernanza da empresa audiovisual
- Principais departamentos da empresa audiovisual
- Modelos de xestión e organigramas
- A gobernanza do sistema audiovisual público
Tema 5 – A dirección estratéxica
- O concepto de estratexia
- O proceso de dirección estratéxica
- A orientación e os valores da empresa
- Estratexias e vantaxes competitivas
- Avaliación e selección de estratexias
Tema 6 - Modelos de negocio e financiación
- Creación de valor na empresa audiovisual
- Modelos de financiación das empresas audiovisuais
- O método Canvas para desenvolver modelos de negocio
- Intervención pública e fiscalidade
Tema 7 - Recursos humanos
- A importancia dos recursos humanos na empresa audiovisual
- Normativa laboral xeral
- Os convenios colectivos do audiovisual
- Os plans de igualdade
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos van encamiñados á aplicación dos contidos teóricos. Realizaranse dúas prácticas avaliables, unha grupal e outra individual.
A práctica grupal consiste na elaboración dun plan de negocio para a creación dunha empresa de comunicación viable. O desenvolvemento deste traballo irase realizando progresivamente nas sesións interactivas.
En paralelo, e de forma individual, o alumnado deberá realizar unha análise dunha empresa de comunicación da súa escolla, aplicando os contidos abordados na materia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cerezo, Pepe (2018). Los medios líquidos: la transformación de los modelos de negocio. Editorial UOC
Küng, Lucy (2016). Strategic management in the media: Theory to practice. SAGE.
Medina Laverón, Mercedes (2021). Estructura y gestión de empresas audiovisuales. Eunsa.
Lowe, Gregory Ferrell & Brown, Charles (2016). Managing Media Firms and Industries. What's so special about media management? Springer.
Sánchez González, María (2018). Gestión estratégica, innovación y prospectiva en comunicación: bases, técnicas y casos prácticos. Editorial UOC.
Wirtz, Bernd W. (2020). Media Management. Strategy, Business Models and Case Studies. Springer
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Barrio Fraile, Estrella (2019). Responsabilidad social corporativa: de la noción a la gestión. Editorial UOC.
CNMC (2022). Informe Anual del mercado de las Telecomunicaciones y del Sector Audiovisual de la CNMC.
Doyle, Gillian (2016). Television production, Funding Models and Exploitation of Content. Icono 14, 14 (2), pp. 75-96. doi: 10.7195/ri14.v14i1.991
García Santamaría, José Vicente (2016). Los grupos multimedia españoles: análisis y estrategias. Editorial UOC.
Observatorio Audiovisual Europeo (2023): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services -the pan European picture, Estrasburgo, European Audiovisual Observatory.
Osterwalder, Alexander & Pigneur, Yves (2011). Generación de modelos de negocio. Deusto.
Rodríguez Castro, M. & Campos-Freire, F. (2020). A xestión e a estrutura das novas plataformas dixitais. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788417595678
Srnicek, Nick (2018). Capitalismo de plataformas. Buenos Aires: Caja Negra Editora.
Van Dijck, José, Poell, Thomas & De Waal, Martijn (2018). The Platform Society. Public Values in a Connective World. Oxford University Press.
CON.1 - Analizar a converxencia da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.2 - Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
CON.4 - Coñecer as políticas audiovisuais europeas e a súa incidencia na cadea de valor audiovisual.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnologías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.1 - Deseñar e poñer en marcha estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postprodución audiovisuais.
COM.6 - Exercitar a coordinación e xestión de equipos profesionais na cocreación de produtos audiovisuais.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e los Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible.
Clase maxistral: proporcionaranse as bases teóricas necesarias para poder poñer en marcha iniciativas emprendedoras no campo da comunicación, proporcionando exemplos e casos de interese.
Nas sesións de seminario aplicarase unha metodoloxía que integra a aprendizaxe baseada en proxectos (a realización do plan de empresa) co design thinking, que busca xerar solucións innovadoras no marco do emprendemento empresarial en comunicación.
Probas de coñecementos: 50%
Exercicios prácticos: 50%
O sistema de avaliación da materia consiste na realización dun exame para avaliar os contidos teóricos (50%) e dunha parte práctica (50%). A ponderación de cada parte é a seguinte:
- Exame: 50%
- Práctica grupal: 30%
- Práctica individual: 20%
Para poder superar a materia é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica. Para aprobar a parte práctica, é indispensable presentar e aprobar as dúas prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Para o alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia, adaptarase a realización do traballo grupal, que consistirá no desenvolvemento dun plan de negocio para un proxecto de traballo autónomo ou autoemprego.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase estar ao día sobre os movementos nos mercados da comunicación, organizar ben a realización das prácticas, ter unha boa comprensión do inglés para afondar na bibliografía e manter un contacto directo co profesorado.
Marta Rodriguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
22.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
22.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
12.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |