Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introducir os/as estudantes na investigación e no estudo da lingua e lingüística inglesas, axudándolles a desenvolver competencias profesionais útiles para o seu futuro en diferentes ámbitos académicos ou de investigación. Os contidos deste curso facilitarán o proceso de realización de traballos académicos e do Traballo Fin de Mestrado.
1. Manexo da bibliografía e das fontes documentais para a investigación lingüística (revisións bibliográficas, elaboración de recensións, pescudas en bases de datos, catálogos bibliográficos e páxinas web, obras de referencia básicas para o estudo da lingua inglesa como gramáticas e dicionarios etc.).
2. Hipóteses e deseño da investigación (tipos de hipóteses, elaboración dunha proposta de investigación, métodos cuantitativos e cualitativos para a investigación lingüística).
3. Métodos de recompilación de datos lingüísticos e ética da investigación (métodos de investigación lingüística: corpus, introspección etc.; comportamento ético (consentimento dos informantes etc.).
4. Convencións na linguaxe académica (folla de estilo para lingüística; cita de referencias bibliográficas; uso da cursiva, glosas, exemplos etc.). Malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio etc.).
5. O traballo de investigación (resumo, estrutura, publicación etc.).
6. Presentación de traballos de investigación (preparación de diferentes modos de presentación da investigación: presentacións orais, pósters, handouts etc.).
-BÁSICA:
- Litosseliti, Lia (ed). 2010. Research methods in linguistics. London: Continuum.
COMPLEMENTARIA:
- Brown, James D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning. Cambridge: C.U.P.
- Brown, James D. & Theodore S. Rodgers. 2002. Doing Second Language Research. Oxford: O.U.P.
- Cottrell, Stella. 2008. The study skills handbook. Third edition. Basingstoke: Palgrave Macmillan.
- Gibaldi, Joseph. 2008. MLA style manual and guide to scholarly publishing. New York: Modern Language Association of America.
- Krug, Manfred & Julia Schlüter (eds.). 2013. Research methods in language variation and change. Cambridge: Cambridge University Press.
- Podesva, Robert J. & Devyani Sharma. 2013. Research methods in linguistics. Cambridge: Cambridge University Press.
- Sebba, Mark. 2000. Focusing on language. A student's guide to research planning, data collection, analysis and writing up. Lancaster: Definite Article Publications.
- Seliger, Herbert W. & Elana Shohamy. 1989. Second Language Research Methods. Oxford: O.U.P.
- Unified Style Sheet for Linguistics: http://linguistlist.org/pubs/tocs/JournalUnifiedStyleSheet2007.pdf
- Wray, Alison, Kate Trott & Aileen Bloomer. 1998. Projects in linguistics. A practical guide to researching language. London: Arnold. [Later editions also available.]
- Yáñez-Bouza, Nuria, in collaboration with Rob Drummond. 2011. Handbook of study skills. Manchester: Department of Linguistics and English Language.
BÁSICAS
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que los estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
XERAIS
G01 - Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G03 - Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 - Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G07 - Habilidades de consolidación e desenrolo da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
G09 - Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
G10 - Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos axeitados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
ESPECÍFICAS
E01 - Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
E02 - Coñecemento dos principais recursos, ferramentas e metodoloxías de investigación lingüística.
- Clases expositivas sobre métodos e recursos esenciais para a investigación lingüística.
- Clases interactivas/seminarios sobre os temas presentados nas clases expositivas. Algunhas tarefas poderán requirir traballo cooperativo en grupo.
- Emprego da plataforma virtual para a avaliación sumativa e formativa.
- Aprendizaxe autónomo por parte do estudantado, con tarefas de autocorrección a través da plataforma virtual.
- Empregaranse 'handouts' nas clases expositivas e de seminario.
1) Primeira oportunidade:
AVALIACIÓN CONTINUA:
- 15% Asistencia e participación activa nas sesións expositivas e de seminario. Lémbrase a obrigatoriedade da asistencia ás clases.(Competencias avaliadas: CB10, G1, G2, G5, G7, E2).
- 45% Exercicios (tests, preguntas curtas, exercicios de autocorrección, lecturas programadas, etc. que se entregarán a través da plataforma virtual) e presentacións en clase. (Competencias avaliadas: CB10, G1, G3, G4, G6, G7, G8, G9, G10, E1, E2).
- 40% Exame final (Competencias avaliadas: B6, B9, G1, G4, G6, G10, E1, E2).
2) Segunda oportunidade:
Os/as estudantes terán que repetir só aquelas partes da avaliación (por exemplo, exercicios e exame(s) escrito(s)) nas que non obtiveran un aprobado na primeira oportunidade.
3) Estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase:
50% Exercicios (por exemplo, tests, preguntas curtas, exercicios de autocorrección etc.), que se entregarán a través da plataforma virtual.
50% Exame escrito.
IMPORTANTE:
1) Todos os exercicios e probas realizaranse en inglés. A corrección no uso da lingua inglesa e das convencións formais é imprescindible, polo que a acumulación de erros gramaticais, ortográficos etc. será penalizada.
2)En caso de de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Número total de horas = 75
Horas de clases presenciais = 14
Horas de traballo en plataforma virtual = 10
Horas de traballo autónomo = 51
CLASES PRESENCIAIS Presencialidade 100%
Clases expositivas = Horas: 5.
Clases interactivas (seminarios, debates, exposicións). Horas: 7.
Titorías presenciais = Horas: 2.
PLATAFORMA VIRTUAL Presencialidade 0%
Participación en foros e debates. Horas: 4.
Actividades de control de lecturas. Horas: 4.
Tarefas de autoavaliación. Horas: 2.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO Presencialidade 0%
Estudio autónomo individual ou en grupo. Horas: 11.
Escritura de exercicios, artigos, conclusións ou outros traballos derivados da materia. Horas: 20.
ctividades en biblioteca, lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas. Horas: 20.
Ningunha.
1) Os/as estudantes deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula.
2) Así mesmo, deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.
3) Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coas profesoras deberán facelo utilizando a súa conta de correo da USC e, preferiblemente, por medio do Campus Virtual.
Susana Maria Doval Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811855
- Correo electrónico
- susanamaria.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elsa Maria Gonzalez Alvarez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811860
- Correo electrónico
- elsa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | D02-Aula de informática de docencia |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D02-Aula de informática de docencia |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | D02-Aula de informática de docencia |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D02-Aula de informática de docencia |
07.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D02-Aula de informática de docencia |
07.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D02-Aula de informática de docencia |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D02-Aula de informática de docencia |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D02-Aula de informática de docencia |