Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Contextualizar socialmente as condutas aditivas e as dependencias como unha responsabilidade social.
- Coñecer os referentes teórico-conceptuais, lexislativos e os recursos que se poden empregar en distintos procesos e situacións de adicción e dependencia.
- Coñecer políticas, proxectos e experiencias, europeas, estatais e autonómicas nas adiccións e dependencias.
- Analizar as demandas e necesidades persoais, sociais e laborais de persoas en situación de dependencia.
- Deseñar e avaliar programas, proxectos e recursos socioeducativos de carácter preventivo e para a intervención en persoas con dependencias.
Bloques temáticos:
1. Introdución ás dependencias e ás adiccións: conceptualización, tipoloxías, diagnóstico e modelos de intervención.
2. Adiccións a substancias, a condutas e a persoas: definición, tipos, consecuencias, diagnóstico e intervención socioeducativa.
3. Plans, programas, recursos e iniciativas educativas de carácter institucional e comunitario para a prevención e intervención nas persoas con condutas adictivas e dependencias.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Castillo, A. J. (2011). La intervención educativa en las adicciones. Wanceulen educación.
Echeburúa, E., e Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Guía para educadores. Pirámide.
Pérez del Río, F., e Martín, I. (2007). Nuevas adicciones: ¿adicciones nuevas? Intermedio Ediciones.
BIBILIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Becoña, E., e Martín, E. (2004). Manual de intervención en drogodependencias. Síntesis.
Bobes, J., Casas, M., e Gutiérrez, M. (Eds.). (2011). Manual de trastornos adictivos. Enfoque Editorial.
Burgos Jiménez, R., Añaños-Bedriñana, F., e Jiménez Ríos, F. (2020). La sexualidad y el consumo de drogas en el ocio nocturno juvenil: un estudio de casos en Granada. Revista inclusiones, 7(2), 557-577.
Castillo, A., Cabrerizo, J., e Rubio, M. J. (2011). La práctica de la evaluación en la intervención socioeducativa: Materiales e instrumentos: Vademecum del educador social. Pearson Educación.
Costa, M., e López, E. (2008). Educación para la salud: guía práctica para promover estilos de vida saludables. Pirámide.
Echeburúa, E. (1999). ¿Adicciones sin drogas? Las nuevas adicciones: juego, sexo, comida, compras, trabajo, internet. Desclée De Brouwer.
Echeburúa, E., e De Corral, P. (2010). Adicción a las nuevas tecnologías y a las redes sociales en jóvenes: un nuevo reto. Revista Adicciones, 2(22), 91-96.
Echeburúa, E., Labrador, F. J., e Becoña, L. (Coords.). (2009). Adicción a las nuevas tecnologías en adolescentes y jóvenes. Pirámide.
Eseverri, C., Diego, J. A., e Teran, A. (2004). Educar para la salud: drogodependencias. CCS.
Froufe, S., e Sánchez, M. A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Amarú.
Galán Casado, D., Ramos-Ábalos, E., Turbi Pinazo, A., e Añaños, F. (2021). Salud mental y consumo de drogas en prisiones españolas. Una perspectiva de género. Psychology, Society, & Education, 13(1), 85-98. ISSN:1989-709X.
García, J. A. (2013). Adicciones tecnológicas: el auge de las redes sociales. Health and Addictions, 13(1), 5-14.
Geissler, A., e Hege, M. (1997). Acción socioeducativa: Módelos, métodos, técnicas. Narcea.
Gilpérez, P., Brandín, C., González, S. G., e García, M. M. (1995). La prevención de las drogodependencias en la educación secundaria obligatoria. Revista galega de psicopedagoxía, 7(10-11), 19-34.
Líbano M., e Llorens, S. (2012). Adicción al trabajo. Síntesis.
Márquez, M. D. L. C. P., y Medina, F. R. (2020). La prevención de adicciones a sustancias en población infanto-juvenil. El caso de dos municipios andaluces. Documentos de trabajo social: Revista de trabajo y acción social, (63), 43-69.
Pons, J. (2006). Materiales para la intervención social y educativa ante el consumo de drogas. Editorial Club Universitario.
Prieto, M. (1999). Para comprender la adicción al juego. Desclée De Brouwer.
Rodríguez, R., Otero-López, J. M., e Rodríguez, R. (2001). Adicción a la compra: análisis, evaluación y tratamiento. Pirámide.
Senent, J. (2009). Intervención socieducativa en grupos. Universidad de Valencia.
Torres, L. M., e Hermosilla, J. M. (2012). El papel de la Educación en el tratamiento de la adicción a la tecnología. Hekademos: Revista educativa digital, 12, 73-82.
Vega, A. (1993). La acción social ante las drogas: propuestas de intervención socioeducativa. Narcea.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG4. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT4. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.2. Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os/as educadores/as sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.4. Seleccionar e facer uso de métodos e medios orientados ao coñecemento das realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional.
CE1.5. Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta ás necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.2. Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco á dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.
CE2.3. Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc., que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
As sesións expositivas axudarán ao alumnado a comprender os referentes teórico-conceptuais, metodolóxicos e pedagóxicos que se deben de ter en conta na acción socioeducativa nas condutas aditivas e dependencias. Nas mesmas combinarase a exposición oral na aula coa proxección de vídeos e documentais temáticos, a realización de dinámicas de aula e o posterior debate grupal.
Este coñecemento completarase con actividades en grupo a realizar nas sesións interactivas, que contribuirán a que o alumnado faga uso dos métodos e medios orientados ao coñecemento da realidade das persoas con condutas aditivas ou dependencias, e ao deseño de propostas de intervención para dar resposta socioeducativa ás súas necesidades, ou para facer propostas de intervención socioeducativa de carácter preventivo naqueles grupos ou colectivos da poboación que poidan ser especialmente vulnerables.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como contorno de apoio asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo encontrar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario presentado nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración das actividades prácticas a desenvolver nas sesións interactivas e outros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: utilizarase a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas, grupais e/ou individuais: de ser o caso, a entrega/realización de actividades prácticas programadas e outras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), poderían apoiarse na aula virtual.
O alumnado con exención de docencia e/ou dispensa debe poñerse en contacto co profesorado da materia á menor brevidade posible e dentro dos 10 días posteriores á súa concesión, achegando unha copia do documento, para acordar o plan de traballo que será necesario realizar para superar a materia.
Na materia prevese tamén, na medida do posible, o desenvolvemento de actividades compartidas con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, dinámicas na aula con profesionais visitantes, etc.)
A avaliación será continua ao longo do curso, para elo teranse en conta os seguintes elementos:
- 10%: Asistencia e participación nas sesións de clase.
- 30%: Realización dun traballo grupal tutelado polo profesorado (elaboración de temas teóricos) e exposición e dinamización dos mesmos na aula.
- 30%: Realización en grupo das actividades propostas nas clases interactivas.
- 30%: Exame da materia.
Será preciso superar todas as partes (prácticas e proba individual) para aprobar a materia.
É obrigatoria a asistencia ao 80% das clases presenciais. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar dispensa ou exención oficial de docencia.
O sistema de avaliación do ALUMNADO CON DISPENSA da materia será o seguinte: 50% realización dun traballo individual con seguimento por parte do profesorado (elaboración dun tema teórico) e 50% o exame da materia.
O sistema de avaliación do ALUMNADO CON EXENCIÓN de docencia na materia será o mesmo que o do alumnado asistente.
En calquera caso, todos os traballos deberán ser orixinais. Un traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto que se programase de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Actividades presenciais:
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas, comentarios de textos e material audiovisual: 20h.
- Prácticas de seminario: comentarios de textos e casos: 8h.
- Prácticas de laboratorio: deseño e presentación de propostas de intervención: 12h.
- Titorías de traballo de curso: 6h.
- Avaliación: 4h.
Horas de traballo persoal do/da estudante:
- Estudo: 40h.
- Lecturas: 14h.
- Elaboración de propostas/traballos: 32h.
- Titorías: 4h.
- Avaliación: 4h.
Para conseguir con aproveitamento os propósitos formativos desta materia é necesario que o alumnado teña alcanzado previamente as competencias básicas adscritas aos tres primeiros cursos do Grao: capacidade de análise da contorna social e cultural das persoas e grupos en situación de risco, coñecemento das ferramentas conceptuais básicas da profesión de Educador/a Social.
LINGUAXE NON SEXISTA: Atendendo a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/igualdad/guia-lenguaje-sexista-usc.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, utilizar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
USO DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
GUÍA PRÁCTICA DO ESTUDANTADO: Recoméndase consultala, posto que contén referencias ás programacións, avaliacións, etc. (https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/moreinfo/2020-10/…)
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.)
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendendo privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
OBLIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Rebeca Garcia Murias
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |