Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Obxectivos Xerais:
1.1 Fomentar a comprensión crítica dos estudos ecocríticos no contexto das humanidades contemporáneas, proporcionando unha base sólida nas teorías fundamentais que configuran este campo interdisciplinario.
1.2 Promover a análise da relación entre literatura, cultura e natureza, investigando como os textos literarios e culturais construíron, representan e negocian as relacións co entorno natural e os desafíos ecolóxicos do século XXI.
1.3 Desenvolver unha perspectiva crítica global sobre a crise ecolóxica, recoñecendo as interconexións entre a ecoloxía, o poder e a xustiza social, e fomentando a reflexión sobre as implicacións éticas e políticas dos problemas medioambientais.
1.4 Iniciar ao alumnado na análise interdisciplinaria, que lles permita integrar enfoques de diferentes teorías críticas (fenomenoloxía, marxismo, feminismo, estudos culturais e poscolonialismo) aplicados ao estudo do medioambiente.
2. Obxectivos Específicos:
2.1 Estabelecer os fundamentos da ecocrítica, describindo as súas orixes, evolución e principais enfoques teóricos, así como a transición da ecocrítica desde o seu inicio até os seus desenvolvementos contemporáneos.
2.2 Explorar o concepto de natureza na literatura e na cultura, analizando como se interpretou e representou a natureza en distintos períodos históricos e desde diversas perspectivas culturais, filosóficas e literarias.
2.3 Aplicar teorías fenomenolóxicas e hermenéuticas na análise da percepción estética e ética do medioambiente nos textos literarios, profundando na relación corpo-natureza e na interpretación simbólica do mundo natural.
2.4 Examinar as dinámicas de poder e economía na ecocrítica marxista, analizando a relación entre o capitalismo, a explotación dos recursos naturais e os efectos da globalización no medioambiente.
2.5 Incorporar o ecofeminismo e a epistemoloxía do coidado no estudo da ecocrítica, desenvolvendo unha achega inclusiva que considere as interseccións entre xénero, poder e medioambiente, e abogue por unha ética da interdependencia.
2.6 Reflexionar sobre as implicacións do poscolonialismo na ecocrítica, identificando as formas nas que os procesos coloniais influíron na concepción da natureza e na explotación dos recursos, e recoñecendo a importancia dos saberes indíxenas e non occidentais na crítica ecolóxica.
2.7 Fomentar o pensamento crítico sobre as crises medioambientais globais, desenvolvendo habilidades para analizar, dende unha perspectiva literaria e cultural, as narrativas que contribúen á comprensión e resolución dos desafíos ecolóxicos nun mundo globalizado.
A ecocrítica, como achega transdisciplinaria no ámbito dos estudos literarios e culturais, mantén unha relación teórica estreita con diversas correntes críticas contemporáneas que enriquecen tanto a súa dimensión analítica como o seu alcance epistemolóxico. Dende as teorías fenomenolóxico-hermenéuticas, apropia unha concepción do mundo como horizonte vivido, onde a experiencia corporal do contorno e a interpretación simbólica da natureza constitúen elementos fundamentais na configuración do sentido ecolóxico. En diálogo coas teorías marxistas, a ecocrítica incorpora unha lectura materialista da crise ambiental, identificando nas lóxicas do capital globalizado —e na súa racionalidade extractiva— un factor central na degradación ecolóxica e na desigualdade socioambiental. Pola súa banda, as teorías feministas, e en particular o ecofeminismo, achegan unha crítica interseccional dos réximes de dominación que entrelazan a explotación dos corpos feminizados coa dos ecosistemas, abrindo así vías cara a unha ética dos coidados, da interdependencia e da xustiza ambiental. Os estudos culturais ofrecen ferramentas para analizar os discursos, narrativas e imaxinarios que median a nosa relación co non humano, permitindo problematizar as formas en que a cultura popular e os medios configuran sensibilidades ecolóxicas ou reproducen visións antropocéntricas. Finalmente, o pensamento poscolonial introduce unha crítica ao universalismo occidental de certos paradigmas ambientais, ao tempo que visibiliza a pegada do imperialismo ecolóxico e revaloriza saberes situados e cosmoloxías non hexemónicas. Deste xeito, a ecocrítica constitúese como un espazo de converxencia crítica dende o cal abordar os vínculos entre estética, poder e ecoloxía no contexto da crise planetaria contemporánea.
ACHEGAMENTO TEÓRICO
1. Que é a ecocrítica? Orixes, evolución e definicións do campo
2. Fenomenoloxía, hermenéutica e ética da percepción do mundo natural
3. Ecocrítica marxista e economía política da natureza
4. Ecofeminismo e epistemoloxías do coidado
5. Ecocrítica poscolonial e cosmopolíticas do mundo natural
ACHEGAMENTO APLICADO
1. Natureza e ecoloxía na poesía galega
2. A poesía sobre os encoros
3. A poesía do Prestige
4. Outras manifestacións de poesía ecolóxica
1.- Bibliografía básica
ACHEGAMENTO TEÓRICO
Albelda, José, José María Parreño e José Manuel Marrero Henríquez, eds. 2018. Humanidades ambientales. Pensamiento, arte y relatos para el Siglo de la Gran Prueba. Madrid: Los Libros de la Catarata.
Buell, Lawrence. 1995. The Environmental Imagination. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.
Chakrabarty, Dipesh. 2009. "The Climate of History: Four Theses". Critical Inquiry, 35.2: 197-222.
Flys Junquera, Carmen, José Manuel Marrero Henríquez e Julia Barella Vigal, eds 2010. Ecocríticas. Literatura y medio ambiente. Madrid: Iberoamericana.
Garrard, Greg. (2004) 2023. Ecocriticism. 3.ª ed. Londres/Nova York: Routledge.
Garrard, Greg. 2017. The Oxford Handbook of Ecocriticism. Oxford: Oxford University Press.
Glotfelty, Cheryll e Harold Fromm, eds. 1996. The Ecocriticism Reader. Landmarks in Literary Ecology. Athens: University of Georgia Press.
Heise, Ursula K. 2008. Sense of Place and Sense of Planet: The Environmental Imagination of the Global. Nova York: Oxford University Press.
Morton, Timothy. 2007. Ecology without Nature: Rethinking Environmental Aesthetics. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.
Nixon, Rob. 2011. Slow Violence and the Environmentalism of the Poor. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.
Salleh, Ariel. (1997) 2017. Ecofeminism as Politics: Nature, Marx, and the Postmodern. 2.ª ed. Londres: Bloomsbury.
ACHEGAMENTO APLICADO
Acuña Trabazo, Ana & María Xesús Nogueira (coords.). 2017. Corpos, territorios e resistencias. Os traballos das mulleres nas literaturas galega e irlandesa. Boletín Galego de Literatura 50.
http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/issue/view/320/showToc
Aleixandre, Marilar. 2017. Voces termando da paisaxe galega. A Coruña: Real Academia Galega.
Acuña Trabazo, Ana e María Xesús Nogueira Pereira. 2022. “Escrituras de terra e auga. Palabras e imaxes sobre a desposesión”, Abriu 11 (Monográfico “Ecocríticas: Palabras e imaxes”), https://revistes.ub.edu/index.php/Abriu/issue/view/2667.
Cochón, Iris 2001. “A década poética dos noventa: continuidade e mudanza”, in Literatura. Vol 4. A Literatura desde 1936 ata hoxe: Poesía e teatro. Dir. Darío Villanueva and Coord. Anxo Tarrío Varela. A Coruña: Hércules de Ediciones.
González, Helena. 2005. Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
López Sández, María. 2008. Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio. Vigo: Galaxia.
López Sández, María (2009), “A representación dos espazos rurais e urbanos na poesía galega actual: imaxinario territorial, localización e globalización”. Paper read at the 9th AIEG Conference in Santiago de Compostela, July 13-17, 2009.
Lourido, Isaac. 2024. “Todos somos necesarios e necesarias”: relações entre poesia e movimentos sociais através da coletânea Sempre mar. Cultura contra a burla negra. Abriu 13. 53-78. https://doi.org/10.1344/abriu2024.13.4.
