Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Reflexionar sobre a circulación cultural e as transferencias literarias e culturais que se producen nun sistema literario.
- Recoñecer e explorar os encontros e os procesos de intercambio en diferentes niveis (cultural, lingüístico, social etc.) e en diferentes espazos ou dimensións.
- Analizar en que medida estas transferencias contribúen á construción dunha identidade nacional ou supranacional.
- Amosar o papel dxs mediadores/as literarias e culturais, investigadoras, xornalistas, libreiras, editoras, tradutoras, dramaturgas, escritoras, intelectuais etc. e das súas producións literarias e/ou de cultura co obxectivo de ampliar as relacións literarias e culturais e iniciar novos diálogos culturais.
1. Literatura, reescritura e canon literario.
2. Recepción literaria e desenvolvemento dos sistemas literarios e culturais.
3. O papel da tradución.
4. Prácticas e análises de textos literarios e outros produtos culturais como exemplos de relacións, redes e procesos de intercambio cultural.
-Unhas semanas antes do comezo do curso facilitarase unha listaxe coas obras literarias e/ou fílmicas coas que se traballarán ao longo do seminario.
-Segundo os intereses, orixe e formación do alumnado, decidiranse posibles producións literarias ou fílmicas sobre as que traballar tanto na aula coma de xeito individual.
Azenha Junior, João (2010), “Transferência cultural em tradução: contextualização, desdobramentos, desafios”. En: Tradterm, 16, 37-66.
Bachmann-Medick, Doris (ed.) (1997), “Einleitung: Übersetzung als Repräsentation fremder Kulturen”. En: Doris Bachmann-Medick (ed.), Übersetzung als Repräsentation fremder Kulturen. Berlin: Verlag E. Schmidt, 1-18.
- (1999), “1+1=3? Interkulturelle Beziehungen als ‘Dritter Raum’”. En: Weimarer Beiträge, 45/4, 518-531.
- (2001), “Literatur – ein Vernetzungswerk. Kulturwissenschaftliche Analysen in der Literaturwissenschaft”. En: Heide Appelsmeyer / Elfriede BillmannMahecha (ed.), Kulturwissenschaft. Felder einer prozessorientierten wissenschaftlichen Praxis. Velbrück: Weilerswist.
Bassnett, Susan (2014), Translation. Londres: Routledge.
Baumbach, Sibylle / Michaelis, Beatrice / Nünning, Ansgar (eds.) (2012), Travelling Concepts, Metaphors and Narrative. Literary and Cultural Studies in a Age of Interdisciplinary Research. Trier: WVT Wissenschaftlicher.
Bourdieu, Pierre (2002), “Les conditions de la circulation internationale des idées”. En: Actes de la recherche en sciences sociales, 145.1, 3-8.
Chiellino, Carmine (ed.) (2000), Interkulturelle Literatur in Deutschland. Ein Handbuch. Stuttgart /Weimar, Metzler.
Espagne, Michel (2003),“Transferanalyse statt Vergleich. Interkulturalität in de sächsischen Regionalgeschichte”. En: Kaelble, H., Schriewer, J. (eds), Vergleich und Transfer: Komparatistik in den Sozial-, Geschichts- und Kulturwissenschaften. Frankfurt am Main, New York: Campus, 419-438.
- (2003), “Der Theoretische Stand der Kulturtransferforschung”. En: Schmale, W. (ed.), Kulturtransfer: Kulturelle Praxis Im 16. Jahrhundert. Wien: StudienVerlag, 63-75.
Even-Zohar, Itamar (1990), “Translation and Transfer”. En: Poetics Today, 11.1, 73-78.
Flusser, Vilém (2002), Writings, edición de Andreas Ströhl. Minneapolis; Londres: Univ. of Minnesotta Press.
Geisler, Eberhard (ed.) (2001), España y Alemania. Interrelaciones literarias. Madrid: Vervuert Iberoamericana.
Greenblatt, Stephen (1988), “Culture”. En: Frank Lentricchia / Tom McLaughlin (eds.), Critical Terms for Literary Study. Chicago: Univ. Of Chicago Press.
Guillory, John (1988), “Canon”. En: Frank Lentricchia / Tom McLaughlin (eds.), Critical Terms for Literary Study- Chicago: Univ. Of Chicago Press.
Gutjahr, Ortrud (2006), “Von der Nationalkultur zur Interkulturalität. Zur literarischen Semantisierung und Differenzbestimmung kollektiver Identitätskonstrukte”. En: M. Razbojnikova-Frateva / H.-G. Winter (ed.), Interkulturalität und Nationalkultur in der deutschsprachigen Literatur. Dresden: Eckhard Richter, 123-136.
Hermans, Theo (ed.) (1985), The Manipulation of Literature. Londres, Sydney: Croom Helm.
Heilbron, Johan (1999), “Towards a Sociology of Translation: Book Translations as a Cultural World System”. En: European Journal of Social Theory, 2.4, 429-444.
Iglesias Santos, Montserrat (1999), Teoría de los polisistemas, Madrid: Arco/Libros.
Jordan, Lothar / Kortländer, Bernd (eds.) (1995), Nationale Grenzen und internationaler Austausch. Studien zur Kultur- und Wissenschaftstransfer in Europa. Tübingen: Max Niemeyer.
Jurt, Joseph (1998), “Das Konzept des literarischen Feldes und die Internationalisierung der Literatur”. En: Horst Turk / Brigitte Schultze / Robert Simanowski (eds.), Kulturelle Grenzziehungen im Spiegel der Literaturen: Nationalismus, Regionalismus, Fundamentalismus. Göttingen: Wallstein, 84103.
Kaelble, Hartmut / Schriewer, Jürgen (eds.) (2003), Vergleich und Transfer: Komparatistik in den Sozial-, Geschichts- und Kulturwissenschaften. Frankfurt amMain, New York: Campus, 419-438.
Lambert, José (2002), “La traducción”. En: Angenot, M, Cross, E., et al.(eds.), Teoría Literaria, Buenos Aires: Siglo XXI Editores, 172-182.
Lefevere, Andre (1992), Translation, Rewriting and the Manipulation of Literary Fame. Londres: Routledge.
Lüsebrink, Hans-Jürgen (2005), Interkulturelle Kommunikation: Interaktion, Fremdwahrnehmung, Kulturtransfer. Stuttgart: Metzler.
Middell, Matthias (ed.) (2000), Kulturtransfer & Vergleich. Leipzig: Leipziger Universitäts-Verlag.
- (ed.) (2001), “Von der Wechselseitigkeit der Kulturen im Austausch. Das Konzept des Kulturtransfers in verschiedenen Forschungskontexten". En:
Andrea Langer (ed.). Metropolen und Kulturtransfer im 15./16. Jahrhundert. Prag, Krakau, Danzig, Wien, Stuttgart: Steiner, 15-51.
Mitterbauer, Helga (1999), “Kulturtransfer – ein vielschichtiges Beziehungsgeflecht”. En: Newsletter Moderne 2, 23-25.
- (2005). Ent-grenzte Räume. Kulturelle Transfers um 1900 und in der Gegenwart. Viena: Passagen.
- (2009), “Mittler und Medien. Reflexionen über zentrale Kategorien der Kulturtransferforschung”. En: Matjaz Birk (ed.). Zwischenräume. Kulturelle Transfers in deutschsprachigen Regional Periodika des Habsburgerreichs (1850-1918). Wien: Lit.
Neumann, Birgit / Nünning, Ansgar (eds.) (2012). Travelling Concepts for the Study of Culture. Berlin: De Gruyter.
Nünning, Ansgar / Nünning, Vera (2003), Konzepte der Kulturwissenschaften. Stuttgart, Weimar: Metzler.
Pearson, Mike (2010), Site-Specific Performance. Nueva York: Palgrave Macmillan.
Sanchis Sinisterra, José (2003), Dramaturgia de textos narrativos. Ciudad Real: Ñaque.
- (2010), Por una teatralidad menor y dramaturgia de la recepción. México: Paso de Gato.
- (2012), Narraturgia: dramaturgia de textos narrativos. México: Paso de Gato.
Sapiro, Gisèle (2003), “How Do Literary Works Cross Borders (or Not)? A Sociological Approach to World Literature”. En: Journal of World Literature, 1.1, 81-96.
Schöning, Udo (2006), “La internacionalidad de las literaturas nacionales. Observaciones sobre la problemática y propuestas para su estudio”. En Dolores Romero López (ed.). Naciones literarias. Barcelona: Anthropos 305-339.
Stockhorst, Stefanie (ed.) (2010), Cultural transfer through translation: The circulation of enlightened thought in Europe by means of translation.
Amsterdam, New York: Rodopi.
Thiesse, Anne-Marie (2018), “Comunidades imaginadas y literaturas”. En: Debats. Revista de cultura, poder y sociedad, 132 (2), 119-124.
Welsch, Wolfgang (2005), “Auf dem Weg zu transkulturellen Gesellschaften”. En: Lars Allolio-Näcke, Britta Kalscheuer, Arne Manzeschke (eds.), Differenzen anders denken. Bausteine zu einer Kulturtheorie der Transdifferenz. Frankfurt am Main, New York: Campus, 314-441.
Que o estudantado sexa capaz de coñecer e explicar as distintas transferencias literarias e culturais.
Capacidade para analizar as traducións literarias en relación coa literatura nacional que as produce así como para analizar aspectos da comunicación literaria e cultural supranacional.
Habilidade para recoñecer a función e o lugar da tradución no marco xeral dos estudos literarios e da cultura.
Capacidade para analizar diferentes prácticas de tradución como exemplos de transferencias literarias e culturais.
1. As clases presenciais combinarán, na medida do posible e en función do enunciado de cada tema, a exposición teórica e o traballo práctico. Nas sesións presenciais comentarase a bibliografía pertinente e daranse as orientacións correspondentes a cada un dos puntos que se vaian abordando.
2. Contémplase a intervención dos estudantes con breves exposicións sobre aspectos concretos que poidan ser obxecto de debate. Nalgunha ocasión poderanse proxectar e comentar vídeos, películas, documentais ou outros produtos culturais relevantes para o tratamento dos contidos da materia.
3. Procesos de aprendizaxe: a parte práctica da materia concíbese como consulta directa de fondos bibliográficos literarios e culturais que permita verificar as nocións teóricas e críticas adquiridas. Ademais, procurarase que os coñecementos se asimilen a partir do comentario literario e da análise da cultura.
A nota final da materia establecerase entre:
- A asistencia e participación activa nas diferentes actividades das sesións presenciais (30% da nota global):
10%: lectura e preparación dos textos que se propoñan para as distintas sesións
10%: entrega regular dalgunha(s) tarefa(s) breve(s)
10%: participación activa en clase e nos traballos en grupo
A asistencia é obrigatoria, e un número de ausencias sen xustificar que supere o 25% das horas de docencia implicará o suspenso final.
- Traballo final (70% da nota global):
10%: entrega dun breve resumo do proxecto de traballo final e dun esquema ou índice provisional do traballo
20% Presentación oral do que será o traballo final (sobre un dos temas do curso previamente pactado coas profesoras) e moderación do debate posterior a partir de preguntas ou tarefas nas que se implique aos/ás compañerxs.
40% Entrega do traballo final (extensión recomendada 8-10 páxinas, sen portada, índice e bibliografía).
- Para superar a materia o estudantado deberá aprobar todas as partes da avaliación.
O estudantado que non supere a materia na convocatoria de xaneiro será avaliado na segunda oportunidade de xuño/xullo mediante a realización dunha única proba escrita que suporá o 100% da nota final.
O exame final como único modo de avaliación aplicarase tamén ao alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
75 horas totais de traballo presenciais e non presenciais. Estas últimas dedicaranse principalmente ás lecturas e á preparación dos traballos/exposicións.
Total volume de traballo: 3 horas semanais, aproximadamente.
Recoméndase participar de xeito activo nas clases.
É conveniente realizar lecturas sobre a temática antes do comezo do curso.
Por último, é recomendable aproveitar as titorías para resolver dúbidas.
Rosa Marta Gomez Pato
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811839
- Correo electrónico
- gomez.pato [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Isabel García Adánez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura
- Correo electrónico
- isabel.garcia.adanez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | C04 |
20.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | B05 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | B05 |