Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da tecnoloxía da produción hortofrutícola. Bases e tecnoloxía da propagación e produción hortícola e ornamental. Control de calidade de produtos hortofrutícolas. Comercialización.
a.- Obxectivo xenérico: Que os alumnos de Cultivos Herbáceos Intensivos II coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competencias necesarias para planificar, deseñar e executar proxectos de cultivos hortícolas comestibles e de ornamentais, así como xestionar de forma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e constructivista.
b.- Obxectivos específicos: Os obxectivos específicos, de coñecemento e procedemento, son:
- Recoñecer especies hortícolas e ornamentais e comprender a problemática actual e as técnicas de cultivo.
- Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal ás especies en estudo e afondar nos procesos de desenvolvemento vexetativo, floración, polinización, etc., conducentes, á formación do produto final comerciable.
- Analizar, prever e interpretar os posibles efectos edafoclimáticos nos cultivos e a súa influencia na toma de decisións relativas ao establecemento e manexo destes.
- Coñecer o material vexetal utilizado no cultivo, con capacidade para programar rotacións, seleccionar especies, patróns (no seu caso), e variedades para cada situación concreta.
- Coñecer as técnicas de preparación do solo, establecemento e desenvolvemento dos cultivos.
- Revisar os fundamentos e aplicar o coñecemento sobre técnicas de produción de sementes, e de propagación de especies polos métodos axeitados.
- Coñecer a problemática da colleita e os criterios de calidade dos produtos (froitos, flor cortada, planta ornamental, etc.).
- Valorar a investigación científica como vía para solucionar problemas.
A memoria de título considera para esta materia os contidos seguintes: Cultivos herbáceos intensivos: olericultura e floricultura. Cultivos comestibles aproveitados polas súas follas, froitos e órganos subterráneos. Rotacións e alternativas. Técnicas de cultivo, colleita, comercialización. Cultivos de flor e ornamentais: Técnicas de cultivo, propagación, colleita, comercialización.
Desenvólvese o contido da materia en dúas partes ben diferenciadas agrupados baixo os respectivos epígrafes de Olericultura e Floricultura. En cada un deles abordaranse coñecementos xerais sobre os cultivos que engloban, coñecementos particulares aplicados a cada especie, e relación coas demais especies cultivadas e co ámbito no que se desenvolven, permitíndolle ao alumno a planificación dun manexo sostible dos sistemas agrícolas.
- OLERICULTURA (Cultivos herbáceos hortícolas comestibles).
Concepto. Situación actual do sector. Rotacións e alternativas de cultivos hortícolas
Estudo dos cultivos polo seu aproveitamento: cultivos aproveitados polas súas follas, cultivos aproveitados polos seus froitos, cultivos aproveitados polos seus órganos subterráneos. Estudo de especies de cada cada tipo de cultivo.Técnicas de cultivo, recollida, conservación, comercialización.
- FLORICULTURA (Cultivos ornamentais e de flor cortada).
Concepto. Situación actual do sector. Rotacións e alternativas de cultivos Clasificación. Plantas de exterior e plantas de interior; cultivos para flor cortada, e cultivos en maceta. Estudo dos principais grupos de cultivos ornamentais, e dentro destes, as especies mais importantes: técnicas de cultivo, propagación, colleita, comercialización.
Temario expositivo:
- PARTE I. Olericultura (Horticultura Comestible)
Tema 1. Introdución á Olericultura: Concepto. Situación actual do sector. Rotacións e alternativas de cultivos hortícolas. (1 h; 2 h non presenciais)
Tema 2. Cultivos aproveitados polas follas. Leituga, verza,...(1 h; 2 h non presenciais)
Tema 3. Cultivos aproveitados polos froitos. Tomate, pemento....(3 h; 6 h non presenciais)
Tema 4. Cultivos aproveitados polas raíces. Cenoria, remolacha..(1 h; 2 h non presenciais)
Tema 5. Cultivos aproveitados polas inflorescencias. Coliflor,..(1 h; 2 h non presenciais)
Tema 6. Cultivos aproveitados por bulbos e talos. Cebola..(2 h; 4 h non presenciais)
- PARTE II. FLORICULTURA (Horticultura Ornamental)
Tema 7. Introdución á Floricultura: Concepto. Situación actual do sector. Rotacións e alternativas de cultivos Clasificación (1 h; 2 h non presenciais)
Tema 8. Cultivos ornamentais con órganos de reserva. Concepto e características. Tulipán. Gladiolo (2 h; 4 h non presenciais)
Tema 9. Caravel (2 h; 4 h non presenciais)
Tema 10. Rosa (2 h; 4 h non presenciais)
Tema 11. Crisantemo (2 h; 4 h non presenciais)
Tema 12. Xerbera (2 h; 4 h non presenciais)
Temario interactivo
Práctica 1. Realización de Pebideiros (2 h; 2 h non presenciais)
Práctica 2. Repicados (2 h; 1 h non presenciais)
Práctica 3. Transplantes e plantación de bulbos. Operacións de cultivo (2 h; 1 h non presencial)
2 viaxes: Betanzos e zona norte, e A Garda e zona Sur de Galicia (4 e 8 h., respectivamente; 4 non presenciais )
As viaxes realízanse a dúas zonas representativas da horticultura e a producción de flor en Galicia, visitando invernadoiros, e centros de almacenamento e procesado do material en verde, polo que o alumnado poderá ver materializado na realidade o que se traballou nas clases. Ademais, debido principalmente ás condicións climáticas de cada un dos destinos, e ás realidades socioeconómicas respectivas poderanse apreciar dúas formas de traballo distintas, que supoñen tamén un importante enriquecemento na formación académica.
A duración de cada apartado é aproximada. Pode haber variacións en función do desenvolvemento dos contidos
Básica:
- Cordeiro Budiño,X, e o. 1998 "A nosa horta" Guía: Ed. Xerais de Galicia
- Descriptores de IPGRI, de la UPOV(Unión Internacional para la Obtención de Vegetales y de la OEVV(Oficina Española de Variedades Vegetales)
- Larson, R.A. (ed.) 1992. “Introduction to floriculture”. Academic Press, San Diego, California.
- Lemaire, F. 1989. “Cultures en pots et en conteneurs: pricipes agronomiques et applications”. INRA Publications, Versailles.
- López,L e Castillo, J,E. 1987 "Nuevas tecnologías en cultivos en invernadero"ETSIA Cordoba. Universidad .
- Maroto,J.V. 1990 "Elementos de Horticultura especial" Ed. Mundi P. Madrid.
- Mainardi-Fzio, F. 1997"Los cultivos hidropónicos" De Vecchi, Barcelona.
- Martinez Caldevilla, E e García Lozano,M. 1993 "Cultivos sin suelo: hortalizas . Ed. Reus.
- Ramos,E. Rallo, L. . 1992" Nueva horticultura : Tecnología de los sistemas hotícolas" Ed. M.Prensa,Madrid
- Serrano Cermeño, Z. 1990" Técnicas de invernadero" S. Cerdeño , Sevilla.
- Serrano Cermeño, Z. 1990 "Protuario del horticultor" S. Cerdeño, Sevilla.
- Serrano Cermeño, Z. 1997 "Hortalizas en invernadero" E. Aedos, Barcelona.
- Serrano Cermeño, Z 1996 "Cultivo de hortaliza" Z. Serrano Cermeño, Sevilla.
- Sobrino, E e Sobrino, E. 1994 "Tratado de horticultura herbácea". Ed. Aedos, Barcelona.
Bibliografía Complementaria
- Accati, E, 1982. “La rosa. Techniche di produzione del fiore reciso”. Edagricole, Bologna.
- Alpi, A. y Tognioni, F. 1991. “Cultivo en invernadero”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
- Arbós, A.M. 1992. “El crisantemo. Cultivo, multiplicación y enfermedades”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
- Berninger, E. 1990. “Cultures florales de serres en zone mediterranèenne francaise: éléments climatiques et physiologiques”. INRA Publications, Versailles, Francia.
- Cadahía López, C. 1998. (ed.) “Fertirrigación: cultivos hortícolas y ornamentales”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
- FAO 1988. “Cultures protégées en climat mediterranéen”. FAO, Roma.
- FAO 1990. Soiless culture for horticultural crop production. FAO, Roma.
- Hartman, J.J. y Kester, E. 1987. “Propagación de plantas”. Compañía Editorial Continental, México.
- Jiménez, R. y Caballero, M. 1990. “El cultivo industrial de plantas de maceta”. Ediciones - Horticultura, Reus.
- MacMillan, P. 1990. “Guía práctica de la jardinería. La multiplicación de las plantas”. Folio, Barcelona.
- Rosauro, J. 1983. “El clavel para flor cortada”. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Madrid.
Soriano, J.M. 1990. “Manual práctico de flor cortada”. Ediciones Veinte, Valencia.
BASICAS E XERAIS
CG1- Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos de arrastrados no sector agrario nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
CG4 - Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
TRANSVERSAIS
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
CEG5 - Capacidade para a redacción e firma de estudos de explotacións agrícolas.
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras,
espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os
procesos de calidade, trazabilidade e certificación e as técnicas de mercadotecnia e comercialización de produtos alimentarios e plantas
cultivadas.
EA2- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas.
HJ1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da tecnoloxía da Produción Hortofrutícola
HJ2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases e tecnoloxía da propagación e produción
hortícola, frutícola e ornamental. Control de calidade de produtos hortofrutícolas. Comercialización.
HJ4- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría das áreas verdes, espazos deportivos e explotacións hortofrutícolas.
HJ5- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da obra civil, instalacións e infraestruturas das zonas verdes e áreas protexidas.
HJ8- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de material vexetal: produción, uso e mantemento.
- Docencia expositiva: Clases expositivas utilizando o encerado e medios audiovisuais. O profesor porá o material utilizado a disposición do alumnado na aula virtual (18 h). Competencias: CT5, CT10, CT11, CT12, CEG6, HJ1, HJ2, HJ1...HJ8
- Docencia interactiva de prácticas. Clases prácticas, que serán tanto no laboratorio, coma no invernadoiro e no campo de prácticas da Escola, onde se levará a cabo entre outras cousas a realización de viveiros, repicado, transplante e seguimento da fenoloxía de diferentes cultivos. Prácticas de campo: viaxes de prácticas a centros de investigación e experimentación e empresas relacionadas co sector. Prevense 2 viaxes, unha á zona norte de Galicia (Betanzos e bisbarra), e outro ao Sur: O Rosal, A Garda) (18 h). Competencias: CT5, CT6, CT7, CT11, CT12, EA2, HJ1, HJ8
- Titorías en grupo: resolución de dúbidas, problemas, casos prácticos, elaboración e exposición de traballos dos alumnos (3 h). As titorías poderán ser presenciais e "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
Para a realización de tutorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, pode realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams, correo electrónico ou Wasapp
- Será preciso aprobar conxuntamente as partes teórica e práctica da materia. alumnado repetidor, gardarase a nota da parte expositiva, ou a da docencia interactiva, no caso de que algunha delas estean aprobadas. A avaliación da teoría farase de forma continua, mediante a realización de traballos.
- Prácticas: será obrigatoria a asistencia á docencia das horas de prácticas, agás causa xustificada. Entre as prácticas, e tamén con carácter obrigatorio, inclúense as dúas viaxes, que contabilizan 4 e 8 h presenciais, respectivamente. Ademais o alumno/a deberá presentar memorias para determinar o nivel de aproveitamento das prácticas e viaxes.
- As proporcións en que conta cada parte, e as competencias que se avalían, son as seguintes:
Avaliación continua. Traballos (75 %):CG1, CG4,CT5, CT10, CT11, CT12, , CG5,CEG6, EA2, HJ1..HJ8
Asistencia e participación nas clases (10 %)
Memorias de prácticas e viaxes (15 %): CT5, CT7, CT10, CE8, CT11
- No caso de que se suspenda a materia e se repita, se hai algunha parte aprobada, esta gardarase para o curso seguinte.
- O sistema de avaliación na convocatoria extraordinaria é igual có da ordinaria.
As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia serán as PRÁCTICAS, VIAXE e TRABALLOS.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, e/ou plaxio, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
- Traballo presencial
o Clases expositivas (18 h)
o Clases interactivas (18 h)
o Titorías en grupo (3 horas)
o traballos (3 horas)
- Traballo non presencial (70,5 h)
o Estudio temas (37,5 h)
o Busca bibliografía e elaboración de traballos (25 h)
o Elaboración memorias de prácticas (8 h)
O alumno ou alumna terá que decidir o tempo que precisa segundo as súas necesidades, por tanto a temporización que se da no traballo presencial é meramente orientativa.
- Asistir á clase e levar a materia ao día.
- Estudo razoado (non memorístico) tratando de entender os conceptos, e de resolver dúbidas a medida que van xurdindo, facendo uso das titorías.
- Integración dos coñecementos adquiridos en materias que deberían ser previas ou complementarias.
- Intentar manter un contacto cos factores do ámbito relacionados coa materia: Relacionar os coñecementos adquiridos coas súas posibles aplicacións ao sector.
- Consulta da bibliografía recomendada
Benigno Ruiz Nogueiras
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- benigno.ruiz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade