- Código
- FD0289
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 8.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 800,00€
- Centro
- facultade de farmacia
- Dirección
- María Alejandra Martínez Maquieira
- Contacto
Alejandra.martinez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Farmacia
María Alejandra Martínez Maquieira
Alejandra.martinez [at] usc.es
facultade de farmacia
Datas
Duración: 17/03/2025 - 28/03/2025
Preinscrición: 30/01/2025 - 25/02/2025
Matrícula: 26/02/2025 - 07/03/2025
Número alumnos/as mínimo: 12
Número alumnos/as máximo: 36
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
O alumno deberá estar en posesión de titulación universitaria de calquera nivel e tipo.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Orden de preinscripción.
O curso está dirixido a aquelas persoas que requiren adquirir os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para solicitar a licenza regulamentaria de supervisor imprescindible para traballar en instalacións radioactivas. A especialidade ofertada no presente curso corresponde ao campo de aplicación de Medicina Nuclear, dirixido a servicios hospitalarios . O curso está homologado polo Consejo de Seguridad Nuclear (CSN).
COMPETENCIAS ESCO
Planificar e dirixir o funcionamento dun servizo de Medicina Nuclear garantindo a capacitación do persoal ao seu cargo no relativo a:
S1 Os riscos asociados ao traballo con radiacións ionizantes.
T6 A utilización de instrumentos de medición de radiacións ionizantes para a medida de niveis de contaminación e radiación.
S3 Os procedementos de traballo que garantan a seguridade da instalación, tanto en réxime de traballo normal como caso de incidente ou accidente.
T5 A normativa legal que afecta o funcionamento do servizo.
O curso inclúe unha parte presencial, na que as leccións teóricas serán impartidas por titulados universitarios expertos en cada materia, e serán complementadas con seminarios e exercicios. As leccións prácticas serán impartidas por persoas de recoñecida experiencia profesional, e desenvolveranse en instalacións axeitadas á materia a impartir. A parte non presencial impartirase a través da plataforma da Aula Virtual do CESGA. A evaluación dos coñecementos adquiridos polos alumnos realizarase mediante unha proba escrita tipo test proposta polo CSN.
Avaliación
Proba escrita tipo test realizada polo Consejo de Seguridad Nuclear. A proba constará dunhas 60 preguntas ditribuídas en bloques correspondentes ás áreas básicas e específicas. A superación da proba suporá un mínimo do 75% de acertos.
Titorías
O curso e as materias programaranse segundo o condicionado de homologación do mesmo polo CSN.
08:30-18:00
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Natureza da Radiación. Radioactividade. Interacción da Radiación coa Materia. Magnitudes e Unidades Radiolóxicas. | 0.5 |
2 | Protección Radiolóxica Operacional. Funcións e Responsabilidades da Organización e do Persoal. | 0.5 |
3 | Detección de Radiacións Ionizantes. Radiobioloxía. Procedementos de Redución de Doses. Protección Radiolóxica. Criterios Xerais. | 0.5 |
4 | Seminarios Específicos Nivel Supervisor. Área Xeral. | 1.0 |
5 | Prácticas Básicas 1. Manexo de Equipos de Detección de Radiación. Dosímetros Persoais. Criterios de Selección de Equipos de Detección. | 0.5 |
6 | Prácticas Básicas 2. Comprobación Experimental da Variación da Dose coa Distancia, Tempo e Blindaxe. Identificación de Radionucleidos. Medidas de Actividade. | 0.5 |
7 | Aspectos Legais e Normativa Aplicable ás Instalacións Radioactivas. Aspectos Legais e Administrativos Específicos no Campo da Medicina Nuclear (Mn). Aplicación das Radiacións Ionizantes en MN. | 0.5 |
8 | Riscos Radiolóxicos Asociados a MN. Deseño dunha Instalación de MN. Procedementos Operativos en MN. | 0.5 |
9 | Seminarios Específicos Nivel Supervisor. Área MN. | 1.0 |
10 | Prácticas Específicas de MN 1. Simulación de Técnicas e Uso de Dispositivos de Protección na Manipulación de Materiais Radioactivos. Comprobación dos Niveis de Contaminación e de Radiación dunha Instalación de MN. | 0.5 |
11 | Práctica Específica de MN 2. Tempo Máximo de Permanencia en Instalacións Radioactivas. Actuación en Incidentes con Contaminación Radioactiva. Aplicación Práctica da Xestión de Materiais Residuais con Contido Radioactivo. . | 0.5 |
12 | Prácticas Específicas de MN 3. Clasificación e Sinalización de Zonas. Preparación da Documentación Básica dunha Instalación Radioactiva. | 0.5 |
13 | Seminarios Específicos Nivel Supervisor. Preparación do Exame. | 1.0 |