Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Preténdese que o estudiante integre os coñecementos previos doutras materias para deste xeito ser capaz de analizar o fluxo de información, xenética e molecular, así como os sistemas de regulación que operan nas células.
• Materia sen docencia (plan extinguido)
CLASES EXPOSITIVAS (Programa de teoría 26 horas presenciais)
I. A ESTRUCTURA DO XENOMA (7h).
Lección 1. A Bioloxía Molecular e os seus orixes. Os ácidos nucleicos DNA e RNAs (1.5h).
Lección 2. Condensación do DNA, cromatina e cromosomas (3.5h).
Lección 3. Xenes e xenomas (2h).
II. A EXPRESIÓN DO XENOMA E A SUA REGULACIÓN (19h).
(A) SIÑALIZACIÓN CELULAR E EXPRESIÓN XÉNICA (11h).
Lección 4. Principios xerais e os elementos da sinalización celular. Mecanismos xerais da transdución por
sinais hidrofílicas e hidrofóbicas (1.5h).
Lección 5. As proteínas na sinalización celular: Proteínas transdutoras, interaccións proteicas e proteínas
reguladoras xénicas (2.5h).
Lección 6. Rutas de sinalización intracelular activadas por sinais hidrofílicas (5h).
Lección 7. Rutas de sinalización intracelular activadas por sinais hidrofóbicas (2h).
(B) A REGULACIÓN DA EXPRESIÓN DO XENOMA EUCARIOTA (8h).
Lección 8. RNAs reguladores e control da expresión xénica (1.5h).
Lección 9. O epixenoma: Papel da estrutura da cromatina no control xénico (2h).
Lección 10. Regulación da expresión xénica I: Control transcricional (2.5h)
Lección 11. Regulación da expresión xénica II: Transporte, localización e estabilidade do mRNA e control
traducional (2h)
• CLASES INTERACTIVAS (Programa de seminarios, 10 horas presenciais)
Seminarios de “Metodoloxías e técnicas de investigación en xenes e proteínas” (6h, 3 sesións de 2h).
Seminarios de resolución de cuestionarios correspondentes aos contidos das clases expositivas (4h, 2 sesións de 2h).
• CLASES TITORIAIS (5 horas)
Titoría 1: a principio de curso, utilizarase para a presentación detallada da materia e a guía docente. 1h presencial.
Titoría 2: realización do exame correspondente aos seminarios. 1h presencial
Titorías restantes: consulta/resolución de dúbidas e repaso de conceptos básicos e xerais da materia explicada nas clases expositivas e interactivas. A petición do alumnado. Presenciais ou a través de MS-Teams, de 1h de duración cada unha.
• EXAME FINAL (2.5 horas presenciais)
Realización dunha proba escrita obrigatoria para a avaliación de coñecementos e competencias.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Alberts, B. et al., 2015. Molecular Biology of the Cell. 6th ed. New York: Garland Science.
- Hérraez, A., 2012. Texto ilustrado e interactivo de Biología Molecular e Ingeniería Genética. Conceptos, técnicas y
aplicaciones en ciencias de la salud. 2ª ed. Barcelona: Elsevier.
- Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2021. Lehninger. Principles of Biochemistry. 8ª ed. New York: Macmillan International.
- Lodish, H., Berk, A., Kaiser, C.A., Krieger, M., Brestscher, A., Ploegh, H., Martin, K.C., Yaffe, M.B., Amon, A. 2021.
Molecular Cell Biology. 9th ed. New York: Macmillan International.
- Watson, J.D. et al., 2016. Biología molecular del gen. 7ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Brown, T.A., 2018. Genomes 4. 4th ed. New York: Garland Science.
- Cantley, L.C., Hunter, T., Sever, R. and Torner, J., 2014. Signal Transduction. Principles, Pathways and Processes.
4th ed. New York: Cold Spring Harbor Laboratory Press.
- Clark, D.P. and Pazdernik, N.J., 2019. Molecular Biology. 3rd ed. Boston: Academic Press.
- Craig, N.L. et al., 2014. Molecular Biology. Principles of Genome Function. 2nd ed. Oxford: Oxford University Press.
- Kraus. G., 2014. Biochemistry of Signal Transduction and Regulation. 5th ed. Weinheim: Wiley-VCH.
Competencias xerais e báscas
As competencias que aparecen como xerais e básicas na Memoria do Grao de Bioloxía.
Competencias transversales
• CT1. Capacidade de análise e síntese
• CT2. Capacidade para o razoamento e argumentación
• CT5. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT9. Capacidade de utilización bibliográfica e de internet.
• CT10. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CT11. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
• CE1.c. Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades. Técnicas básicas en bioloxía.
• CE2.a. Orixe e bases moleculares da vida: conceptos, mecanismos e hipóteses.
• CE2.c. Orixe e bases moleculares da vida: bioloxía molecular da célula.
• CE2.e. Orixe e bases moleculares da vida: análise de biomoléculas e procesos metabólicos.
• CE2.f. Orixe e bases moleculares da vida: análise molecular, celular e de tecidos.
• CE6.c. Bioloxía humana, herdanza e evolución: o material hereditario.
• CE6.e -Bioloxía humana, herdanza e evolución: análise xenética e evolutiva.
• CE6. f. Bioloxía humana, herdanza e evolución: o fluxo da información xenética.
• CE7.a -Biotecnoloxía e biomedicina: bases biolóxicas das enfermidades
• CE7.g. Biotecnoloxía e biomedicina: métodos de análise clínico e molecular.
• Materia sen docencia (plan extinguido)
- Clases expositivas: Actividade presencial non obrigatoria. Clases maxistrais para a presentación das leccións do programa teórico da materia co uso de encerado e, no seu caso, apoiadas por presentacións por ordenador.
Os contidos, a orde e o tempo dedicado a cada un dos temas poden modificarse con respecto ao programa presentado na guía didáctica, debido á incorporación de novos conceptos e actualizacións máis recentes do mesmo.
- Clases interactivas. Os seminarios de “Metodoloxías e técnicas de investigación en xenes e proteínas” serán impartidos polo profesor en formato de lección maxistral e neles trataranse técnicas de investigación en Bioloxía Molecular. Son de asistencia presencial, non obrigatoria e avaliable.
Os seminarios de resolución de cuestionarios correspondentes aos contidos das clases expositivas son de asistencia presencial e voluntaria. Estes seminarios consistirán en aprendizaxe baseada en problemas onde os alumnos, e o profesor no seu caso, resolverán cuestionarios relacionados cos temas presentados nas clases expositivas. Permitirán reforzar e repasar conceptos explicados en teoría ou dúbidas dos alumnos. Os cuestionarios poderían estar tamén a disposición do alumnado con antelación aos propios seminarios, a través da aula virtual.
- Clases titoriais. Non serán obrigatorias nin avaliables, a excepción da titoría dedicada ao exame de seminarios, que si supón unha actividade avaliable, aínda que non obrigatoria.
- O exame final é unha proba presencial obrigatoria para a avaliación dos coñecementos e competencias utilizando unha proba escrita na que se formularán preguntas tipo test, problemas similares aos dos seminarios e preguntas de desenrolo, abarcando os temas tratados nas clases expositivas e nos seminarios correspondentes.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou aportado polo profesorado por outras canles.
- Materia sen docencia (plan extinguido)
- A avaliación da aprendizaxe farase de xeito presencial e constará de:
(a) Avaliación das clases expositivas (Exame final). Actividade obrigatoria avaliable complementaria á avaliación continua.
Os contidos do programa teórico avaliaranse mediante exame por escrito presencial (exame final) A nota máxima obtida no exame (10 puntos) equivale ao 85% da nota final, sempre e cando se teña respondido a un mínimo do 80% das preguntas do exame e alcanzado un 4.5 sobre 10 na súa cualificación.
(b) Avaliación das clases interactivas (Avaliación continua). Actividade avaliable non obrigatoria.
Os seminarios de “Metodoloxías e técnicas de investigación en xenes e proteínas” avaliaranse mediante exame escrito presencial non obrigatorio que se cualificará de 0 a 10 puntos e a nota obtida suporá un 15% da cualificación final da materia. Este exame realizarase nunha hora de titoría tras a finalización dos correspondentes seminarios nunha data debidamente informada polo profesorado. Para aqueles alumnos que non poidan realizalo nesa data, poderán realizalo xunto co exame de expositivas. O exame constará de preguntas nas que se poderían combinar cuestións tipo test, de relación de conceptos, preguntas teóricas e de razoamento.
(c) Avaliación final
A nota final obterase como a media ponderada das notas parciais obtidas en (a) e (b), que representan, respectivamente, o 85% e o 15% da nota final e sempre que a acadase de (a) un mínimo de 4.5 puntos e o requisito de respostas mínimas. A falta de cualificación en (b) implicará que o alumno renuncia a esa parte da nota, de xeito que podería obter, como máximo de 8.5 puntos na cualificación final, no caso de que no exame dos contidos das clases expositivas acadase 10 puntos.
• Na segunda convocatoria, repetirase exclusivamente a avaliación dependente do exame de teoría. No caso de non terse realizado previamente, tamén se realizará o exame correspondente aos seminarios, que será voluntario, como se ten indicado arriba. En calquera caso, o alumnado só se avaliará dos seminarios unha vez por curso.
• No caso de ter que repetir a materia no seguinte curso (2023-24 ou posteriores, onde só haberá dereito a exame), conservarase só a nota do exame de seminarios se se desexa, aínda que se poderá facer este exame novamente (voluntario) xunto co de clases expositivas, que será obrigatorio.
• Os alumnos repetidores do curso 2021-22 e precedentes deberán realizar o mesmo tipo de actividades/avaliación que os alumnos de primeira matrícula xa que non se conserva ningunha nota de ningún curso precedente.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
Mediante o exame de expositivas avaliaranse as seguintes competencias:
Competencias transversais
CT1, CT2, CT5, CT9, CT10 y CT11
Competencias específicas
CE1.c, CE2.a, CE2.c, CE2.e, CE2. f, CE6. c, CE6.e, CE6.f, CE7.a e CE7.g
Mediante o exame de seminarios avaliaranse as seguintes competencias:
Competencias transversais
CT1, CT2, CT9, CT10 y CT11
Competencias específicas
CE1.c, CE2.a, CE2.e, CE2.f, CE6.e y CE7.g
Materia sen docencia (plan extinguido)
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Participación nas clases correspondentes, respondendo oralmente ás cuestións/preguntas formuladas polo profesor, tanto na propia clase como nas presentadas nas diferentes leccións do programa teórico e específicas dos seminarios, aínda que non conten de cara a avaliación.
• Facer resumos / esquemas ou guións que sinteticen os contidos importantes de cada unha das leccións do programa, intentando combinar e relacionar diferentes aspectos que se explican en cada un deles.
• Autoavaliación da comprensión dos contidos. O alumno debe intentar xerar, por si mesmo e usando libros, especialmente os recomendados na bibliografía, un catálogo de preguntas e respostas para que poida afrontar o exame con máis posibilidades de éxito.
• Facer uso de titorías para calquera tipo de asunto relacionado coa materia.
• É recomendable que para unha mellor comprensión da materia de Bioloxía Molecular se teñan coñecementos previos de materias como a Bioquímica I/II, Xenética I/II, Bioloxía Celular, Fisioloxía Animal e Vexetal, Microbioloxía, ademais de nocións básicas de química (orgánica e inorgánica).
• A información dispoñible para o alumno deixarase a través da aula virtual que estará habilitada para esta materia e o contacto/comunicación co alumno establecerase a través do correo electrónico institucional e/ou a plataforma MS-Teams.
• Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
• Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou aportado polo profesorado por outras canles.
Primitivo Barja Francisco
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816931
- Correo electrónico
- primi.barja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Lourdes Dominguez Gerpe
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ml.dominguez.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
22.01.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 08. Louis Pasteur |
13.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 01. Charles Darwin |