Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Describir os compoñentes do sistema inmunitario, as súas interaccións e a súa función.
- Analizar a resposta inmunitaria fronte a patóxenos.
- Comprender os cambios que se producen nas enfermidades inmunitarias, en transplantes e nos tumores.
- Comprender e comparar a resposta inmunitaria nos diferentes compartimentos e compoñentes do ollo, e a súa regulación durante a inflamación e a infección.
- Identificar a técnicas máis axeitadas para avaliar a resposta inmunitaria.
Programa de clases teóricas (9 h).
TEMA 1.- Células e órganos do sistema inmunitario.
TEMA 2.- Inmunidade innata. Células e moléculas que median a inmunidade innata. Actividade NK. Mediadores solubles. Sistema do complemento e a súa regulación. Resposta inflamatoria.
TEMA 3.- Inmunidade adaptativa. Células e moléculas que median a inmunidade adaptativa. Tipos, desenvolvemento, supervivencia de linfocitos e recoñecemento antixénico.
TEMA 4.- Procesamento e recoñecemento antixénico. O complexo maior de histocompatibilidade (MHC).
TEMA 5.- Mecanismos efectores da inmunidade celular e humoral. Inmunidade mediada por células T. As células B e a xeración de anticorpos.
TEMA 6.- Inmunidade de mucosas. Resposta á infección e regulación.
TEMA 7.- Enfermidades de base inmunolóxica. Autoinmunidade. Hipersensibilidade. Transplantes. Inmunidade antitumoral.
TEMA 8.- Manipulación da resposta inmunitaria.
TEMA 9.- Visión xeral da resposta inmunitaria ocular. Inmunidade da mucosa. Inmunidade mediada por células T. Inmunidade innata no ollo. As bágoas, a superficie ocular e a resposta inmunitaria. O papel do sistema do complemento na resposta inmunitaria ocular. Privilexio inmune ocular. A resposta inflamatoria no ollo. Mecanismos de hipersensibilidade ocular. Autoinmunidade ocular. Técnicas de diagnóstico e investigación en inmunoloxía ocular.
Seminarios (14 horas).
Preparación da materia de cada seminario por parte do alumnado. O profesorado explicará os conceptos básicos e resolverá as dúbidas que lle poideran xurdir ao alumnado na preparación dos contidos dos seminarios. O alumnado terá que responder preguntas sobre eses contidos.
Titoría (1 hora).
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas do alumnado en relación coa mesma.
Libro recomendado para a preparación das clases teóricas
Inmunología básica. (2024). Abbas , A.K.; Lichtman, A.H.; Pillai, S. 7ª edición. Editorial Elsevier. ISBN: 9788413826578. Barcelona: Elsevier Saunders. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Libros complementarios
Abbas, A. K. et al. (2022). Inmunología celular y molecular. 10ª edición. Barcelona: Elsevier Saunders.
Dartt, D.A. et al. (2011). Immunology, Inflammation and Diseases of the Eye. San Diego, CA: Academic Press.
Delves P. J. et al. (2014). Roitt. Inmunología. Fundamentos. 12ª ed. Buenos Aires : Editorial Médica Panamericana.
Rojas Espinosa, O. (2017). Inmunología: (de memoria). 4ª ed. Buenos Aires; Madrid : Editorial Médica Panamericana.
Revisións sobre inmunoloxía ocular
Caspi, R.R. (2010). A look at autoimmunity and inflammation in the eye. J Clin Invest. 120: 3073-3083.
Caspi, R.R. (2013). In this issue: Immunology of the eye-inside and out. Int Rev Immunol. 32: 1-3.
de Paiva C.S., Leger A.J., Caspi, R.R. (2022). Mucosal immunology of the ocular surface. Mucosal Immunol. 15(6): 1143-1157. Doi: 10.1038/s41385-022-00551-6.
Forrester, J.V., Xu, H. (2012). Good news-bad news: the Yin and Yang of immune privilege in the eye. Front Immunol. 27: 338.
Knopa, R., Knopb, N. (2007). Anatomy and immunology of the ocular ourface. En "Immune Response and the Eye". Eds. Niederkorn JY, Kaplan HJ. Chem Immunol Allergy. Basel, Karger. pp. 36–49.
La Rosa, M., Lionetti, E., Reibaldi, M., Russo, A., Longo, A., Leonardi, S., Tomarchio, S., Avitabile, T., Reibaldi, A. (2013). Allergic conjunctivitis: a comprehensive review of the literature. Ital J Pediatr. 39: 18.
Mochizuki, M. (2010). Regional immunity of the eye. Acta Ophthalmol. 88: 292–299.
Mochizuki, M., Sugita, S., Kamoi, K. (2013). Immunological homeostasis of the eye. Prog Ret Eye Res. 33: 10e27.
Niederkorn, J.Y. (2011). Cornea: Window to Ocular Immunology. Curr Immunol Rev. 7: 328-335.
Niedźwiedzka-Rystwej, P., Deptuła, J., Deptuła, J. (2012). Immunology of the eye – selected data. Centr Eur J Immunol 37: 71-74.
O’Sullivan, N., Montgomery, P.C. (2015). Ocular Mucosal Immunity. En "Mucosal Immunity", 4ª ed. Editores: Jiri Mestecky Warren Strober Michael Russell Hilde Cheroutre Bart N. Lambrecht Brian Kelsall. Londress: Academic Press. pp. 1873-1897.
Perez, V.L., Saeed, A.M., Tan, Y., Urbieta, M., Cruz-Guilloty, F. (2013). The eye: A window to the soul of the immune system. J Autoimmun. 45: 7-14.
Stein-Streilein, J. (2008). Immune regulation and the eye. Trends Immunol. 29: 548-54.
Taylor, A.W. (2016). Ocular immune privilege and transplantation. Front Immunol. 7:37. eCollection 2016.
Taylor, A.W., (2018). Negative regulators that mediate ocular immune privilege. J Leukoc Biol. Feb 12. doi: 10.1002/JLB.3MIR0817-337R.
Taylor AW, Hsu S, Ng TF. (2021). The Role of Retinal Pigment Epithelial Cells in Regulation of Macrophages/Microglial Cells in Retinal Immunobiology. Front Immunol. 12: 724601.
Zarei-Ghanavati, M., Liu, C. (2017). Aspects of Corneal Transplant Immunology. J Ophthalmic Vis Res. 12: 249-250.
Competencias básicas
CG3 - Adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación no campo da Optometría.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de conceptos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB10- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias tranversais
CT1 - Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos, e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 - Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 - Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
CT4 - Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
CT5 - Capacidade de reflexión desde diversas perspectivas do coñecemento.
Competencias específicas
CE3 - Aplicar os coñecementos do campo da Inmunoloxía a calquera estudo en Optometría, deseñando experimentos e empregando as técnicas e ferramentas máis avanzadas.
CE7 - Adquirir coñecementos e habilidades desde distintas perspectivas do coñecemento das ciencias da visión.
- Clases teóricas (non presenciais). Na USC virtual incluirase información detallada sobre os conceptos teóricos que é necesario coñecer para aprobar a materia. Ao comezo do curso remitiráselle ao alumnado un plan de traballo onde se indicará a materia a preparar para cada seminario e a bibliografía usada.
- Seminarios obrigatorios presenciais. O profesorado explicará os conceptos básicos e resolverá as dúbidas que lle poideran xurdir ao alumnado na preparación dos contidos dos seminarios. O alumnado terá que responder preguntas sobre os contidos da inmunoloxía básica e explicaránse os contidos sobre inmunoloxía ocular.
- Titoría. Explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas do alumnado en relación coa mesma.
- O alumnado debe superar un exame dos contidos do temario que representará o 65% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: CG3, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT2, CT3, CT4, CT5, CE3, C37.
- O alumnado debe realizar obrigatoriamente os seminarios que suporán o 35% da nota final. No seminarios en que se traten os contidos da inmunoloxía básica, o alumnado terá que responder preguntas sobre eses contidos.
Competencias avaliadas: CG3, CB6, CB7, CB8, CB95, CB10, CT1, CT2, CT5, CE3, C37.
- Unha vez superado o exame dos contidos do temario sumaráse a cualificación obtida nos seminarios.
- O alumnado repetidor non terá que facer os seminarios se xa os realizaron nos anos anteriores (consérvase a nota obtida). Aínda que repetirá os seminarios se así o considera, podendo superar (ou baixar) a nota que xa tiña.
- Teoría: 30 horas de traballo persoal.
- Seminarios: 14 horas presenciais e 28 horas de traballo persoal.
- Titoría: 1 hora.
- Realización de exames: 2 horas presenciais.
- Total de horas de traballo presencial: 17 horas.
- Total de horas de traballo persoal: 58 horas.
- Tempo total dedicado á materia: 75 horas.
- Estudo dos contidos suministrados polo profesorado e estudo polo libro recomendado. É necesario coñecer a teoría sobre inmunoloxía xeral, correspondente a cada seminario, antes da realización dos mesmos, xa que o alumnado terá que responder preguntas sobre eses contidos.
- Estudo e revisión semanal da materia.
- Preparación dos seminarios propostos previamente á clase presencial.
- Aclaración co profesorado de posibles dúbidas (mediante correo electrónico ou mediante unha titoría).
- Repaso para o exame final.
Esta materia terá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Manuel Noia Guldrís
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Lamas Fernandez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816951
- Correo electrónico
- jesus.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 5 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
09.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |