Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- O coñecemento e correcta utilización por parte do alumnado da terminoloxía básica da Microbioloxía.
- Identificar e situar no contexto dos seres vivos os distintos tipos biolóxicos que serán obxecto de estudo da Microbioloxía.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos e ecolóxicos.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos propios dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais que requiren os metodos microbiolóxicos.
- Aprender as técnicas máis utilizadas en Microbioloxía: microscopia, tinguiduras, illamento de cultivos puros, identificación de microorganismos, etc.
- Aprender a manexar as fontes de documentación.
- Que o estudante comprenda e valore o interese da Microbioloxía no marco dos estudos de Biotecnoloxía, así como a repercusión social da Microbioloxía.
En conclusión, tratarase de favorecer os hábitos de iniciativa, espírito crítico e traballo en equipo, e a adquisición de coñecementos básicos que permitan ao alumnado entender o que son os microorganismos como seres vivos e abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina, tendo como horizonte os seguintes resultados de aprendizaxe:
-Coñecer a estrutura e fisioloxía dos microorganismos procariotas e eucariotas.
-Coñecer os factores que afectan ao desenvolvemento dos microorganismos.
-Coñecer os métodos de obtención de cultivos axénicos, discontinuos e continuos.
-Coñecer os métodos de illamento e cultivo viral.
-Coñecer as bases da clasificación dos microorganismos procariotas, eucariotas e virus.
-Coñecer as interrelacións entre microorganismos e coa súa contorna.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Bloque I. INTRODUCIÓN.
Tema 1. Orixe e desenvolvemento histórico da Microbioloxía. (1 h)
Definición de Microbioloxía. Desenvolvemento histórico da Microbioloxía. Os tres “Dominios”: Bacteria, Archaea e Eucarya. Diferenzas principais entre procariotas e eucariotas. Características xerais dos virus.
Bloque II. MORFOLOXÍA E ULTRAESTRUTURA DE PROCARIOTAS.
Tema 2. Técnicas de Estudo e Observación dos Microorganismos. (Seminario)
Tipos de microscopia óptica. Tipos de preparacións para exame ao microscopio óptico. Tipos de tinguidura. Microscopia electrónica de transmisión evarrido. Outros tipos de microscopia.
Tema 3. Morfoloxía e Estrutura Bacterianas. (1 h)
Morfoloxía, tamaño e agrupacións bacterianas. Estruturas esenciais e non esenciais. Citoplasma e Formacións Citoplasmáticas: Ribosomas. Orgánuloslimitados por membrana dunha soa capa. Inclusións citoplasmáticas de reserva. Area nuclear ou xenóforo. DNA extracromosómico.
Tema 4. Membrana Plasmática e Estruturas Membranosas. (1 h)
Composición química, estrutura e funcións da membrana bacteriana. Tipos de transporte a traveso da membrana plasmática. Características diferenciaisdas membranas de Archaea. Estruturas membranosas.
Tema 5. Parede Celular Bacteriana. (2 h)
Estrutura e composición química: diferenzas entre Eubacterias Gram positivos e Gram negativos. Funcións dos distintos polímeros da parede celular.Características específicas da parede de Archaea.
Tema 6. Estruturas Externas á Parede Celular. (1 h)
Cápsulas: Natureza química e funcións. Flaxelos e movemento flaxelar: Estrutura e composición química do flaxelo. Pili ou fimbrias: tipos e funcións.
Tema 7. Células Especializadas: A Endospora Bacteriana. (1 h)
Estrutura, composición química e propiedades da endospora. Presenza e observación de endosporas. Diferenzas entre célula vexetativa e endosporabacteriana. Cinética de esporulación: cambios citolóxicos, fisiolóxicos e bioquímicos. Aspectos xenéticos do proceso de esporulación. Xermolación de endosporas.
Bloque III. FISIOLOXÍA, CULTIVO E CRECEMENTO DE MICROORGANISMOS.
Tema 8. Nutrición Microbiana. (2 h)
Principios da nutrición microbiana. Categorías nutricionais dos microorganismos: Fontes de enerxía, electróns e carbono. Fontes de nitróxeno, xofre, fósforo. Asimilación en forma inorgánica do nitróxeno, xofre e fósforo.
Tema 9. Cultivo de Microorganismos y Condicións Físico-Químicas para o Crecemento (1 h)
Tipos de medios de cultivo bacteriolóxicos. Cultivos mixtos e cultivos puros. Métodos de illamento de cultivos puros. Conservación dos cultivos. Efecto dos factores físico-químicos no crecemento. Temperatura. pH. Presión osmótica. Presión hidrostática. Necesidades de osíxeno.
Tema 10. Crecemento bacteriano e Medida do Crecemento Bacteriano (1 h + Seminario)
Crecemento celular: Ciclo de división bacteriana. Crecemento de poboacións: Curva de crecemento e características das distintas fases. Expresión matemática do crecemento. Efecto dos axentes antimicrobianos sobre o crecemento. Crecemento sincrónico e asincrónico. Métodos directos e indirectos de medida do crecemento. Cultivo continuo e a súas aplicacións.
Tema 11. Control do Crecemento Microbiano. (2 h + Seminario)
Definición de conceptos: esterilización, desinfección, antisepsia, etc. Factores que inflúen na acción antimicrobiana. Modos de acción dos axentes antimicrobianos. Control por axentes físicos e químicos. Determinación da potencia de desinfección. Quimioterapia. Tipos de quimioterápicos: naturais (antibióticos) e sintéticos. Determinación da actividade antimicrobiana. Resistencia a axentes quimioterápicos: mecanismos e transmisión. Importancia dos péptidos antimicrobianos.
BLOQUE IV. FUNDAMENTOS DE TAXONOMÍA MICROBIANA
Tema 12. A clasificación dos microorganismos. (1 h)
Concepto de especie bacteriana e especie biolóxica. Clasificación fenética e filoxenética. Nomenclatura bacteriana. Principales grupos de bacterias e Arqueas.
Tema 13. Principales grupos de bacterias Gram negativas (2 h)
Bacterias Fotosintéticas. Bacterias quimiolitotrofas: Importancia nos ciclos bioxeoquímicos da materia. Pseudomonas e Burkholderia. Bacterias oxidadoras do metano. Bacterias do ácido acético. Bacterias que fixan nitróxeno atmosférico. Familias Enterobacteriaceae e Vibrionaceae. Bacterias anaerobias estritas. Rickettsias e Clamidias.
Tema 14. Principales grupos de bacterias Gram positivas (2 h)
Bacterias Gram positivas con baixo contido G+C. Bacterias formadoras e non formadoras de endosporas: Importancia clínica, industrial e ecolóxica. Os micoplasmas. Bacterias Gram positivas con alto contido G+C. Actinobacterias. Grupo Corineforme: Ecoloxía e importancia industrial e clínica. Micobacterias. Actinobacterias filamentosas con esporanxios e conidios. Características xerais e importancia do xénero Streptomyces.
Tema 15. Dominio Archaea. (1 h)
Filoxenia do Dominio Archaea. Arqueas halófilas extremas. Arqueas metanóxenas. Arqueas termóacidófilas. Interese ecolóxico e industrial.
Tema 16. Microorganismos eucariotas (1 h)
Principias diferenzas entre células procariotas (bacterias e arqueas) e células eucariotas. A orixe da célula eucariota: teoría da endosimbiose. Principais liñaxes eucariotas.
BLOQUE V. VIRUS E PARTÍCULAS SUB-VIRAIS
Tema 17. Natureza e Características dos virus. (2 h)
Características e natureza da partícula viral. Propiedades distintivas dos virus. Estrutura e arquitectura viral. Clasificación dos virus. Ciclo infectivo e sínteses dos compoñentes víricos. Replicación do ácido nucleico viral: tipos. Partículas subvirais.
Bloque VI. ECOLOXÍA MICROBIANA
Tema 18. Ciclos Bioxeoquímicos. (2 h)
Ciclos da materia e microorganismos implicados: Ciclo do nitróxeno, Ciclo do xofre, Ciclo do carbono. Degradación microbiana de polímeros naturais en solo e auga.
Tema 19. Microbioloxía industrial e Biotecnoloxía. (3 h)
Papel dos microorganismos na industria biotecnolóxica. Busca e selección de microorganismos de interese aplicado. Principais microorganismos de interese aplicado. Obtención de produtos industriais mediante biotecnoloxía microbiana. Principais produtos obtidos mediante Microbioloxía Industrial. Uso de microorganismos para a obtención de alimentos e bebidas. Tratamentos de augas residuais.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Bloque I. Introdución. Preparación de Medios e Material
Práctica 1. O laboratorio de Microbioloxía.
Descrición do material de laboratorio. Descrición da colección de microorganismos. Normas de traballo no laboratorio.
Bloque II. Illamento e Cultivo de Microorganismos
Práctica 2. Cultivo de Microorganismos en medio sólido e medio líquido.
Sementeira en medio sólido. Características dos microorganismos en cultivo: medios sólidos e medios líquidos. Técnicas de obtención de cultivos puros: método de illamento por estría en medio sólido.
Bloque III. Morfoloxía e Estrutura dos Microorganismos
Práctica 3. O microscopio óptico.
Manexo e coidado do microscopio óptico. Observación de preparacións en fresco mediante microscopia de contraste de fases.
Práctica 4. Métodos de tinguidura de microorganismos.
Tinguiduras diferenciais: tinguidura de Gram.
Bloque IV. O crecemento e o seu control
Práctica 5. . Métodos de medida do crecemento.
Reconto ó microscoscopio, reconto de viables, estimación espectrofotomética da biomasa. Construción dunha curva de crecemento nun cultivo de microorganismos.
Práctica 6. Axentes antimicrobianos.
Medida da actividade antimicrobiana de quimioterápicos: método de difusión en placa.
Bloque V. Identificación Microbiana
Práctica 7. Probas bioquímicas de identificación de cultivos puros. Probas IMViC, oxidase-catalase e urease.
Bloque VI. ViroloxíaPráctica 8. Titulación de bacteriófagos.
BÁSICA
Madigan, M.T. et al. eds., 2015. Brock Biología de los microorganismos. 14ª ed. Madrid: Pearson.
Martín, Béjar, Gutiérrez, Llagostera & Quesada. 2019. Microbiología Esencial. Editorial Médica Panamericana.
Willey, J.M., Sherwood, L.M. y Woolverton, C.J., 2009. Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
COMPLEMENTARIA
Atlas, R.M. y. Bartha, R., 2001. Ecología microbiana y microbiología ambiental. 4ª ed. Madrid: Addison-Wesley.
Balows, A., Truper, H.G, Dworkin, H., Harder, N. and Schleifer, K.H., 1992. The Prokaryotes: a handbook on the biology of bacteria: ecophysiology, isolation, identification, applications. 2nd ed. Berlin: Springer- Verlag.
Ingraham, J.L. y Ingraham, C.A., 1998. Introducción a la microbiología. 2 vol. Barcelona: Reverté.
Lederberg, J. ed., 2000. Encyclopedia of microbiology. 2nd ed. 4 vol. San Diego: Academic Press.
Schaechter, M. 2012. Eukaryotic microbes. Amsterdam: Elsevier/Academic Press.
Singleton, P. and Sainsbury, D., 2006. Dictionary of Microbiology and Molecular Biology. 3rd ed. New York: John Wiley & Sons.
Struthers, J.K. y Westran, R.P., 2005. Bacteriología clínica. Barcelona: Masson.
PRÁCTICAS
Gamazo, C., Lopez, I. y Camacho, A.I. eds., 2013. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Barcelona: Elsevier.
Gamazo, C., Sánchez, S. y Díaz, R. eds., 2005. Microbiología basada en la experimentación. 3ª ed. Barcelona: Masson.
Koneman, E. W., Allen, S.D., Janda, V.M., Schreckenberger, V.C. y Winn W.C. Jr., 2008. Koneman diagnóstico microbiológico: texto y atlas en color. 6ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
McFaddin, J.F., 2003. Pruebas bioquímicas para la identificación de bacterias de importancia clínica. 3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Olds, R.J., 1982. Atlas de Microbiología. Barcelona: Editorial Científico-Médica.
Seeley, H.W., Van Demark, P.J. and Lee, J.J., 1991. Microbes in action: a laboratory manual of microbiology. 4th ed. New York: W.H. Freeman.
Coñecemientos/Contidos
Con1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da biotecnoloxía.
Con2 - Ter unha visión integrada do funcionamiento das células e organismos, incluindo as súas biomoléculas, metabolismo, expresión génica, relación entre compartimentos celulares, así como os mecanismos de percepción, sinalización e comunicación.
Habilidades/Destrezas
H/D01 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferetes perspectivas.
H/D02 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información obtida de diversas fontes.
H/D03 - Organizar e planificar o seu traballo.
H/D04 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
H/D05 - Traballar en equipo.
H/D06 - Manter un compromiso ético, así como un compromiso ca igualdade e a integración.
H/D07 - Iniciativa, espíritu emprendedor e adaptación a novas situacións (resiliencia).
Competencias
Comp01- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Comp02- Que os estudantes sexan capaces, tanto por escrito como de forma oral, de debatir e de transmitir información, ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía a un público tanto especializado como non especializado/xeral.
Comp03- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Comp05- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tiempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
Empregaranse:
- Clases maxistrais : 27 horas presenciais (2 horas semanais ó longo do curso)
- Seminarios: 3 seminarios de 2 horas. Os seminarios poderán ser impartidos polo profesor, o alumnado ou ser utilizados para outras aproximacións da aprendizaxe (aprendizaxe cooperativa, debates de temas de actualidade, etc).
- Prácticas de Laboratorio: 15 horas presenciais. Faranse grupos de 20 alumnos e as prácticas de cada grupo faranse de maneira continuada durante unha semana. Tódalas prácticas terán lugar en horario de tarde ó longo do segundo cuadrimestre.
- Titorías en grupo.- Estas tutorías conlevan a realización de actividades (traballo twitter) que serían valoradas no 15% correspondente aos seminarios.
- Titorías individualizadas.- 1 hora
- Poderán organizarse actividades voluntarias relacionadas cos contidos das clases de teoría ou laboratorio.
Posibilidade de realización dunha práctica dentro do programa internacional SWI (Small World Inititive: crowsourcing antibiotic discovery) de aprendizaxe colaborativa para a exploración da biodiversidade microbiana en solos na procura de novos microrganismos produtores de antibióticos.
- Teoría.- Para aprobar a materia superarase un exame final obrigatorio no que se poderán incluír cuestións sobre os seminarios expostos na clase. A nota do exame de teoría representará un 65% da nota final da materia.
- Prácticas.- É obrigatoria a asistencia a tódalas prácticas e será un requisito imprescindible para poder presentarse ao exame de teoría. O alumnado realizará un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos A nota deste exame representará un 20% da nota final. Poderase solicitar a elaboración dun informe relativo a algunha das actividades das clases prácticas, que será avaliado xunto co exame.
- Seminarios.- O peso total das actividades dos seminarios será do 15% da nota final. No caso dos seminarios polo profesor, o contido dos mesmos será susceptible de exame, valorándose tamén a realización de exercicios individuais relacionados.
No caso de ser impartidos polo alumnado, para a valoración dos seminarios, terase en conta:
1) A correción formal do resumo escrito e da presentación pública.
2) O labor de síntese da información recompilada.
3) A capacidade para responder de forma adecuada ás preguntas formuladas.
- No caso doutras alternativas docentes, valorarase a participación do alumnado nas mesmas.
- As actividades e traballos que constituirán as titorías en grupo serán valoradas no 15% correspondente á valoración dos seminarios.
Nota: A nota mínima nos exames de teoría ou práctica para poder valorar os outros conceptos será de 4,5.
Levarase a cabo unha avaliación continua, tanto nas clases expositivas como nas interactivas, podéndose incluír probas orais ou escritas, realización e presentación de traballos (vía Campus Virtual), participación do alumnado nas aulas, e a súa valoración incluirase nos apartados respectivos sinalados con anterioridade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revision de cualificacions”.
Todos estes instrumentos serán empregados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
-No exame avaliaranse as competencias: Con1, Con2, H/D01, H/D02, H/D04, Comp1, Comp2, Comp3.
-Nas prácticas avaliaranse as competencias: Con2, H/D02, H/D05.
-Na participación activa na aula e seminarios avaliaranse as competencias: Con2, H/D01, H/D02, H/D04, H/D06, H/D07.
-Nas outras alternativas docentes avaliaranse as competencias: H/D03, H/D05, H/D06, H/D07.
Alumnos repetidores
Aos estudantes repetidores, que teñan avaliadas positivamente as prácticas, manteráselle dita cualificación durante os dous cursos académicos seguintes.
Materia de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presenciais 54 horas:
clases maxistrais 27 horas
clases prácticas 15 horas
seminarios 6 horas
titorías en grupo reducido 2 horas (realización traballotraballo)
titorías individualizadas 1 horas
exame e revisión 3 horas.
Traballo persoal do estudante 96 horas:
Estudio individual 74 horas (3-4 horas semanais)
Elaboración de traballos e lecturas recomendadas 20 horas
Asistencia conferencias e outras actividades 2 horas
Estudo comprensivo e non memorístico, relacionando os contidos da materia con aqueles de materias afíns.
Asistencia regular a clase e participación activa nas clases teóricas e seminarios.
Segui-las recomendacións do profesor que poidan ir xurdindo ao longo do curso.
A materia terá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado.
Jesús Ángel López Romalde
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816908
- Correo electrónico
- jesus.romalde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
16.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |