Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo dos fundamentos teóricos e prácticos do xornalismo especializado.
2. Estudo e análise de procesos da información xornalística especializada, desde os ámbitos más próximos ao especialista ata a comunicación colectiva.
3. Análise e aplicación de técnicas da especialización no tratamento xornalístico en prensa, radio, televisión e Internet. Axendas e organizacións de xornalismo especializado.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A especialización xornalística na sociedade do coñecemento
1.1 A sociedade da información e do coñecemento. Cambios e transformacións na estrutura social e no ámbito da comunicación
1.2 Efectos e consecuencias sobre a cultura e a ideoloxía xornalística. Tiranías e falacias
1.3 A produción de actualidade: modelos xornalísticos, medios e información, en crise
1.4 A especialización xornalística como estrutura interpretativa do coñecemento complexo
1.5 O xornalismo especializado ou a integración dos modelos non convencionais de xornalismo. Evolución histórica.
TEMA 2. Xornalismo Especializado: orixe e desenvolvemento
2.1 Obxectivos e obxecto de estudo do Xornalismo Especializado
2.2. Revalidación do xornalismo como modo de coñecemento
2.3. Redefinición dos principios de obxetividade, verdade e veracidade
2.4. A especialización por audiencias, medios e contidos. Factores determinantes dos contidos especializados
TEMA 3. Metodoloxía e técnicas do xornalismo especializado
3.1 A investigación científica como modelo
3.2 Modalidades operativas: da investigación á precisión
3.3 Estratexia global para a produción de contidos especializados: procesos e fases
3.4 Aplicación á prensa escrita, á radio e á televisión
3.5 As cuestións éticas nos procesos de investigación
TEMA 4. O xornalista especializado
4.1 Responsabilidade social e formación do xornalista especializado
4.2 Características diferenciadoras. O novo gatekeeper, experto e líder de opinión
4.3 Revalidación política da profesión xornalística nos procesos de mediación
4.4 Profesionalidade versus profesionalismo
4.5 O estatuto profesional do xornalista ou a garantía do dereito da cidadanía a unha información veraz e de calidade
TEMA 5. As fontes e o proceso de negociación
5.1. Natureza, tipoloxía e criterios de cualificación das fontes
5.2. Fontes especializadas, expertas e de precisión por contraposición coas convencionais
5.3. A relación negociadora do xornalista coas fontes. Estratexias e técnicas
5.4. Internet como sistema de fontes: a súa utilidade na estratexia operativa da especialización. Buscadores, webs, bases de datos, etc
TEMA 6. O relato especializado: estrutura, xéneros e estratexia retórica
6.1 O xornalista especializado como autor de relatos
6.2 Condicionantes do relato especializado: a natureza e os intereses dos medios (audiovisuais, escritos, na rede)
6.3 A estrutura interna do relato: elementos e finalidade
6.4 A estrutura externa: os xéneros da especialización para a información e a opinión (en prensa, radio, TV e novos medios)
6.5 Xéneros emerxentes: a infografía e o documental informativo para televisión
6.6 A estrutura narrativa ou textual, estilo e linguaxe. A estratexia retórica
TEMA 7. Áreas e límites mutables
7.1 Niveis de especialización xornalística. Novas estruturas organizativas ao servizo da liña editorial dos medios
7.2 As áreas de especialización, na estratexia da democratización informativa
7.3 Parámetros conceptuais e trazos diferenciadores. Macroáreas, áreas, subáreas e bloques de especialización
7.4 Ámbitos temáticos novos: áreas e límites mutables
7.5 O feito diferencial e o local como instancias e factores de especialización xornalística
CONTIDOS PRÁCTICOS
1. Prevese a formulación de exercicios prácticos sobre a aplicación de ferramentas e metodoloxías especializadas á creación de contidos xornalísticos.
2. Tamén se poderá formular como contido práctico a elaboración e desenvolvemento dun proxecto de publicación periódica, de forma individual ou en grupo
3. Para a elaboración dos ditos contidos o alumnado deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para realizar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión de bases de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Podería precisar apoio para a elaboración dalgunha peza de plató. A peza final editarase e valorarase a súa difusión.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AA.VV. (1997). Estudios sobre Información Periodística Especializada. Valencia: Fundación Univ. San Pablo CEU.
Álvarez Pousa, L. (1999). A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na sociedade da información. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Bergara Conde, M. R. (2005). Periodismo Especializado. Pamplona: Ediciones Internacionales Universitarias.
Blanco Castilla, E. e Esteve Ramírez, F. -ed.- (2010). Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
Camacho Markina, I -coord.- (2010). La especialización en el periodismo. Formarse para informar. Salamanca: Comunicación Social. Ediciones y publicaciones.
Esteve Ramírez, F. e Fernández del Moral, J. (1999). Áreas de especialización Periodística. Madrid: Editorial Fragua.
Esteve Ramírez, F. e Monchioli, M.A. -coord.- (2007). Teoría y Técnicas del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Fragua.
Fernández del Moral, J. -coord.- (2004). Periodismo Especializado. Barcelona: Ariel.
Fernández del Moral, J. y Esteve Ramírez, F. (1993). Fundamentos de la Información Periodística Especializada. Madrid: Síntesis.
Losada Vázquez, A. e Esteve Ramírez, F. -ed.- (2003). El Periodismo de Fuente. Salamanca: Universidad Pontificia.
Llano, R. (2008). La especialización periodística. Madrid: Tecnos.
Quesada, M. (2012). Curso de Periodismo Especializado. Madrid: Síntesis.
Sánchez Calero, M. L. (2008). Una revisión de los géneros periodísticos en la información especializada. Doxa Comunicación. Revista Interdisciplinar De Estudios de Comunicación y Ciencias Sociales, (6), 163–178. https://doi.org/10.31921/doxacom.n6a6
Seijas Candelas, L. (2003). Estructura y fundamentos del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Universitas.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A bibliografía básica complementarase con outros textos –libros, artigos- relacionados coas temáticas do programa de fundamentos da especialización, de acordo tanto coa cadencia explicativa das leccións teóricas como coa actualidad informativa.
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.3 - Coñecer os fundamentos da investigación desde unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexdade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
COM.2 - Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do ámbito do xornalismo para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
1. Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
2. Resolución de problemas: realización de actividades dirixidas, xeralmente dirixidas a obtener un resultado concreto (solución ou análise).
3. Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
4. Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
5. Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
6. Prácticas Aula Informática: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipada con ordenadores.
7. Prácticas Laboratorio: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipado con material técnico específico (estudo de radio, de televisión, de fotografía, salas de edición, plató virtual, etc.).
8. Prácticas de campo: actividades académicas realizadas fóra da Facultade e guiadas polo docente, como as visitas a empresas e institucións no contexto da materia.
9. Metodoloxía baseada na investigación: modalidade que sitúa o estudantado no rol de investigador, executando un proceso de pescuda, avaliación, síntese e análise.
10. Aprendizaxe-Servizo: aplicación dos contidos da materia na mellora ou resolución de retos sociais.
Probas de coñecementos: 40%
Actividades de avaliación continua: 10%
Prácticas experimentais: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
En caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a simple asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás clases expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vinculada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Realización de todos os traballos prácticos propios, e seguimento dos materiais facilitados nas clases expositivas. Lectura de, cando menos, unha obra para cada tema da bibliografía básica recomendada.
A lectura frecuente de contidos xornalísticos e o seu contraste cos contidos teóricos expostos na materia, e o desenvolvemento de capacidades de relación con outros contidos/materias serán aspectos que favorezan a superación con éxito desta asignatura.
Xose Antonio Neira Cruz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816531
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel David Cheda Martinez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- manuel.cheda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
22.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
22.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
27.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |