Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
- Desenvolver criterios para a identificación da variabilidade xenético-molecular da especie humana, así como as estratexias analíticas específicas, apropiadas para cada caso particular.
- Proporcionar criterios de análises do problema da variabilidade molecular orientados á súa interpretación no marco biolóxico xeral (adaptabilidade, reconstrución evolutiva, filoxenias moleculares).
- Coñecer as aplicacións específicas, tanto no ámbito da identificación biolóxica individual e poboacional, como nos ámbitos clínico e ambiental.
Teoría (26 horas).
- Interpretación do problema da variabilidade xenético-molecular da especie humana. Medidas de diversidade xenetica molecular. (3.5 horas).
- Marcadores xenético-moleculares: Proxecto Xenoma Humano. Polimorfismos de ADN (NRY, ADNmt, RFLP, VNTR, STR, Alu, SNP, MVR, Indels, outros) (5 horas).
- Estratexias actuais de screening masivo do xenoma: Microarrays/ GWAS/ MALDI-TOF/ NNGS /outros. (4 horas)
- Aplicación dos marcadores no ámbito da Farmacoxenética e da Ecoxenética. (3.5 horas)
- Epidemiología xenética, identificación de grupos de risco. Estratexias metodolóxicas. Identificación factores de risco. Aplicacións. (5 horas)
- Antropoxenética: Marcadores de ADN non recombinante. Genome-wide data (GWD). Análise de ADN antigo. Biodinámica e historia evolutiva das poboacións humanas (5 horas).
Prácticas (10 horas)
1) Perfil molecular individual (Parte I): Técnicas extraccción ADN. Amplificación (PCR). (2h).
2) Perfil molecular individual (Parte I): Separación electroforética (PAGE). Detección molecular (Silver Staining). Identificación fenotipos moleculares. (4h).
3) Análise e biodinámica das poboacións humanas (Parte I): Análise da diversidade xenética humana a nivel individual e poboacional. Identificación individual. (2h en aula de informática).
4) Análise e biodinámica das poboacións humanas (Parte II): Inferencia de relacións evolutivas: Árbores filoxenéticos. Análise multivariante. Interpretación Antropolóxica. (2h en aula de informática).
Tutorías (5 horas)
Revision e aclaracións das dúbidas, ou outros aspectos docentes expostos polos alumnos.
Bibliografía básica
- Cavalli-Sforza, L.L. and Bodmer, W.F., 1981. Genetics of human populations. Barcelona: Omega.
- Strachan, T. and Read, A.P., 2011. Human Molecular Genetics. 4th ed. New York: Garland Science.
- Ayala, F.J. ed., 1980. Evolución molecular. Barcelona: Omega.
- Cela Conde, C. J. And Ayala, F. J. 2014. Human Evolution. Editorial Alliance.*
- D. H. O'Rourke. 2019. A Companion To Anthropological Genetics. John Wiley & Sons, Inc.*
Bibliografía complementaria
- Brown, T.A., 2018. Genomes. 4th ed. New York : Garland Science.
- Speicher, M.R. Motulsky, A.G. and Antonarakis, S.E. eds., 2010. Vogel and Motulsky's Human genetics: Problems and Approaches. 4th completely rev. ed. Berlin: Springer.
- Jobling, M.A., Hollox, E., Kivisild, T., Tyler-Smith C., 2013 (2nd Ed.). Human Evolutionary Genetics. Garland Science. [SCFJ1]
- J.H. Relethford. 2012. Human Population Genetics. Wiley-Blackwell.*
*Bibliografía disponible en formato electrónico para los alumnos y PDI de la USC.
BÁSICAS/XERAIS
As competencias básicas y generales son aquelas que figuran na memoria do Grado.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT8 - Habilidade no manexo de TICs.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
ESPECÍFICAS
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades Técnicas básicas en bioloxía
CE6.b - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Mecanismos e modelos evolutivos
CE6.d - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Evolución e diversidade da especie humana
CE6.e - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Análise xenética e evolutiva
- Clases expositivas (non obligatorias): 3 horas de clases maxistrais semanais.
- Tutorías (non obligatorias): Aclaración das dúbidas expostas polos alumnos.
- Clases interactivas (obligatorias): Dúas prácticas de laboratorio (2h+4h), e dúas prácticas con computadores (2h cada unha).
Prácticas.- Dúas modalidades de avaliación que computarán como o 15% da cualificación final:
a) Avaliación continua: Participación activa, por asistencia (obrigatoria non avaliable), seguida da elaboración e entrega dunha Memoria final (obrigatoria e avaliable). Control de asistencia: Nomeamento de cada un dos alumnos que figuren na lista do grupo que compón a práctica. Cumprimento: Máximo unha falta de asistencia con acreditación xustificativa.
ou
b) Exame das prácticas desenvolvidas durante o curso para aqueles alumnos con circunstancias que lles impidan ou dificulten en gran maneira acollerse á modalidade de avaliación anterior (a).
Aos repetidores que superasen as prácticas en cursos anteriores asignaráselles a cualificación obtida previamente.
Teoría.-
1) Realización de cuestionarios (obrigatorios e avaliables) de avaliación continua (15%) no Campus Virtual.
2) Exame final escrito da materia impartida no curso (70%), complementario á avaliación continua.. Os contidos da teoría desenvólvense en dous partes principais. A nota global do exame final establécese, en principio, mediante a media ponderada correspondente a ambas as partes. Con todo, para poder alcanzar o 50% da puntuación máxima é necesario obter, polo menos, o 35% da cualificación máxima posible de cada parte.
Para superar a materia esixirase que o alumno alcance polo menos o 50% da puntuación máxima en cada un dos 3 apartados avaliables (prácticas, cuestionarios e exame final).
Na segunda oportunidade os criterios de avaliación modificaranse unicamente na eliminación dos cuestionarios. Neste caso a cualificación da Memoria de prácticas pasará a computar un 30%.
Conservarase durante catro cursos académicos a avaliación positiva alcanzada de calquera de ambas as partes (Teoría/Prácticas).
No exame e cuestionarios avaliaranse as competencias: CG1, CG2, CG5, CT1, CT2, CT5, CT9, CT10, CT11, CE1.c, CE6.b, CE6.d, CE6.e
Na realización das prácticas e a memoria de prácticas avaliaranse as competencias: CB3, CB5, CG2, CT1, CT2, CT5, CT8, CT11, CE1.c, CE6.e.
Horas presenciais: 45 horas
- Teóricas: 26 horas
- Prácticas: 10 horas
- Tutorías: 5 horas
- Avaliación (examen e cuestionario online): 4 horas
Horas non presenciais: 67.5 horas totais (54.5 h de estudo e 13 h elaboración Memoria de prácticas)
Horas totais de traballo: 112.5 horas
- Asistencia e seguimento continuo da impartición da docencia teórica.
- Apoio bibliográfico orientado para a preparación e estudo da materia.
- As tutorías como sistema de apoio para clarificar/profundar individualmente aqueles aspectos que o alumno necesite asentar.
Durante todo o curso estableceranse canles de comunicación directa co alumnado (foros e mensaxería de Moodle, tutorias virtuais mediante MS-Teams, email da USC...) sobre todo a través dunha aula virtual operativa da materia na plataforma Moodle, a disposición do alumnado desde un primeiro momento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, en páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso, etc.) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
06.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12.Vasili Dokucháyev |
08.07.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 01. Charles Darwin |