Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento axeitado das técnicas de aplicación de produtos fitosanitarios. Coñecemento da normativa que regula ós produtos fitosanitarios, e súa aplicación á inspección dos equipos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Aplicación sustentable de produtos fitosanitarios: defensa de cultivos e tratamentos fitosanitarios, equipos de tratamentos fitosanitarios, medidas de seguridade, inspección de maquinaria de aplicación, realización dos tratamentos.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (h. presenciais / h. traballo non presencial):
A) CLASES EXPOSITIVAS
Tema 1. Fundamentos da aplicación de produtos fitosanitarios (1 h. - 4 h.).
Tema 2. Formación e transporte das pingas (1 h. - 4 h.).
Tema 3. Pulverizadores hidráulicos (3 h. - 8 h.).
Tema 4. Pulverizadores hidroneumáticos (atomizadores) e pneumáticos ( nebulizadores) (2 h. - 6 h.).
Tema 5. Pulverizadores de baixo e ultra baixo volume 2 h. - 5 h. .
Tema 6. Equipos para aplicacións en forma sólida (1 h. - 3 h.).
Tema 7. Revisión e inspección de equipos para tratamentos fitosanitarios (1 h. - 4 h.).
Tema 8. A seguridade no manexo e aplicación de produtos fitosanitarios (1 h. - 5 h.).
B) SEMINARIOS
1. Elección de embocaduras (2 h. - 2 h.)
2. Programación de tratamento con pulverizador hidráulico (2 h. - 1 h.)
3. Programación de tratamento con atomizador (2 h. - 1 h.)
C) PRÁCTICAS
1. Identificación e utilización de equipos de protección individual, preparación das mesturas (1 h. - 0.5 h.).
2. Identificación e recoñecemento dos diferentes elementos que conforman os equipos de aplicación (1 h. - 1 h.).
3. Regulación, posta a punto e manexo de pulverizadores hidráulicos (2 h. - 1 h.).
4. Regulación, posta a punto e manexo de pulverizadores hidroneumáticos (1 h. - 1 h.).
5. Regulación, posta a punto e manexo de equipos manuais e semi-móbiles (1 h. - 1h.).
D) TITORÍAS EN GRUPO
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas expostas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas
Bibliogarfía Básica:
Field scale spraying. 2017. British Crop Production Council. 82 pp.
Cedra, C.; Gauthier, D. 1997. ALes matériels de fertilisation et traitement des cultures. Cemagref Lavoisier S.A.S. 342 pp.
Gil, E.; Gracia, F.; Escolá, A. 2011. Manual de inspección de equipos de aplicación de fitosanitarios en uso. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Barcelona 279 pp.
Planas, S. 2013. Aplicación sostenible de fitosanitarios. Ed. Eumedia, S.A.
Vázquez, J. (2004). “Aplicación de productos fitosanitarios: técnicas y equipos”. Ed. Ediciones Agrotécnicas S.L., Madrid. 389 pp.
Bibliografía complementaria:
Blanco, G.L.; Gil, J.A.; Gamarra, J.L.; Miranda, A. 2013. Mantenimiento y calibración de maquinaria para aplicación de productos fitosanitarios. Pulverizadores fijos y semi-móviles en invernaderos. Junta de Andalucía. Sevilla 118 pp.
Boto, J.A.; López F.J. 1999. La aplicación de fitosanitarios y fertilizantes. Universidad de León 293 pp.
Fernández,M.; López, Mª.I.; Serrano, N.; Ortiz, F.; Alfonso, J.M.; López, J.; Martín, R.A.; Yruela, Mº.C. 2013. Aplicación de plaguicidas nivel cualificado. Junta de Andalucía 318 pp.
Márquez, L. 2008. Buenas prácticas agrícolas en la aplicación de los fitosanitarios. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Madrid 124 pp.
Márquez, L.; 2004. Maquinaria agrícola: Protección de culivos. B&H Editores. Madrid pp. 482-652
Matthews, G.A.; 2014; Pesticide application methods (4th ed.); Ed. Longman Scientific & Technical; 405 pp.
Páez, F.C. et. al. 2012. Bases para la correcta regulación y aplicación de productos fitosanitarios en invernadero mediante sistemas fijos. Tratamiento con pistolete o lanza. Instituto de Investigación y Formación Agraria y Pesquera. Consejería de Agricutura, Pesca y Medio Ambiente. Junta de Andalucía
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos.
Competencias específicas:
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paisajismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de producción e explotación. Protección de cultivos contra pragas e enfermidades. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenergética.
MC4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da mecanización agraria: Motores e máquinas agrícolas. Características e deseño de maquinaria para instalacións agrarias. Automática agraria
Materia semestral, con 12 horas de clases expositivas. Competencias: CG1, CT1, CT5, CEG2, EA2, MC4.
Os seminarios realízanse en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Realízanse 5 sesións cunha duración total de 12 h. utilizando as instalacións e equipos na nave taller e a leira de prácticas. No taller abordaranse aspectos de recoñecemento e identificación de elemento e equipos. Na leira de prácticas realizásense as regulacións, posta a punto e manexo das máquinas. Competencias: CG1, CG2, CT1, CT2, CT3, CT9, CT12
Así mesmo contémplanse 1,5 horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática abordada. Competencias: CT2, CT4.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituídas por cuestións e exercicios do conxunto de temas da materia. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas prácticos. Competencias: CT6.
Asistencia e participación activa (15%): Competencias CG1, CG2, CT4, CT5, CEG2,.EA2, MC4.
Proba ou probas, orais e/ou escritas (60%): CT1, CT2, CT6, CT9, CT12, CEG2, EA2, MC4.
Traballos entregados / expostos (25%):CG1, CT3, CT5, CT6, CT9, CEG2,.EA2, MC4
Para aprobar, en todos os apartados anteriores débese ter unha cualificación, como mínimo, de 3 (sobre 10)
Na segunda oportunidade deberanse realizar as probas escritas e/ou traballos que non superasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidade. En todo caso, manteríase o peso relativo de cada parte indicado no parágrafo anterior.
No caso de alumnos repetidores, o sistema de avaliación será idéntico ao anteriormente citado.
Nos casos de dispensa de asistencia, todo será idéntico, salvo que a asistencia non se avalía, pasando a ser o 40% o peso relativo dos traballos entregados e/ou expostos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Tempo de estudo e traballo persoal
Traballo presencial na aula (27,5 h.):
Clases teóricas (expositivas de grupo grande) 12 h.
Seminarios (con grupos reducidos): 12 h.
Titorías en grupo (con grupos moi reducidos): 1.5 h.
Actividades de avaliación: 2 h.
Traballo persoal do alumnado (47,5 h.):
Lectura e preparación de temas: 10 h.
Realización de exercicios: 5 h.
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 7,5 h.
Elaboración dos traballos de curso (en grupo ou individuais): 10 h.
Preparación de probas de avaliación: 15 h.
• Asistencia a todas las actividades docentes.
• Consulta de la bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Maximo Antonio Dugo Paton
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823213
- Correo electrónico
- maximo.dugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria