O novo Máster de Enxeñería de Procesado de Alimentos (MEPA) ofertado pola USC, e enmarcado dentro das liñas do Plan de Orientación de Especialización Docentedo Campus TERRA, ten unha dobre orientación profesional e académico-investigadora.
Máster Universitario en Enxeñaría de Procesado de Alimentos
Duración:
1 ano académico
Código RUCT: 4316983
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25
Decano/a ou director/a do centro:
ASTERIA MARIA LUZARDO ALVAREZ
asteriam.luzardo [at] usc.es
Coordinador-a do título:
Carlos Herrero Latorre
carlos.herrero [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)
Data de publicación no BOE:
8/07/2020
Data da última acreditación:
05/06/2019

Condicións de terminación:
Obrigatorias: 30
Optativas: 30
Prácticas externas 18
Traballo fin de máster: 12
Total: 90
Non se contemplan
Estratexia comercial da empresa alimentaria
- P4221101
- Obrigatorio
- 6 créditos
Xestión de procesos na industria alimentaria
- P4221102
- Obrigatorio
- 6 créditos
Xestión da calidade alimentaria
- P4221103
- Obrigatorio
- 6 créditos
Procesos e equipos da industria agroalimentaria
- P4221104
- Obrigatorio
- 6 créditos
Automatización de instalacións eléctricas
- P4221105
- Obrigatorio
- 6 créditos
Propiedades fisicoquímicas de alimentos
- P4221201
- Optativo
- 6 créditos
Xestión enerxética dos procesos alimentarios
- P4221202
- Optativo
- 3 créditos
Nanotecnoloxía alimentaria
- P4221203
- Optativo
- 3 créditos
Procesos de deshidratación de alimentos
- P4221204
- Optativo
- 3 créditos
Vixilancia e control no procesado de alimentos
- P4221205
- Optativo
- 3 créditos
Caracterización de alimentos
- P4221206
- Optativo
- 3 créditos
Técnicas avanzadas en análise de alimentos
- P4221207
- Optativo
- 3 créditos
Irradiación con microondas na industria alimentaria
- P4221208
- Optativo
- 3 créditos
Envases alimentarios
- P4221209
- Optativo
- 3 créditos
Tecnoloxías innovadoras no procesado e mellora nutricional dos alimentos
- P4221210
- Optativo
- 3 créditos
Xestión de proxectos
- P4221211
- Optativo
- 3 créditos
Aditivos alimentarios e auxiliares de fabricación en industrias alimentarias
- P4221212
- Optativo
- 3 créditos
Procesos de separación mediante tecnoloxía de membranas
- P4221213
- Optativo
- 3 créditos
Prácticas externas
- P4221106
- Obrigatorio
- 18 créditos
Traballo fin de máster
- P4221107
- Obrigatorio
- 12 créditos
Está dirixido aos titulados en graos, licenciaturas ou enxeñerías cuxa formación académica se corresponda coas seguintes titulacións: Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Enxeñaría Química, Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Enxeñaría Civil, Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Electrónica, Enxeñaría en Deseño Industrial, Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría Téxtil, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Física, Farmacia, Veterinaria, Bioquímica, Química, Bioloxía e Biotecnoloxía.
Se o número de solicitudes excedera o número de prazas ofertadas, a admisión dos estudantes se fará tendo en cona exclusivamente a nota media do expediente académico da titulación de acceso.
-
Condicións de terminación:
Obrigatorias: 30
Optativas: 30
Prácticas externas 18
Traballo fin de máster: 12
Total: 90
Plan de Acción Tutorial
No Plan de Acción Tutorial da Facultade de Ciencias, aprobado en cada curso académico pola Comisión de Calidade do Centro, recóllense as actividades que se van levar a cabo para acoller, orientar e tutelar o alumnado desde a súa incorporación á facultade e durante todo o período formativo, coa finalidade de favorecer tanto a aprendizaxe e desenvolvemento do estudante como a súa orientación cara a un futuro mercado laboral.
Este Plan de Acción tutorial engloba tres vías de orientación e apoio ao estudante:
- Programa de alumnos titores
- Apoio tutorial extraordinario
- Actividades de orientación e formación
Orientación para a acollida dos estudantes de novo ingreso:
Xornada de acollida aos estudantes de novo ingreso: o primeiro día do curso o coordinador do mestrado e o equipo decanal do centro realizan unha sesión informativa especial en que se explica a organización e o seu funcionamento, as instalacións que se empregan e onde se presenta a web do título.
Noutra sesión informativa e de acordo co Plan de Acción Tutorial do centro, os alumnos son informados, por parte dos respectivos coordinadores de Prácticas externas e Traballo fin de máster, das normas, procedementos e aspectos xerais que rodean estas materias e que están publicadas no web do título.
Outra información: o web do mestrado inclúe unha guía do título coa mesma estrutura que o resto de títulos impartidos na facultade. Nela inclúese información pormenorizada sobre o mestrado, o plan de estudos, o profesorado implicado, a organización docente do curso e os programas detallados das materias, así como información complementaria sobre o traballo fin de máster e as prácticas externas.
Outras actividades (conferencias, xornadas) ás cales os estudantes poden asistir para mellorar a súa formación) inclúense no web da Facultade de Ciencias xunto con información detallada sobre o centro, a súa organización, infraestruturas, titulacións e o seu Sistema de Garantía de Calidade.
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
- A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
- A supresión gradual da impartición da docencia.
- Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Acceso
Para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.
Admisión
Modalidade: matrícula directa
Titulacións de acceso:
Titulados en Enx. de Procesos Químicos Industriais; Enx. Química; Enx. Agrícola; Enx Agrícola e Agroalimentaria; Enx. Agrícola e do Medio Rural, Enx. Forestal e do Medio Natural, Enx. Civil, Enx. Mecánica, Enx. Eléctrica, Enx. Electrónica, Enx. en Deseño Industrial, Enx. en Tecnoloxías Industriais, Enx. Téxtil.,Titulados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Física, Farmacia, Veterinaria, Bioquímica, Química, Biología, Biotecnología, e Grao en Nutrición e Dietética
Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
1º- Proporcionar unha formación especializada a egresados de diversas titulacións (enxeñerías relacionadas co sector primario, e outras titulacións cuxa formación académica se corresponda con graos afíns a este ámbito: química, veterinaria, bioloxía, etc.) en todos os aspectos profesionais relacionados coa enxeñería de procesado de alimentos (Food Processing Engineering), desde a súa condición inicial como materia prima susceptible de transformar e/ou acondicionar ata o seu destino final como produto de consumo. Prestarase especial atención ao desenvolvemento de novas tecnoloxías de procesado e de novos produtos, tendo en conta tamén outros aspectos relevantes tales como a sustentabilidade na produción, a xestión eficiente dos recursos naturais, o control de calidade e as estratexias de comercialización do produto procesado.
2º- Posibilitar a retención de talento de maneira que o capital humano captado no máster poda tamén incorporarse a grupos de investigación do Campus TERRA (con liñas de traballo relacionadas coa produción e procesado de alimentos) para iniciarse en tarefas de investigación que permitirán completar a súa formación académica e investigadora coa obtención do correspondente grao de doutor
- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, frecuentemente nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
- Coñecemento en materias específicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para se adaptarem a novas situacións.
- Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría e no sector da industria alimentaria.
- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
- Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
- Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
- Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
- Coñecemento de procesos, métodos e tecnoloxías con aplicacións específicas na industria alimentaria.
- Capacidade para intervir no deseño e desenvolvemento de alimentos máis saudábeis.
- Adquirir formación para desenvolver a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico nos aspectos relacionados co sector alimentario e a súa industria.
- Coñecer a cultura de orientación ao mercado no sector alimentario, os conceptos básicos da dirección comercial, o contorno, a segmentación, o posicionamiento e as variábeis de comercialización dos produtos nos mercados alimentarios.
- Saber analizar, xestionar e desenvolver procedementos de xestión ambiental e de procesos na industria alimentaria.
- Coñecemento dos sistemas de xestión da calidade aplicados á industria alimentaria.
- Saber aplicar un sistema de xestión de calidade, así como as normas, tanto voluntarias como de obrigado cumprimento, na industria alimentaria.
- Coñecer o marco legal, operacións de proceso, instalacións auxiliares e deseño das principais industrias agroalimentarias.
- Coñecer os sistemas de automatización de instalacións eléctricas mediante automatismos dixitais en autómatas programábeis e sistemas de visualización básicos de procesos produtivos en panel de operador ou PC.
- Capacidade para aplicar as competencias adquiridas nas materias do título en entidades e empresas, en calquera dos ámbitos relacionados co procesado de alimentos.
- Saber realizar, presentar e defender individualmente perante un tribunal universitario un exercicio integrador ou de síntese que permita aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación.
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade para organizar e planificar.
- Capacidade para traballar en equipo.
- Demostrar compromiso ético.
- Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
- Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información proveniente de fontes diversas.
- Capacidade para a resolución de problemas
- Capacidade para tomar decisións.
- Capacidade para transmitir coñecementos.
- Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación, e capacidade autocrítica.
- Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
- Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira.
- Demostrar iniciativa e espírito emprendedor.
- Capacidade para aplicar os coñecementos á práctica.
Mobilidade
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
As facultades, ademais dos responsables citados arriba, contan coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita.
A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo Responsable académico de Movilidad do Centro, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.
Prácticas
Os estudantes recibirán información completa a través da convocatoria correspondente de prácticas en empresas, que se axustará ao Regulamento de prácticas académicas externas da USC.
Durante a realización das prácticas, os estudantes terán un titor académico da universidade, que deberá ser profesor/a da titulación e un titor externo da entidade colaboradora con experiencia profesional e coñecementos necesarios para unha tutela efectiva.
A avaliación realizarase segundo o disposto no artigo 25 do citado regulamento: ao finalizar o período de prácticas, o titor externo remitirá ao titor académico un informe final e o estudante elaborará unha memoria de prácticas. O titor académico, á vista do informe do titor externo e da memoria, avaliará as prácticas desenvolvidas emitindo un informe de valoración.
O TFM consiste na realización dun exercicio integrador ou de síntese que permite aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación. Poderase realizar nalgunha das liñas de investigación ofertadas polos profesores do mestrado, relacionadas cos campos citados. O tema de traballo específico será asignado pola comisión académica do máster a cada alumno, tendo en conta as liñas de traballo ofertadas, as preferencias manifestadas polos alumnos e as disponibilidades de profesorado.
Fundamentalmente trátase dun módulo de traballo persoal do alumno, en que se contemplan ademais as horas de titoría personalizada co profesor-titor do TFM.
Para a realización e exposición do TFM a metodoloxía docente de apoio ao alumno que vai utilizarse será a de titorías individuais, co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que deberá ser un exercicio orixinal e individual.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
O MEPA é impartido por persoal docente e investigador pertencente a departamentos da propia Universidade. O profesorado está composto por 40 profesores, todos eles doutores, das áreas de coñecemento asociadas ao novo título (Enxeñería Agroforestal, Enxeñería Química, Proxectos de Enxeñería, Tecnoloxía dos Alimentos, Química Analítica, Química Inorgánica, Nutrición e Bromatoloxía, Física Aplicada, Química Orgánica , Produción Vexetal, Química Física e Organización de Empresas e Comercialización), pertencentes na súa maioría á Facultade de Ciencias e á Escola Politécnica Superior de Enxeñería. O profesorado está integrado por expertos nas súas diferentes áreas e teñen contrastada experiencia de traballo e de colaboración con empresas e organizacións do sector.
Indicador |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|
Oferta |
|||||
IN01 Prazas ofertadas Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Info da escala: Número enteiro |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
0,0 |
|
Matrícula |
|||||
IN02 Matrícula Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming. Info da escala: Número enteiro |
5,0 |
10,0 |
9,0 |
7,0 |
|
IN03 Matrícula de acceso Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción. Info da escala: Número enteiro |
5,0 |
5,0 |
4,0 |
0,0 |
|
IN04 Matrícula de novo ingreso por preinscrición Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción. Info da escala: Número enteiro |
5,0 |
5,0 |
4,0 |
0,0 |
|
IN05 Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
0,0 |
-20,0 |
- |
|
Perfil de entrada |
|||||
IN06 Nota media de acceso por preinscrición Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada. Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos). |
6,5346 |
7,1431 |
6,4163 |
- |
|
IN08 Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
40,0 |
20,0 |
11,11 |
14,29 |
|
IN09 Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
|
IN13 Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
60,0 |
44,44 |
42,86 |
|
Adecuación á demanda |
|||||
IN12 Tasa de ocupación Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
40,0 |
20,0 |
16,0 |
- |
Indicador |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|
Mobilidade allea |
|||||
IN18 Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
Indicador |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
---|---|---|---|
IN22 Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
50,0 |
100,0 |
Indicador |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|
Abandono |
|||||
IN41 Taxa de abandono RD 1393/2007 Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
0,0 |
20,0 |
25,0 |
|
Avaliación |
|||||
IN36 Taxa de avaliación Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
88,57 |
84,75 |
86,21 |
|
Duración media dos estudos |
|||||
IN38 Duración media dos estudos Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos. Info da escala: Número racional con dous decimais |
- |
2,0 |
2,0 |
2,4 |
|
Eficiencia dos titulados |
|||||
IN53 Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
100,0 |
100,0 |
94,94 |
|
Estudantes por grupo |
|||||
IN55 Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas) Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias. Info da escala: Número racional con dous decimais |
5,0 |
4,6 |
4,6 |
- |
|
IN56 Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas) Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias. Info da escala: Número racional con dous decimais |
4,4615 |
4,5833 |
5,4545 |
- |
|
Éxito |
|||||
IN35 Taxa de éxito Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
98,39 |
100,0 |
100,0 |
|
IN50 Taxa de éxito dos egresados Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
100,0 |
100,0 |
98,68 |
|
Graduación |
|||||
IN37 Taxa de graduación Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
60,0 |
40,0 |
50,0 |
|
Rendemento |
|||||
IN34 Taxa de rendemento Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
87,14 |
84,75 |
86,21 |
|
Satisfacción |
|||||
IN19 Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
- |
- |
- |
4,7222 |
|
IN20 Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
- |
5,0 |
4,67 |
4,78 |
|
IN42 Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
- |
3,26 |
3,55 |
- |
|
IN46 Satisfacción do alumnado coa docencia recibida Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
4,39 |
4,72 |
4,48 |
- |
|
IN47 Satisfacción do profesorado coa docencia impartida Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
4,2947 |
4,3688 |
4,4749 |
- |
|
IN48 Taxa de resposta na enquisa de satisfacción Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
80,0 |
40,0 |
- |
Indicador |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
---|---|---|---|---|
IN24 Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
95,24 |
94,44 |
87,5 |
100,0 |
IN25 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
95,45 |
100,0 |
94,44 |
100,0 |
IN26 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
54,55 |
61,11 |
61,11 |
55,56 |