Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Explorar os paradigmas teórico-críticos sobre a poesía desde unha perspectiva contemporánea.
2. Analizar a relación entre as nocións de poesía e lírica, e as destas coas formas históricas que se lles asocian.
3. Contemplar os antagonismos sociais e políticos como obxecto de interese para os estudos literarios en xeral e para o estudo da poesía en particular.
4. Articular unha reflexión sobre a dimensión pública da produción poética e os procesos de subxectivación correlativos.
1. Poesía e lírica.
2. As formas do poético e as formas do lírico.
3. Narración, drama, poesía: propostas contemporáneas.
4. Enunciación e acontecemento poéticos.
5. Poesía e espazo público.
6. A postura de autor. As voces outras en poesía.
7. Presenzas do conflito social e político no poema: representación, suxeitos e antagonismo.
8. Arquivo e documento en poesía.
AGUIRRE-OTEIZA, Daniel, This Ghostly Poetry: History and Memory of Exiled Spanish Republican Poets, Toronto, University of Toronto Press, 2020.
BALTRUSCH, Burghard (coord.), Poesia e política na actualidade. Aproximações teóricas e práticas, Porto, Afrontamento, 2021.
BALTRUSCH, Burghard, e Isaac LOURIDO (eds.), Non-lyric Discourses in Contemporary Poetry, Múnic, Martin Meidenbauer, 2012.
CABO ASEGUINOLAZA, Fernando (ed.), Teorías sobre la lírica, Madrid, Arco Libros, 1999.
CASAS, Arturo, e Ben BOLLIG (eds.), Resistance and Emancipation: Cultural and Poetic Practices, Oxford, Peter Lang, 2011.
CID, Alba, e Isaac LOURIDO (eds.), La poesía actual en el espacio público, Villeurbanne, Éditions Orbis Tertius, 2015.
CULLER, Jonathan. Theory of the Lyric, Cambridge (MS), Harvard University Press, 2015.
FABRY, Geneviève, e Stéphanie VANASTEN (eds.), Poésie et espaces publics, Les Lettres romanes, 71 (3/4), 2017.
GARCÍA-TERESA, Alberto, El verso por asalto. Poesía, desobediencia y construcción antagonista, Ciempozuelos, Tierradenadie Ediciones, 2017.
GUERRERO, Gustavo, Teorías de la lírica, México, Fondo de Cultura Económica, 1998.
JACKSON, Virginia, Dickinson's Misery: A Theory of Lyric Reading, Princeton, Princeton University Press, 2013.
JOAS, Hans, e Wolfgang KNÖBL, Teoría social. Veinte lecciones introductorias, Tres Cantos, Akal, 2016.
SCANLON, Mara, e Chad ENGBERS (eds.), Poetry and Dialogism: Hearing Over, Basingstoke: Palgrave Macmillan, 2014.
THAIN Marion (ed.), The Lyric Poem: Formations and Transformations, Cambridge, Cambridge University Press, 2013.
WOLF, Werner, Theory into Poetry: New Approaches to the Lyric, Leiden, Brill, 2005.
1. Comprensión das claves fundamentais da teoría e crítica contemporánea da poesía.
2. Coñecemento da diversidade dos contextos existentes no ámbito poético.
3. Interpretación das creacións poéticas en relación coas súas formas e contextos de produción histórica.
4. Discernimento das posibilidades pragmáticas e enunciativas do discurso poético.
Traballo expositivo e interactivo, persoal e colectivo, na aula, baseado, fundamentalmente, nas lecturas concretas da bibliografía primaria proposta, e traballo persoal do alumnado sobre outras lecturas e outras actividades propostas.
Efectuarase a partir da continuidade no seguimento do curso e da participación activa e rigorosa no conxunto dos debates que se desenvolvan. Valorarase de maneira particular a incorporación de perspectivas innovadoras e orixinais, fundamentadas en lecturas e reflexións propias e na asimilación crítica da información fornecida polo profesorado. Cabe a posibilidade de que o estudantado realice exposicións. O valor destes factores —participación e exposicións— alcanzará o 30 % da cualificación final da materia e o resultado obterase da media das notas alcanzadas en cada un dos dous sectores do programa.
Ademais, cada estudante presentará un traballo académico individual (70% da cualificación final), ben referido a algún dos bloques do programa ben de carácter transversal, cunha extensión entre 2.000 e 2.500 palabras para o alumnado Crossways e entre 4.000 e 4.500 palabras para o alumnado MELC, incluídas xa neste cómputo a bibliografía e as notas a rodapé.
Cada alumno/a acordará a cal dos profesores da materia entregará ese traballo, que estará relacionado coa respectiva parte do programa da que se ocupase ese profesor. En todo caso, deberá tenderse a un reparto equilibrado dos traballos entre os profesores. A data límite de entrega do traballo fixarase oportunamente. O docente que reciba o traballo será quen propoña a cualificación para a alumna ou o alumno neste apartado, que suporá, segundo foi indicado, o 70% da nota da materia.
Todo o anterior é válido por igual para as dúas oportunidades de cada convocatoria. Á marxe do sinalado, os casos que presenten especificidades non mencionadas nesta programación serán sometidos ao criterio da comisión académica do Máster, que será quen, colexiadamente, fixe a norma oportuna de aplicación.
OBSERVACIÓN IMPORTANTE:
O profesorado resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios orais ou escritos de avaliación, que poderán ter incidencia na cualificación definitiva.
A avaliación para o alumnado con dispensa de docencia emitida polo Decanato consistirá nun exame (na data oficial marcada pola Facultade) que representará o 100% da avaliación da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O alumnado participará en 24 horas presenciais, expositivas e interactivas á vez, e realizará 75 horas totais de traballo.
Recoméndase unha disposición activa e ler coa anticipación necesaria a bibliografía básica mínima que se indica na programación e se complementará en clase.
No sitio http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado.html figura a información relativa ás titorías do profesorado da materia así como ao lugar en que estas se atenden.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
Arturo Casas Vales
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811870
- Correo electrónico
- arturo.casas [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Fernando Cabo Aseguinolaza
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811807
- Correo electrónico
- fernando.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | C03 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |