Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 248.35 Horas de Titorías: 1.25 Clase Interactiva: 0.4 Total: 250
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
No caso dos arquivos, un programa integral de catalogación, descrición, restauración e difusión de distintos tipos de fondos que alberga a institución. No caso de bibliotecas, desenrolan tamén un programa de catalogación e descrición así como restauración, encadernación histórica; bancos de edición e imaxes e bases de datos especializadas en este tipo de fondos.
En ambos casos aprenden o uso das novas tecnoloxías aplicadas ás mencionadas actividades.
O Practicum consta de dúas partes: a primeira corresponde a unha fase informativa, na que os estudantes teñen coñecemento sobre os temas, métodos e técnicas do traballo práctico que van a realizar. A segunda, máis importante e fundamental, corresponde á Práctica propiamente dita, na cal non só se inclúe a fase de estadía no centro de destino, senón tamén á fase de reflexión na que o alumno elabora a súa memoria de prácticas.
Non se require.
*Competencias xenéricas:
-G1 Ser capaz de organizar, arquivar e planificar o material documental ¿manuscrito e impreso- e bibliográfico do que pode dispoñer o historiador modernista.
-G2 Saber transcribir, sintetizar e catalogar información histórica.
-G3 Ser capaz de usar as técnicas específicas necesarias para estudar documentos de determinados períodos (por exemplo, Paleografía ou Epigrafía).
-G4 Coñecer e aplicar con rigor aspectos teóricos e metodolóxicos relacionados coa arquivística, bibliografía histórica e documentación relativa á Historia Moderna.
-G5 Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares).
-G6 Que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de un xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
*Competencias específicas:
-CE1 Coñecer, a un nivel avanzado, os recursos bibliográficos e as fontes primarias para o estudio da Historia Moderna de España e, especialmente, no ámbito da Monarquía de España.
-CE2 Ser capaz de elaborar, organizar e desenrolar estudios avanzados de Historia e de documentación de arquivos e de bibliotecas históricas referidas á Monarquía de España.
-CE3 Analizar e interpretar a nivel avanzado documentos históricos dos séculos XVI-XVIII.
-CE4 Adaptarse a un entorno profesional, comprender a súa estrutura de funcionamento en toda a súa extensión.
______
O titor da entidade colaboradora realizará e remitirá ao titor/a académico da Universidade un informe final, ao final das prácticas, que recollerá o número de horas realizadas polo alumnado e no que poderán valorar os seguintes aspectos referidos, no seu caso, tanto as competencias xenéricas cómo ás específicas, previstas no correspondente proxecto formativo.
Unha vez transcorrida a metade do período de duración das prácticas, podería elaborarse un informe intermedio de seguimento.
O estudante elaborará e fará entrega ao titor/a académico da Universidade unha memoria final, ao final das prácticas.
O alumnado que non participe en algunha das sesións das PAE ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
-En base aos inputs establecidos na Guía Docente do Máster, a avaliación establecerase conforme ao seguinte: informe do titor profesional (40%); memoria final de prácticas –corrixida polo Titor Académico- (40%); avaliación continua sobre asistencia e participación en sesións presenciais (10%); avaliación sobre traballos prácticos, teóricos ou recensións (10%).
No plan de estudios actual do Máster das PAE desenrolanse no segundo cuadrimestre do último curso, con un total de créditos optativos ECTS de 10.
En cada un dos períodos os créditos distribuiénse en tres fases da seguinte maneira:
-Fase de preparación. O sentido curricular é conseguir que o/a estudante sexa consciente de habilidades, estratexias, ferramentas proporcionadas no el proceso global de formación nas diversas materias e reflexione sobre o seu emprego. Para iso asígnanse as seguintes horas:
01 créditos ECTS.
O alumnado que non participe nas sesións de preparación ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
-Fase de estadía. o seu sentido curricular é o de entrar en contacto directo coa institución para desenrolar as actividades que se establezan. Para iso asígnanse as seguintes horas:
07 créditos ECTS.
O alumnado que non participe nas prácticas ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
-Fase de reflexión. O sentido curricular é o de axudar ao alumnado a reflexionar sobre as situacións observadas nos centros, así como a súa propia actuación nas intervencións que realiza, facilitando instrumentos para a análise e a reflexión. Para iso asígnanse as seguintes horas:
02 créditos ECTS.
O alumnado que non participe nesta fase ou que falte ao 20% da mesma non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Estimase que as actividades presenciais, que inclúen a sesión informativa, as prácticas propiamente ditas e as titorías ao respecto sumarán un total aproximado de 200 horas; mentres que as 50 restantes correspóndense con actividades non presenciais relacionadas co traballo autónomo do alumno, máis concretamente coa realización da memoria de prácticas. En total suman unhas 250 horas.
_____
Véxase o Regulamento das PAE, en:
http://www.usc.es/export/sites/default/en/centros/xeohistoria/descargas