O curso Galego Seguro pretende dar certeza naqueles aspectos da norma que xeran máis dúbidas e, tamén, darlle unha perspectiva real do seu nivel de lingua. O obxectivo é clarexar erros recorrentes relacionados coa norma, pero tamén pór en valor a lingua real; as capacidades comunicativas tan valiosas que todos e todas atesouran dalgunha maneira.
-
ORTOGRAFÍA: Acentuación, a acentuación diacrítica, palabras con ortografía dubidosa, palabras con e sen h, a diérese e o apóstrofo e os grupos cultos CC e CT despois do cambio normativo de 2003. Tamén se fará referencia a algúns aspectos que se deben ter en conta en relación ao uso dos correctores ortográficos.
-
XÉNERO E NÚMERO: Formación do feminino e concordancia, formación do plural, o plural coas palabras compostas, siglas e acrónimos e estranxeirismos e latinismos.
-
ARTIGO E PRONOMES DETERMINANTES: O artigo determinado, o artigo indeterminado e os demostrativos.
-
O PRONOME PERSOAL: O pronome persoal tónico e as súas contraccións, o pronome persoal átono, te/che, dativo de solidariedade e o de interese, o pronome reflexivo, as contraccións do pronome persoal átono, a colocación do pronome persoal átono.
-
O VERBO: Conxugación regular, verbos con alternancia vocálica, verbos irregulares.
-
ERROS COMÚNS: erros no ámbito léxico e sintáctico.
Manuel Bermúdez Blanco, técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC