Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O traballo individual e compartido das profesoras e os/as estudantes ten como finalidade satisfacer os seguintes obxectivos:
- Coñecer o marco conceptual e organizativo dos Servizos Sociais -xénese e fundamentación, contido, estrutura e funcionamento- de cara á súa aplicación en distintos contextos académicos e profesionais.
- Analizar o marco normativo-legal no que se desenvolven os servizos sociais a nivel estatal, autonómico e local.
- Identificar, examinar e valorar programas específicos e experiencias de acción educativo-social, no marco dos Servizos Sociais.
- Consultar e estudar fontes documentais que optimicen unha axeitada aproximación á materia.
- Promover a motivación e estimular o interese por este campo de estudo.
Os contidos da materia estrutúranse nos seguintes temas:
Tema 1. Perspectiva actual e antecedentes históricos da Política e Acción Social.
- Política Social. Concepto, fundamentos e modelos
- Estado do Benestar
- Exclusión social. Proceso e multidimensionalidade de factores na súa xénese e abordaxe
Tema 2. Necesidade humanas, demandas e satisfactores. O informe socioeducativo.
- Necesidades humanas e problemas sociais. Teorías, características e clasificacións
- Cambio social. Necesidades sociais emerxentes
- Informe socioeducativo nos Servizos Sociais: a identificación e avaliación de necesidades/dereitos (co-diagnóstico)
Tema 3. Os Servizos Sociais como instrumento de xustiza e benestar social I: obxectivos, áreas e ámbitos e niveis de actuación.
- Servizos Sociais: concepto e natureza
- Obxectivos, áreas, ámbitos de atención e prestacións básicas
- Niveis de actuación: Servizos Sociais comunitarios e especializados. Características, funcións, modalidades organizativas e equipamentos
- Informe socioeducativo nos Servizos Sociais: Plan de traballo
Tema 4. Os Servizos Sociais como instrumento de xustiza e benestar social II: lexislación, organización territorial e nivel de desenvolvemento.
-Marco normativo xeral dos servizos sociais en España: Plan Concertado e Leis autonómicas.
-Marco normativo e organización territorial dos servizos sociais en Galicia:
- Organización territorial dos servizos sociais en Galicia
- Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia
- Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia
Tema 5. A acción socioeducativa nos servizos sociais
- Acción socioeducativa nos servizos sociais. Concepto, características e fases
-A educadora e o educador social nos servizos sociais
- Modelos comunitario de actuación nos servizos sociais
Tema 6. Movementos sociais e acción social: procesos de participación cidadá na creación e xestión de políticas sociais.
- As asociacións e movementos sociais como resposta ás contradicións sociais
- A iniciativa cidadá: evolución histórica e actualidade dos movementos sociais
- As entidades non lucrativas e de voluntariado na prestación de servizos sociais.
Bibliografía básica
Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Diario Oficial de Galicia, 63, de 30 de marzo de 2012, 11267-11393. https://cutt.ly/Sb9DUnE (modificado no Decreto 148/2014).
Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 245, de 18 de decembro de 2008, 22522-22548. https://cutt.ly/Ib9D1qL
Varela, L. e Morán, M.C. (2018). La acción socioeducativa en servicios sociales. En A. Gentile (coord.), Políticas sociales ante horizontes de incertidumbre y desigualdad. Actas del VII Congreso de la Red Española de Política Social (pp. 1681-1707). https://cutt.ly/nb9FrcD
A profesora indicará ao comezo de cada tema a documentación específica para o mesmo.
Bibliografía complementaria
Alemán, C., Alonso, J.M. e García, M. (2011). Servicios Sociales Públicos. Tecnos.
Alonso, J.M. e Alemán, M.C. (2020). El sistema de servicios sociales: nuevas tendencias en España. Tirant lo Blanch.
Arenas M. (2016) ¿Usuarios o ciudadanos? Intervención y participación en las políticas y servicios sociales. Comunitaria. International Journal of Social Work and Social Sciences, 11, 27-43
Asociación de directoras y gerentes de servicios sociales. Índice DEC 2022. https://cutt.ly/beewnGZh
Berasaluce, A., Zubillaga, N., Bergantiños, N. e García-Andres, A. (2023). Una mirada profesional sobre la participación de la ciudadanía en los Servicios Sociales. Prisma Social, 43, 10-13. https://revistaprismasocial.es/article/view/5175
CEESG (2018). Modelo de informe socioeducativo (ISE). https://cutt.ly/Pb9FzfW
EAPN (2023). El estado de la pobreza 2015-2022. Galicia. https://cutt.ly/6eewmQqC
García Molina, J. (coord.) (2013). Exclusiones. Discursos, políticas, profesiones. UOC.
Giménez-Bertomeu, Víctor M. (dir.) (2021) El diagnóstico y la planificación de la intervención individual y familiar en los Servicios Sociales de Atención Primaria. Fundamentos y evidencias empíricas. Universidad de Alicante (pp. 67-71). https://cutt.ly/HAWpl6a
Gomà, R. e Ubasart, G. (coords) (2020). Vidas en transición. (Re)construir la ciudadanía social. Tecnos.
León, M. (2023). El arte de pactar: Estado de bienestar, desigualdad y acuerdo social. La Catarata.
Intermon-OXFAM (2022). Las desigualdades matan. https://cutt.ly/yHlWXdx
Mesa, S. (2019). Silencio administrativo. La pobreza en el laberinto burocrático. Anagrama.
Morán, C., Cruz, L., Iglesias, L., Varela, L. (2010). Os espazos de vida cotiá, contexto e contido da Educación Social nos Servizos Sociais. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións. http://dspace.usc.es/handle/10347/2683
Muñoz, R. (2019) Mitos y realidades del estado de bienestar. Alianza editorial.
Revista de Educación Social (2019). Educación Social en la segunda generación de leyes de servicios sociales (Monográfico). https://cutt.ly/wb9GuPk
Rodríguez-Fernández, J.R. (2021). La Renta Básica como instrumento de lucha por la justicia social. Implicaciones para el mundo de la Educación. RES. Revista de Educación Social, 32, 447-456. https://cutt.ly/cHlRaPl
Román, B. (2016). Ética de los servicios sociales. Herder
Varela, L. e Morán, M.C. (coords.) (2017). Educación e servizos sociais. Monográfico. Revista Galega de Educación, 67. Nova Escola Galega.
A) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
1. Analizar e interpretar as relacións existentes entre Política Social, dereitos sociais, Servizos Sociais e educación.
2. Identificar os obxectivos, ámbitos de actuación, equipamentos e prestacións dos Servizos Sociais comunitarios e especializados.
3. Enmarcar a acción sociopedagóxica no proceso de intervención técnica dos equipos multiprofesionales de Servizos Sociais, discriminando as fases eminentemente educativas de responsabilidade específica das/os profesionais da educación.
4. Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos niveis, ámbitos, servizos e equipamentos de Servizos Sociais e outras iniciativas cidadás de benestar social.
B) COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1B Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
4G Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
5T Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
1.5E Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, en por si e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
1.6E Identificar académica e profesionalmente aos educadores e educadoras sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.
2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
2.2E Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.
Sesións de clase:
Expositivas. As sesións expositivas docentes incidirán na presentación e explicación dos contidos temáticos nucleares dos temas do programa, recorrendo ao apoio de medios e materiais audiovisuais que se poñerán á disposición do alumnado para facilitar a aproximación e comprensión dos mesmos.
Interactivas. As sesións interactivas permitirán abordar en maior profundidade algún aspecto destacado dos núcleos temáticos. Nestas sesións desenvolveranse as prácticas obrigatorias da materia en equipos de traballo estables.
Sesións de titoría:
Titorías. A asistencia a sesións de titoría coa profesora ao longo do cuadrimestre facilitará a comprensión e estudo da materia, así como o deenvolvemento das actividades prácticas.
Actividades:
Visitas-estudo. Son actividades prácticas destacadas as visitas de/a institucións e organizacións vinculadas aos Servizos Sociais -centros municipais de Servizos Sociais, UTS, UTES, UNIS, asociacións, organizacións non gobernamentais,- así como a participación de profesionais en sesións de aula -seminarios, mesas redondas, conferencias...-.
Traballo de campo. Contémplase a realización dun traballo de campo en grupo seguindo os criterios da aprendizaxe cooperativa, tomando como referencia a organización e desenvolvemento dos Servizos Sociais nun concello, describindo e analizando programas educativos neste marco.
Estratexias de traballo e recursos:
Equipos de traballo. Na primeira semana de clase constituiranse en cada CLIS equipos estables de traballo integrados por 5/6 membros que realizarán conxuntamente todas as actividades grupais obrigatorias (prácticas e traballo de campo).
Dossier documental. Disporase ao inicio de cada tema das referencias documentais básicas e complementarias de apoio, dedicando especial atención á lectura, análise e discusión das mesmas, que constituirán un eixo fundamental da actividade formativa.
Aula virtual. A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais, prácticas e informacións relativas ao seu desenvolvemento. É indispensable a entrada semanal á mesma para un correcto seguimento da materia.
A avaliación fundaméntase nos principios de participación, responsabilidade persoal e aprendizaxe. Nesta liña, a tarefa avaliadora será integral, continua e formativa, a súa aplicación será de carácter individual e tamén en equipo, en función das diversas actividades de ensinanza e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia.
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
- OBRIGATORIAS
a. Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas, interactivas). É requisito para a avaliación asistencia ao 80% das sesións de clase. O incumprimento do mesmo, agás exención oficial de docencia, suporá non superar a materia en ningunha das oportunidades do presente curso académico.
b. Realización en equipo das prácticas de aula (3). As prácticas conducen á elaboración secuenciada dun Informe Socioeducativo como instrumento de traballo dun educador ou educadora social no ámbito dos Servizos Sociais. Desenvolveranse a partir dun suposto (circunstancias de vida dunha persoa, familia, grupo …) e iranse completando en relación a cada tema de contido:
- Práctica 1. Política Social. Ámbitos e factores de exclusión
- Práctica 2. Informe socioeducativo 1: Análise e valoración de necesidades/dereitos
- Práctica 3. Informe socioeducativo 2: Plan de traballo socioeducativo
As prácticas desenvolveranse en equipo durante o período de clase, non contemplándose outra modalidade de realización, agás as persoas que teñan concedida oficialmente dispensa ou exención de docencia.
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo (visita-estudo, encontros con profesionais, etc.). Esta práctica poderá ser compartida con outras do curso na perspectiva dun traballo interdisciplinar, sendo neste caso abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
c. Realización dun traballo en equipo (cinco/seis integrantes) arredor da organización e desenvolvemento dos Servizos Sociais nun concello.
d. Exame. Constará de dúas partes, unha proba obxectiva tipo test (7 puntos) e un exercicio práctico (3 puntos) sendo preceptivo responder a ambas partes para a súa valoración. Requírese obter un mínimo de 3,5 puntos (sobre os 7) na proba obxectiva para proceder a computar ambas partes do exame.
- VOLUNTARIAS
Realización voluntaria de actividades e/ou traballos suxeridos pola profesora ou polo alumnado, dos que previamente cómpre entregar un borrador: recensión, informes e/ou análise de experiencias en Servizos Sociais, páxinas web, etc.
VALORACIÓN NUMÉRICA
- Actividade a requisito para proceder á avaliación
- Actividade b 30% cualificación
- Actividade c 30% cualificación
- Actividade d 40% cualificación
- As actividades voluntarias poden incrementar ata un 10% a cualificación final, para alumnado con asistencia regular, a partir do aprobado na materia.
REQUIRIMENTOS PARA A AVALIACIÓN FORMATIVA:
Para proceder á avaliación sumativa da materia é preciso ter realizadas e entregadas en prazo (único para todo o alumnado) todas as actividades obrigatorias e obter no exame unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
Aprobado o exame, se a avaliación sumativa das actividades non acada a puntuación mínima de aprobado (5), repetiranse para a seguinte oportunidade as prácticas e/ou traballo de campo suspensos.
O sistema e criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das oportunidades previstas para a superación da materia.
Os traballos individuais ou en grupo do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Ao alumnado repetidor conservaráselle as cualificacións das actividades de avaliación que teña aprobado durante os dous cursos académicos posteriores á primeira matrícula, non estando exento de realizar as novas actividades que puideran incorporarse.
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
Exención parcial
O alumnado con exención parcial de docencia (clases expositivas) seguirá o proceso de avaliación xeral debendo incorporar a maiores unha síntese escrita dos documentos obrigatorios para o estudo de cada tema (dossier). A realización desta actividade será requisito indispensable para ser avaliado. A profesora indicará en titoría as características específicas e prazos para a elaboración de dita síntese.
Dispensa de asistencia
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, ou con exención total de docencia, deberá atender aos seguintes criterios de avaliación:
a) Realización individual de todas as prácticas indicadas (30% da cualificación)
b) Realización cun grupo de aula do traballo de campo (30% da cualificación)
c) Exame da materia (40% da cualificación)
A profesora indicará en titoría as características das prácticas (a) que deberán ser entregadas nos mesmos prazos que se establezan para o alumnado asistente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Clases expositivas 24 horas
Clases interactivas 24 horas
Titorías 2 horas
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE
Estudio e preparación de temas 60 horas
Traballo de curso 20 horas
Prácticas e informes 20 horas
Aconséllase un traballo continuado na materia, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas diversas actividades que se desenvolven. Isto require ter en conta as seguintes recomendacións para o seu estudio:
- A lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades individuais e en grupo asociadas á dinámica de clase, o que favorecerá unha vinculación continuada cós ritmos establecidos no transcurso da materia.
- Planificar e organizar a axenda de traballo para compatibilizar os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (revistas especializadas, manuais, léxicos...) recomendados, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.
- Facer uso das titorías -sexa a nivel individual ou en pequenos grupos- como un dereito das e dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe, ao posibilitar personalizar opcións metodolóxicas e pedagóxicas segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://hdl.handle.net/10347/13189). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesora-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
USO DO MÓBIL E ORDENADOR
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil e ordenador persoal na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente. A actividade académica (clases/titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre a docente e os alumnado matriculado na materia, responsabilizándose quen incumpra das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed.-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/DeewIC9m
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. Se a docente da materia solicita a entrega en papel, prégase cumprir as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://cutt.ly/4eewO8iw
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Lémbrase a obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
PROTECCIÓN DE DATOS
Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Todas as alumnas e alumnos matriculadas nesta materia, ou pendentes de formalizar administrativamente esta condición, avaliaranse segundo os criterios e actividades sinaladas.
As persoas afectadas por algunha situación especial que dificulte o normal seguimento da materia, deberán acreditalo diante da profesora ata o 21 de febreiro de 2025.
Laura María Varela Crespo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813748
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
22.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |