Ir o contido principal

Preguntas frecuentes

Consultas básicas.

Imaxe de Michal Jarmoluk en Pixabay

O servizo cobre todo o espectro de substancias de abuso de interese no noso medio como o alcol etílico, cocaína, cánnabis, opiáceos (morfina, codeína etc.), anfetaminas e drogas de sínteses, así como algúns fármacos de abuso como poden ser as benzodiacepinas e os antidepresivos. Inclúense, ademais, os seus principais metabolitos.

Debe poñerse en contacto connosco a través deste email, para que lle proporcionemos as directrices para seguir.

O guecho necesario para completar a análise debe ter o grosor aproximado dun lapis e deber ser cortado, preferentemente, da zona occipital.

Por norma xeral, as análises de cabelo estarán dispoñibles en dúas semanas desde a recepción da mostra.

O pelo é unha matriz complementaria ao sangue ou aos ouriños en canto ao período de detectabilidade das drogas, xa que está limitado só pola lonxitude do guecho estudado. Dado que se estima que o cabelo crece a unha lonxitude media de 1 cm/mes, a información proporcionada pode ser de meses ou anos de consumo, podendo así obter un perfil cronolóxico de drogadicción, establecendo, ao mesmo tempo, un patrón de severidade do consumo de drogas.

 

Dispoñemos dun inmunoensaio para efectuar o screening toxicolóxico e, como técnicas de confirmación, a cromatografía de gases axustada a espectrometría de masas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2024.