Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Este curso está concibido para ofrecer un estudo monográfico dalgúns temas actuais de gramática. Trátase dun curso avanzado de temática variable. Nesta edición o tema obxecto de estudo é o seguinte:
—As relacións gramaticais. Sintaxe, semántica e pragmática.
1. As relacións gramaticais.
1.1. Emerxencia da gramática e desenvolvemento das relacións gramaticais
1.2. Roles semánticos, funcións pragmáticas e ‘funcións’ sintácticas
2. Funcións figuradas: sobre o concepto de función sintáctica
2.1. O tratamento das funcións sintácticas nas gramáticas funcionais
2.2. A ‘función’ sintáctica como figura de expresión dos roles semánticos
2.3. A ‘función’ sintáctica como figura de expresión de funcións pragmáticas
2.4. Propiedades formais e propiedades funcionais nas relacións gramaticais
3. A categorización das relacións gramaticais
3.1. Categorías externamente discretas pero internamente continuas
3.2. Sobre a circularidade do espectro de categorías funcionais
3.3. Categorías centrais, categorías periféricas e fluxos de transferencia entre centro e periferia
Bibliografía básica:
-Cidrás, Francisco. 2012. “On the concept of syntactic function in a functional grammar”. Functions of Language 19:2, 147-173.
-Cidrás, Francisco 2015. "Sobre la categorización de las relaciones gramaticales”. Revista Internacional de Lingüística Iberoamericana 26 (XIII/2), 145-170.
Bibliograía complementaria:
-Butler, Christopher S. 2012. “Syntactic functions in Functional Discourse Grammar and Role and Reference Grammar: an evaluative comparison”. Language Sciences 34:4, 480-490.
-Croft, William & D. Alan Cruse. 2004. Cognitive linguistics. Cambridge, Cambridge University Press.
-Dik, Simon C. 1997. The Theory of Functional Grammar. Part 1: The Structure of the Clause. Berlín, Mouton de Gruyter.
-Dowty, David. 1991. “Thematic proto-roles and argument selection”. Language, 567:3, 547-619.
-Dryer, Matthew S. 1997. “Are grammatical relations universal?” In Joan Bybee, John Haiman & Sandra Thompson. Essays on language function and language type: Dedicated to T. Givón. Amsterdam, John Benjamins, 115-143.
-Farrel, Patrick. 2005. Grammatical relations. Oxford, Oxford University Press.
-García Miguel, José Mª. 1995. Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes. Santiago de Compostela, USC.
-García Miguel, José Mª & Gael Vaamonde. 2010. “Semantic role annotation: From verb-specific roles to generalized semantic roles” Interdisciplinary workshop on verbs. The identification an representarion of verb Features. Pisa.
-Halliday, M. A. K. 1985. An introduction to Functional Grammar. London, Edward Arnold.
-Palmer, Frank R. 1994. Grammatical roles and relations. Cambridge, Cambridge University Press.
-Primus, Beatrice. 1999. Cases and thematic roless. Tübingen, Niemeyer.
-Van Valin, Robert D. 2005. Exploring the syntax-semantics interface. Cambridge, Cambridge University Press.
-Van Valin, Robert D. & Randy LaPolla. 1997. Syntax. Structure, meanig and function. Cambridge, Cambridge University Press.
COMPETENCIAS BÁSICAS, XERAIS E TRANSVERSAIS
• Posesión e comprensión de coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas nun contexto de investigación (CB6)
• Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos (CB8)
• Capacidade para comunicar conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades (CB9)
• Habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo (CB10)
• Capacidade para adquirir coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos (CG1)
• Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo de los estudios lingüísticos, dada a súa utilidade na práctica profesional e investigadora (CG3)
• Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais (CG4)
• Capacidade dos estudantes para comprenderen las interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudio que integran el máster (CG5)
• Expresión correcta, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais de la comunidade autónoma (CT1)
• Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común (CT4)
• Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e la información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse (CT6)
• Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida (CT7)
• Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade (CT8)
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
• Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística (CE1)
• Capacidade para comprender la diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas (CE2)
• Capacidade para distinguir e aplicar adecuadamente os distintos métodos de investigación en lingüística (CE3)
• Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada (CE8)
• Coñecemento da vinculación entre as propiedades formais (sintácticas) e as propiedades funcionais (semántico-pragmáticas) das relaciones gramaticais.
• Coñecemento do interfaz entre a sintaxe, a semántica e a pragmática nun ámbito específico da gramática.
• Capacidade para realizar análises gramaticais e recensións críticas sobre textos especializados, no ámbito de estudio da materia.
• Realización de lecturas críticas e sínteses persoais a partir de obras gramaticais de referencia.
Os tipos de actividades que se realizarán son os seguintes:
• Clases expositivas e interactivas. Empregaranse para introducir conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, para traballar de forma aplicada algúns dos contidos expostos, para solucionar dúbidas e fixar coñecementos, así como para introducir de maneira práctica algúns conceptos do programa
• Titorías en grupo. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do/a alumno/a.
• Traballo tutelado. Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia.
• Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios... de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial.
• Lecturas. Ao longo do curso encargaranse lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais.
Nesta materia empregaranse recursos da aula virtual (Campus Virtual da USC).
ALUMNADO PRESENCIAL:
• Traballo tutelado: 55% da cualificación global
• Actividades de curso: 30% da cualificación global
• Asistencia e participación: 15% da cualificación global
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os alumnos/as que obteñan a dispensa de asistencia á clase pola Xunta do seu centro e a acrediten debidamente realizarán o traballo tutelado e, na medida do posible, as actividades do curso (agás as presenciais). Tamén deberán facer unha proba escrita final sobre os contidos teóricos da materia. Serán avaliados consonte o seguinte sistema:
• Traballo tutelado: 55% da cualificación global
• Actividades non presenciais: 20% da cualificación global
• Proba escrita: 25% da cualificación global
En ambos os casos, as porcentaxes indicadas son aplicables ás dúas oportunidades de avaliación.
NOTA:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
• Clases: 25 horas (15 Pres., 10 Non pres.)
• Traballo tutelado: 18 horas (Non pres.)
• Titorías en grupo: 7 horas (3,5 Pres., 3,5 Non pres.)
• Lecturas: 25 horas (Non pres.)
TOTAL: 75 horas
Francisco Antonio Cidrás Escáneo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811905
- Correo electrónico
- francisco.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | B03-Sala de videoconferencia |
27.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
27.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C03 |
02.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
02.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C03 |