Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O alumnado afondará no estudo e na análise das rutinas produtivas establecidas no novo escenario converxente, modificado pola evolución tecnolóxica e a consecuente transformación dos medios, así como o estudo e análise dos novos formatos e produtos informativos propios do contexto actual. Os resultados de aprendizaxe deberán permitir ao alumnado deseñar formatos e elaborar produtos adaptados ás características do escenario actual.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Creación e desenvolvemento de novos formatos informativos - Das noticias estáticas á información móbil - O escenario tecnolóxico na nova produción e realización da información - Creación e desenvolvemento de novos produtos informativos
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Creación e desenvolvemento de novos formatos informativos
1.1 A innovación como produto. I+D+i na comunicación. Laboratorios de innovación e transferencia
1.2 Márketing periodístico. Aplicación do mix á comunicación e influencia na produción de contidos xornalísticos. Evolución desde os 4Ps aos 4Cs
1.3 Branding xornalístico. O produto como marca. Emprendemento e innovación
1.4 Segmentación de mercado, establecemento de obxectivos e análise DAFO
1.5 ROI e IOR. Avaliación do retorno, métricas e KPI. Modelos para o aumento da calidade periodística e da súa rendibilidade
TEMA 2. Das noticias estáticas á información móbil
2.1 Medios sociais, comunicación estratéxica e márketing dixital
2.2 PMS e novos perfís profesionais no escenario actual
2.3 Atracción, interacción, conversión e fidelización
2.4 O poder do efémero: contidos autodestruíbles
TEMA 3. O escenario tecnolóxico na nova produción e realización da información
3.1 Innovación nos medios de comunicación: cultura multimedia e perspectiva tecnolóxica. Converxencia periodística. Evolución da teoría sobre converxencia periodística: converxencia como produto, como sistema e como proceso
3.2 Converxencia tecnolóxica, concentración empresarial, converxencia profesional e converxencia de contidos
3.3 Novas rutinas de produción informativa. Polivalencia funcional, polivalencia temática e polivalencia mediática. Comunicación organizacional adaptada ao escenario actual
3.4 Novas tendencias, técnicas, ferramentas e plataformas: OSINT, xornalismo hacker, fediverso e metaverso.
TEMA 4. Creación e desenvolvemento de novos produtos informativos
4.1 Innovación no storytelling. Difusión cross-content e crossmedia. Elevator pitch
4.2 Innovación na distribución: a promoción cruzada
4.3 Innovación na recepción. O papel dos públicos. Métodos para a creación de engagement. Implicación e transmedia
4.4 Novos modelos para a creación, o financiamento e o desenvolvemento de produtos informativos. Externalización de fontes e recursos. Cocreación
4.5 Innovación na comercialización e na organización empresarial
4.6 Competencias profesionais necesarias. O hackathon
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos están directamente relacionados cos contidos teóricos, de tal modo que se realizarán actividades e exercicios na aula que supoñan a aplicación da teoría mediante estudos de casos, resolución de problemas ou análise de contido. Contémplase a avaliación de debilidades e fortalezas dos medios sociais para a innovación periodística e o establecemento dun simulacro de redacción innovadora para a cobertura de acontecementos xornalísticos en tempo real.
A parte práctica da materia tamén implica a realización dun proxecto final que terá que ver co desenvolvemento dun produto xornalístico de carácter innovador. A calidade do produto e a transferencia de resultados que implica para a sociedade serán presentadas mediante o modelo do ‘elevator pitch’ e, posteriormente, testarase o produto nun laboratorio de innovación xornalística composto polo propio alumnado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aitamurto, T. (2013). Balancing Between Open and Closed: Co–creation in Magazine Journalism. Digital Journalism, 1(2), 229-251. https://doi.org/10.1080/21670811.2012.750150
Burum, I. & Quinn, S. (2015). MOJO: The Mobile Journalism Handbook: How to Make Broadcast Videos with an iPhone or iPad. Focal Press.
Cabrera, M. Á. (Coord.) (2013). Evolución de los cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Madrid: Editorial Fragua.
Larrondo, A. & Teixeira, J. (2016). La convergencia narrativa en el periodismo móvil. Aproximación a la integración del contenido audiovisual en los productos nativos para iPad. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 22(2), 777-792. https://doi.org/10.5209/ESMP.54235
Legorburu, J. (Coord.) (2013). Modelos de convergencia de medios en España I. Digitalización, concentración y nuevos soportes. Madrid: CEU Ediciones.
López, X. & Pereira, X. (Coords.) (2010). Convergencia Digital. Reconfiguración de los Medios de Comunicación en España. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
López, X., Rodríguez, A. I. & Pereira, X. (2017). Competencias tecnológicas y nuevos perfiles profesionales: desafíos del periodismo actual. Comunicar, 53(4), 81-90. https://doi.org/10.3916/C53-2017-08
López, X., Silva, A., Vizos, Á., Westlund, O. & Canavilhas, J. (2019). Periodismo móvil: Revisión sistemática de la producción científica. Comunicar, 59(2), 9-18. https://doi.org/10.3916/C59-2019-01
Salaverría, R. & Negredo, S. (2008). Periodismo integrado: convergencia de medios y reorganización de redacciones. Editorial Sol 90.
Salaverría, R. (2016). Redefinir al comunicador. El profesional de la información, 2(25), 163-167. https://doi.org/10.3145/epi.2016.mar.02
Sixto-García, J. (2018). Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de Community Management. Comunicación Social.
Sixto-García, J. & Duarte, A. (2020). Self-destructive content in university teaching: new challenge in the Digital Competence of Educators. Communication and Society, 33(3), 187-199. https://doi.org/10.15581/003.33.3.187-199
Sixto-García, J., López-García, X. & Toural-Bran, C. (2020). Oportunidades para la cocreación de contenidos en los diarios nativos digitales. Profesional de la información, 29(4), e290426. https://doi.org/10.3145/epi.2020.jul.26
Sixto-García, J., Rodríguez-Vázquez, A. I. & López-Garcia, X. (2021). News sharing using self-destructive content in digital native media from an international perspective. Journalism Practice, online first. https://doi.org/10.1080/17512786.2021.2000883
Sixto-García, J., Rodríguez-Vázquez, A. I. & Soengas-Pérez, X. (2020) Co-creation in North American and European digital native media: Web, social networks and offline spaces. Journalism, online first. https://doi.org/10.1177%2F1464884920984698
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alcudia, M., Legorburu, J. & Barceló, T. (Coords.) (2012). Convergencia de medios. Nuevos desafíos para una comunicación global. CEU Ediciones.
Alcudia, M., Legorburu, J., López, L. & Ruiz, S. (Coords.) (2011). Competidores y aliados. Medios en convergencia, los nuevos retos en comunicación. CEU Ediciones.
Fanta, A. & Dachwitz, I. (2020). Google, the media patron. How the digital giant ensnares journalism. Otto Brenner Foundation
Gillespie, T.; Boczkowski, P. J. & Foot, K. (Eds.) (2014). Media Technologies. Essays on Communication, Materiality, and Society. The Mit Press.
Gaurinos, V. & Sedeño, A. (Coords.) (2013). Narrativas audiovisuales digitales. Convergencia de medios, multiculturalidad y transmedia. Editorial Fragua.
Larrañaga, J. (2012). Convergencia mediática en Euskal Irrati Telebista (EITB). Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco.
Sixto-García, J. (2016). Fundamentos de marketing digital. Comunicación Social.
Van Peborgh, E. (2010). Odisea 2.0. Las marcas en los medios sociales. La Crujía Ediciones.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG03 - Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión y de difusión do coñecemento a través de contidos informativos
TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Elaborar e xestionar contidos informativos
ESPECÍFICAS (CE)
CEO-11: Deseñar formatos e elaborar produtos informativos adaptados á converxencia mediática
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 9 horas
• Clases interactivas: 12 horas
• Titorías en grupo: 3 horas
• Actividades de avaliación: 2 horas
• Traballo autónomo do alumnado: 49 horas
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual xeito, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións interactivas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Jose Sixto Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
20.05.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |