Ir o contido principal

Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados

  • En tramitación
  • Nova oferta
Modalidade
Híbrida
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Enfermaría
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812033 (Conserxaría)
881812035 (Decanato)
enfermaria.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

Este máster ten como obxectivo a formación de profesionais que sexan capaces de actuar en situacións de emerxencias sanitarias e ambientais, de urxencias sanitarias e de proporcionar coidados de soporte especializados no ámbito das unidades de coidados críticos, ademais de capacitalos no ámbito da xestión sanitaria.

Duración: 1 ano académico
Número de ECTS: 60
Número prazas: 30

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data de publicación no BOE:
01/01/1900

Créditos que deberá cursar o estudante para obter a titulación:

Obrigatorios 22,5
Optativos 21
Prácticas Externas OB 9
Traballo Fin de Máster 7,5

Total ECTS 60

O estudantado debe cursar unha das seguintes especialidades:
- Especialidade Clínica
- Especialidade Xestión

Todo o estudantado ten que cursar o Módulo Común e deberá cursar o Traballo Fin de Máster. Ademais:
Se o estudantado cursa a especialidade Clínica deberá cursar os créditos desta especialidade (Urxencias, Emerxencias e Grandes Catástrofes; Manexo do Paciente Crítico e unha das materias con créditos optativos ordinarios ofertados).
Se o estudantado cursa a especialidade de Xestión deberá cursar os créditos desta especialidade (Xestión Sanitaria, Sistemas Sanitarios de Saúde, Economía da Saúde, Calidade Asistencial, Enfoques Docentes, e-Health).

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Créditos que deberá cursar o estudante para obter a titulación:

Obrigatorios 22,5
Optativos 21
Prácticas Externas OB 9
Traballo Fin de Máster 7,5

Total ECTS 60

Cada alumno do posgrao terá asignado un titor no ámbito da docencia clínica e teórica que realizará o seguimento do alumno/a con titorías personalizadas. Ao alumno/a proporcionaránselle todos os instrumentos TIC para o seguimento e aprendizaxe autónomo.

Acceso

Titulacións de Acceso:
Licenciatura/Grao en Medicina
Diplomatura/Grao en Enfermaría

Admisión

Atendendo ás modalidades de admisión e matricula establecidas pola USC a modalidade deste máster será máster con criterios xerais de selección. De acordo con esta modalidade as solicitudes ordenaranse co mesmo orde de prelación segundo a nota media do expediente académico

Acceso a Másteres

Principais obxectivos formativos do título:
- Desenvolver competencias e habilidades para o traballo interdisciplinar tendo en conta o carácter específico do ámbito da atención e xestión sanitaria na que se integran coñecementos propios da enfermería, a medicina, o dereito, a economía, etc
- Incentivar o desenvolvemento de habilidades de investigación, innovación e transferencia do coñecemento, en resposta ao cambio tanto no modelo actual de atención sanitaria como nas demandas e necesidades da poboación.
- En base aos devanditos aspectos cremos que é posible contribuír no ámbito da atención e a xestión sanitaria á innovación de:
a) produto (servizos aos usuarios novos ou mellorados)
b) de proceso (adopción de métodos ou procedementos mellorados de forma significativa ou mellora continua)
c) organizativo (novas formas de organización e xestión co obxecto de mellorar a produtividade, eficiencia e calidade dos servizos de atención sanitaria)
d) de mercado (posicionamento estratéxico do produto ou servizo, incrementando a súa visibilidade, promovendo a diferenciación e comprendendo mellor o seu alcance e impacto)

Obxectivos formativos de mencións ou especialidades:
- Especialidade Clínica: Formar profesionais con competencias e habilidades para actuar en situacións de emerxencias e de urxencias sanitarias e, de proporcionar coidados e soporte especializados no ámbito das unidades de coidados críticos.
- Especialidade de Xestión: Formar profesionais con competencias e habilidades para interpretar as dinámicas e paradigmas implicados na transformación da xestión sanitaria e desenvolver estratexias máis innovadoras, baseadas na calidade e a atención centrada no/a usuario/a, que aborden os desafíos organizacionais.

Mobilidade

Procedementos para a organización da mobilidade dos estudantes propios e de acollida Na USC, a mobilidade de estudantes propios e de acollida está regulada por:

- -Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes da USC (dispoñible en: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/alumnado
- -Mobilidade de estudantes Facultade de Enfermería (dispoñible en https://www.usc.gal/es/centro/facultad-enfermeria/movilidad
- No proceso de desenvolvemento das ensinanzas establecido no SGIC do Centro desenvólvese o procedemento para a organización da mobilidade.
- -Desde o Máster de Atención Sanitaria, Xestión e Coidados promoverase a mobilidade de estudantes atendendo ás convocatorias de mobilidade establecidas na USC.
- As actuacións de mobilidade propias do centro recóllense en https://www.usc.gal/es/centro/facultad-enfermeria/movilidad
- Actualmente o máster ten acordos ERASMUS+K107 da USC para países extracomunitarios (https://www.usc.gal/es/node/45513 )

Prácticas

As prácticas externas corresponden á materia de prácticas externas, OB do módulo común (9 créditos) e prácticas externas OPV á especialidade clínica (9 créditos).

O TFM realizarase no marco unha liña de investigación en relación coas materias do título. O TFM ten como obxectivo desenvolver un traballo de investigación, revisión bibliográfica ou un proxecto de intervención a través da integración dos coñecementos e habilidades adquiridos durante o Máster e debe ser un traballo orixinal e inédito.
A información relativa a el publícase na páxina web da Facultade de Enfermaría (https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-enfermaria/tfm ) e a través do campus virtual.

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2025.