É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Este programa aproveita as sinerxías do programa de acreditación dos títulos de grao e mestrado co programa FIDES-AUDIT da certificación da implantación dos Sistemas de Garantía da Calidade (SGC) das nosas facultades e escolas.
Esta acreditación será efectiva para todas as súas titulacións de grao e mestrado dun centro, agás para as titulacións interuniversitarias cuxa responsabilidade administrativa sexa doutra universidade.
Esta acreditación terá unha vixencia de 6 anos, renovada en ciclos de igual período.
A nosa universidade busca acadar o maior prestixio nacional e internacional na súa oferta formativa. Por isto, traballa na obtención de acreditacións internacionais de calidade amplamente recoñecidas para as nosas titulacións.
Estas acreditacións estimulan os procesos de mellora ao integrar estándares de calidade internacionais.
Grazas ao seu recoñecemento internacional, estes selos facilitan a mobilidade académica e profesional para o estudantado egresado, proporcionan aos empregadores referentes recoñecidos sobre as competencias e coñecementos do noso estudantado e son un medio para promocionar as titulacións e as facultades e escolas da nosa universidade no proceso de captación de estudantes.