Nogueira Pereira, María Xesús. 2003. “A poesía galega actual. Algunhas notas, necesariamente provisorias, para un estado da cuestión”. Madrygal 6: 85-97.
http://revistas.ucm.es/fll/11389664/articulos/MADR0303110085A.PDF
Nogueira Pereira, María Xesús. 2007. “A casa primeira. Achegamento ao tema da infancia nas voces femininas da poesía dos noventa”. En Helena González Fernández e María Xesús Lama López (coords.), Actas VII Congreso Internacional de Estudos Galegos: Mullereres en Galicia. Galicia e outros pobos da península”, Sada/Barcelona: Ediciós do Castro, AIEG, Universitat de Barcelona, pp. 235-252. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2943674
Nogueira Pereira, María Xesús. 2008. “Palabras de tierra para detener la marea. El paisaje en las poetas gallegas actuales”. En Manuela Palacios e Helena González (eds.), Palabras extremas. Escritoras gallegas e irlandesas actuales, col. Irish Studies Series, A Coruña: Netbiblo, pp. 3-13.
Nogueira Pereira, María Xesús. 2011. “Identidade, nación e compromiso na poesía galega do novo século”. En María Xesús Lama e María Xesús Nogueira (cords.), Poesía galega. Perspectivas críticas e comparadas. Boletín Galego de Literatura, nº 45, nº 45, 2011, 107-120. ISSN: 0214-9117.
http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/article/view/311/312
Nogueira Pereira, María Xesús. 2022. "Negar o azul. A poesía do Prestige na literatura galega". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 25.
Nogueira Pereira, María Xesús. 2022. "Seguirán falando os nomes a voces. Toponimia e ecopoesía na literatura galega". Estudos de Onomástica Galega VIII. A onomástica literaria. Real Academia Galega. https://doi.org/10.32766/rag.405.03
Nogueira Pereira, María Xesús. 2023: “Poesía, espolio e degradación medioambiental. Lecturas desde a ecocrítica e o ecofeminismo”, Atlánticas. Revista internacional de estudios feministas 8/1, pp. 17-51, https://doi.org/10.17979/arief.2023.8.1.9000.
Nogueira Pereira, María Xesús 2024. "Varados no mar os cetáceos e as palabras. Os animais na poesía do Prestige". En Belina, Michal; Dondelewski, Bartosz; Jackiewicz, Aleksandra (eds.), Abrindo rutas, expandindo camiños. Novas perspectivas nos estudos lingüísticos e literarios galegos. Warszawa: Wydawnictwa Uniwersytetu Warszawskiego, 268-284. http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/pl/legalcode
Palacios González, Manuela. 2005. “How green was my walley: the critique of the picturesque by Irish and Galician women poets”. Feminismo/s. N. 5 (jun. 2005). http://hdl.handle.net/10045/2925
Palacios González, Manuela & María Xesús Nogueira. 2014. “Endangered Landscapes: Poetic Interventions in Ireland and Galicia? En Contemporary Developments in Emergent Literatures and the New Europe. Eds. Domínguez, César y Manus O'Duibhir. Santiago: USC Editora, 185-205.
Palacios González, Manuela. 2023. "Vieiros literarios do ecofeminismo en Galicia e Irlanda". Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas 8, 1, 214-247. https://revistas.udc.es/index.php/ATL/article/view/arief.2023.8.1.8673/…
Payne, Keith, Shaughnessy, Lorna e Veiga, Martín (eds.). 2021. A Different Eden. Ecopoetry from Ireland and Galicia / Un Edén diferente. Ecopoesía de Irlanda e Galicia. Dublín: Dedalus Press.
VV. AA. 2003. Alma de Beiramar. A Asociación de Escritores en Lingua Galega contra a marea negra. Vigo: AELG / A Nosa Terra.
VV. AA. 2003. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. Santiago/A Coruña/Vigo: Federación de Libreiros de Galicia/Espiral Maior/Xerais.
VV.AA. 2003. SempreMar. Cultura contra a burla negra. Santiago: Plataforma contra a Burla Negra. Asociación Cultural Benito Soto.
VV.AA. 2023. 22 poemas contra o cambio climático. Santiago de Compostela: Concello de Santiago
2.- Bibliografía complementaria
Proporcionarase canda cada tema do programa.
1. Competencias xerais
1.1 Capacidade crítica e analítica: Desenvolver unha comprensión profunda e crítica das relacións entre literatura, cultura e natureza, recoñecendo as implicacións éticas e políticas do pensamento ecolóxico contemporáneo.
1.2 Integración interdisciplinaria: Aplicar enfoques interdisciplinarios á análise dos estudos ecocríticos, incorporando teorías de diversas áreas como a fenomenoloxía, o marxismo, o feminismo, os estudos culturais e o poscolonialismo.
1.3 Conciencia ecolóxica global: Promover unha visión global sobre a crise ecolóxica, comprendendo os efectos do cambio climático e os problemas ambientais desde unha perspectiva literaria e cultural.
1.4 Capacidade para xerar solucións innovadoras: Desenvolver propostas de investigación e reflexión que afronten os desafíos ecolóxicos do século XXI desde enfoques creativos e críticos.
2. Competencias transversais
2.1 Pensamento crítico e autónomo: Fomentar a capacidade de pensar de maneira crítica, independente e reflexiva sobre os textos literarios e culturais, así como sobre as problemáticas medioambientais globais.
2.2 Traballo en equipo e colaboración: Desenvolver habilidades de traballo en equipo para a investigación e discusión colaborativa sobre os temas tratados no programa, respectando a diversidade de enfoques e opinións.
2.3 Comunicación efectiva: Ser quen de comunicar ideas complexas de maneira clara e persuasiva, tanto de forma oral como escrita, no contexto académico e público.
2.4 Xestión da información: Adquirir habilidades para xestionar e organizar a información bibliográfica e teórica de xeito eficiente, aplicando ferramentas dixitais e recursos académicos na investigación.
3. Competencias específicas
3.1 Aplicación de teorías ecocríticas: Ser quen de aplicar as principais teorías e enfoques da ecocrítica (fenomenoloxía, marxismo, ecofeminismo, estudos culturais, poscolonialismo) á análise de textos literarios e culturais.
3.2 Análise da relación literatura-natureza: Desenvolver habilidades para analizar como os textos literarios representan, constrúen e negocian as relacións entre os seres humanos e o contorno natural.
3.3 Reflexión sobre as implicacións políticas e éticas da ecoloxía: Ser quen de identificar e reflexionar sobre as implicacións políticas, sociais e éticas das crises ecolóxicas, tendo en conta o contexto cultural e as desigualdades globais.
3.4 Investigación interdisciplinar: Desenvolver proxectos de investigación que integren as perspectivas de diferentes áreas do coñecemento para abordar os problemas ecolóxicos desde un enfoque global e interdisciplinar.
3.5 Desenvolvemento de propostas ecocríticas: Capacidade para formular propostas de intervención social e cultural baseadas nos principios da ecocrítica, desde a literatura ata as políticas ambientais.
3.6 Avaliación crítica de textos ecocríticos: Adquirir a competencia para avaliar e revisar criticamente os estudos ecocríticos existentes, cun enfoque na orixinalidade, relevancia e rigor académico.
As exposicións por parte dos profesores complementaranse con:
a) debates en seminarios
b) presentacións en grupo (tipo mesa redonda) seguidas de debate
c) traballo escrito
d) aplicacións en traballo de campo
e) aprendizaxe por proxecto/servizo.
Para todas as horas programadas (ou parte delas) o profesorado pode estipular que as sesións se conformen como unha "contorna analóxica", de xeito que non se poderá facer uso de ningún soporte dixital (portátiles, taboíñas, móbiles, etc.), agás as que precise o profesorado para a presentación de contidos. Unha contorna analóxica nun seminario de mestrado no ámbito dos estudos literarios e culturais ofrece diversas vantaxes relevantes:
1) Maior concentración e atención: Ao eliminar os dispositivos dixitais, redúcense as distraccións e foméntase unha escoita activa e profunda.
2) Lectura e escritura pausada: Poténciase a lectura atenta de textos impresos e a toma de notas a man, prácticas que favorecen a retención, a comprensión crítica e a reflexión pausada.
3) Interacción máis fluída: A comunicación presencial vólvese máis directa e espontánea, o que mellora a participación, o debate e a construción colectiva do coñecemento.
4) Ambiente deliberativo: Un espazo sen pantallas facilita unha atmosfera máis introspectiva, propicia para a discusión teórica e filosófica que requiren este tipo de seminarios.
5) Xesto de resistencia cultural e simbólica: No ámbito dos estudos culturais, a contorna analóxica pode funcionar tamén como un xesto crítico fronte ás dinámicas aceleradas do tecnocapitalismo e da infoxicación.ç
De contarse co apoio e aprobación necesarios, realizarase traballo de campo na Casa-Museo Manuel María e a súa contorna en Outeiro de Rei.
Hai un único sistema de avaliación, de tipo continua, que contempla dúas posibilidades na convocatoria ordinaria:
1.- De aprobarse a solicitude, participación no proxecto de Aprendizaxe por Servizo (ApS) asociada á materia (60% da cualificación final) e participación nas aulas (40% cualificación final) mediante informes orais e/ou escritos.
2.- De non ter éxito a solicitude do proxecto ApS, realización dun "xornal reflexivo" (60% da cualificación final) e participación nas aulas (40% cualificación final) mediante informes orais e/ou escritos.
Ao comezo da materia comunicarase cal de dous sistemas é de aplicación. Nun ou outro caso, a asistencia é preceptiva para superar a materia, cunha porcentaxe mínima de presencialidade do 90% para todas as horas programadas.
Na convocatoria de segunda oportunidade, seguiranse as mesmas pautas de avaliación que na primeira. O estudantado repetidor debe someterse ao réxime ordinario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e da revisión de cualificacións". O profesorado resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios, orais e escritos, de avaliación, que poderán ter a súa incidencia na cualificación.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá contactar co profesorado coa maior antelación posíbel co obxecto de proceder a unha traslación do sistema de avaliación a un sistema individualizado (titorías presenciais/virtuais, presentación e discusión de tarefas presenciais/virtuais, etc.).
A materia prevé un total de 20 horas presenciais máis 55 horas de traballo individual polo alumnado.
1) Traballar en grupo.
2) Preparar os seminarios seguindo as indicacións do profesorado.
3) Participar nos foros.
4) Consultar co profesorado a marcha das presentacións e do traballo escrito.
A lingua de docencia será galego e castelán, segundo escolla dos docentes. O estudantado poderá facer uso de calquera das linguas oficiais da USC nas súas intervencións orais e escritas. Cando non se conte con tradución ao galego/português e español das lecturas obxecto de discusión, farase uso de traducións ao inglés, francés e italiano, polo que o estudantado debe estar preparado para estes usos. Malia que o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018 esixe ao alumnado procedente de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español un nivel de lingua galega Celga II ou española B2, en canto mestrado de investigación en literatura e cultura ditos niveis son claramente insuficientes e aconséllase posuír niveis superiores.
O estudantado que non teña estudos previos en teoría literaria dos séculos XX e XXI deberá formarse con antelación ao inicio do seminario mediante a lectura de:
* Bonnici, Thomas e Lúcia Osana Zolin, eds. (2003) 2009. Teoria literária. Abordagens históricas e tendências contemporâneas. 3.ª ed. revisada e ampliada. Maringá: Eduem.
* Selden, Raman, Peter Widdowson e Peter Brooker. (2001) 2010. La teoría literaria contemporánea. Traducido por Juan Gabriel López Guix e Blanca Ribera de Madariaga. 7.ª impresión. Barcelona: Ariel. [Ou edición posterior a 2001]
É responsabilidade do alumnado que non conte coa devandita formación adquirila para acadar o nivel propio dun mestrado de investigación con especialización en estudos teóricos e comparados da literatura e a cultura, que esixe uns coñecementos básicos en teoría literaria dos séculos XX e XXI fornecidos polos graos filolóxicos.
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
Maria Xesus Nogueira Pereira
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cesar Pablo Dominguez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811801
- Correo electrónico
- cesar.dominguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C04 |