Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo básico é que os estudantes adquiran un marco referencial básico teórico-práctico da educación ambiental e especialmente do paradigma de sustentabilidade que permita coñecer a realidade e dificultades acerca da integración da educación ambiental nos nosos sistemas sociais e educativos, e capacite para promover estratexias cara a devandita integración.
1.- A Educación Ambiental: cuestións previas
1.1.- Distintas presentacións da educación ambiental: conceptualización.
1.2.- Aspectos metodolóxicos básicos da educación ambiental.
2.- A Educación Ambiental hoxe: revisión de aspectos concretos
2.1.- O Desenvolvemento Sostible: conceptualización e principios derivados
2.2.- A educación ambiental para o Desenvolvemento Sostible.
2.3.- A ambientalización dos centros escolares. Posibilidades didácticas.
3.- A interpretación ambiental.
4.- Estudo de casos de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre
Bibliografía Básica
GIORDAN,A.; SOUCHON,Ch.;1995. La Educación Ambiental. Guía Práctica. Ed. Díada, Sevilla.
LÓPEZ, R.; 2003. Educación Ambiental y su Didáctica. Ed. Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Lugo, Lugo.
Bibliografía Complementaria
BENAYAS, J. y otros; 2003. La Investigación en educación ambiental en España. Ed. Ministerio de Medio Ambiente
GIOLITTO,P.; 1984. Pedagogía del Medio Ambiente . Ed. Herder, Barcelona.
GUTIERREZ,J. y otros (Edts.); 1997. Líneas de investigación en Educación Ambiental. Proyecto Sur, Granada.
LÓPEZ, R.; 2002. La integración de la educación ambiental en el diseño curricular. Un estudio longitudinal en educación Primaria (Tesis Doctoral). Ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago.
LÓPEZ,R. Y JIMÉNEZ,Mª.P.; 2002. “Evolución de la educación ambiental en Galicia”. Innovación educativa; nº 12, pp. 47-87.
LÓPEZ, R.; 2003. “Panorámica de la evolución de la educación ambiental en España”. Revista de Educación; nº 331, mayo-agosto 2003, pp. 241-264
LÓPEZ, R.; GARCÍA, J.A.; 2008. A Axenda 21 Escolar Galega. Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
LÓPEZ, R.; TABOADA,J; LÓPEZ, N; 2008. Impacto ambiental en centros da USC. Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
MARTÍN PALMERO, F. (edt.) y otros; 2004. Desarrollo Sostenible y huella ecológica. Ed. Netbiblo, A Coruña.
MEIRA, P.; 1998. Educación Ambiental. Fontes e recursos documentais. Concello de Oleiros, Coruña
NOVO,Mª (coordra.); 1999. Los desafíos ambientales. Reflexiones y propuestas para un futuro sostenible. Ed. Universitas, Madrid.
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE; 1999. Libro Blanco de la Educación Ambiental en España. Madrid.
UNESCO-PNUMA.- Colección: Programa Internacional de Ed. Ambiental. Ed. Catarata, Bilbao.
XUNTA DE GALICIA; 2000. Estratexia Galega de Educación Ambiental. Ed. Xunta Galicia. Santiago de C.
Teranse en conta fundamentalmente as seguintes competencias básicas e específicas do Master
1.-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
5.- Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais, en concreto deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixida
7.- Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
9.- Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais.
A metodoloxía de ensino- aprendizaxe oriéntase a promover nos estudantes unha progresiva adquisición de coñecementos relacionados coa educación ambiental, así como de competencias útiles para o ensino da mesma e a iniciación a traballos neste campo. Combinará a presentación dos principais puntos polo profesorado co traballo individual e colectivo dos estudantes, procura, lectura e síntese de información, debates e análise crítica de investigacións, exercicios prácticos, e o desenvolvemento e a presentación dun traballo en relación con algunha das cuestións tratadas.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do docente. As clases interactivas procurarán unha maior implicación dos estudantes mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no alumnado. Recollerán o estudo de casos, a análise de proxectos, textos ou artigos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio e coa contorna. Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, saídas, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos docentes tanto na aula como nas sesións de titoría. Nelas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno/a ou do grupo de alumnos/as relacionada coa materia.
Ao ser unha metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
Utilizarase tamén a Aula Virtual da materia como espazo de comunicación e traballo. Nela estarán dispoñibles tanto os contidos da materia como as actividades realizadas.
A maiores das sesións expositivas e prácticas, haberá saídas ou excursións á natureza.
Para as saídas é preciso levar roupa e calzado axeitados.
-Asistencia e participación activa nas actividades presenciais (sesións de aula como saídas e/ou excursións). Para ter avaliación positiva, os estudiantes deberán asistir polo menos ao 80% do traballo presencial previsto. Este apartado terá unha contribución máxima á nota final do 20% da mesma.
-Realización de traballos prácticos propostos nas actividades presenciais (individuais ou en pequeno grupo), e especialmente realización e presentación dun traballo sobre un problema ambiental a escoller polo alumnado, sobre o que se aplique unha metodoloxía de resolución de problemas. Este apartado terá unha contribución máxima á nota final dun 40% da mesma.
-Probas específicas finais. Este apartado terá unha contribución máxima á nota final dun 40% da mesma.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias. Comprenderá:
Parte 1: Avaliación continua: asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula, asistencia a prácticas de laboratorio e ás saídas e informe escrito das mesmas, realización escrita de informes, análises e exposicións orais. Contribución á nota final: 60%
a) Asistencia e participación activa, especialmente no relativo ás saídas ou excursións á natureza: 20%
b) Realización e entrega de informes e actividades escritas: 20%
c) Exposición oral dun traballo: 20%
Parte 2: Proba final individual sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva, incluíndo resolución de supostos prácticos. Contribución á nota final: 40%
Consideracións na avaliación:
- Será obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. A puntuación neste apartado verase mermada gradualmente conforme diminúa a asistencia á clase sen motivo xustificado.
- A cualificación acadada na parte 1 terase en conta na segunda oportunidade.
- Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente oportunidade. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
-O alumnado de segunda convocatoria e posteriores deberá contactar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre para acordar cos docentes o plan de traballo a seguir para superar a materia. O alumnado de segunda convocatoria e posteriores que non contacte co profesorado dentro deste período será avaliado da mesma forma que o alumnado de primeira convocatoria.
- O alumnado con dispensa de asistencia deberá poñerse en contacto cos docentes en horario de titorías na mesma semana da solicitude da dispensa, a fin de concretar o plan de traballo para superar a materia. Na avaliación terase en conta a parte 2 e os puntos b) e c) da parte 1. A asistencia e participación recollidas no apartado a) serán obrigatorias para o caso das sesións prácticas, saídas de campo ou outras actividades que serán determinadas ao comezo do curso e que se consideran esenciais para acadar os obxectivos e adquirir as competencias da materia. A información a este respecto así como as actividades e materiais serán comunicados a través da aula virtual da materia.
- O alumnado con diversidade funcional deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servicio acreditado da USC a estes efectos e informar do seu caso aos docentes da materia dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de que se poida acordar un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: 24 horas
Docencia presencial expositiva en grupo completo: 9
Docencia Interactiva en grupo: 12 horas
Titoría: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (non presencial): 51 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou traballos da materia (individual ou grupo): 5 horas
- Actividades en biblioteca, ou procuras bibliográficas: 8 horas
- Lecturas recomendadas: 7 horas
- Asistencia a actividades recomendadas (charlas, etc.): 3 horas
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 3 horas
- Estudo autónomo (individual ou en grupo): 25 horas
Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades e tarefas propostas na aula.
Recoméndase asistir en horario de titorías para as orientacións que se precisen relacionadas cos traballos prácticos así como o que concirne ao estudo da materia.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir á clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clases.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou de grupo, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero. Buscarase o uso de linguaxe non sexista.
Outras observacións:
- Será obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Correo da USC, Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos persoais.
Sabela Fernandez Monteira
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821025
- Correo electrónico
- sabela.fernandez.monteira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
Venres | |||
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
28.05.2025 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
10.07.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |