Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo dos perfís profesionais que integran os departamentos de audiencias nos distintos medios de comunicación: evolución e funcións.
2. Análise de audiencias en prensa, radio, televisión e Internet: estudos e métricas.
3. Análise das tendencias de consumo informativo.
4. Análise das estratexias dos medios para conectar co público.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: INTRODUCCIÓN. AUDIENCIAS E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
1.1 Que é audiencia. Definición e evolución
1.2 Perfil de audiencias
1.3 Perfís profesionais arredor da investigación de audiencias nos medios de comunicación
TEMA 2: TEORÍAS E MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN DE AUDIENCIAS
2.1 Teorías da comunicación de masas e a súa relación coas audiencias
2.2 Métodos cuantitativos. Enquisas de audiencia
2.3 Métodos cualitativos. Entrevistas en profundidade. Grupos focais
TEMA 3: MEDICIÓN DE AUDIENCIAS EN MEDIOS TRADICIONAIS (LEGACY MEDIA)
3.1 Medidores de audiencias en medios impresos. Desafíos e limitacións. Análise do consumo de medios e noticias
3.2 Medidores de audiencias en radio. Desafíos e limitacións. Análise do consumo de medios e noticias
3.3 Medidores de audiencias en televisión e OTTs. Desafíos e limitacións. Análise do consumo de medios e noticias
TEMA 4: MEDICIÓN DE AUDIENCIAS NO CONTEXTO DIXITAL
4.1 Evolución da medición dixital. Libro Branco das Medicións Dixitais. Libro Dranco de Data (IAB)
4.2 Medidores do tráfico web. Desafíos e limitacións
4.3 Métricas no contexto dixital. A ecuación do compromiso (engagement) dixital
4.4 Análise do consumo de medios e noticias
TEMA 5: MEDICIÓN DE AUDIENCIAS NAS REDES SOCIAIS
5.1 A medición de audiencias no contexto social. Desafíos e limitacións
5.2 Métricas fundamentais en redes sociais
5.3 Ferramientas de análise das redes sociais
5.4 Análise do consumo de medios e noticias nas redes sociais
TEMA 6: ESTRATEXIAS DOS MEDIOS PARA CONECTAR COAS AUDIENCIAS
6.1 Modelos, técnicas e estratexias aplicadas á oferta informativa nos medios
6.2 Facer xornalismo implicando ás audiencias: As comunidades
6.3 Estratexias para reforzar a conexión coas audiencias xóvenes
6.4 Estratexias para reforzar a conexión cos medios de proximidade
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos teóricos aplicaranse na práctica a partir dun “Laboratorio de audiencias e medios de comunicación” como proxecto de aula cuns obxectivos comúns para todo o alumnado. A partir dun mapa de medios internacionais, españois e galegos, nos distintos soportes (prensa, radio, televisión, internet), organizaranse micro-grupos de traballo para realizar un estudo exploratorio conxunto. O obxectivo principal é dar resposta ás grandes interrogantes que se plantexan na materia, como xa se viu na estrutura xeral dos contidos: 1. localizar os perfís profesionais traballan actualmente nos medios en torno ás audiencias; 2. identificar as principais ferramentas que empregan para medir e coñecer á súa audiencia; 3. coñecer as preferencias de consumo do público; e 4. Analizar as principais estratexias que aplican os medios da mostra para mellorar a súa conexión co público. Este proxecto xeral en equipo combinarase con outros exercicios individuais para reforzar algúns aspectos básicos da materia (por exemplo: manexo individualizado de informes sobre consumo, lecturas e análise de textos...).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Focás, B.M. (2023). Audience editors: between metrics and journalistic routines. Universitas
XX1, 39, pp. 153-169. https://doi.org/10.17163/uni.n39.2023.07
Moran, R.E. & Nechushtai, E. (2022). Before reception: Trust in the news as infrastructure. Journalism, https://doi.org/10.1177/14648849211048961
Napoli, P. & Voorhees, S. (2020). Audience Studies. Oxford Bibliographies. https://doi.org/10.1093/OBO/9780199756841-0135
Quintas-Froufe, N. & González-Neira, A. (Coords.). (2021). Los estudios de la audiencia. De la tradición a la innovación. Gedisa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Belair-Gagnon, V.; Zamith, R. & Holton, A.E. (2020). Role Orientations and Audience Metrics in Newsrooms. Digital Journalism, 8(3), 347-366. https://doi.org/10.1080/21670811.2019.1709521
Callejo, J. (2001). El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Ariel.
Carlson, M. (2018). Confronting Measurable Journalism. Digital Journalism, 6(4), 406-417. https://doi.org/10.1080/21670811.2018.1445003
Coromina, Ó.; Delgado, M.; Prado,E. & García-Muñoz, N. (2020). Estrategias de activación de la audiencia social en Twitter de los programas más populares de la televisión generalista en Europa. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 26(2), 473-482. http://dx.doi.org/10.5209/esmp.67727
Cortés, J.A. (2021). Audiencias transmedia y la medición de la televisión: propuesta para el cálculo de la audiencia híbrida total. Virtualis, 12(22), 31-55. t.ly/Fhhl
Das, R & Ytre-Arne, B. (2017). Audiences, towards 2030. Priorities for audience analysis. CEDAR.
Dimock, M. (2018). Defining generations: Where Millennials end and post-Millennials begin. Pew Research Center. t.ly/7t0S
Ferrer-Conill, R. & Tandoc J., E.C. (2018). The Audience-Oriented Editor. Digital Journalism, 6(4), 436-453. https://doi.org/10.1080/21670811.2018.1440972
Gallardo-Camacho, J., García, C., y Puebla-Martínez, B. (2023). El reto de la medición de audiencias tradicionales y digitales en un mercado global [Editorial]. Revista Mediterránea de Comunicación, 14(1), 15-17. https://www.doi.org/10.14198/MEDCOM.23935 / Número completo accesible en: https://www.mediterranea-comunicacion.org/issue/view/1062/pdf_8
Gallardo-Camacho, J. & Sierra-Sánchez, J. (2017). La importancia de la audiencia en diferido en el reparto del poder entre las cadenas generalistas y temáticas en España. Prisma Social (18), 172-191
González-Bernal. M.I.; Roncallo-Dow, S. & Arango-Forero, G. (2018). Estudiar las audiencias. Tradiciones y perspectivas. Universidad de La Sabana/Eunsa. https://doi.org//10.5294/978-958-12-0482-3
Gutiérrez, J.F. (2021). La metodología cualitativa para el estudio de la recepción televisiva entre las audiencias emigradas: dificultades y retos de investigación. Communications & Methods, 3(1). https://doi.org/10.35951/v3i1.104
Livingstone, S. (2004). The challenge of changing audiences: or, what is the researcher to do in the age of the internet?. European Journal of Communication, 19(1), 75.86. http://dx.doi.org/10.1177/0267323104040695
Masip, P.; Ruiz-Caballero, C. & Suau, J. (2019). Audiencias activas y discusión social en la esfera pública digital. Artículo de revisión. El profesional de la información, 28(2). https://doi.org//10.3145/epi.2019.mar.04
Rodríguez-Vázquez, A-I, Negreira-Rey, M.C. & López-García, X. (2024). El desafío de las audiencias como motor (re)activo del cambio Periodístico. Comunicar, 32(78), 132-143. DOI: https://doi.org/10.58262/V32I78.11
CON.1 - Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e a información xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.4 - Xestionar o traballo colaborativo e liderar proxectos e equipos profesionais do ámbito do xornalismo.
A metodoloxía docente combina:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo/a docente
- Resolución de problemas: realización de actividades dirixidas, xeralmente, a obter un resultado concreto (solución ou análise)
- Presentación en aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada
- Estudos de casos: análises e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia
- Aula invertida: modalidade que combina a aprendizaxe autónoma a través de materiais e actividades que permiten a preparación previa co ensino presencial na aula, como espazo destinado para a discusión, a resolución de dúbidas e a profundización
- Estudo previo: revisión e análise de materiais docentes antes da sesión presencial co/a docente
- Foros de discusión - traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas
Traballarase tamén con titorías en grupo nas que se desenvolverán traballos individuais e grupais cun plantexamento xeral baseado nos estudos de caso. Implicarase ao estudante en todas as etapas do proceso formativo desta materia, tanto nos debates que se sosteñan, como nos exercicios teórico-prácticos que se propoñan.
A metodoloxía docente reforzarase co apoio do Campus Virtual e de ferramentas de aprendizaxe como MSTeams e outras.
Aplicarase un sistema de avaliación continua dos contidos teóricos e dos traballos prácticos e, seguindo o estipulado na memoria do título para esta materia, aplicaranse os seguintes criterios xerais de avaliación:
- Probas de coñecementos: 50% da nota final
- Exercicios prácticos (inclúen asistencia e participación activa nas clases presenciais e/ou nos entornos virtuais que se establezan): 50% da nota final.
A nota final será, pois, a media (50%) dos dous bloques (teoría e práctica). Para poder aprobar a materia será necesario ter aprobadas cada unha das dúas partes cun mínimo de 5 puntos en cada unha delas.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC, para xs estudantes de grao e máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Segunda oportunidade: En caso de non superar a materia, o/a alumno/a só deberá reforzar aqueles aspectos da avaliación que fosen deficitarios (a teoría ou os traballos prácticos, ou ambos, no caso de non superar nin as probas de coñecementos nin os exercicios prácticos), seguindo as recomendacións do docente e atendendo aos criterios de avaliación fixados para a primeira oportunidade. De non superarse a materia nas dúas oportunidades do curso académico, o/a alumno/a deberá cursar de novo a totalidade da materia.
No caso de dispensa de asistencia a clase, o alumnado deberá realizar igualmente as actividades prácticas que se propoñan ao longo do curso. Sen embargo, aquelas que sexan grupais adaptaranse para que o alumnado con dispensa as poda realizar de xeito individual. O sistema de avaliación será o mesmo: probas de coñecementos (50% da nota final) e exercicios prácticos adaptados á modalidade de dispensa (50%). Para poder aprobar a materia será necesario ter aprobadas cada unha das dúas partes (teoría e práctica).
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
• Docencia teórica: 24
• Docencia interactiva laboratorio: 24
• Titorización en grupo reducido: 3
• Probas de avaliación: 3
• Traballo persoal do alumnado: 96
Recoméndase ao alumnado: No caso dos conceptos teóricos da materia, expor todas as dúbidas existentes ao docente durante as clases ou a través das tutorías (presenciais ou virtuais) e consultar a bibliografía recomendada en cada tema. Para a elaboración dos traballos prácticos, recoméndase ao alumnado a recollida dos materiais de apoio que se porán ao seu dispor en distintos soportes e a través da aula virtual, e que, maioritariamente, correspóndense con instrumentos de traballo profesional que se deberán de manexar e incorporar ás prácticas, entre eles, os seguintes recursos web:
• https://www.emro.org/
• https://www.aimc.es/
• https://www.ojd.es/
• https://www.ojdinteractiva.es/
• https://iabspain.es/
• https://www.aimc.es/egm/que-es-el-egm/
• https://www.kantar.com/es
• https://www.comscore.com/
• https://www.gfk.com/es/products/gfk-digital-audience-measurement
• https://www.similarweb.com/es/
• https://www.parrotanalytics.com/
• https://analytics.google.com/analytics/web/provision/#/provision
• https://business.adobe.com/es/products/analytics/adobe-analytics.html
• https://chartbeat.com/
• https://www.parse.ly/
• https://www.tableau.com/es-es
• https://buzzsumo.com/
• https://www.fanpagekarma.com/es
• https://metricool.com/es/
• https://trends.google.es/trends/
• https://www.crowdtangle.com/
• https://www.konodrac.com/
• https://www.cross-media.es/
• https://www.digitalnewsreport.org/
• https://wearesocial.com/es/
• https://iabspain.es/tipo-documento/libros-blancos/
• https://iabspain.es/estudio/top-tendencias-digitales-2024/
• https://www.barloventocomunicacion.es/
• https://www.geca.es/geca/index.asp
• https://www.dos30.com/
• https://www.formulatv.com/
• https://vertele.eldiario.es/audiencias-tv/
• Históricos de audiencias de TV elaborados pola docente (2007-2024).
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816542
- Correo electrónico
- anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
28.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
28.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |