Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e análise do contexto comunicativo e mediático na cultura da converxencia.
2. Estudo da evolución do consumidor ao prosumidor.
3. Estudo da adaptación dos formatos ao medio móvil e ao contexto multiplataforma.
4. Análise e deseño de novos formatos multimedia e interactivos.
5. Estudo e análise de novos modelos de produción e distribución na rede de produtos culturais e audiovisuais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O contexto comunicativo e mediático na cultura da converxencia
1.1 Definición e características da converxencia mediática
1.2 A cibercultura. Concepto, características e contexto
1.3 Intelixencia colectiva e multitudes intelixentes
1.4 Do consumidor ao prosumidor: formas de consumo e participación dos usuarios
TEMA 2. Formatos multimedia e interactivos
2.1 A linguaxe hipertextual, interactiva e multimedia
2.2 Formatos e produtos para a rede. Unha visión da súa evolución nos medios
2.3 Formatos para narrativas interactivas (tendencias e casos): vídeo interactivo; formatos inmersivos; gamificación; visualización; automatización; audio e podcast
2.4 Formatos para o medio móbil e para as redes sociais
2.5 O documental interactivo
TEMA 3. Narrativas transmedia
3.1 Definición de conceptos: multiplataforma, crossmedia, transmedia
3.2 A narrativa transmedia. Conceptualización teórica e características
3.3 Estratexias de expansión narrativa e proxectos de referencia
3.4 A importancia do usuario nas narrativas transmedia
3.5 Planificación de proxectos: a biblia transmedia
TEMA 4. Novos modelos de produción e distribución na rede
4.1 Crowdsourcing e creación colectiva na rede
4.2 Crowdfunding como modelo de financiamento cultural
4.3 Difusión dos produtos audiovisuais e culturais na rede: plan de redes sociais
4.4 Estratexias para o seu posicionamento e promoción na rede
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos orientaranse á análise e ideación de proxectos, traballando sobre a concepción transmedia do relato, as posibilidades narrativas dos novos formatos, a adaptación de contidos ao escenario multiplataforma, a difusión e distribución de contidos e a relación coa audiencia.
O alumnado desenvolverá unha serie de exercicios prácticos, realizados individualmente e en grupo, nos que se traballarán: a análise de transformación dos sectores culturais no contexto dixital; a narrativa lineal e a narrativa interactiva; o vídeo interactivo; a planificación de estratexias de difusión de obras culturais e vías para a participación da audiencia; a análise de proxectos transmedia e documentais interactivos; a produción de contido para as redes sociais e os dispositivos móbiles; a ideación e planificación dun proxecto transmedia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aguado, J. M., Feijóo, C., & Martínez, I. J. (Coords.) (2013). La comunicación móvil: hacia un nuevo ecosistema digital. Gedisa.
Bruns, A. (2009). From prosumer to produser: Understanding user-led content creation. Presentado en Transforming Audiences, Londres, 3-4 Sep. de 2009.
García Avilés, J. A., Salaverría, R., & Masip, P. (2008). Convergencia periodística en los medios de comunicación. Propuesta de definición conceptual y operativa. En I Congreso de la Asociación Española de Investigadores en Comunicación.
Gifreu, A. (2012) El documental interactivo como nuevo género audiovisual. Estudio de la aparición del nuevo género, aproximación a su definición y propuesta de taxonomía y de un modelo de análisis a efectos de evaluación, diseño y producción. Universidad Pompeu Fabra.
Gitner, S. (2015). Multimedia storytelling for digital communicators in a multiplatform world. Routledge.
Hayes, G. P. (2011) How to write a transmedia production bible. Screen Australia.
Jansson, A., & Lindell, J. (2015). News media consumption in the transmedia age: Amalgamations, orientations and geo-social structuration. Journalism Studies, 16(1), 79-96.
Jenkins, H. (2008) Convergence Culture: La cultura de la convergencia de los medios de comunicación. Barcelona: Paidós Comunicación.
Nafría, I. (2007). Web 2.0: el usuario, el nuevo rey de internet. Gestión 2000.
Scolari, C. (2013). Narrativas Transmedia: Cuando Todos Los Medios Cuentan. Centro Libros PAPF.
Smed, J., Suovuo, T., Skult, N., & Skult, P. H. E. (2021). Handbook on interactive storytelling. John Wiley & Sons.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Durán-Manso, V. (2015). Narrativas audiovisuales digitales. Convergencia de medios, multiculturalidad y transmedia. Comunicar, 44(22), 209-210.
Kalogeras, S. (2014). Transmedia storytelling and the new era of media convergence in higher education. Palgrave Macmillan.
Miller, C. H. (2014). Digital storytelling: a creator’s guide to interactive entertainment (3rd ed.). Focal Press.
Renó, L. (2015). Periodismo transmedia: miradas múltiples. Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación, (128), 305-307.
Ryan, M. L. (2015). Transmedia Storytelling: Industry Buzzword or New Narrative Experience? StoryWorlds: A Journal of Narrative Studies, 7(2), 1-19.
Sakamoto, M. e Nakajima, T. (2015, August). Incorporating fictionality into the real world with transmedia storytelling. In International Conference of Design, User Experience, and Usability (pp. 654-665). Springer International Publishing.
CON.1 – Analizar como se imbrica a comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.3 – Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.5 – Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
CON.6 – Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.1 – Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.3 – Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea da creación e produción audiovisual.
HAB.4 – Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.1 – Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva nos distintos medios, soportes e contextos.
COM.3 – Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postprodución audiovisuais.
COM.5 – Seleccionar e empregar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e axeitadas a cada reto comunicativo.
COM.7 – Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha maneira profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
No desenvolvemento das clases expositivas e interactivas aplicaranse as metodoloxías docentes que se indican a continuación.
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida pola docente.
- Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Estudo de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiado pola docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análise de textos e casos, así como o deseño de estratexias e proxectos.
- Prácticas en aula de informática: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipada con ordenadores.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
- Foros de discusión – traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas.
As clases expositivas servirán para a explicación, estudo e análise dos contidos de carácter teórico da materia. As exposicións da docente combinaranse con exercicios a realizar polo alumnado, que permitirán facer un seguimento aplicado dos conceptos que se vaian traballando. Nas clases expositivas o alumnado deberá participar de maneira activa.
As sesións interactivas orientaranse a realizar unha serie de tarefas individuais e grupais nas que se traballarán os contidos prácticos da materia. Buscarase o debate, a reflexión colectiva e individual e a posta en común dos coñecementos adquiridos.
O campus virtual empregarase como plataforma para a comunicación co alumnado, a disposición dos materiais bibliográficos complementarios necesarios e a entrega das tarefas establecidas. As titorías poderán realizarse presencialmente ou en liña a través de MS Teams.
- Probas de coñecementos: 30%
- Actividades de avaliación continua: 20%
- Prácticas experimentais: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
Na segunda oportunidade, o sistema de avaliación será o mesmo que o da primeira. Se o/a alumno/a ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa docente da materia. O sistema de avaliación será o seguinte: probas de coñecementos (40%); actividades de avaliación continua (10%); prácticas experimentais (50%).
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
- Docencia teórica: 24 horas.
- Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 24 horas.
-Titorización en grupo reducido: 3 horas.
- Probas de avaliación: 3 horas.
-Traballo persoal do alumnado: 96 horas.
Recoméndase a constancia na asimilación dos contidos teóricos da materia e o seguimento das aulas para poder acadar os resultados de aprendizaxe fixados, tanto na parte teórica como no traballo práctico de laboratorio. Recoméndase a consulta do material bibliográfico ou complementario que aconselle a docente. A participación na aula, a reflexión crítica e as achegas para o coñecemento común serán valoradas positivamente.
Maria Cruz Negreira Rey
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
23.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
02.07.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |