Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Deseño da información de actualidade. Identificación, selección, narración e presentación da noticia a través do texto, imaxe, son, vídeo e animación en 2D. Coñecemento de estratexias e recursos xornalísticos e informáticos para contar historias visuais. Análise e creación de unidades infográficas de actualidade coas linguaxes periodístico, iconográfico e hipermedia. Coñecemento dos principios básicos da comunicación da mensaxe informativa a través da infografía. Deseño, ordenación e plasmación da actualidade a través de texto, imaxe, audio, vídeo e técnicas de animación en 2D. Tratamento e análise da información de actualidade a través da linguaxe textual e audiovisual e interactividade. Análise, uso e produción de unidades infográficas. Definición dos procesos de investigación, selección, creación e realización da narrativa periodística iconográfica. Tratamento e realización de infografías informativas estáticas e dinámicas. Comprensión do proceso creativo e de construción da mensaxe en infografía.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Xénese, función e aplicación da imaxe infográfica nos medios de comunicación. Elementos para a súa definición e significación.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: A VISUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN
1.1. Conceptualización e definición
1.2. Evolución histórica
1.3. Funcións e usos
1.3. Ámbitos de utilización
TEMA 2: DESEÑO GRÁFICO E INFOGRAFÍA
2.1. Elementos esenciais do deseño xornalístico
2.2. Ferramentas de deseño de aplicación no traballo coa infografía
2.3. Recomendacións para a xestión dos elementos de deseño no traballo coa infografía
TEMA 3: TIPOLOXÍAS GRÁFICAS, PROPIEDADES E PERCEPCIÓN
3.1. Caracterización da visualización da información
3.2. Anatomía da visualización
3.3. Proceso de deseño
3.4. Percepción e usabilidade
TEMA 4: A INFOGRAFÍA XORNALÍSTICA
4.1. Concepto
4.2. Evolución histórica da infografía xornalística
4.3. A infografía como xénero xornalístico
4.4. Proceso de traballo coa infografía
4.5. Proxectos de relevancia
TEMA 5: A INFOGRAFÍA INTERACTIVA
5.1. Concepto
5.2. Nomenclaturas e particularidades
5.3. Características, usos e narrativas
5.4. Exemplos e proxectos de relevancia
TEMA 6: CARTOGRAFÍA E XORNALISMO
6.1. Definición
6.2. Tipoloxías e usos
6.3. Exemplos e proxectos de interese
6.4. Ferramentas de uso frecuente no xornalismo
TEMA 7: INFOGRAFÍA E XORNALISMO DE DATOS
7.1. Os datos como fonte xornalística
7.2. O xornalismo de datos (concepto, evolución, particularidades e transformacións nas redaccións)
7.3. O proceso de traballo cos datos (procura e extracción, limpeza, selección e comunicación)
7.4. A visualización como ferramenta para o xornalismo de datos
7.5. Exemplos e experiencias nos medios de comunicación
TEMA 8: XORNALISTAS E INFOGRAFÍA
8.1. Perfís profesionais no traballo coa infografía
8.2. Procedementos e sistemas de traballo
8.3. Formación e habilidades necesarias
8.4. Conformación de equipos
8.5. Nomes de relevancia no eido
TEMA 9: INFOGRAFÍA E AUDIOVISUAL
9.1. Características e usos
9.2. Experiencias e casos de interese
CONTIDOS PRÁCTICOS
Serán impartidos e realizados nas sesións de laboratorio. O alumnado realizará tarefas individuais dirixidas a practicar coa elaboración de diferentes tipos de infografía e visualización de datos. Estas tarefas serán de utilidade para o coñecemento dalgunhas das ferramentas e técnicas que marcan o traballo con este xénero xornalístico nos medios de comunicación. Logo da realización destes proxectos, o alumnado deberá producir unha reportaxe final na cal debe decidir cal é o rol da visualización da información no marco do relato proposto, apostando así por unhas formas gráficas ou outras segundo o requiran os datos dispoñibles. Esta reportaxe final non é unha reiteración das actividades xa realizadas, senón a posta en práctica das técnicas aprendidas e a súa integración nun proceso de toma de decisións con ollada xornalística, moi similar ao que o alumnado deberá afrontar no seu día a día profesional.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alcalde, I. (2015). Visualización de la información: de los datos al conocimiento. UOC.
Cairo, A. (2008). Infografía 2.0: visualización interactiva de la información en prensa. Alamut.
Cairo, A. (2011). El arte funcional. Alamut.
Cairo, A. (2016). The truthful art. New Riders.
Cairo, A. (2017). Nerd Journalism: How Data and Digital Technology Transformed News Graphics [Universitat Oberta de Catalunya]. https://www.tesisenred.net/handle/10803/404809?locale-attribute=es#page…
Figueiras, A. (2014). How to Tell Stories Using Visualization. 2014 18th International Conference on Information Visualisation, 18-26. https://doi.org/https://doi.org/10.1109/iv.2014.78
Interaction Design Foundation. (2020). The Elements of Information Visualization. interaction-design.org. https://www.interaction-design.org/literature/article/visual-mapping-th…
Ivars-Nicolás, B. (2019). La infografía periodística en España: definición y tipología de uso. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 25(1), 283-302. https://doi.org/10.5209/esmp.63729
Lankow, J., Ritchie, J., & Crooks, R. (2013). Infografías: El poder del storytelling visual. Gestión 2000.
Segel, E., & Heer, J. (2010). Narrative Visualization: Telling Stories with Data. IEEE Transactions on Visualization and Computer Graphics, 16(6), 1139-1148. https://doi.org/10.1109/TVCG.2010.179
Valero-Sancho, J. L. (2008). La La infografía digital en el ciberperiodismo. Revista Latina de Comunicación Social, 63, 492-504. https://doi.org/10.4185/RLCS-63-2008-799-492-504
Valero-Sancho, J. L. (2010). La comunicación de contenidos en la infografía digital. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 16(0), 469-483. https://revistas.ucm.es/index.php/ESMP/article/view/ESMP1010110469A
Valero-Sancho, J. L. (2012). Infografía digital. La visualización sintética. Bosch.
Valero-Sancho, J. L., Catalá-Domínguez, J., & Marín-Ochoa, B. (2014). Aproximación a una taxonomía de la visualización de datos. Revista Latina de comunicación social, 69, 22-24. https://doi.org/https://doi.org/10.4185/rlcs-2014-1021
Veira-González, X., & Cairo, A. (2020). From Artisans to Engineers. How Technology Transformed Formats, Workflows, Teams and the Craft of Infographics and Data Visualization in the News. En C. Toural-Bran, Á. Vizoso, S. Pérez-Seijo, M. Rodríguez-Castro, & M.-C. Negreira-Rey (Eds.), Information Visualization in the Era of Innovative Journalism (pp. 134-153). Routledge.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2012). The Data Journalism Handbook 1. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/one
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2021). The Data Journalism Handbook 2. Towards a Critical Data Practice. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/two
Cunha, R. (2020). Journalism, data visualization, and perception about readers. Brazilian Journalism Research, 16(3), 526-549. https://doi.org/10.25200/BJR.V16N3.2021.1309
Interaction Design Foundation. (2019). What is User Centered Design? interaction-design.org. https://www.interaction-design.org/literature/topics/user-centered-desi…
Martínez-Arias, S. (2013). Color e infografía en el diseño periodístico actual. Fragua.
Martínez-Arias, S. (2016). Alfabetización digital: infografía impresa vs. infografía multimedia. Revista Internacional de Tecnología, Ciencia y Sociedad, 4(1), 113-127. https://doi.org/https://doi.org/10.37467/gka-revte
BÁSICAS E XERAIS
CB2- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necessarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2- Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1- Capacidade de organización e planificación.
CT2- Capacidadede xestión da información.
CT3- Traballo en equipo.
CT4- Aprendizaxe autónoma.
CT5- Creatividade.
CT6- Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7- Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE26- Capacitar para o desenvolvemento profesional do deseño e organización de elementos nos medios de comunicación.
CE27- Coñecer a dimensión do impacto das novas tecnoloxías no desenvolvemento profesional da comunicación.
CE28- Capacitar para a elaboración narrativa de produtos infográficos.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas (20 horas)
Traballos con textos: análise, síntese e discusión (4 horas)
Prácticas de laboratorio (20 horas)
Titorías de traballos do curso (1,5 horas)
Actividades de avaliación (1,5 horas)
Exame final (2 horas)
Estudo autónomo individual ou en grupo (40 horas)
Lecturas recomendadas (12 horas)
Procura, rexistro e preparación de material de apoio (50 horas)
Recoméndase o traballo continuo ao longo do itinerario formativo. Os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas terán o seu reflexo nas prácticas, que avanzarán de forma parella co obxectivo de aplicar o aprendido.
Recoméndase tamén o seguimento dos medios de comunicación e, de xeito especial, aquelas iniciativas encadradas no campo da visualización da información, a infografía e as narrativas xornalísticas visuais. Identificalas e afondar no seu coñecemento resultará tamén vital para tomalas como modelos a seguir á hora de entender as súas estratexias e de afrontar o traballo cos datos no marco desta materia.
Todas as prácticas serán realizadas empregando ferramentas de acceso aberto ou accesibles mediante a conta de correo da universidade. Con todo, recoméndaselle ao alumnado o uso do seu ordenador persoal na aula ou, no seu defecto, a solicitude dun equipo de préstamo no centro.
Angel Antonio Vizoso Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
09.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
09.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 4 |
19.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 1 |