Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer políticas e modos de gobernanza da sustentabilidade nos entornos urbano e rural.
-Adquisición de coñecementos sobre o contido e sucesivas reformas da Política Agraria Común da Unión Europea, dentro dunha análise comparada das políticas agrarias nos países da OCDE.
-Coñecementos sobre a evolución e contido actual da política de desenvolvemento rural da Unión Europea e a forma na que esta se programa e aplica na práctica.
-Coñecementos sobre a progresiva introdución da dimensión ambiental na PAC.
-Familiarizar ao alumnado coas principais normas e medidas relacionadas coa sustentabilidade e a economía circular na actual PAC.
-Capacitación dos/as estudantes para elaborar as súas propias análises sobre a forma en que a sustentabilidade e a economía circular están incorporadas nos instrumentos da PAC e na súa aplicación nos diferentes países da UE.
TEMA I. POLÍTICAS AGRARIAS NOS PAÍSES CAPITALISTAS DESENVOLVIDOS. A POLÍTICA AGRARIA COMÚN DA UNIÓN EUROPEA E AS SÚAS REFORMAS ATÉ 2013
1. As políticas agrarias: xustificación teórica, obxectivos e instrumentos
2. Notas introdutorias sobre a Política Agraria Común da UE
3. O modelo inicial da PAC: a PAC clásica (1960-1980)
4. Políticas agrarias nos países da OCDE; evolución do nivel e dos modelos de apoio á agricultura nas últimas décadas
5. Crise da PAC clásica e sucesivas reformas aprobadas desde a década de 1980; orientacións xerais e principais etapas
TEMA II. A POLÍTICA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DA UNIÓN EUROPEA; CONFIGURACIÓN INICIAL E EVOLUCIÓN ATÉ 2013
1. O alcance da política de desenvolvemento rural da UE; acotacións iniciais
2. Visión sintética da evolución da política europea de desenvolvemento rural (1964-2013)
TEMA III. A PROGRESIVA INCORPORACIÓN DA DIMENSIÓN AMBIENTAL NA PAC; REFLEXO NAS AXUDAS DIRECTAS AOS AGRICULTORES E NAS MEDIDAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL
TEMA IV. A PAC VIXENTE NOS ANOS RECENTES E AS CUESTIÓNS AMBIENTAIS: MEDIDAS DE MERCADO, AXUDAS DIRECTAS E POLÍTICA DE DESENVOLVEMENTO RURAL NO PERÍODO 2014-2022
1. Notas básicas sobre a PAC 2014-2020
2. Medidas de mercado
3. Novo modelo de axudas directas do primeiro pilar da PAC; o Pago Verde
4. Política de desenvolvemento rural no período 2014-2020: estrutura xeral e papel das medidas ambientais
TEMA V. A NOVA REFORMA DA PAC PARA O PERÍODO 2023-2027: CONTIDO E PRINCIPAIS NOVIDADES
TEMA VI. PACTO VERDE, ESTRATEXIA DA GRANXA Á MESA E ARQUITECTURA AMBIENTAL DA PAC 2023-2027: CONDICIONALIDADE REFORZADA, ECO-REXIMES E MEDIDAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Arnalte, E. et al. (1998): El desarrollo rural: políticas aplicadas situación actual del debate y perspectivas del futuro a nivel europeo. Working Document, AGRI-106, Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo.
Bardají, I. (coord.) (2014): Reflexiones en torno a la PAC. Cajamar Caja Rural, Almería. https://www.publicacionescajamar.es/series-tematicas/economia/reflexion…
Barreiro-Hurle, J., Bogonos, M., Himics, M., Hristov, J., Pérez-Domiguez, I., Sahoo, A., Salputra, G., Weiss, F., Baldoni, E., Elleby, C. (2021): Modelling environmental and climate ambition in the agricultural sector with the CAPRI model. Exploring the potential effects of selected Farm to Fork and Biodiversity strategies targets in the framework of the 2030 Climate targets and the post 2020 Common Agricultural Policy. Publications Office of the European Union, Luxembourg. https://publications.jrc.ec.europa.eu/repository/handle/JRC121368
Bureau, D.; Mahé, L. (2008): CAP Reform Beyond 2013: An Idea for a Longer View. Notre Europe, Studies & Research, nº 64. https://institutdelors.eu/wp-content/uploads/2018/01/capreformbeyond201…
Butault, J.P. et al (2012): Comparative analysis of agricultural support within the major agricultural trading nations, Policy Department Structural and Cohesion Policies. European Parliament, Bruxelas.
https://www.europarl.europa.eu/RegData/etudes/etudes/join/2012/474544/I…
Compés, R.; López Iglesias, E.; Martínez, V. (2011): “Evolución de la PAC y evaluación de las propuestas legislativas para la reforma de 2013”. En García Ávarez-Coque, J.M.; Sineiro, F. (coord.): Apoyo público a la agricultura española 2003-2010, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Madrid, pp. 23-69. https://www.researchgate.net/publication/265467084_Evolucion_de_la_PAC_…
European Commission (2019). Communication from the Commission to the European Parliament, the Council, the European Economic and Social Committee and the Committee of the Regions, The European Green Deal, COM/2019/640 final.
European Commission (2020a). A Farm to Fork Strategy for a fair, healthy and environmentally-friendly food system. Communication from the Commission to the European Parliament, the Council, the European Economic and Social Committee and the Committee of the Regions. COM(2020)381. https://ec.europa.eu/food/horizontal-topics/farm-fork-strategy_en
European Commission (2020b). Analysis of links between CAP Reform and Green Deal, Commission Staff Working Document, SWD(2020) 93 final.
European Union DG AGRI (2014): Rural Development in the European Union. Statistical and Economic Information. Report 2013.
http://ec.europa.eu/agriculture/statistics/rural-development/2013/index…
Fundación Triptolemos (2021). Informe sobre el impacto del Pacto Verde Europeo desde un enfoque de sistema alimentario global sostenible. Fundación Triptolemos, Barcelona.
https://www.triptolemos.org/wp-content/uploads/2022/04/INFORME-TRIPTOLE…
García Ávarez-Coque, J.M.; Sineiro, F. (coord.) (2011): Apoyo público a la agricultura española 2003-2010, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Madrid. https://www.mapa.gob.es/es/ministerio/servicios/informacion/apoyo-publi…
Guyomard, H., Bureau J.-C. et al. (2020), The Green Deal and the CAP: policy implications to adapt farming practices and to preserve the EU’s natural resources. European Parliament, Brussels. https://www.europarl.europa.eu/RegData/etudes/STUD/2020/629214/IPOL_STU…
Houée, P. (1996): Les politiques de développement rural. INRA. París.
López Iglesias, E.; Pérez Fra, M. (2017): Unha estratexia para a Galicia rural do século XXI. Diagnóstico e propostas para o debate. Foro Económico de Galicia, Documento 22/2017 https://www.researchgate.net/publication/321361208_Unha_estratexia_para…
MAPA (Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación) (2021): Plan Estratégico de España para la PAC post 2020. https://www.mapa.gob.es/es/pac/post-2020/
Massot, A.; Negre, F. (2018): Towards the Common Agricultural Policy beyond 2020: comparing the reform package with the current regulations. European Parliament, Bruxelas. https://www.europarl.europa.eu/RegData/etudes/BRIE/2018/617494/IPOL_BRI…
OCDE (2018): Agricultural Policy Monitoring and Evaluation 2018. OECD Publishing, París. https://read.oecd-ilibrary.org/agriculture-and-food/agricultural-policy…
Oliveira Baptista, F. (2001): Agriculturas e territórios. Celta Editora, Oeiras.
