Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar o alumno de coñecementos xerais sobre a dinámica do vento, a análise do potencial eólico e os principios de aproveitamento da enerxía eólica mediante as pas dos aeroxeradores. Estes conceptos son esenciais para que o alumno entenda un proxecto para deseño dun parque eólico.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
Ao final do estudo desta materia, o alumno debe de adquirir coñecementos sobre a dinámica do vento e a súa medición e predición con modelos numéricos, a análise do potencial eólico e os principios de aproveitamento da enerxía eólica polos aeroxeradores. Así mesmo, o alumno adquirirá conceptos de aerodinámica para analizar o comportamento das pas dos aeroxeradores.
O alumno coñecerá todas as compoñentes necesarias para estimar o recurso eólico; medición e características do vento, predición e cálculo da potencia eólica dispoñible. Os efectos do vento sobre as estruturas dos aeroxeradores estudarase en termos dos perfís aerodinámicos das pas.
• Conceptos de meteoroloxía (leis de movemento e circulación xeral da atmosfera).
• Redes de observación meteorolóxica.
• Estimación do potencial eólico.
• Introdución a aerodinámica: aplicación a dinámica das pas.
• Predición do vento: modelos (físicos e estatísticos).
• Avaliación da predición, índices de erro.
• Atlas de vento.
• J. M. Wallace and P. V. Hobbs, Atmospheric Science: an introductory survey - 2nd edition, Elsevier (2006)
• R. B. Stull, An introduction to Boundary Layer Meteorology, Kluwer Academic Publishers (1988)
• I. Sendiña Nadal y V. Pérez Muñuzuri, Fundamentos de Meteorología, USC Publicacións (2006)
• J. R. Holton, An introduction to Dynamic Meteorology, Elsevier (2004)
• M. Villarrubia, Energía eólica. (CEAC, 2004).
• J.L. Rodríguez Amenedo, J.C. Burgos Díaz y S. Arnalte Gómez, Sistemas eólicos de producción de energía eléctrica. (Editorial Rueda S.L., 2003).
• T. Burton, D. Sharpe y N. Jenkins, Wind energy handbook. (John Wiley and Sons, 2001).
• International Electrotechnical Commission IEC, IEC 61400-1 Wind turbine generator systems - Part I Safety requirements.
BÁSICAS E XERAIS
CG01- Adquirir e comprender os principais aspectos teóricos, prácticos e metodolóxicos necesarios para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático
CG03- Capacidade de realizar estudos de planificación e deseño de solucións enerxéticas no campo das enerxías renovables e a sustentabilidade e o cambio climático, ben sexan modelos de planificación ou para a súa aplicación a instalacións.
CG06- Coñecer en profundidade as tecnoloxías e ferramentas actuais no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático
CB7- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
TRANSVERSAIS
CT06- Ser capaz de xestionar información e comunicación mediante o uso das TIC
CT07- Tratar, analizar e obter conclusións sobre uns conxunto datos resultantes dun estudo utilizando fontes documentais
ESPECÍFICAS
CE02- Desenvolver habilidades no campo do deseño, implementación, explotación e mantemento en instalacións enerxéticas eficientes, renovables e sustentables, aplicando ferramentas de modelización, planificación e optimización
CE04- Identificar e aplicar as técnicas de simulación numérica máis comúns no campo das enerxías renovables
Desenvolvemento do temario teórico en clases presenciais. A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos. Durante o desenvolvemento do temario poderanse utilizar programas informáticos e internet.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual. En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos alumnos do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-alumno.
A cualificación final será o resultado da valoración de:
Exame final (50 %). Realización de traballos e/ou actividades (50 %). Valoraranse de forma específica as habilidades na procura de material para o desenvolvemento dos temas, a capacidade de síntese na elaboración de traballos e o dominio dos temas. Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non se presentaron ao exame ou non se someteron á avaliación de calquera outra actividade obrigatoria. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Aproximadamente unha hora de traballo persoal por cada hora de clase lectiva.
Clases maxistrais 9 h
Docencia interactiva. Seminarios 12 h
Titoría en grupo 3 h
Traballo persoal do alumno e outras actividades 51 h
Gonzalo Miguez Macho
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814001
- Correo electrónico
- gonzalo.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Venres | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
23.05.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
01.07.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |