Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada, Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao estudantado dun coñecemento sobre os recursos naturais e enerxéticos dende unha perspectiva da Economía Ecolóxica, así como do seu papel nas sociedades industriais, o seu impacto para a aplicación de políticas de desenvolvemento e os problemas xeoestratéxicos do seu control
Tema 1. Recursos materiais e enerxéticos desde a perspectiva da Economía Ecolóxica.
-Clasificación e caracterización dos recursos
-Uso dos recursos e modelos de apropiación e consumo
Tema 2. Límites biofísicos do planeta: dispoñibilidade de recursos, distribución xeográfica e evolución.
-Identificación e localización dos recursos
-Evolución no uso dos recursos
Tema 3. Comercio de recursos, materias primas e materias secundarias.
-Características e estrutura do comercio de recursos: estatísticas convencionais e contabilidade de fluxos de materiais
-O comercio de recursos secundarios
-O comercio de residuos
Tema 4. Recursos, estratexias de desenvolvemento sostible e Economía Circular
-Os recursos naturais como base para o desenvolvemento
-Políticas para o desenvolvemento nun contexto de tensión polos recursos
-Modelo enerxético, mercados e política enerxética para o desenvolvemento sustentable
Tema 5. A apropiación dos recursos hoxe: xeopolítica e conflito.
-Xeopolítica e conflito arredor da apropiación da auga
-Materias primas estratéxicas e críticas, a xeopolítica e as loitas antimineiras
-Apropiación de enerxía en escenarios de declive enerxético
BÁSICA
Aguilera Klink, Federico e Alcántara, Vicent (comp.) (1995): Economía de los recursos naturales: un enfoque institucional, Fundación Argentaria-Visor, Madrid. http://www.fcmanrique.org/publiDetalle.php?idPublicacion=106
Bermejo, Roberto (2011): Manual para una economía sostenible. Los libros de la Catarata, Madrid.
Kenneth E. Boulding. (1966). The Economics of the Coming Spaceship Earth. Environmental Quality in a Growing Economy, 3–14.
Ostrom, E. 2011. El gobierno de los bienes comunes. La evolución de las instituciones de acción colectiva. Fondo de Cultura Económica, Madrid.
Naredo, José Manuel (1987): La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, José Manuel e Valero, Antonio (dirs) (1999): Desarrollo económico y deterioro ecológico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid. http://www.fcmanrique.org/publiDetalle.php?idPublicacion=113
Raworth, Kate, (2017): Economía rosquilla: siete maneras de pensar como un economista del siglo XXI, Barcelona: Paidós.
Rodríguez-Rodríguez, Gonzalo; Ballesteros, Hugo M.; Martínez-Cabrera, Helena; Vilela, Raúl; Pennino, María G.; Bellido, José M. 2021. "On the Role of Perception: Understanding Stakeholders’ Collaboration in Natural Resources Management through the Evolutionary Theory of Innovation" Sustainability 13, no. 6: 3564. https://doi.org/10.3390/su13063564
Stahel, Walter R., (2019): Economía circular para todos: conceptos básicos para ciudadanos, empresas y gobiernos. Amazon
Brown, J. H., Burnside, W. R., Davidson, A. D., DeLong, J. P., Dunn, W. C., Hamilton, M. J., ... & Zuo, W. (2011). Energetic limits to economic growth. BioScience, 61(1), 19-26.
COMPLEMENTARIA
Bermejo, Roberto (2001): Economía sostenible. Principios, conceptos e instrumentos, Bakeaz, Bilbo
Carpintero Redondo, Óscar (1999): Entre la economía y la naturaleza. La controversia sobre la valoración monetaria del medio ambiente y la sustentabilidad del sistema económico, Los libros de la catarata-Fundación 1ª de Mayo, Madrid
Costanza, Robert; Perrings, Charles e Cleveland, Cutler J. (eds.)(1997): The Development of Ecological Economics, Edward Elgar, Cheltenham.
Daly, Herman E. (1999): Ecological Economics and the Ecology of Economics. Essays in Criticism, Edward Elgar, Cheltenham.
Jacobs, Michael (1991) : La economía verde. Medio ambiente, desarrollo sostenible y la política del futuro, Icaria-FUHEM, Barcelona- Madrid, 1996.
Jiménez Herrero, Luis M. (1992): Medio ambiente y desarrollo alternativo. Gestión racional de los recursos para una sociedad perdurable, Iepala, Madrid.
Klare, Michael T. (2003 ): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Ediciones Urano, Barcelona
Kirchherr, J., Reike, D., & Hekkert, M. (2017). Conceptualizing the circular economy: An analysis of 114 definitions. Resources, Conservation and Recycling. https://doi.org/10.1016/j.resconrec.2017.09.005
Martínez Alier, Joan e Schlüpmann, Klaus (1991): La ecología y la economía, Fondo de Cultura Económica, México.
Naredo, José Manuel e Parra, Fernando (comps.) (1993): Hacia una ciencia de los recursos naturales, Siglo XXI, Madrid.
Passet, René (1996): Principios de bioeconomía, Fundación Argentaria-Visor, Madrid. http://www.fcmanrique.org/publiDetalle.php?idPublicacion=109
Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1990): Economía de los Recursos Naturales y el Medio Ambiente, Celeste, Madrid, 1995.
Van den Bergh, J.C.J.M. (1999), Handbook of Environmental and Resource Economics, Edward Elgar, MA, USA.
Véspera de Nada (2013). Guía para o descenso enerxético. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo.
A localización e acceso á bibliografía básica e complementaria, en soporte físico e / ou electrónico, facilitarase na guía docente que estará publicada na aula virtual da materia ao comezo do curso.
En cada tema poderanse recomendar textos e material de traballo específicos.
Competencias básicas e xerais:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias transversais:
CT1 - Comunicación Oral e Escrita.
CT6 - Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
CT8 - Competencia para a procura e xestión de información e datos.
Competencias específicas:
CE2 - Que o estudantado posúa capacidade para localizar, seleccionar e avaliar información e fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no estudo do desenvolvemento económico, da innovación e a sustentabilidade; así como usar e citar a información respectando os límites éticos e legais.
CE3 - Que o estudantado posúa coñecemento teórico e aplicado das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade e a economía circular, e da innovación.
Atendendo ao sistema de docencia do Espazo Europeo de Educación Superior dividiremos a docencia en dous tipos: aulas expositivas e aulas interactivas.
O traballo nas aulas expositivas terá lugar de xeito presencial, na aula e horario fixado polo centro para a materia. Nas aulas expositivas o profesorado explicará cada tema do programa, apoiándose no uso dunha presentación-esquema. O alumnado contará, ademais das explicacións realizadas polo profesorado na aula, co apoio de material bibliográfico recomendado a medida que se desenvolve o programa, xunto coas titorías.
Nas clases interactivas, o alumnado deberá realizar comentarios e debates de textos, así como realizar a presentación dun traballo final, consistente na elaboración dun estudo sobre un recurso natural. O alumnado será informado ao comezo do curso da planificación de actividades e entregas.
As titorías serán, preferentemente, de carácter presencial.
Empregarase o Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio no proceso de ensinanza / aprendizaxe:
• Materiais para o seguimento da materia
• Entrega e cualificación de tarefas
• Organización de grupos de traballo
• Comunicación co alumnado
O sistema de avaliación será mixto, cun exame final e a presentación dun traballo final, ao que haberá que engadir a avaliación continua, atendendo á participación e desenvolvemento das actividades propostas na aula.
O exame final ten un peso do 30%, e o traballo de curso e actividades interactivas representan o 70%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 3 créditos (ECTS), polo que a carga de traballo total aproximada estímase en 75 horas, co seguinte desglose:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expostivas 9
Clases interactivas 12
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo 25
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 10
TITORIAS 3
Avaliación 1
TOTAL HORAS 75
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Xoan Ramon Doldan Garcia
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811569
- Correo electrónico
- xoan.doldan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Dios Vicente
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- adrian.dios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
13.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
13.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |