Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Preparar ao alumnado para que afronte o estudo da literatura da segunda metade do século XIX e primeiras décadas do XX coa axuda dos métodos filolóxicos axeitados, e a través da análise e interpretación dos máis destacados autores e obras.
2) Proporcionar bases e métodos rigorosos para o estudo da historia literaria, a asimilación dos seus principais conceptos e o correcto aproveitamento dos repertorios bibliográficos e os seus complementos informáticos no estudo da literatura española deste período.
3) Ofrecer coñecementos e habilitar a capacidade para:
a) Coñecer a literatura española deste período nos seus principais xéneros, autores e obras.
b) Afondar no estudo persoal da literatura española deste período.
c) Xerarquizar correctamente os contidos académicos esenciais e accesorios.
d) Realizar de xeito ordenado notas, guións e esquemas que faciliten o estudo.
e) Avanzar no hábito de lectura reflexiva e analítica.
f) Afondar no comentario literario de textos.
g) Mellorar a expresión oral e escrita.
h) Estimular o espírito crítico e o sentido estético
PARTE TEÓRICA
1ª PARTE: A LITERATURA ESPAÑOLA NA SEGUNDA METADE DO SËCULO XIX. O REALISMO-NATURALISMO.
1. A novela como xénero hexemónico. O Realismo-Naturalismo:
1.1. Benito Pérez Galdós (1843-1920).
1.2. Leopoldo Alas “Clarín” (1852-1901).
1.3. Emilia Pardo Bazán (1851-1921).
1.2. O teatro (Echegaray, Tamayo y Baus, Dicenta) e a poesía (Gustavo Adolfo Bécquer e Rosalía de Castro).
2ª PARTE: DO 'FIN DE SÉCULO' Á XERACIÓN DE 1914.
2. A crise de Fin de Século. O pensamento finisecular. O debate modernista.
2.1. Modernismo-98: Orixes, bases estéticas e dimensión político-social. Poesía. Prosa ensayística. Narrativa. Teatro-
2.2. Autores esenciais: Miguel de Unamuno; Ramón del Valle-Inclán, Pío Baroja, José Martínez Ruiz, “Azorín”; Antonio Machado.
3. Novecentismo e Xeración de 1914.
3.1. A xeración liberal ou europeísta. Bases estéticas do Novecentismo. O ensaio como xénero hexemónico. Narrativa. Poesía.
3.2. Autores esenciais: José Ortega e Gasset; Ramón Pérez de Ayala; Juan Ramón Jiménez.
PARTE PRÁCTICA
Análise e comentario de textos literarios e historiográficos do período estudados na parte teórica da materia.
Lecturas obrigatorias:
B. Pérez Galdós, La de Bringas (ed. Blanco Aguinaga y Blanco, Cátedra; ed. Lakdhari, Biblioteca Nueva).
L. Alas, Clarín, La Regenta (ed. Sobejano, Castalia; ed. Oleza, Cátedra)
Emilia Pardo Bazán, Los Pazos de Ulloa (ed. E. Penas, Crítica; ed. Mayoral, Castalia; ed. Ayala, Cátedra).
Selección de textos de Antología de la poesía modernista española (ed. Díaz de Castro y del Olmo, Castalia).
M. de Unamuno, Niebla (ed. Valdés, Cátedra; ed. Zubizarreta, Castalia).
R. del Valle-Inclán, Luces de bohemia (ed. Zamora Vicente, Austral)
R. Pérez de Ayala, Belarmino y Apolonio (ed. Amorós, Cátedra)
Selección de poemas de Juan Ramón Jiménez, Antología poética (ed. Blasco, Cátedra).
Nota: Alén destas lecturas de carácter obrigatorio, os restantes materiais complementarios para o desenvolvemento das sesións prácticas e teóricas serán facilitados pola docente a través do Campus Virtual.
ALBORG, J. L., Historia de la literatura española V. Realismo y Naturalismo. La novela, Parte Primeira: Fernán Caballero,
Alarcón e Pereda, Madrid, Gredos, 1996. Parte Terceira: Palacio Valdés e Blasco Ibáñez, Madrid, Gredos, 1999.
ALLEGRA, G., El reino interior. Premisas y semblanzas del modernismo en España, Madrid, Ediciones Encuentro, 1986.
ALONSO, C., Historia de la literatura española. Vol. 5. Hacia una literatura nacional (1800-1900), Barcelona, Crítica, 2010.
_____, Travesías de la modernidad: prensa y letras en España (1890-1914), Valencina de la Concepción, Renacimiento, 2015.
AMORÓS, A., Antología comentada de la Literatura española. Siglo XIX, Madrid, Castalia, 1999.
BONET, L., ed., El Naturalismo, Barcelona, Península, 1988.
BOTREL, J.-F., Libros, prensa y lectura en la España del siglo XIX, Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 1993.
BOZAL, V., La ilustración gráfica del siglo XIX en España, Madrid, Alberto Corazón, 1979.
CALVO CARILLA, J. L., La cara oculta del 98. Místicos e intelectuales en la España del Fin de Siglo (1895-1902), Madrid,
Cátedra, 1998.
CELMA VALERO, P., Literatura y periodismo en las revistas del fin de siglo. Estudios e índices (1888-1907), Madrid, Júcar, 1991.
CHEVREL, Y., Le Naturalisme, Paris, PUF, 1982.
DÍAZ PLAJA, G., Estructura y sentido del novecentismo español, Madrid, Alianza, 1975.
GULLÓN, R., Direcciones del modernismo, Madrid, Alianza, 1990.
HIBBS LISSORGUES, S., Iglesia, prensa y sociedad en España (1868-1904), Alacante, Instituto de Cultura Juan Gil Albert,
1995.
HINTERHÄUSER, Hans, Fin de siglo. Figuras y mitos, Madrid, Taurus, 1980.
HUERTA CALVO, Javier, dir., Historia del Teatro Español, II, Madrid, Gredos, 2003.
IGLESIAS FEIJOO, Luis , "Modernismo y modernidad. Ponencia inaugural". En J. Serrano et al. Eds. Actas del Congreso
Internacional Literatura Modernista y Tiempo del 98. Santiago de Compostela, Universidade, 2000: 27-43
INFANTES, Víctor, François LOPEZ e Jean-François BOTREL, dirs., Historia de la edición y de la lectura en España. 1472-1914,
Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2003.
JIMÉNEZ-LANDI MARTÍNEZ, A., La Institución Libre de Enseñanza y su ambiente, Madrid, Editorial Complutense, 1996.
JOVER ZAMORA, J. Mª, “La época de la Restauración. Panorama político-social, 1875-1902”, en M. TUÑÓN DE LARA, director,
Historia de España. Revolución burguesa, oligarquía y constitucionalismo (1834-1932), Barcelona, Labor, 1981.
LISSORGUES, Y., ed., Realismo-Naturalismo en España en la segunda mitad del siglo XIX, Barcelona, Anthropos, 1998.
MAINER, J.-C., La Edad de Plata (1902-1939). Ensayo de interpretación de un proceso cultural, Madrid, Cátedra, 1983.
ROMERO TOBAR, L, coord., Historia de la Literatura Española. Siglo XIX (II), 9, Madrid, Espasa Calpe, 11998.
RUBIO CREMADES, E., Panorama crítico de la novela realista-naturalista española, Madrid, Castalia, 2001.
SALAÜN, S. y C. Serrano, eds., 1900 en España, Madrid, Espasa Calpe, 1991.
CG1 - Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e ltierarios como no seu ámbito profesional: docencia de lingua (como L1 o LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, traducción, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razonamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidad de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descripción dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutras linguas, en distintos contextos.
CG8 – Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1 – Que as/osos estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que as/os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CE4: Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
No ámbito da docencia, as sesións expositivas fundamentaranse na explicación da docente. As sesións de seminario basearanse en tarefas puntuais de diferente natureza, na práctica da análise de textos a través do comentario e, así mesmo, na realización de controis de lectura programados. En ambos os casos, o/a docente facilitará as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como na sesións de titoría.
As cualificacións finais non dependerán só da asimilación dos contidos e a realización de tarefas na aula, senón tamén do traballo persoal e autónomo desenvolvido, a madurez e o aproveitamento demostrados, así como da correcta ortografía e expresión. Tendo en conta a asistencia obrigatoria ás clases presenciais, valorarase positivamente a participación activa.
A asignatura está constituída polas clases teóricas e as interactivas e a súa cualificación farase por un sistema de avaliación continua, que supoñerá un 40% da cualificación global. A tal fin, terase en conta a asistencia participativa nas sesións de clase, a realización de tarefas puntuales, explicadas oportunamente, así como as lecturas indicadas e os seus correspondentes controis, realizados dentro ou fóra do aula e programados con antelación. Así mesmo, prevese a realización dun traballo escrito cuxa natureza e características precisaranse oportunamente.
A nota da avaliación continua (40% da cualificación global) mantense tanto si o alumno realiza o exame da parte teórica tanto na primeira como na segunda oportunidade.
O 60% da nota final da asignatura se reserva para unha proba final escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como á segunda oportunidade. De modo que a cualificación final da materia será o resultado da media obtida en ambas partes (60% e 40%), tanto na primeira como na segunda oportunidade.
No caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumno/a haberá de presentar unha "Exención" de docencia para que así conste aos efetos oportunos. Neste caso o alumnado terá dereito a realizar o exame tanto na primeira como na segunda oportunidade e a nota obtida supoñerá o 100% da súa cualificación global. O mesmo sistema de avaliación é o que se contempla para o alumnado que, por coincidencia horaria con outras materias, non poida asistir regularmente a clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tempo de estudo e de traballo persoal do alumno:
Sesións expositivas: 24 horas
Sesións seminario: 24 horas
Sesións de titoría programada: 3 horas
Sesións de evaluación: 3 hora
Traballo autónomo do alumno: 96 horas
Traballo autónomo do alumno:
52 horas (aprox.) de lectura comprensiva de obras literarias
11 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia
11 horas de realización de comentarios de texto e/ou preparación de traballos en equipo
22 horas de estudo da materia e preparación de exámenes
Total: 96 Horas
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Dado que o traballo de lectura e análise dos textos non pode nin debe ser acumulado en poucos días, recoméndase o esforzo sostido desde principio do curso.
As titorías permitirán aclarar dúbidas ou profundar nalgún aspecto.
O traballo continuo e a permanente atención ás explicacións do profesorado serán indispensábeis. A activa participación nas actividades programadas nas sesións interactivas suporá a mellora dos resultados finais na medida en que se proceda con sentido reflexivo-crítico a comentar e analizar os textos do corpus de lecturas relativas ao período comprendido entre o Realismo e a Xeración do 14.
É recomendábel a asistencia ás aulas cos materiais de lectura que se estudiarán en cada sesión, de xeito que os/as estudantes poodan facer as súas intervencións co apoio dos textos.
A consulta da Bibliografía recomendada é obrigada para a realización dos traballos e análise dos textos, sendo de especial interese o achegamento ás obras mediante as edicións recomendadas na listaxe de lectura obrigatorias.
Cristina Patiño Eirin
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- cristina.patino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Samuel Parada Juncal
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- samuelparada.juncal [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C05 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D07 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D07 |