Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Comprensión dun modelo macroeconómico: sectores económicos, mercados, funcións de comportamento, variables e políticas económicas. Capacitar ao alumnado para que desenvolva o seu propio modelo de funcionamento macroeconómico. Análise do funcionamento da economía da comunicación e dos seus diferentes actores e factores explicativos. Análise do entorno da industria da comunicación: consumidores (público e anunciantes), provedores, competidores e compoñente tecnolóxico. Determinar a influencia dos cambios políticos e sociais na configuración da economía da información a nivel local, nacional e internacional.
Conceptos básicos do contorno macroeconómico e do contorno industrial da comunicación. Fundamentos para a análise do contorno económico dos negocios da comunicación e a cultura. Fundamentos para a análise das industrias culturais e da comunicación.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Conceptos básicos de economía
1.1 Obxecto e método da Economía
1.2 ¿Debemos estudar Economía?
1.3 As principais escolas económicas
1.4 Introdución á economía da información
TEMA 2. Microeconomía básica
2.1 Demanda, oferta, elasticidades
2.2 Tipos de mercados: competencia perfecta, competencia monopolista, oligopolio, monopolio
2.3 Os mercados dos factores productivos
2.4 A economía da información: aspectos microeconómicos
TEMA 3. Macroeconomía básica
3.1 As contas nacionais. ¿Son unha ferramenta adecuada para a medición dos resultados económicos?
3.2 A balanza de pagos
3.3 O modelo macroeconómico básico
3.4 O comercio internacional
3.5 A industria da información
TEMA 4. Aspectos económicos do mundo contemporáneo
4.1 O papel do sector público
4.2 O fenómeno do desemprego
4.3 O crecemento
4.4 A globalización
4.5 A crise económica
4.6 A industria da información no mundo contemporáneo. A sociedade da información
CONTIDOS PRÁCTICOS
Discusión dos conceptos, métodos e teorías e aplicación ao análise da realidade económica e social.
BÁSICA
Alonso, J.A. (Dir.). (2009). Leccións sobre economía mundial, Civitas, Madrid.
González gonzález, M.J. e Pérez Zabaleta, A. (2009) Introdución á Economía. Pearson -UNED.
Mankiw, N.G. (2007). Principios de Economía. Thomson
Vidal Villa, J.M. e Martínez Peinado, J. (2003). Economía Mundial. McGraw-Hill, D.L.
COMPLEMENTARIA
García De La Cruz, J.M.; Durán Romero, G.; Sánchez Díez, A. (Coord.) (2011): A economía mundial en transformación, Paraninfo, Madrid.
Muñoz, C., Iraizoz, B., Rapún, M. (2008). As contas da nación I. Introdución á Economía Aplicada, Thomson/Civitas.
Shapiro, C. E Varian. H. (2000). O dominio da información: unha guía estratéxica para a economía de rede, A. Bosch.
Stiglitz, J.E. (2010): Caída libre: o libre mercado e o adimento da economía mundial, Taurus, Madrid.
Vara miguel, A. (2009) Economía básica para comunicadores, Eunsa.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CG)
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o periodismo no campo da comunicación CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes separan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT2 - Capacidade de xestión da información CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónomo
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión CT1 - Capacidade de organización e planificación
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE23 - Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade.
CE24 - Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
A materia consta de 6 créditos con 48 horas presenciais, das que a metade son de carácter expositivo e as outras de carácter interactivo.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa polo profesor, explicando as cuestións básicas incluídas no programa e a información que posibilite o traballo autónomo do alumno
As clases interactivas destinaranse fundamentalmente a desenvolver actividades de carácter práctico propostas para cada tema (que variarán en función do tema de que se trate), para aprofundar nos conceptos por medio de exemplos, utilizando as técnicas de análise adecuadas.
As titorías servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe do alumnado.
Sistema de avaliación continua en que se teñen en conta tódalas actividades que se deben realizar ó longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia e a participación activa e colaborativa
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Traballo interactivas ....... 50%:
....Realización e calidade dos traballos/Exposición e discusión de textos 30%
....Participación activa nas clases interactivas: 20%
Exame final .................. 50%
O sistema de avaliación para a segunda oportunidade será igual que para a primeira.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta, ou non
supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme o establecido na programación, caso en que constará como "non presentado"
O sistema de avaliación para o alumnado ó que se lle conceda a dispensa de asistencia clase consistirá nun exame final sobre os contidos da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
- Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20
- Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 5
- Seminario o prácticas en clase 15
- Titorías de traballos de curso 2
- Actividades de avaliación 3
- Examen final 3
- Estudo autónomo individual ou en grupo 45
- Lecturas recomendadas 15
- Preparación de presentacións orais, debates, etc: 10
- Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc. ) Planificación e execución da práctica: 20
• Preparación previa das clases presenciais
• Seguimento das clases presenciais
• Seguimento das clases interactivas
• Realización dos exercicios recomendados
• Lectura da bibliografía recomendada
• Atención á actualidade económica
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811559
- Correo electrónico
- gonzalo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alexandre Vecino Aguirre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
10.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
10.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
12.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |