Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Partindo da importancia que ten para o Historiador un adecuado dominio das fontes de coñecemento (documentais, gráficas, literarias, etc.), como obxectivo xeral nesta asignatura pretendese ofrecer ao alumno información para o coñecemento e tratamento das fontes que poden servir de soporte a unha investigación sobre a temática deste máster.
Conseguir un coñecemento específico e amplo das Fontes para o estudo da Historia Moderna de España. En referencia ás Fontes Documentais pretendese coñecer os principais arquivos nacionais, rexionais e locais e os seus recursos en liña, así coma as bibliotecas.
Análise da función e dos usos deste tipo de Fontes nos distintos contextos da Monarquía de España na Idade Moderna.
1.-Os arquivos públicos e privados na actualidade: os procesos de patrimonialización de fondos documentais ou a conversión dos arquivos en depósitos da memoria pública ou colectiva.
2.- Os arquivos locais como pezas claves para a historia social (escribanías, xulgados, etc.).
3.- As fontes de natureza demográfica e as súas posibilidades para o estudo da historia social da poboación da época moderna.
4.- As fontes de natureza fiscal na investigación da realidade económica, familiar, social e de xénero da época moderna.
5.- As fontes de natureza notarial, as fontes de natureza xudicial e as fontes escritas na investigación histórica da época moderna.
AA.VV., La documentación notarial y la Historia, 2 vols, Santiago de Compostela, 1982.
AA.VV., El libro, las bibliotecas y los archivos en España a comienzos del tercer milenio, Madrid, Sociedad de Conmemoraciones Nuevo Milenio, 2002
AA.VV., Historia de los archivos y de la archivística en España, Valladolid, 1998
AA.VV., Los fondos históricos de los archivos españoles: actas de las primeras jornadas de archivos históricos en Granada, Granada, Junta de Andalucía, 1999.
AMALRIC, J.-P. Y PONSOT, P., L´explotation des grands domaines dans l´Espagne d´Ancien Régime, Paris, CNRS, 1985.
BURKE, P., La cultura popular en la Europa moderna, Madrid, Alianza Editorial, 1990.
CARRASCO MARTINEZ, A., El poder de la sangre: los Duques del Infantado, 1601-1841, Madrid, Actas, 2010
“Da demografía a historia social da poboación”. Monográfico da revista Obradoiro de Historia Moderna, nº 24, 2015 (http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/issue/view/279)
Di PIETRA; R. y LANDI, F., edrs., Clero, economia e contabilità in Europa Tra Medeoevo ed età contemporanea, Roma, Carocci Editore, 2007.
FARGE, A., Le goût de l'archive, Paris, Seuil, 1989.
FOUCAULT, M., Vigilar y castigar: el nacimiento de la prisión, Madrid, S. XXI, 2005.
GINZBURG, C., “Reflexiones sobre una hipótesis: el paradigma indiciario, veinticinco años después”, na revista Contrahistorias, 2007.
GRIBAUDI, M., Espaces, temporalités, stratifications. Exercices sur les réseaux sociaux, Paris, EHESS, 1998.
HEVIA BALLINA, A., Desamortización y exclaustración de los archivos de la iglesia (s. XIX), Oviedo, Asociación de Archiveros de la Iglesia de España, 2003
GOMEZ VOZMEDIANO, M., “Archivos nobiliarios españoles: pasado, presente y ¿futuro?: tipología documental e investigación modernista”, en Los señoríos en la Andalucía Moderna, Almería, Instituto de Estudios Almerienses, 2007.
LAGRANGE, H., La civilité à l'épreuve. Crime et sentiments d'insecurité, Paris, PUF, 1995.
LASLETT, P., Household and Family in Past Time. Cambridge U. P., 1978.
LANDI, F., Il parasido dei monaci. Acumulazione e dissoluzione dei patrimoni del clero regolare in età moderna, Roma, la Nuova Italia Scientifica, 1999
O´MALLEY J. W., S.J., Trent and All That: Renaming Catholicism in teh Early Modern Era, Cambridge (MA), Harvard University Press. 2000
SABEAN, D. W., Power in the blood. Popular culture & village discourse in Early Modern Germany, Cambirdge, Cambridge University Press, 2003.
SIMONTON, D., A history of European women’s work, 1700 to the present, Routledge, London.
Monográfico da revista Annales de Démographie Historique, « 50 ans de démographie historique. Bilan historiographique d’une discipline en renouvellement », 129, 2015-1.
Competencias xenéricas
-Reforzar as destrezas informáticas e, en xeral, as das novas tecnoloxías, na súa aplicación ó ámbito de estudo da Historia Moderna.
-Adquirir un coñecemento avanzado dos principais recursos bibliográficos das distintas áreas temáticas que engloba a "Monarquía de España".
-Reforzar a capacidade de análise e síntese así como desenrolar o razoamento crítico e as destrezas necesarias para a organización e planificación do material documental e bibliográfico do que pode dispoñer o historiador modernista.
-Potenciar a adquisición de aptitudes e destrezas que permitan ao alumno a formulación de xuizos e análises críticos sobre a "Monarquía de España", así como o deseño de plantexamentos referidos ao mesmo tema, que podan ser obxecto de investigación.
Competencias específicas
-Coñecer as principais fontes primarias para o estudo da Historia Moderna de España e especialmente no ámbito da «Monarquía de España».
-Introducirse nos aspectos teóricos e metodolóxicos iniciais relacionados con arquivística, bibliografía histórica e documentación relativa á Historia Moderna española.
-Elaborar adecuadamente unha metodoloxía científica propia da Historia, iniciándose na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión, na análise e interpretación das fontes documentais.
-Aprender a aplicar os instrumentos de recompilación de información tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivo, referencias electrónicas, á investigación e á catalogación de documentación e libros de arquivos e bibliotecas.
-Ser capaz de elaborar, organizar e desenrolar proxectos de investigación histórica e de documentación de arquivos e bibliotecas históricas referidas á «Monarquía de España.
-Ser capaz de traballar con información procedente de distintos soportes (manuscritos, impresos, pintura, escultura, arquitectura, etc.).
-Nas clases expositivas preténdese ofrecer ao alumnado información sobre as fontes arquivísticas relacionadas coa temática deste Máster, e sobre os procesos a través dos cales ditas fontes chegaron a converterse, na maioría dos casos, nun patrimonio público. Asimesmo búscase que o alumno chegue a coñecer a xénese dos arquivos, a súa organización interna e a súa tipoloxía documental, que hai que entender a partir da natureza e formas de expropiación dos patrimonios.
-As clases prácticas permitirán a adquisición de habilidades e posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal do alumnado.
O alumnado poderá facer uso, como complemento, a Aula virtual da asignatura.
Peso porcentual da actividade na valoración final da asignatura: 50 % actividade de avaliación; 50 % prácticas.
As horas de traballo autónomo correspóndense coas horas que o alumno debe empregar na realización dos traballos e actividades de avaliación da asignatura. Aqueles alumnos que non consigan a nota media igual ou superior a 5 poderán recuperar a materia de acordo co calendario académico.
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (en forma de lecturas e fixación do exposto en clase) de unhas dúas horas.
Paralelamente estimase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno debería empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
-Lectura da bibliografía xeral ou especializada que aporta o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se da con cada tema para obter unha visión máis completa da que é posible ofrecer nas clases teóricas.
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos modernistas.
-Aclarar con preguntas en clase, ou nas titorías, as dúbidas que podan xurdir durante o período de aprendizaxe, así como no transcurso da resolución dos casos prácticos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Pegerto Saavedra Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812615
- Correo electrónico
- pegerto.saavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Isidro Dubert García
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812617
- Correo electrónico
- isidro.dubert [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Historia da Arte |