Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 284.5 Horas de Titorías: 12 Clase Interactiva: 3.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Guiar ao estudantado durante o proceso de elaboración e defensa oral do traballo.
Ofrecer ao estudantado a oportunidade de especializarse nunha determinada área dos Estudos Ingleses.
Preparar ao estudantado para a investigación autónoma a nivel de posgrao.
Os contidos estarán determinados segundo o tema, área e proxecto de investigación seleccionados polo estudante e o seu titor/a.
O/a titor/a proporcionará a bilbliografía segundo o tema elixido para a investigación.
Competencias (“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7 e 57-59: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que los estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
G09 - Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
G10 - Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos axeitados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
E01 - Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
E02 - Coñecemento dos principais recursos, ferramentas e metodoloxías de investigación lingüística.
E09 - Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E12 - Capacidade para comprender diferentes aproximacións teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono.
O/a estudante manterá reunións periódicas co seu supervisor/a nas que discutirán o tema do proxecto e a estrutura do mesmo, intercambiarán bibliografía e revisarán a evolución do traballo de investigación.
O traballo de investigación será avaliado por un tribunal académico, que estará formado por tres profesores que participan no título.
Entre outros, se terán en conta os seguintes aspectos:
-Contido
-Metodoloxía
-Estructura e estilo
-Presentación oral.
Competencias avaliadas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, G04, G05, G08, G09 G010. Dependendo da especialidade: E01, E02 ou E09, E12.
12 créditos ECTS correspondense aproximadamente cunhas 300 horas de traballo do estudante.
1) Planificación da investigación a realizar: 20 horas
2) Actividades de investigación levadas a cabo en presencia do tutor: 50 horas
3) Búsquedas e lecturas bibliográficas relacionadas coa investigación: 80 horas
4) Elaboración e redacción do traballo de investigación: 148 horas
5) Presentación e defensa do traballo de investigación: 2 horas
12 créditos ECTS correspondense aproximadamente cunhas 300 horas de traballo do estudante.
O proxecto de investigación ofrece ao estudante a posibilidade de elexir con flexibilidade tema e titor/a, dada a ampla e variada traxectoria do Departamento, e proporciónalle a oportunidade de especializarse nunha determinada área dos Estudos Ingleses. É ademáis, unh excelente oportunidade para preparar ao estudante para unha futura investigación a nivel de doutoramento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.