Pérez Fra, M.; López Iglesias, E. (2007): “Evolución das medidas socio-estruturais agrarias: a progresiva configuración da política de desenvolvemento rural.” Recursos Rurais, Vol. 7, pp. 1-7.
Pérez Yruela, Manuel; Sumpsi, José María; López, Edelmiro; Bardají, Isabel (2016): “El enfoque territorial del desarrollo en zonas rurales: de la teoría a la práctica”, en Ortega, A.C., Moyano, E. (eds.): Desarrollo en territorios rurales. Estudios comparados en Brasil y España. Campinas, Alinea Editora. Campinas (Brasil), pp. 25-74.
Ramos, E.; Gallardo, R. (2009): El futuro de la PAC tras 2013: la reforma de la Política de Desarrollo Rural. Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo.
Competencias Básicas
CB7- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8- Ser capaz de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9- Saber comunicar conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10- Adquirir as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais
CT1 Comunicación oral e escrita
CT3 Razoamento crítico
CT4 Autonomía na aprendizaxe
CT5 Traballo en equipo
CT6 Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT7 Creatividade e capacidade innovadora
CT8 Competencia para a busca e xestión de información e datos
Competencias Específicas
CE3 - Localizar, seleccionar e analizar información e fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no estudo do desenvolvemento económico, da innovación e da sustentabilidade.
CE4 - Coñecer e aplicar as técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en economía e as ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade, a economía ecolóxica, a economía circular e a innovación.
CE5 - Coñecer as características e tendencias do sistema económico e da estrutura económica do noso entorno que permitan comprender as forzas que impulsan a innovación e as transformacións económicas e a súa relación contraditoria cos límites ecolóxicos do planeta, a fin de deseñar e analizar de forma realista as diferentes estratexias e políticas.
CE8 - Coñecer os diferentes instrumentos para deseñar, analizar, avaliar e xestionar plans estratéxicos e programas para promover a I+D, a innovación, a sustentabilidade e a economía circular nos diferentes niveis de goberno (europeo, estatal, rexional e local).
CE9 - Formular, integrar e sintetizar ideas novas e complexas en procesos colaborativos e participativos para a elaboración de plans estratéxicos.
CE12 - Coñecer políticas e modos de gobernanza participativos nos entornos urbano e rural para incorporalos nos procesos para o deseño de plans e estratexias de sustentabilidade a nivel rexional e local.
A docencia da materia desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas.
Nas clases expositivas explicaranse os principais contidos teóricos da materia co apoio de presentacións en power point. Nestas sesións tamén se proporcionará aos alumnos/as información complementaria (sobre a bibliografía recomendada e páxinas web de interese) que facilite o proceso de aprendizaxe autónomo.
As sesións interactivas estarán dedicadas a profundizar nos conceptos vistos nas clases teóricas. Tendo para isto como base unha posta en común e un debate colectivo a partir de diferentes textos.
Un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que os/as alumnos/as encontrarán: o programa detallado; presentacións en power point para cada unha das clases de docencia expositiva; textos de lectura obrigatoria; unha recompilación de publicacións e documentos de interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación consta de tres elementos:
a. Exame
Peso na cualificación final: 40%.
b. Asistencia e participación activa nas clases, incluída a presentación oral do traballo de curso.
Peso na cualificación final: 30%.
c. Elaboración dun traballo (estudo de caso) sobre un tema relacionado co programa da materia.
Peso na cualificación final: 30%.
Tendo en conta que cada crédito equivale a 25 horas de traballo para o/a estudante, esta materia representa un total de 75 horas de traballo repartidas como sigue:
A1 – Clases expositivas 9
A2 – Clases interactivas 12
A3 – Tutorías 3
A7 – Actividades de avaliación 1
Total horas traballo presencial 25
A8 – Traballo persoal do alumnado 50
Asistencia e participación activa nas clases; utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso.
Edelmiro López Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811718
- Correo electrónico
- edelmiro.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
19.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
19.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |