Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: Clase Interactiva: 48 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento e capacidade de representación das superficies utilizadas na enxeñaría.
- Coñecemento e uso avanzado de ferramentas de CAD para a representación e resolución de problemas gráficos.
- Capacidade para proxectar superficies complexas asociadas ao deseño en enxeñaría.
- Capacidade para elaborar a documentación gráfica de proxectos da especialidade.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Prácticas de Xeometría Proxectiva
- Prácticas de representación de superficies
- Prácticas de modelado tridimensional
- Prácticas de resolución de problemas mediante cálculo gráfico
BLOQUE I – MODELADO TRIDIMENSIONAL. SÓLIDOS E SUPERFICIES
Introdución ao modelado 3D
Modelado de pezas. Sistemas de visualización do modelo.
Determinación de pezas complexas co emprego das ferramentas topológicas de volumes de sólidos. Fusión, unión, diferenza.
Representación de superficies. Intersección de Superficies.
Obtención de vistas normalizadas mediante CAD. Impresión das vistas dun modelo en 3D
Tempo presencial: 20 h laboratorio (10 horas prácticas e 10 horas traballo final)
BLOQUE II – RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MEDIANTE CÁLCULO GRÁFICO
Seccións e cortes mediante CAD
Distancias e verdadeira magnitude de superficies planas.
Tempo presencial: 20 h laboratorio (10 h prácticas e 10 h traballo final)
BLOQUE III – XEOMETRÍA PROYECTIVA
Homología. Afinidade. Aplicacións.
Uso das ferramentas de CAD 3D para a resolución de problemas tradicionalmente resoltos por Xeometría Proyectiva.
Tempo presencial: 8 h Campus virtual
Bibliografía básica
O gran libro de AutoCAD 2015. 2015. Barcelona: Marcombo
FERNÁNDEZ SAN ELÍAS, Gaspar. 2004. Vistas e visualización de formas. San Sebastián: Donostiarra.
ZURITA DE LA VEGA, Eduardo; TATO SÁNCHEZ DEL VALLE, Patricia E. 2014. Unidade Didáctica: Fundamentos de Homoloxía e Afinidade. Aplicacións. http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/815
TATO SÁNCHEZ DEL VALLE, Patricia E.; ZURITA DE LA VEGA, Eduardo. 2014. Unidade Didáctica: Superficies regradas. http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/812
Bibliografía de consulta
Freecad wiki: https://www.freecadweb.org/wiki/online_help_toc/es
REYES RODRÍGUEZ, Antonio Manuel. 2015. AutoCAD 2016: manual imprescindible. Madrid: Anaya Multimedia.
MONTAÑO DA CRUZ, F. 2014. Autocad 2015. Madrid: Anaya.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da Enxeñaría en xeral ou da Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais
CG3: Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías e o dote de versatilidade para adaptarse ás novas situacións.
CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial e na súa especialidade de Química Industrial.
CG6: Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial
CT10: Capacidade para a resolución de problemas (incluída na CG4)
CT12: Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída na CG3)
CT14: Demostrar razoamento crítico (incluída en CG4)
Competencias específicas
CE5: Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións
deseño asistido por computador.
- Prácticas na aula de informática
Realízanse nas aulas de informática e teñen por obxectivo a adquisición de destreza no uso das aplicacións informáticas de debuxo asistido por computador. A explicación dos contidos teóricos intégrase nas sesións de laboratorio. Os alumnos dispoñen dos enunciados das prácticas. Utilízase o campus virtual para a descarga de arquivos e o envío das prácticas resoltas. A cualificación destas prácticas conforma a compoñente C da cualificación por curso da materia.
As prácticas de laboratorio entréganse a través dos enlaces previstos na páxina da materia dentro do Campus Virtual. Só se avaliarán las prácticas entregadas durante a sesión práctica. En caso de que o alumno non poda asistir por unha causa debidamente xustificada, a profesora fixará con él un novo prazo de entrega.
Trabállanse as competencias CG3, CG4, CG6, CE5, CT1, CT2, CT10, CT12, CT14.
- Traballo de curso: realizaráse na aula nas horas de clase, utilizando as ferramentas e comandos vistos nas prácticas. O traballo siempre se realizará baixo a supervisión da profesora.
O trabajo entrégase a través do enlace previsto na páxina da materia dentro do Campus Virtual.
Trabállanse as competencias CG3, CG4, CG6, CE5, CT1, CT2, CT10, CT12, CT14.
- Emprego da aula virtual
O Campus Virtual complementa ás clases presenciais. A páxina da materia vaise actualizando a medida que avanza o programa reflectindo puntualmente os temas e actividades de cada sesión, con ligazóns aos materiais utilizados, que os alumnos poden descargar. Algúns dos temas poden impartirse co método de clase investida, e o estudante accederá aos materiais audiovisuais que deberá estudar antes da clase.
Os temas correspondentes á parte teórica estarán dispoñibles no Campus Virtual, ó igual que o test que será preceptivo facer e aprobar para que a materia estea superada.
- Titorías en grupo e individuais.
A avaliación componse nun 40% da avaliación do traballo desenvolvido durante o curso nas prácticas (compoñente C), nun 40% no resultado dun traballo final (compoñente F) e nun 20% correspondente ao examen test da parte teórica (T).
As prácticas realizaránse nas horas de clase, e deberán entregarse no Campus Virtual a través das ligazóns previstas para iso cada semana.
Avalíanse as competencias CG3, CG4, CG6, CE5, CT1, CT2, CT10, CT12, CT14.
O traballo final, de carácter obrigatorio, consistirá no deseño e modelado dun obxecto proposto, e realizaráse en horas de clase, contando sempre coa axuda da profesora. As bases do devandito traballo entregaranse durante o curso.
Avalíanse as competencias CG3, CG4, CG6, CE5, CT1, CT2, CT10, CT12, CT14.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O material de estudo e o test correspondente á parte de Xeometría Proxectiva, estarán dispoñibles no Campus Virtual. Avalíanse as competencias CG3, CG6, CE5, CT1, CT12.
CUALIFICACIÓN FINAL DO CURSO
A cualificación final da materia será CF = 0,40 x C + 0,40 x F + 0,2 x T
A materia estará suspensa se a cualificación dalgunha das partes é inferior a 3 puntos.
A materia estará aprobada si CF é maior o igual a 5 puntos.
As partes aprobadas gardaránse para a segunda oportunidade.
ASISTENCIA A CLASE
A asistencia ás clases, ben sexa presencial ou telemática, é necesaria para a aprendizaxe. Deberá constar a asistencia de, polo menos, o 80% das sesións prácticas de laboratorio para poder aprobar, tanto na convocatoria de primeira como na de segunda oportunidade. Para controlar a mesma, se as clases se imparten na aula de informática, o alumno terá que firmar nunha folla de firmas.
ASISTENCIA A CLASE DE ALUMNOS MATRICULADOS POR SEGUNDA VEZ
Os alumnos matriculados por segunda vez deben cumplir os mesmos requisitos que figuran no epígrafe anterior.
CONCILIACIÓN
Se un alumno non puidese cumplir co requisito de asistencia obrigatoria a clase por unha circunstancia especial, debidamente xustificada, deberá falar coa profesora para que se lle asigne un método de aprendizaxe alternativa. As prácticas deberán entregarse polo Campus Virtual, na tarefa creada para elo, no prazo proposto pola profesora.
A materia contempla 150 horas de dedicación, das que 51 destínanse a actividades presenciais e 99 a traballo autónomo do alumno.
En concreto:
6 créditos ECTS x 25 horas crédito = 150 horas de dedicación
48 horas interactivas + 3 horas de tutorías en grupo = 51 horas
150 - 51 = 99 horas de traballo autónomo
99 horas / 15 semanas do curso = 6,6 horas por semana
- A asistencia ás clases
- A realización dos exercicios propostos nos prazos indicados
- A asistencia puntual das tutorías individuais para a resolución de dúbidas ou para requirir material adicional que permita reforzar as partes que puidesen resultar máis difíciles
- A utilización dos materiais complementarios fornecidos a través do Campus Virtual
- A consulta frecuente da bibliografía básica recomendada
A materia impartiráse en castelán.
Adriana Conde Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Correo electrónico
- adriana.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA INFORMÁTICA 1 |
27.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 1 |
27.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 1 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |