Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Conceptualización da produción cultural como actividade industrial.
2. Estudo da composición e estrutura do sector das industrias culturais.
3. Análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas.
4. Estudo de subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Aproximación á comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais
1.1 Que son as Industrias Culturais e Creativas. A cultura como concepto. As industrias culturais: orixe, correntes de estudo e contextualización
1.2As industrias creativas. Sistemas de clasificación das industrias culturais e creativas. Produción e consumo das Industrias Culturais
Tema 2. Economía e política das industrias culturais
2.1 Economía da cultura: definición e ámbitos. Valor simbólico da cultura e a comunicación. Medición estatística da cultura
2.2 Transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.. Financiamento e fiscalidade
Tema 3. Tipos e modelos das industrias culturais e creativas
3.1 Industrias culturais e mediáticas. Industria do libro. Industria do cine. Industria da música. Industria das artes escénicas. Industria das artes visuais. Industria do videoxogo. Industria da moda. Industrias mediáticas
3.2 Metodoloxías para analizar calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia no contexto das industrias culturais
Tema 4. Modelos organizativos e estruturas.
4.1 Transnacionalización e globalización das industrias culturais. Medios globais: orixe e evolución
4.2 Consumo das industrias mediáticas
4.3 Novas formas de organización: concentración empresarial e conglomerados mediáticos. Sistema mediático en España e Galicia
Tema 5. Ámbito legal das industrias culturais e creativas
5.1 Os marcos de regulación e autorregulación
5.2 Propiedade intelectual: dereitos de autor. Políticas culturais e de comunicación
Tema 6. Fenómenos emerxentes xurdidos no ámbito da comunicación audiovisual
6.1 Novas propostas audiovisuais, no seu aspecto formal e temático, en relación coas innovacións tecnolóxicas e a evolución social
6.2 Desafíos das industrias culturais no actual sistema comunicativo
CONTIDOS PRÁCTICOS
1. Proxecto grupal de análise en profundidade dunha industria cultural ou mediática en base a dez indicadores.
2. Estudo de caso de dez medios de comunicación en relación coa industria cultural e creativa.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Castells M. (2001). La galaxia Internet. Barcelona: Plaza&Janes.
electrónico. Bilbao: Universidad del País Vasco.
Bustamante, E. (ed). (2011). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Barcelona. Gedisa.
Consello da Cultura Galega (2022). Barómetro da cultura galega 2022. Santiago de Compostela.
Eagleton, T. (2017). Cultura: una fuerza peligrosa. Barcelona: Taurus.
Fernández Mallo, A. (2018). Teoría general de la basura. Madrid: Galaxia Gutenberg.
Hesmondhalgh, D. (2019). The Cultural Industries. London: Sage Publications.
Observatorio de la Cultura (2021). La cultura en España 2020. Madrid: La Fábrica.
Throsby, D. (2011). Economía y Cultura. Cambridge University Press.
Towse, R. & Navarrate Hernández, T. (eds.) (2020). Handbook of cultural economics. Edward Elgar.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Adorno, T. & Horkheimer, M. (1994). Dialéctica de la Ilustración. Trotta. Madrid.
Campbell, P. (2018). Persistent Creativity: Making the Case for Art, Culture and the Creative Industries. London: Palgrave.
Cebrián Herreros, M.; Maestro, J. & Rubio, A.L. (ed) (2011). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Zamora. Comunicación Social.
Cho, R.; Liu, J.: & Ho, M. (2018). What are the concerns? Looking back on 15 years of research in cultural and creative industries. International Journal of Cultural Policy 24(1): 25–44.
Consello da Cultura Galega (2023). 40 anos de cultura galega en estatísticas. Santiago de Compostela.
De Beukelaer, C. & Spence, K.M. (2019). Global Cultural Economy. Routledge.
De la Ville, V.I., Garnier, P. & Brougère, G. (2021). Cultural and Creative Industries of Childhood and Youth. An interdisciplinary exploration of new frontiers. Peter Lang.
Franquet, R.; Peñafiel, C.; García, J.A. & Marzal, J. (2023). “Las ciencias de la comunicación en España: situación actual y retos de futuro para la Asociación Española de Investigación de la Comunicación”. Encuentros multidisciplinares, vol. 25, nº 73 (enero-abril).
Hallin, D.C. & Mancini, P. (2004): Comparing Media Systems. Three ModelsofMedia and Politics. Nueva York: Cambridge University Press.
Hesmondhalgh, D., Valverde, R., Kaye, D. e Li, Z. (2023) “Digital Platforms and Infrastructure in the Realm of Culture.” Media and Communication 11(2): 296-306.
Kiriya, I., Kompatsiaris, P. e Mylonas Y. (eds.) (2020). The industrialization of creativity and its limits. Springer.
Masip, P.; López, X.; Díaz Noci, J.; Bella, M.; Salaverría, R. & Meso, K. (2022). “Pasado, presente y futuro de la enseñanza universitaria del ciberperiodismo: métodos y tendencias”. El profesional de la información, vol. 31, nº1.
Mattelart, A. (2005). Diversidad cultural y mundialización. Barcelona. Paidós Comunicación.
Otmazgin, N. & Ben-Ari, E. (2020). Creative context: creativity and innovation in the media and cultural industries. Springer.
Sicilliano, M. (2020). The Ambivalence of Work in Cultural Industries. New York: Columbia University Press.
Shlesinger, P. (2008). “El debate sobre las industrias creativas y el papel de la investigación académica”. Ponencia en Congreso Internacional Fundacional de la Asociación Española de Investigación en Comunicación: I+C: Investigar a comunicación. Santiago de Compostela.
Zallo, R. (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa.
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.2 – Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
CON.3 – Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.7 - Coñecer l¡as distintas metodoloxías de análise de cualquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e posproducción audiovisuais.
COM.4 - Aplicar diversas metodoloxías á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou multimedia.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dun xeito profesional e ético no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
• Clase maxistral.
• Seminarios.
• Estudos de caso.
• Aprendizaxe baseada en proxectos.
Probas de coñecementos: 50%
Prácticas experimentais: 50%
Na segunda oportunidade a avaliación será a mesma que na primeira.
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
O seguimento da materia obriga á atención permanente de información sobre o macrosector nos medios, dende as iniciativas lexislativas e os movementos empresariais ata os informes de comportamento e de consumos.
Recoméndase un achegamento a estas cuestións dende a óptica económica e empresarial, sen perder de vista a influencia no deseño de produtos. Tamén se aconsella ao alumnado seguir os documentos que a docente colgará no Campus Virtual como material complementario.
A organización dos proxectos grupais e das análises de caso farase nas dúas primeiras semanas de clase.
Cibran Tenreiro Uzal
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |