Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A finalidade última do traballo nesta materia tenderá a que o alumnado empece a ser consciente da importancia que ten reflexionar previamente sobre o sentido que cada acción deseñada ten e as consecuencias que leva tomar decisións.
Como propósitos máis específicos estarán os que seguen:
1) Ser máis capaces de traballar en equipo e máis hábiles á hora de traballar de forma autónoma.
2) Coñecer a diferenza entre: administrar, xestionar, dirixir e liderar.
3) Ter experiencias con estratexias e recursos reais que permitan a análise das actividades que se deseñen, como elementos prácticos susceptibles de ser avaliados.
4) Experimentar sobre os procesos de toma de decisións e as súas consecuencias.
5) Ver a singularidade e a complexidade organizativa que cada acción leva implícita.
6) Vivir os conflitos e coñecer estratexias para sacarlles partido educativo.
7). Ser conscientes da dimensión ética do exercicio profesional, percibindo os problemas sociais e educativos, para comprometerse na súa modificación, sendo respectuosos cara a diversidade (étnica, xeográfica, cultural, de xénero, orientación sexual…).
8) Ofrecer posibilidades de experimentar valoracións de documentos e realidades o simulacións de accións e programas institucionais.
1.- A dirección como tarefa pedagóxica
2.- Administrar, xestionar, dirixir, liderar.
3.- Colaborar e formar equipos.
4.- Estudo de casos, simulacións e deseño de actividades.
5.- Os procesos de toma de decisións
6.- A singularidade e a complexidade organizativa.
7.- O conflito e a súa resolución.
Bibliografía básica
Alberoni, F (2002): El arte de liderar. Gedisa.
Calonje, C. (2004): El poder de la comunicación inteligente. Diálogos con líderes de nuestras organizaciones. Prentice Hall
Casado, L. (2002): Aprender a organizar el tiempo. Paidós Ibérica. Madrid.
Fischman, d. (2002): El camino del líder. Aguilar. Madrid.
Gardner, H. y Laskin, E. (1998): Mentes líderes (Una anatomía del liderazgo). Paidós. Barcelona.
Gasalla, J.M. y Navarro, L. (2010): Quien lidera confía. Empresa Activa.
Giuliani, R. W. (2002): Liderazgo. Plaza&Janés. Madrid.
Goleman, D. Y McKee, a. (2002): El líder resonante crea más. Plaza y Janés. Madrid.
Hesselbein, F. y Cohen, P.M. (2002): De líder a líder. Granica. Bilbao.
Hesselbein, F., Goldsmith, M. y Beckhard, R. (2004): El líder del futuro. Deusto.
Hooper, A. y Potter, j. (2008): Liderazgo inteligente. Actual Editora. Lisboa.
Maella, P. (2007): Gestionar con sencillez. Mitos y realidades del liderazgo. Profit Editorial.
McEnroe, D. (2010): Cocinando liderazgo. Los mejores ingredientes para la mejor dirección. Ediciones Deusto.
Murphy, J. (2003): Cómo manejar los conflictos en el trabajo. F. C. Editorial.
Nanius, B. (1994): Liderazgo visionario. Granica. Barcelona.
Ocaña, F. (2003): 20 claves para hacer equipo. Ediciones B.
Perkins, D.N.T. (2014) Lecciones de liderazgo. Las 10 estrategias de Shackleton en su gran expedición antártica, Madrid. Desnivel
Peretti, J.M.: Todos somos directores de recursos humanos. Gestión 2000. 2003.
Perkins, D. (2003): Lecciones de liderazgo. Ediciones Desnivel.
Perkins, D.N.T. (2014) Lecciones de liderazgo. Las 10 estrategias de Shackleton en su gran expedición antártica, Madrid. Desnivel
Ruiz, M. (2004): El valor de la palabra. Conversaciones sobre el liderazgo. Granica.
Serrat, A. (2002): Resolución de conflictos. Una perspectiva globalizadota. Praxis. Barcelona.
West, M. A. (2003): El trabajo eficaz en equipo. Paidós Ibérica.
NOTA.- Es una relación en permanente actualización.
Bibliografía complementaria
Almagro, J.J (2003): El reloj de arena. La mística de los recursos humanos. Pearson.
Alonso Puig, M. (2005): Madera de líder. Urano.
Brown, J.F. (2008): El líder transcultural. Editorial Lid.
Covey, S. (2009): El líder interior. Paidós Ibérica.
Curbelo, J.L. y López, I. (2007): El arte de emprender. Universidad Antonio Lebrija.
Gómez, M. y Turienzo, R. (2010): La gallina que cruzó la carretera: Liderazgo y trabajo en equipo. Boobks4pocket.
Herreros de las Cuevas, C. (2003): La sucesión del líder. Granica.
Leonard, D. y Swap, W.: (2003): Cuando se enciende la chispa. Cómo iniciar la creatividad en grupo. Oxford University Press.
Lowney, C. (2005): El liderazgo al estilo de los jesuitas. Granica.
Neff, T. J. y Citrin, J.M. (2009): Ya eres jefe, y ahora ¿qué? Gestión 2000.
Ramón Cortés, Ferrán (2007): Virus. Un relato sobre el peligro de rumores en las organizaciones. RBA.
Ramonet, J: ¿Tiene unos minutos? Lecturas cortas para managers muy ocupados. Granica. 2004.
Rodríguez, J. A. (2003): Decidir no es fácil... pero te ha tocado a ti. Pearson Educación.
Santos Guerra, M.A. (2001): Una tarea contradictoria: Educar para los valores y preparar para la vida. Ed. Magisterio del Río de la Plata. Buenos Aires.
Tracy, B. (2003): ¡Tráguese ese sapo! 21 estrategias para tomar decisiones rápidas y mejorar la eficiencia personal. Urano.
NOTA.- E unha relación en permanente actualización.
Competencias básicas e específicas:
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido o autónomo.
- Que os estudantes adquiran habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se poidan presentar na organización e desenvolvemento de actividades.
- Que os estudantes sexan capaces de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación.
- Que o alumnado coñeza materiais e recursos didácticos que potencien o respecto cara a diversidade e a igualdade de xénero, orientación afectivo-sexual… para que, no futuro, cheguen a ser capaces, de seleccionalos e elaboralos tendo en conta estas cuestións.
- Fomentar nos estudantes, o no seu caso, consolidar, actitudes e comportamentos positivos en relación ó respecto cara á diversidade.
- Resultados do aprendizaxe: Que os estudantes diferencien a administración, a xestión, a dirección e o liderado como conceptos interdependentes no desenvolvemento de calquera actividade de grupo. Que os estudantes poidan experimentar, a media responsabilidade, a ‘angustia’ de tomar decisións e de responsabilizarse das consecuencias. Que os estudantes desenvolvan a capacidade colaborativa de forma práctica.
A metodoloxía é activa, participativa e colaborativa.
Se usa o procedemento de clases reversas e é importante facer debates na aula sobre as lecturas da materia.
A maior parte da actividade de aprendizaxe se fai ao aire libre, con excursións en contornas naturais de especial significación onde os estudantes deben desenvolver as súas habilidades e competencias aprendidas. A aprendizaxe experiencial e o eixo sobre o que xira a materia, tanto desde a perspectiva de formación en dirección, xestión e manexo de grupos como de resolución de conflitos practicos en contextos de aire libre, xestión de imprevistos e toma de decisións.
As actividades de aprendizaxe en relación aos conflictos, implicarán o coñecemento de técnicas instrumentales para resolvelos, desde a súa capacidade de liderado e coñecemento do manexo de grupos.
No aire libre é tamén onde deben desenvolver capacidades que amosen que saben dirixir e coordinador grupos, e xestionar incidencias e contratempos, sabendo organizar planes alternativos.
En todo caso os estudantes deben saber que toda a información fundamental sobre a materia está na aula virtual, que debe ser usada xa desde o primeiro día de clase.
A avaliación é continua e formativa, valorándose o traballo diario do alumnado, tanto o realizado de forma individual como en grupo.
A avaliación atende fundamentalmente a adquisición de competencias, no de contidos. Valórase o que sabe facer un estudante na práctica profesional, non contidos sen aplicación práctica.
Os estudantes deben amosar nos distintos traballos que se lle encomenden capacidade competencial para dirixir grupos ao aire libre e resolver conflitos na súa actuación como directores de actividades ao aire libre.
As probas implicarán traballos individuais e de equipo, así como as observacións do profesorado na actividade práctica desenvolvida nas saídas de formación que fosen realizadas. Se indicará ao comezo da materia as probas que serán realizadas no curso 2022-2023.
As actuacións do profesorado rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). A asistencia a clase é obrigatoria salvo concesión de dispensa. Conforme a esa disposición legal se lembra que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas" será de aplicación o recollido nesa normativa.
• Alumnado con dispensa de asistencia a clase
O alumnado que obteña e acredite a dispensa de asistencia ás clases será avaliado mediante unha proba final específica cunha valoración do 100% da cualificación. Recoméndase que o alumnado con dispensa asista a todas as sesións presenciais que lle sexa posible coa fin de preparar a citada proba e seguir os contidos que se traballen na aula.
O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia terá que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral.
TRABALLO PRESENCIAL
Clase expositiva 9 horas
Clases prácticas 12 horas
Titorías 2 horas
Realización de exercicios escritos ou examens 2 horas
Outras tarefas co profesor/a da materia (especificar): 3 horas
TOTAL horas de traballo presencial 28 horas
TRABALLO PERSONAL
Estudio autónomo individual ou en grupo 16 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia 16 horas
Lecturas recomendadas e achegass bibliográficas 11 horas
Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, teses doctorais, etc. 5 horas
Outras tarefas propostas polo profesor/a da materia (especificar): --
TOTAL horas de traballo persoal do alumnado 48 horas
A aprendizaxe é eminentemente práctica, con aplicación de principios e técnicas de liderado, así como para a resolución de conflitos. É importante que por parte dos estudiantes teñan coñecementos dalgunhas das técnicas, ideas e exemplos paradigmáticos de liderazgo, traballo colaborativo e resolución de conflitos, que poden ser logo aplicados nas actividades prácticas ao aire libre.
O título da materia é suficientemente expresivo e descriptivo dos seus contidos. O Master forma para dirixir actividades na natureza e alguén ten que tomar sempre as rendas do deseño da acción a desenvolver tendo en conta para que e para quen se organizan, como se van a desenvolver, con que medios e como se vai a valorar o logrado.
Este programa pode sufrir modificacións, que serán convenientemente negociadas, sobre todo naquelas que poidan ser desenvolvidas fóra do aula e que deben ser precisadas, conforme o escenario elixido.
Eugenio Manuel Otero Urtaza
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821015
- Correo electrónico
- otero.urtaza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Leticia Lopez Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821052
- Correo electrónico
- leticia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
26.05.2025 18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
07.07.2025 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |