Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Dispor de coñecementos básicos que permitan a adquisición doutros máis específicos dentro das áreas da Química. Saber correlacionar os conceptos aprendidos nas clases de teoría coa realización práctica.
A continuación móstranse os obxectivos xerais a alcanzar cursando esta materia:
• Recoñecer o papel da química como unha parte central en múltiples aplicacións e procesos en enxeñaría.
• Realizar observacións con conciencia do marco teórico e interpretativo que as dirixe; analizar a situación cualitativa e cuantitativamente; expor hipóteses e solucións utilizando os modelos adecuados.
• Destacar a estreita relación existente entre os contidos tratados e un gran número de aplicacións prácticas en procesos de carácter industrial.
Como obxectivos específicos da materia considéranse os seguintes:
o Desenvolver a capacidade para comprender os principios básicos da química e as súas aplicacións á enxeñaría.
o Adquirir coñecementos básicos dos equilibrios químicos homoxéneos e heteroxéneos.
o Comprender a natureza e comportamento dos sistemas electroquímicos.
o Familiarizar ao alumno coas técnicas básicas e as aplicacións dos equilibrios iónicos en disolución.
Tema 1. Introdución ao equilibrio químico
Tema 2. Equilibrio ácido-base I
Tema 3. Equilibrio ácido-base II
Tema 4. Equilibrio de solubilidade
Tema 5. Electroquímica e equilibrio
Prácticas de laboratorio: Preparación de disolucións. Volumetría ácido-base. Determinación do pKa dun ácido débil.
Texto de referencia
R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette: Química General, 11ª edición. Pearson Educación, Madrid 2017.
Complementarios:
R. Chang, J. Overby: Química, 13ª edición. Mc Graw Hill Interamericana; México 2020.
M. S. Silberberg: Química General. McGraw-Hill Interamericana, México 2002.
B. H. Mahan y R. J. Myers: Química, curso universitario. Addison-Wesley 1990.
W. L. Masterton y C. N. Hurley: Química. Thomson Editores Spain Paraninfo, Madrid 2004.
J. C. Kotz, P. M. Treichel: Química y Reactividad Química. Thomson, México 2003.
J. A. López Cancio: Problemas de Química. Prentice Hall, D.L., Madrid 2001.
Básicas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Xerais
CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Específicas
CE4 - Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
Transversais
-CT1: Capacidade de análise e síntese.
-CT4: Capacidade para traballar en equipo.
A) Clases maxistrais
Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). Usarase como base o texto de referencia recomendado. Para cada tema, os estudantes terán á súa disposición na aula virtual da materia as transparencias, figuras e esquemas que o profesor empregará nas súas clases. Ademais, proporase un boletín de exercicios co fin de aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas.
B) Seminarios
Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O estudante participa activamente nestas clases. As clases de seminario utilizaranse para a realización de probas de control co fin de poder facer un seguimento do grao de comprensión do alumno.
C) Prácticas
Traballase en parellas ou tríos. Nestas clases os estudantes adquiren as habilidades básicas propias dun laboratorio de química e consolidan os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O estudante disporá con antelación dos guións de todas as prácticas, a fin de que se prepare convenientemente antes de entrar no laboratorio. O estudante deberá acudir a cada sesión de prácticas coñecendo perfectamente a tarefa que ten que realizar. Para iso, debe ler atentamente o guión da práctica, consultar a bibliografía correspondente e preguntar as posibles dúbidas aos profesores. Ao finalizar as prácticas, deberá entregar o seu caderno de laboratorio contendo os resultados das medidas realizadas, así como unha serie de cuestións que se proporán en relación coas prácticas realizadas.
D) Titorías
Suporán para cada estudante 2 horas, segundo a programación previamente establecida e publicada. Estas clases utilizaranse para traballar algúns aspectos non específicos da materia (erros na medida, tratamento de datos, ou outros), pero que son fundamentais para a resolución de certas cuestións especialmente relacionadas co traballo a desenvolver nas prácticas.
ASISTENCIA:
É obrigatoria a asistencia ás prácticas e ás titorías previas ás prácticas, salvo causa excepcional debidamente xustificada. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e saúde, así como naqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE PRIMEIRA MATRÍCULA:
A cualificación de aprobado obterase cunha nota final de 5 sobre 10. A nota final do alumno, tanto na primeira como na segunda oportunidade, basearase na avaliación dos seguintes aspectos:
25% da nota final: avaliación continua baseada na participación nas clases, entrega de exercicios propostos, e nos controis que se realicen nos seminarios e titorías. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG3, CE4, CT1.
15% da nota final: avaliación das prácticas de laboratorio baseada na avaliación continua durante as prácticas, na calidade do caderno de laboratorio, e nunha serie de cuestións relacionadas con cada práctica que deben ser correctamente resoltas polo alumno. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB3, CB4, CG3, CG5, CE4, CT1, CT4.
60% da nota final: avaliación do exame final da materia con cuestións conceptuais e problemas. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame para poder aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CE4, CT1.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA OU POSTERIORES:
A nota final obterase de igual maneira que para o alumnado de primeira matrícula. A contribucións das prácticas conservarase no caso de que fosen aprobadas (5 sobre 10) nos dous cursos académicos inmediatamente anteriores ao actual e, en tal caso, non é obrigatoria a asistencia ás devanditas actividades. Se o alumno solicita ser avaliado de novo nestas partes, deberá cumprir as normas do alumnado de primeira matrícula e utilizarase a nova nota para o cálculo da nota final. En ningún caso se conservará a nota do exame final.
Os estudantes que, por pertencer ao plan de estudos anterior, non teñen dereito á docencia e non aprobaron as achegas de avaliación continua e/ou de prácticas, realizarán na data programada probas adicionais para avaliar estas achegas, que terán o mesmo peso que para o resto dos estudantes
O número de horas presenciais para esta materia ascende a 51 (sen contar exames), polo que alumno debería dedicar unhas 99 horas de traballo persoal, repartidas entre o estudo autónomo dedicado a afondar nos contidos teóricos e a aplicación destes contidos á resolución de problemas e cuestións. Así mesmo, parte deste tempo dedícase á preparación e resolución de cuestións asociadas ao traballo realizado nas prácticas.
Para cada unha das actividades estímanse os seguintes tempos de traballo persoal:
Clases maxistrais: 31 horas presenciais; 55 de traballo persoal.
Seminarios: 3 horas presenciais; 10 de traballo persoal.
Titorías: 2 horas presenciais, 2 de traballo persoal.
Prácticas: 15 horas presenciais, 12 de traballo persoal.
Exame final: 4 horas presenciais, 16 de traballo persoal.
• É importante manter o estudo da materia “ao día”.
• Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular e se é posible un esquema dos datos relevantes e a información buscada. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
• Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e solucións e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo (transparencias, enlaces web, etc.). Ademais, as actividades de entrega e avaliación continua xestionaranse por medio da aula virtual da materia.
As clases impártense en galego.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Enrique Manuel Cabaleiro Lago
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- caba.lago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jorge Antonio Carrazana Garcia
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824132
- Correo electrónico
- jorge.carrazana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Stella Hernández Faria De Moraes
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- stella.hernandez.faria [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
02.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
03.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |