Créditos ECTS Créditos ECTS: 8
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 180 Horas de Titorías: 20 Total: 200
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
- Ser capaz de elaborar e redactar informes de investigación aplicada ao Traballo Social e traballos académicos e profesionais empregando distintas técnicas, incluídas as derivadas das tecnoloxías da información e a comunicación.
- Ser capaz de avaliar situacións persoais e recoller, ordenar, tratar e analizar a información, tendo en conta os puntos de vista dos participantes, os conceptos teóricos, os datos da investigación, as normas legais e os procedementos institucionais.
- Ser capaz de deseñar, implementar e avaliar proxectos de intervención social e planificar de forma negociada unha secuencia de accións e seguir e avaliar o seu desenvolvemento.
- Ser capaz de programar o propio traballo asignando prioridades e avaliando a eficacia do propio programa de traballo.
- Ser capaz de autoavaliarse no desenvolvemento da práctica e identificar os seus propios límites e carencias profesionais, asumir a responsabilidade da adquisición continuada de coñecementos e destrezas.
- Ser capaz de empregar axeitadamente a supervisión e sistematizar a práctica.
- Ser capaz de contribuír á promoción de boas prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análise das políticas que se implementan.
- Ser capaz de analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotiá como soporte para revisar e mellorar as estratexias profesionais que deben dar resposta ás situacións sociais emerxentes.
- Ser capaz de sintetizar información e liñas de razoamento, e soster un argumento detallado ao longo do tempo
- Ser capaz de presentar conclusións verbalmente e por escrito, facendo uso da terminoloxía propia da profesión de xeito estruturado e axeitado á audiencia para a que teñen sido preparadas.
- Ser capaz de xestionar dilemas e problemas éticos identificando os mesmos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.
Elaboración dun informe académico. Exposición e defensa pública. Emprego de fontes de información primarias e secundarias. Rexistro da información e documentación empregada. Supervisión e sistematización da información. O informe fin de grado poderá versar sobre: o desenvolvemento e contido do Practicum; un contido relacionado con algunha temática ou colectivo no ámbito social, dende algunha das perspectivas das ciencias sociais.
Barrera, E. y Sarasola. J. L. (Coords.). (2020). Investigaciones desde el Trabajo Social . Editorial Aranzadi.
Facal,T. (2023). Manual para o traballo de fin de grao en Traballo Social. Guía docente da materia. [Documento inédito]. Escuela Universitaria de Traballo Social da Santiago de Compostela.
Callejo, J. (Coord.). (2009). Introducción a las técnicas de Investigación Social. Ramón Areces.
Caparrós, N. e Raya, E. (Coords.). (2015). Métodos y técnicas de investigación en Trabajo Social. Grupo 5.
Cea D´ancona, M. A. (1996). Metodología cuantitativa: Estrategias y técnicas de investigación social. Síntesis.
Cubo, S., Martín, B. e Ramos, J. L. (2011). Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Pirámide.
Facal, T. (2015). Guía para elaborar un proyecto de investigación social. Paraninfo.
Mora, A. (2020). Conocer para transformar: Métodos y técnicas de investigación en Trabajo Social . Tirant lo Blanch.
Rubio, M. J. e Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la intervención social: Métodos y técnicas de investigación. CCS.
Sierra Bravo, R. (1985). Técnicas de investigación social: Teoría y Ejercicios. Paraninfo.
No Plan de Estudos do Título de Grado en Traballo Social indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ó Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se sustenta nas publicacións máis avanzadas e abrangue algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento en este campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que abranguen unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
- Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ó Traballo Social a un público tanto especializado como non especializado.
- Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social con un alto grado de autonomía.
Competencias específicas:
- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
- Saber administrar e ser responsable do seu propio traballo asignando prioridades, cumprindo coas obrigas profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo.
- Investigar, analizar, avaliar e empregar o coñecemento actual das boas prácticas do Traballo Social para revisar e actualizar os propios coñecementos sobre os marcos de traballo.
- Saber traballar dentro de estándares acordados para o exercicio do Traballo Social e asegurar o propio desenvolvemento profesional empregando a asertividade profesional para xustificar as propias decisións, reflexionando criticamente sobre as mesmas e empregando a supervisión como medio de responder ás necesidades de desenvolvemento profesional.
- Coñecer e aplicar as boas prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análise das políticas que as implementan.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de aplicación dos coñecementos de informática
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de creatividade
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía empregada combina a titorización e o traballo persoal do/a alumno/a. Preténdese que o alumno/a desenvolva as habilidades necesarias para plantexar, desenvolver e expoñer-defender un traballo sistemático nalgunha das modalidades de TFG establecidas no Regulamento.
O profesorado titor orientará e realizará o seguimento do alumnado no desenvolvemento das titorías, dentro dos prazos contemplados na guía docente.
O seguimento realizarase a través da programación das entregas dos contidos do traballo, previamente programadas na guía docente para cada unha das titorías.
Como aula virtual, empréase a web propia do centro, na que o TFG ten o seu espazo propio, ao cal o alumnado accede con chave. Poden empregarse temén, outras ferramentas da aula virtual da USC.
A avaliación será continua ao longo do desenvolvemento do Traballo de Fin de Grado e teranse en conta os seguintes aspectos:
- Asistencia ás sesións de titorías que se establezan.
- Elaboración e presentación do Traballo de Fin de Grao.
- Defensa do Traballo de Fin de Grao.
A elaboración e presentación do traballo ten un peso específico do 75% na cualificación global e a defensa un 25%.
Na Guía docente, que se inclúe, no Manual que se facilita ao alumnado, especifícase a forma en que se realizará o seguimento, e o contido do traballo que o alumnado debe presentar en cada unha das titorías.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións
Traballo persoal do alumno/a:
Tarefas de documentación: 61 horas
Elaboración do informe: 130 horas
Total: 191 horas
Ter cursadas todas as asignaturas obrigatorias e aquelas optativas que teñan relación directa coa temática sobre a que verse o Traballo de Fin de Grado.
Para matricularse do Traballo de Fin de Grado é requisito indispensable ter superado 150 créditos básicos e obrigatorios, entre eles todos os da primeira metade da titulación. Para a presentación e defensa pública dos TFG será requisito necesario ter superados todos os demáis créditos do grado.